{"id":9648,"date":"2008-05-04T10:03:00","date_gmt":"2008-05-04T08:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:36:27","modified_gmt":"2024-11-12T14:36:27","slug":"ver-se-me-engano","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/04\/ver-se-me-engano\/","title":{"rendered":"A ver se me engano"},"content":{"rendered":"<p>Pode resultar inconvinte, pouco pol\u00edtico, manter determinadas opini\u00f3ns, e m\u00e1is en momentos concretos. Dec\u00e1tome delo con certa frecuencia, e, \u00f3 tempo, par\u00e9ceme que \u00e9 necesario o facelo as\u00ed, que esas opini\u00f3ns, se un cre nelas, hai que mantelas sobre todo neses per\u00edodos de m\u00e1is inconveniencia. Hoxe pode ser un deses d\u00edas de m\u00e1is inconveniencia.<br \/>\nOnte pola tarde correu a voz da desaparici\u00f3n de <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Leopoldo_Calvo_Sotelo_Bustelo\">Leopoldo Calvo Sotelo<\/a>, q.e.p.d., e este ma\u00f1\u00e1, o primeiro que vexo nas <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/05\/04\/0003_6788501.htm\">novas<\/a> \u00e9: &#8220;El protagonismo de Ribadeo causaba sorpresa en algunos pol\u00edticos. En una ocasi\u00f3n el ex regidor de Vilalba pregunt\u00f3 al presidente provincial, el focense Luis Cordeiro, qu\u00e9 pasaba con Ribadeo: \u00abUstedes tambi\u00e9n tuvieron a Fraga\u00bb, le respondi\u00f3.&#8221;  Ou un t\u00edtulo: &#8216;Un ribadense de primera categor\u00eda&#8217; (\u00e9 evidente logo que os hai -ou os habemos- de segunda). Parece evidente que a redacci\u00f3n pretende deixar ver o que Calvo Sotelo fixo por Ribadeo, pero tam\u00e9n a s\u00faa actuaci\u00f3n de discriminaci\u00f3n a favor do povo deixa asomar un caciquismo da Espa\u00f1a profunda (e a relaci\u00f3n entre figuras e estruturas xa da \u00e9poca democr\u00e1tica con outras m\u00e1is da \u00e9poca da ditadura) que evidentemente ti\u00f1a que perxudicar a outros que estiveran enfrente.<br \/>\nPara m\u00e1is ilustraci\u00f3n sobre o tema do <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Cacique\">cacique<\/a> (a notar na ligaz\u00f3n anterior que fala de cacique como termo decimon\u00f3nico e eu estouno a aplicar no s\u00e9culo XXI) hai unha morea de literatura. Por exemplo, &#8220;<a href=\"http:\/\/www.elpelao.com\/letras\/167.html\">O catecismo do labrego<\/a>&#8220;, \u00f3 pouco de comezar a s\u00faa primeira parte, fala de cacique, alcalde e secretario. Pode que haxa que distinguir entre caciques e entre cacicadas, ou po\u00f1erse a pensar que determinadas instancias ribadenses xa non van ter (ou si van seguir tendo) unha agarradeira en Madrid, o cal pode ser de lamentar nas liortas que al\u00ed se orixinen (ou permitir\u00e1 solucionalas m\u00e1is segundo o xeito e intereses de aqu\u00ed e menos de al\u00ed). \u00c9 dicir,  o mesmo que antes da revoluci\u00f3n francesa pod\u00eda haber reis ilustrados e relativamente ben\u00e9volos para o pobo, tam\u00e9n pode darse o caso no tema dos caciques. Pero eso non impide que nun caso foran chamados reis e noutro, caciques.<br \/>\nTres d\u00edas de luto oficial do concello e capela ardente no sal\u00f3n de sesi\u00f3ns non fan sen\u00f3n manifestar o poder de Calvo Sotelo en Ribadeo -luto e poder que non se deixou ver por variaci\u00f3ns na movida nouturna, se non foi, en tal caso, por celebrarse se cabe algo m\u00e1is que outros d\u00edas-. E as frases &#8216;Quen \u00f3 seu pobo honra merece a honra do seu pobo&#8217; e &#8216;En gratitude pola s\u00faa labor de apoio a este concello desde todos os altos cargos que ostentou&#8217;, na s\u00faa lembranza e como explicaci\u00f3n do t\u00edtulo honor\u00edfico como fillo ribadense, van no mesmo senso, pero cunha diferenciaci\u00f3n: o poder usado &#8216;para&#8217; o pobo. Neste sentido, e misturando actuaci\u00f3ns de diverso tipo, consecuencias e \u00e1mbito, cabe lembrar que o golpe de estado de Tejero e cia prod\u00faxose contra o seu goberno (ou contra a democracia no seu goberno), que a Ponte dos Santos \u00e9 froito do seu \u00faltimo Consello de Ministros como presidente (Fraga deixounos a piscifactor\u00eda Cascos), que os cartos de reparaci\u00f3n da capela da Virxe do Cami\u00f1o consegu\u00edronse \u00f3 seu trav\u00e9s (\u00e1s veces confundo as cousas, e coido que \u00e9 neste caso onde hai quen di que os puxo el do seu peto), etc, un et caetera no que vai inclu\u00edda a pol\u00e9mica polo Marquesado da r\u00eda de Ribadeo, para el creado.<br \/>\nCoido que toda persoa, cando morre, \u00e9 acreedora de reco\u00f1ecemento como tal. A vida pode ser dura, moito, e son as cualidades humanas as que coido que deben de contar m\u00e1is, se non de xeito \u00fanico. Neste senso, recollo as verbas de Eduardo Guti\u00e9rrez, exalcalde, que recomenda o seu libro &#8216;Pl\u00e1ticas de familia&#8217; (que te\u00f1o, pero que non lin enteiro, e do que te\u00f1o escoitado falar tanto moi ben como moi mal). Recomendaci\u00f3n que adoito \u00f3 ver que no xornal as s\u00faas verbas son recollidas coa introducci\u00f3n de &#8216;destaque do perfil humano&#8217;, mentras que para min tenta a procura dun equilibrio mesurado. E tam\u00e9n as do actual Alcalde, Fernando Su\u00e1rez, &#8216;d\u00e9beselle facer un reco\u00f1ecemento p\u00fablico, como mostra dun agradecemento a un ribadense m\u00e1is&#8217;. \u00c9 dicir, contra o titular xornal\u00edstico, Calvo Sotelo poder\u00eda ser considerado un &#8216;primus&#8217;, si, pero &#8216;inter pares&#8217;. Con t\u00f3dalas virtudes e vicios que tivera, s\u00f3 unha persoa, a\u00ednda que m\u00e1is notoria que outras.<br \/>\nEn Ribadeo coido que se sent\u00eda ben, v\u00edase. E en Ribadeo vai quedar para sempre.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pode resultar inconvinte, pouco pol\u00edtico, manter determinadas opini\u00f3ns, e m\u00e1is en momentos concretos. Dec\u00e1tome delo con certa frecuencia, e, \u00f3 tempo, par\u00e9ceme que \u00e9 necesario o facelo as\u00ed, que esas opini\u00f3ns, se un cre nelas, hai que mantelas sobre todo neses per\u00edodos de m\u00e1is inconveniencia. Hoxe pode ser un deses d\u00edas de m\u00e1is inconveniencia. Onte [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[38,9],"class_list":["post-9648","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-eduardo-gutierrez","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9648","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9648"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9648\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9648"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9648"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9648"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}