{"id":9652,"date":"2008-05-01T09:43:00","date_gmt":"2008-05-01T07:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:36:33","modified_gmt":"2024-11-12T14:36:33","slug":"1-de-maio-e-urbanismo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/01\/1-de-maio-e-urbanismo\/","title":{"rendered":"1\u00ba de maio e urbanismo."},"content":{"rendered":"<p>Vale, hoxe \u00e9 primeiro de maio. \u00c9 cousa de lembrar que a loita dos traballadores polo control das nosas vidas, e conmemoralo.<br \/>\nPero pode que o mellor xeito de facelo sexa precisamente traballando nesa loita. Como os gandeiros estes d\u00edas, coa manifestaci\u00f3n en Santiago. Ou nas xuntanzas mantidas ontes sobre o plan urban\u00edstico de Ribadeo, despois de que xurdira o tema da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/04\/nota-de-prensa-do-concello-en-relacin.html\">nave no porto<\/a> (tema que non se tratou nelas).<br \/>\nA xuntanza de onte \u00e1s 17:30, presidida polo alcalde e levada na s\u00faa meirande parte por Jos\u00e9 Luis Galindo, enxe\u00f1eiro xefe de Eptisa, a redactora do plan, foi seguida por representantes das asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os de O Tes\u00f3n, Couxela, Rinlo, Ove, Anzas, Vilasel\u00e1n e da A. de Montes de Vilela, m\u00e1is algunha persoa a t\u00edtulo particular, como o presidente dos construtores ribadenses. Abondas menos das que foron invitadas e era de esperar que foran, como soe ocorrer. A mesa complet\u00e1base con Ana B\u00e9rtolo e Alfonso Botana, de Eptisa, e o arquitecto municipal, Francisco Moreda. Comezou con retraso duns 10 minutos por chegar tarde a comitiva.<br \/>\nO alcalde comezou lembrando que o plan non era seu, sen\u00f3n de consenso. Pasou despois o enxe\u00f1eiro xefe a falar das directrices xerais, lexislaci\u00f3n, previsi\u00f3ns, agrupaci\u00f3n l\u00f3xica maior en torno do casco urbano seguindo un modelo cl\u00e1sico, \u00f3 tempo que se conservan e potencian os n\u00facleos rurais, aproveitando ata os 200m de expansi\u00f3n en torno a eles, o balance de volume de construcci\u00f3n, que se se chega \u00f3 m\u00e1ximo para aumentar nun sitio hai que diminu\u00edlo noutro, etc. Para min estivo claro que alg\u00fan principio dos ditos tende a contradicirse con outros, polo que se trata sempre dun PXOM de m\u00ednimos e de compromiso. Non iste de Ribadeo, sen\u00f3n en xeral. E tam\u00e9n estivo claro que non se comprometeu no que dixo, falando as\u00e9pticamente como informaci\u00f3n que era a charla, e non pretendendo a participaci\u00f3n na decisi\u00f3n. Algo que non obstante dixo que era mod\u00e9lico no caso de Ribadeo en canto \u00e1 transparencia e petici\u00f3n de participaci\u00f3n, estando os veci\u00f1os obrigados por lei a facelo. Cousas que moitas voltas non \u00e9 de estra\u00f1ar que soen raras.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgG9JO69YZPRPne6NLow_TxDCk1vSUPrUL06cqlRVzZ7IOYIoiXHg-DWfleTqTuzECF48Ig8MncBMZdujNWCVJ4O2BWVieLJjNO8sVERn3-VuauckubvTGHYC4nK75UK6lvATuX\/s2048\/triangulo+troncal.png\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgG9JO69YZPRPne6NLow_TxDCk1vSUPrUL06cqlRVzZ7IOYIoiXHg-DWfleTqTuzECF48Ig8MncBMZdujNWCVJ4O2BWVieLJjNO8sVERn3-VuauckubvTGHYC4nK75UK6lvATuX\/s2048\/triangulo+troncal.png\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nLogo viu o turno de preguntas, comezando pola extensi\u00f3n m\u00ednima requerida para constru\u00edr en Vilasel\u00e1n, de 1500m en zonas nas que as fincas son do orden duns 600. E comezaron as explicaci\u00f3ns te\u00f3ricas. Interv\u00edn eu a continuaci\u00f3n preguntando polos datos empregados para facer as previsi\u00f3ns (co xa posto en &#8220;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/04\/as-primeiras-pxinas-do-pxom.html\">As primeiras p\u00e1xinas do PXOM<\/a>&#8220;), atopando un baile de cifras como o da memoria, pero nada m\u00e1is. Seguiron as intervenci\u00f3ns e m\u00e1is adiante, case \u00f3 final, voltei preguntar sobre a estrutura urbana de Ribadeo e sobre cando se fixera o traballo de campo. Deixei claro que non imputaba a indefinici\u00f3n do dese\u00f1o de obxectivos \u00f3s t\u00e9cnicos, sen\u00f3n \u00f3s pol\u00edticos, pero a\u00ednda as\u00ed segu\u00edn sen contestaci\u00f3n en ambas preguntas. O xeito de responder lembroume que aqu\u00ed, no blog, para non crear unha categor\u00eda nova, estou metendo as cousas sobre o plan coa etiqueta &#8216;arquitectura&#8217;, sendo moi consciente de que arquitectura \u00e9 moi diferente de urbanismo, algo que tentei que fixeran palapable na mesa v\u00eda explicaci\u00f3ns e non houbo xeito. Houbo unhas cantas m\u00e1is (a xente comezou a marchar despois de hora e media de xuntanza), destacando a pol\u00e9mica sobre o edificio que se ve na parte superior da imaxe da zona urbana de Ribadeo, na parte superior do tri\u00e1ngulo central, que con cinco alturas e un parque \u00f3s seus p\u00e9s, parece un lugar desexable para ga\u00f1ar cartos. Houbo moito que dicir sobre el, a falta de quen \u00e9 o propietario do terreo. Xustificouse, ou tentouse facelo, como barreira contra o ru\u00eddo da autov\u00eda (que barreira haber\u00eda para os veci\u00f1os do propio edificio?), dicindo que non levanta por riba da rasante da autov\u00eda (quedou claro que non fac\u00eda falta tanta altura para eso, que si levanta e \u00e9 un argumento que se contrad\u00ed co anterior), e mesmo o arquitecto municipal tentou facer unha desafortunada semellanza dicindo que tam\u00e9n estaban mal as actualmente traseiras das &#8216;casas de pescadores&#8217; no que no futuro ser\u00e1 a prolongaci\u00f3n de Rosal\u00eda de Castro. A ra\u00edz dese tema, xurdiron outros temas peliagudos nas butacas (que non foron preguntados) sobre propiedades, como que na parte baixa dese tri\u00e1ngulo hai anos botouse para atr\u00e1s polos veci\u00f1os o proxecto dunha estaci\u00f3n de servizo de xente de Foz, d\u00faas propiedades da familia Calvo Sotelo (inclu\u00eddo que na antiga estaci\u00f3n do tren mineiro, foi o concello quen puxo as vallas pola perigosidade que entrana, mentras se est\u00e1n a reclamar por apremio rehabilitaci\u00f3ns no casco vello), etc.<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwLy4fp4LVBU6QqsXiilj-aAZKchroO32Huh82seqFuQsgBFS4crW367N4aXyYM18j7ZJJFi9Gq-GkOhpMmmYcVa7_fbSzTgx8rJ2y3RjJZdICHFRvtTtzh7U7EvMW2ih3t_S1\/s2048\/Celeir%C3%B3s.png\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgwLy4fp4LVBU6QqsXiilj-aAZKchroO32Huh82seqFuQsgBFS4crW367N4aXyYM18j7ZJJFi9Gq-GkOhpMmmYcVa7_fbSzTgx8rJ2y3RjJZdICHFRvtTtzh7U7EvMW2ih3t_S1\/s2048\/Celeir%C3%B3s.png\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nHoubo m\u00e1is cousas, como a pregunta sobre o ancho das r\u00faas novas ou a que fixo sa\u00edr a colaci\u00f3n un plano que a\u00ednda non vira, correspondente a Celeir\u00f3s (Cubelas), no que se observa na parte superior o entronque  da estrada que ven de Vilela coa de Reme a Vilamar, e case no mesmo centro, a baixada \u00e1s Anzas. Pode causar estra\u00f1eza que nun b&#8217;otramo unha beira da estrada sexa constru\u00edble e a outra non (pregunta que non se chegou a concretar dese xeito)<br \/>\nEn fin, preguntas quedaron no tinteiro, moitas. Pero non se pod\u00eda esperar moito m\u00e1is dunha xuntanza de &#8216;s\u00f3&#8217; d\u00faas horas e media sobre un volume de informaci\u00f3n de m\u00e1is de medio Gb.<br \/>\nRematou tarde, e a sesi\u00f3n para a xente do rural, prevista para as 20:00, dificilmente se puido comezar con menos de 20 minutos de retardo, pois ben pasadas as oito da tarde a xente da mesa estaba entrando no caf\u00e9.<br \/>\nM\u00e1is sobre o plan? Moito. E a\u00ednda un mes para velo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vale, hoxe \u00e9 primeiro de maio. \u00c9 cousa de lembrar que a loita dos traballadores polo control das nosas vidas, e conmemoralo. Pero pode que o mellor xeito de facelo sexa precisamente traballando nesa loita. Como os gandeiros estes d\u00edas, coa manifestaci\u00f3n en Santiago. Ou nas xuntanzas mantidas ontes sobre o plan urban\u00edstico de Ribadeo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65],"class_list":["post-9652","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9652","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9652"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9652\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9652"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9652"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9652"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}