{"id":9663,"date":"2008-04-23T07:36:00","date_gmt":"2008-04-23T05:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:37:00","modified_gmt":"2024-11-12T14:37:00","slug":"interrupcin-do-embarazo-xestacin-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/04\/23\/interrupcin-do-embarazo-xestacin-do\/","title":{"rendered":"Interrupci\u00f3n do embarazo? A xestaci\u00f3n do plan urban\u00edstico de Ribadeo, lista para interrupci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8hxik51vzsUf3JQHU-s7SpGcYVgpZFBQllYSxvIeJwEftVyMCklywo7PAJWX0cwi2SzwwaOVstXvjdpWWwyHjMo8rHAUx4tVtM8K7zKEOw69vk-xUZoJgZRYZXejecXtOsfJu\/s2048\/Vilasel%C3%A1n.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8hxik51vzsUf3JQHU-s7SpGcYVgpZFBQllYSxvIeJwEftVyMCklywo7PAJWX0cwi2SzwwaOVstXvjdpWWwyHjMo8rHAUx4tVtM8K7zKEOw69vk-xUZoJgZRYZXejecXtOsfJu\/s2048\/Vilasel%C3%A1n.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nOnte xurdiu, de mans de UPRi, unha nova d\u00fabida sobre o proceder do goberno municipal, como estaba anunciado e coas salvagardas que expresei no <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/04\/upri-msica-e-rudo-fra-de-ribadeo.html\">anterior post<\/a>.<br \/>\nDi Francisco Rivas que non se entregou toda a documentaci\u00f3n, en concreto, os planos de detalle dos n\u00facleos rurais, escamote\u00e1ndoos \u00f3 longo de todo o proceso, inclu\u00edda aprobaci\u00f3n inicial, e que iso trufa todo o procedemento administrativo, de xeito que haber\u00eda que voltar a aprobar de xeito inicial o plan.<br \/>\nVaiamos por partes. \u00c9 certo que unha parte dos planos do PXOM, os que el di, foron colgados m\u00e1is tarde na rede e incorporados m\u00e1is tarde \u00f3 CD. Tr\u00e1tase da parte rural, a\u00ednda non tratada no blog, por falta de tempo e desco\u00f1ecemento da maior\u00eda dos n\u00facleos que recolle. \u00c9 evidente que unha cousa as\u00ed pode manexarse con d\u00faas soluci\u00f3ns que pide: o dar gratis novos discos a cambio dos vellos e unha ampliaci\u00f3n suplementaria do prazo. Tratar\u00edase fundamentalmente dun novo erro m\u00e1is de Eptisa, entre os moitos cometidos no tratamento do plan. Diso xa falei na &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/04\/as-primeiras-pxinas-do-pxom.html\">introducci\u00f3n \u00f3 plan<\/a>&#8216;.<br \/>\nOutra cousa ben diferente \u00e9 que faltara ese conxunto de planos \u00f3s encargados da aprobaci\u00f3n inicial, despois de ter ido \u00c1 Coru\u00f1a varias veces a consultalo de man da empresa e un proceso de estudo no que se sup\u00f3n que tiveron a posibilidade (e aproveit\u00e1rona) de consultar a especialistas, inclu\u00eddo o persoal t\u00e9cnico do concello. De faltar a\u00ed, coido que hai unha responsabilidade de t\u00f3dolos membros da corporaci\u00f3n (en particular do alcalde, por suposto) pois aparte da posibilidade de neglixencia de Eptisa estar\u00eda a neglixencia dos ed\u00eds na revisi\u00f3n de algo sobre o que non te\u00f1en por que ser especialistas pero si deben procurar asesoramento. \u00c9 dicir, estariase ante algo que poder\u00eda ir \u00f3 xulgado para dilucidar que pasou e dirimir responsabilidades. Inclu\u00eddo o tema do env\u00edo da documentaci\u00f3n \u00e1 Xunta de Galicia: foi enviada toda a documentaci\u00f3n \u00e1 Xunta para o seu pl\u00e1cet? Pide Francisco a renovaci\u00f3n da aprobaci\u00f3n inicial e volta a comezar o proceso. Entendo que para eso ter\u00eda que darse un paso antes, a non aprobaci\u00f3n final do plan no consistorio. Se non, entendo que a interrupci\u00f3n do cami\u00f1o administrativo s\u00f3 se poder\u00eda dar no xulgado.<br \/>\nO plano que ilustra hoxe a entrada non est\u00e1 posto porque falte unha casa feita dende hai anos xusto no centro da beira inferior, na parte exterior da curva que fai a estrada, sen\u00f3n porque foi moi aproximadamente un dos que empregou Francisco para amosar o perxu\u00edzo \u00f3s veci\u00f1os: este plano (1:2000), que non \u00eda no CD vendido de xeito inicial, ti\u00f1a a zona cuberta por outro con menos detalle (1:10000), no que por exemplo, non se ve que a estrada ten unha zona adicada de 16 m, o que infl\u00fae no futuro das construcci\u00f3ns aleda\u00f1as.<br \/>\nA pol\u00e9mica est\u00e1 servida, pero unha acusaci\u00f3n as\u00ed, de ocultaci\u00f3n de informaci\u00f3n, non debera de quedar en sinxela comidilla de prensa, tanto se &#8216;hai algo&#8217; como se &#8216;non hai nada&#8217; (m\u00e1is ou menos, a postura dende a alcald\u00eda, que non te\u00f1o tempo de expo\u00f1er agora). Non estamos ante &#8216;acusaci\u00f3ns de tinte pol\u00edtico&#8217;, sen\u00f3n ante a interferencia nun proceso de decisi\u00f3n que condicionar\u00e1 a vida de Ribadeo en d\u00e9cadas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte xurdiu, de mans de UPRi, unha nova d\u00fabida sobre o proceder do goberno municipal, como estaba anunciado e coas salvagardas que expresei no anterior post. Di Francisco Rivas que non se entregou toda a documentaci\u00f3n, en concreto, os planos de detalle dos n\u00facleos rurais, escamote\u00e1ndoos \u00f3 longo de todo o proceso, inclu\u00edda aprobaci\u00f3n inicial, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,13],"class_list":["post-9663","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9663","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9663"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9663\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9663"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9663"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9663"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}