{"id":9643,"date":"2008-05-07T16:44:00","date_gmt":"2008-05-07T14:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:36:20","modified_gmt":"2024-11-12T14:36:20","slug":"obscuridade-na-ra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/07\/obscuridade-na-ra\/","title":{"rendered":"Obscuridade na r\u00eda"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhsoJdysZcbuCXxPBr1Z9nPb2NG1r1Buc_DNWpI_un9eB6awjiQMiqwS8lu6io-GQ9lWgZuaHntlkmGcYuUg47bqXhDqtHHa60INv0cKJirTfAngaVTpLqCO3cKXAlZhcWxwM-9\/s2048\/DSCI0009+r%C3%ADa+Figueiras.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhsoJdysZcbuCXxPBr1Z9nPb2NG1r1Buc_DNWpI_un9eB6awjiQMiqwS8lu6io-GQ9lWgZuaHntlkmGcYuUg47bqXhDqtHHa60INv0cKJirTfAngaVTpLqCO3cKXAlZhcWxwM-9\/s2048\/DSCI0009+r%C3%ADa+Figueiras.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n&#8211; artigo enviado para a s\u00faa publicaci\u00f3n nos xornais &#8211;<br \/>\nObscuridade na r\u00eda<br \/>\nCoido que \u00e9 unha obviedade dicir que a auga constit\u00fae a parte b\u00e1sica da r\u00eda, sexa a r\u00eda de Ribadeo ou calquera outra. E, para quen pasara aqu\u00ed alg\u00fan tempo, po\u00f1amos m\u00e1is de dous anos, tam\u00e9n ser\u00e1 unha obviedade que esta\u015be a reducir o espazo ocupado pola auga, mesmo privatizando algo que \u00e9 de todos. Dous anos, pois ese foi o per\u00edodo que transcorreu dende a ampliaci\u00f3n norte do peirao de Mirasol, \u00e9 dicir, do \u00faltimo recheo polo momento. Naquel intre, para minimizar o impacto producido na opini\u00f3n do pobo, unha das cousas que dixo a xente de Portos de Galicia foi que non se \u00edan a constru\u00edr naves no recheo. Quenes nos opuxemos a que se fixera t\u00ed\u00f1amos claro que eso era unha escusa, totalmente insuficiente polo dem\u00e1is. Pero non esperabamos que o dito se vira quebrado en tan pouco tempo, pouco m\u00e1is do que tardou a cabeza municipal en esquecer o ir de estandarte nunha manifestaci\u00f3n contra o recheo.<br \/>\nA cousa \u00e9 que outra vez nos volvemos a ver cunha imposici\u00f3n de Portos de Galicia, escenificada do xeito \u00f3 que nos ten afeitos: silencio e obscurantismo mentras se coce a idea correspondente, de xeito que oficialmente non hai nada, porque &#8216;os papeis&#8217; non se deixan distribu\u00edr. Os contactos existentes, dun xeito ou outro, f\u00edltranse, pero como &#8216;non hai nada&#8217;, non se pode facer nada s\u00f3lido en contra, como non sexa facer comentarios p\u00fablicos pouco m\u00e1is que dando golpes de cego. Nun momento dado, p\u00e1sase \u00e1 acci\u00f3n. Ent\u00f3n xurde un papel oficial, un documento, unha publicaci\u00f3n no DOG do 29 de abril neste caso, no que a\u00ednda con ocultaci\u00f3ns fundamentais, o proxecto cobra vida dun xeito xa maduro, a modo de imposici\u00f3n. \u00c9 ent\u00f3n cando se concerta unha visita explicativa do proxecto, para iso, para explicar que se vai facer, o que se vai impo\u00f1er. Nesa fase estamos, e as fases seguintes poden ser tan predicibles como ata o momento. Non se trata nin tan siquera do vello dito de &#8216;prometer e prometer ata meter, e unha volta metido, esquecer o prometido&#8217;, sen\u00f3n dunha violaci\u00f3n. O que se poder\u00eda chamar violaci\u00f3n da soberan\u00eda popular por aprte dun ente que ter\u00eda que ser p\u00fablico e aut\u00f3nomo, pero \u00e9 aut\u00f3nomo e m\u00e1is de xesti\u00f3n empresarial que de servizo p\u00fablico.<br \/>\nO que saiu no DOG foi o aviso de que estaba pedida a concesi\u00f3n administrativa para a construcci\u00f3n dunha terminal cuberta de carga, descarga e almacenamento. Atenci\u00f3n, non s\u00f3 carga\/descarga, sen\u00f3n tam\u00e9n liberaci\u00f3n de espazo de almacenamento \u00e1 empresa correspondente. Seguindo a lexislaci\u00f3n, f\u00e1ise necesaria unha concorrencia, por se lle interesa a outra empresa facer o mesmo. \u00c9 dicir, non se da a co\u00f1ecer o proxecto, sen\u00f3n que se pide saber por parte de Portos se algu\u00e9n quere o terreo para\/da m\u00e1is por facer outras cousas iguais ou semellantes. Quede claro que \u00e9 Portos quen quere saber. E que e Portos quen adxudica o tema. Pero &#8216;o tema&#8217;, a nave, xa est\u00e1 visto para sentencia: algo as\u00ed como &#8216;se algu\u00e9n est\u00e1 disposta a facela, non hai problema, faise&#8217;.<br \/>\nQuedan cousas menores: non ter moi mala prensa por eso de que o bonito cocho non deixa de ser unha bonita cochambre, non ter moi enfronte os poderes pol\u00edticos porque sempre poden salvarlle a un o c\u00fa, e cousas polo estilo.<br \/>\nNo momento no que escribo, e ata que se publique, poden ter cambiado algunhas cousas, pero dubido que sexan cousas importantes. Posiblemente ter\u00e1 tido xa lugar unha mesa redonda no pobo. Pero, haberase xa enviado o tema \u00f3 xulgado para deter a portos? Haber\u00e1 tido xa alg\u00fan efecto a petici\u00f3n de documentaci\u00f3n por parte do Principado? (Por certo, compa\u00f1eiro de viaxe interesado contra o galp\u00f3n).<br \/>\nCoido que me intriga m\u00e1is outro sub-tema: os catro partidos pol\u00edticos presentes no consistorio ribadense, ter\u00e1nse xa definido por escrito, de xeito constrastable, sobre que opinan do galp\u00f3n? \u00c9 certo que &#8216;non hai papeis&#8217;, pero si hai retazos de informaci\u00f3n, coido que abondos: altura, extensi\u00f3n en terra e na r\u00eda de Ribadeo (no &#8216;Mar Cant\u00e1brico&#8217;, se nos atemos \u00e1 carteler\u00eda de Portos \u00e1 entrada do peirao), pilastras na r\u00eda, estimaci\u00f3n dos traballadores que ser\u00e1n necesarios e n\u00famero de traballadores actual do Parador, variaci\u00f3n dos tes\u00f3ns nos \u00faltimos anos, ancho da canle de manobra e atraque en toda a fronte do peirao, meses que pasou a draga pola vici\u00f1anza, &#8230; \u00c9 dicir, se non hai unha declaraci\u00f3n precisa, un compromiso claro, \u00e9 sinxelamente porque non se quere dar nin unha posta de condici\u00f3ns.<br \/>\n&#8230; Claro que, a menos dunha semana da visita do representante de Portos \u00e1 alcald\u00eda, oc\u00f3rreseme que a verxa do porto de Mirasol pode cerrarse en pouqui\u00f1o tempo, a pesar da desfeita na que se convertiu, deixando sen un vial necesario \u00f3 pobo. Mentras, a xente de a p\u00e9 quedariamos sen outro sitio onde meter o p\u00e9 (que non a zoca), mirando m\u00e1is para asuntos como a estatua do Marqu\u00e9s de Sargadelos ou as paredes verticais que emparedan algunhas r\u00faas e menos para as augas dunha r\u00eda que xa estiveron abondo m\u00e1is limpas e achegadas \u00f3 pobo.<br \/>\nAntonio Gregorio Montes<br \/>\n* Unha nota f\u00f3ra de escrito: Remato de recibir un correo que apunta como o mellor monumento a Calvo Sotelo o &#8216;non levantar o famoso tinglado do porto; de seguro que onde est\u00e9 po\u00f1erase m\u00e1is contento que cunha estatua&#8217;. Para pensalo.<br \/>\n** Esc\u00f3itase treboar en Ribadeo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&#8211; artigo enviado para a s\u00faa publicaci\u00f3n nos xornais &#8211; Obscuridade na r\u00eda Coido que \u00e9 unha obviedade dicir que a auga constit\u00fae a parte b\u00e1sica da r\u00eda, sexa a r\u00eda de Ribadeo ou calquera outra. E, para quen pasara aqu\u00ed alg\u00fan tempo, po\u00f1amos m\u00e1is de dous anos, tam\u00e9n ser\u00e1 unha obviedade que esta\u015be a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[57,9],"class_list":["post-9643","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ria-de-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9643","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9643"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9643\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9643"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9643"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9643"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}