{"id":9656,"date":"2008-04-29T07:36:00","date_gmt":"2008-04-29T05:36:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:36:39","modified_gmt":"2024-11-12T14:36:39","slug":"para-coecer-ribadeo-se-non-te-entenden","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/04\/29\/para-coecer-ribadeo-se-non-te-entenden\/","title":{"rendered":"Para co\u00f1ecer Ribadeo: se non te entenden, conf\u00fandeos"},"content":{"rendered":"<p>Se non te entende, conf\u00fandeos. Unha frase que escoitei como consello dun terceiro \u00f3 meu interlocutor hai cousa dunha semana. Parece escollida para tratar algunha cousa do PXOM, que por outra parte ten apartados que son ilustrativos, parecendo aqueles vellos cadernos de hai unhas d\u00faas d\u00e9cadas, coido que titulados &#8216;Para co\u00f1ecer Ribadeo: A Vila&#8217; e &#8216;Para co\u00f1ecer Ribadeo: O Campo&#8217;. Claro que, moito m\u00e1is pequenos e did\u00e1cticos, coido que tam\u00e9n estaban abondo m\u00e1is coidados na s\u00faa revisi\u00f3n de erros, se ben esta parte que po\u00f1o hoxe ten erros menores en relaci\u00f3n \u00e1s primeiras p\u00e1xinas, pode que tam\u00e9n porque trata de cousas relativamente menos importantes.<br \/>\nAs\u00ed, seguindo coa memoria, iniciada coas &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/04\/as-primeiras-pxinas-do-pxom.html\">Primeiras p\u00e1xinas do PXOM<\/a>&#8216;, podemos continuar por exemplo na p\u00e1xina 40, onde se reco\u00f1ece que haber\u00eda que estudar un reforzo do sistema de captacion de auga, por ser abondo pero non dar lugar a extras ou gardado de auga para avar\u00edas. \u00c9 dicir, hai xa unhas cantas xesti\u00f3ns municipais que levan descuidado o mantemento e ampliac\u00f3n de servizos, e non s\u00f3 de luz.<br \/>\nChama a atenci\u00f3n que na mesma p\u00e1xina 40 o saneamento non contemple a tra\u00edda Rinlo-Ribadeo, xa realizada e xa reclamada polo concello para que quede como \u00e9 debido, despois de repisar nalgunhas zonas.<br \/>\nUnha ollada \u00e1s p\u00e1xinas 40 e 41 \u00e9 ilustrativa pola necesidade expresa de determinaci\u00f3n da capacidade de subministros &#8230; antes de facer o estudo de medre poboacional.<br \/>\nComo outra curiosidade, a p.42 atrib\u00fae a SOGAMA a ubicaci\u00f3n en Barreiros, s\u00e9 da planta de transferencia<br \/>\nTres p\u00e1xinas m\u00e1is adiante resulta dificultoso entender as zonas axardinadas. Resulta, por exemplo, que hai unha na r\/Rosal\u00eda de Castro, de 359m<sup>2<\/sup> (08-DE-AJ4). Est\u00edvena procurando nos planos sen \u00e9xito, a non ser a que est\u00e1 prevista para o futuro como unha beira dunha rotonda \u00f3 final do primeiro bloque de casas de pescadores. Pero conta como existente (as\u00ed se titula a t\u00e1boa: &#8216;inventario de espacios libres existentes&#8217;)<br \/>\nNa 47 f\u00e1ise un pouco de equilibrio a conta dos espazos libres: di que a parroquia que m\u00e1is espazos libres ten \u00e9 a de Ribadeo, pero en m2, con moito \u00e9 a de Vilasel\u00e1n, debido \u00f3 parque do cargadorio, que se estipula como aut\u00e9ntico pulm\u00f3n de Ribadeo. V\u00e9se na 48 continuado, onde se ve a descompensaci\u00f3n de espazos libres interparroquias, adem\u00e1is de que (p.47): &#8220;A nivel municipal no se superan los est\u00e1ndares establecidos por ley, por ello habr\u00e1 que reservar suelo para espacios libres y zonas verdes.&#8221; (se ben o n\u00facleo urbano, xunto con Vilasel\u00e1n e Ove &#8211; Cargadoiro e Sta. Cruz respectivamente &#8211; est\u00e1 equilibrado)<br \/>\nNas 50 e ss vese que os equipamentos das parroquias son en parte considerable, eclesiais-privados, quedando os p\u00fablicos reducidos a pistas polideportivas e construcci\u00f3ns de albergar\u00eda (antigas escolas).<br \/>\nOutra curiosidade aparece na p.53: &#8220;<span style=\"font-style: italic;\">Nueva Piscina Municipal (Ribadeo, c\/ Alfredo Dea\u00f1o)<\/span>&#8221; aparece a m\u00e1is de &#8220;<span style=\"font-style: italic;\">Piscina Municipal (Ribadeo, c\/ Pintor Fierros)<\/span>&#8220;. Algo que se manifesta tam\u00e9n noutras p\u00e1xinas, como na 58 ou na 63.<br \/>\nTam\u00e9n na p.54 aparece &#8220;Local social (Ribadeo, c\/ Leopoldo Calvo Sotelo)&#8221; de 425m<sup>2<\/sup> e titularidade p\u00fablica. E a AVV O Tes\u00f3n sen s\u00e9&#8230; Pode referirse \u00f3 Cine-Teatro?<br \/>\nNa p.56 resume o desequilibrio nos equipamentos. Non embargantes, vexo que s\u00f3 no caso de Santalla de Vilaosende non chega \u00e1 porcentaxe de 5%, norma sobre a superficie constru\u00edble.<br \/>\nAsinalar d\u00faas p\u00e1xinas m\u00e1is adiante: &#8220;<span style=\"font-style: italic;\">a) EQUIPAMIENTO EDUCATIVO.<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Comprende todos los centros existentes en el municipio vinculados con actividades formativas o de ense\u00f1anza.<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Tres cuartas partes de las parroquias disponen de escuelas. Adem\u00e1s existen en el n\u00facleo urbano de RIBADEO, dos Institutos de ense\u00f1anza secundaria, dos Colegios, una Guarder\u00eda y una Escuela de Idiomas.<\/span>&#8221; Tres cuartas partes das parroquias te\u00f1en escolas! Non hai unha soa que este\u00f1a actuando como tal, se descontamos a Pedro Murias e as do casco urbano (p.61). Dous IES. Dende o ver\u00e1n do 2006 son 3&#8230; claro que pr\u00f3ximamente, nun par de anos, voltar\u00e1n a ser 2, segundo novas deste mesmo abril. Non aparece a escola de m\u00fasica.<br \/>\nNa p.58 da m\u00e1is de 5000m<sup>2<\/sup> de superficie de equipamento sociosanitario en Ribadeo. Incl\u00fae, claro, &#8220;Hospital de San Sebasti\u00e1n (Ribadeo, c\/ Clemente Mart\u00ednez Pasar\u00f3n)&#8221;. E a\u00ednda as\u00ed, non me saen as contas, repaso, e na p.62 atopo que m\u00e1is do 50% da superficie corresponde a &#8220;<span style=\"font-style: italic;\">Residencia para Mayores \u201cMirador del Eo\u201d (O Outeiro)<\/span>&#8220;, co que xa cadran, se inclu\u00edmos adem\u00e1is o local da &#8220;Cruz Roxa do Eo&#8221; como tal equipamento sociosanitario.<br \/>\nDic\u00eda o da ilustraci\u00f3n que representa a memoria \u00f3 principio por cousas como a das p.67 e ss, onde da a lista de equipamento relixioso. As\u00ed, no casco urbano de Ribadeo:<br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">I.P. de San Francisco (Ribadeo, c\/Rinconada de San Francisco)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Monasterio de Santa Clara (Ribadeo, c\/ Clemente Mart\u00ednez Pasar\u00f3n)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de San Miguel (Ribadeo, c\/ Estrada do Faro)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de la Virgen del Camino (Ribadeo, c\/ Virxen do Cami\u00f1o)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de San Roque (Ribadeo, c\/ San Roque n\u00ba10)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de la 3\u00aa Orden de San Francisco (Ribadeo, c\/ Jos\u00e9 A. Primo de Rivera)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de la Atalaya o de la Sant\u00edsima Trinidad (Ribadeo, c\/ Atalaya)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de San Francisco (Ribadeo, c\/ Obispo Veres)<\/span><br \/>\n<span style=\"font-style: italic;\">Capilla de San L\u00e1zaro (Ribadeo, c\/ San L\u00e1zaro)<\/span><br \/>\nClaro que a ilustraci\u00f3n hai que revisala, pois resulta curioso o nome da r\u00faa da Orden Terceira e que non incl\u00faan algunha capela privada-privada (as capelas aparecen como privadas pola s\u00faa titularidade eclesial, a\u00ednda que eu cr\u00eda que algunha era de titularidade municipal) que existe, a parte de que a <span style=\"font-style: italic;\">Capilla de la Virgen del Camino<\/span> este\u00f1a na <span style=\"font-style: italic;\">c\/Virxen do Cami\u00f1o<\/span>.<br \/>\nA pr\u00f3xima secci\u00f3n que aparece na memoria \u00e9 a de poboaci\u00f3n e actividades econ\u00f3micas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se non te entende, conf\u00fandeos. Unha frase que escoitei como consello dun terceiro \u00f3 meu interlocutor hai cousa dunha semana. Parece escollida para tratar algunha cousa do PXOM, que por outra parte ten apartados que son ilustrativos, parecendo aqueles vellos cadernos de hai unhas d\u00faas d\u00e9cadas, coido que titulados &#8216;Para co\u00f1ecer Ribadeo: A Vila&#8217; e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,9],"class_list":["post-9656","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9656","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9656"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9656\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9656"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9656"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9656"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}