{"id":9640,"date":"2008-05-10T00:04:00","date_gmt":"2008-05-09T22:04:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:36:07","modified_gmt":"2024-11-12T14:36:07","slug":"xuntanza","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/10\/xuntanza\/","title":{"rendered":"Xuntanza"},"content":{"rendered":"<p>Deixoume mal sabor de boca a xuntanza de onte sobre a nave do porto. Haber\u00e1 abondo m\u00e1is, pero de pronto, s\u00f3 unha nota de prensa:<br \/>\n&#8212; Nota de prensa da AVV O Tes\u00f3n de Ribadeo &#8212;<br \/>\nEn relaci\u00f3n coa actual nova de inicio de tramitaci\u00f3n para a concesi\u00f3n administrativa dunha terminal cuberta no porto de Ribadeo, e ante a evidencia de que, segundo o DOG, se trata xa da tramitaci\u00f3n e non de movementos preliminares como un encargo de anteproxecto, por exemplo, a AVV O Tes\u00f3n de Ribadeo solicita de todos os grupos pol\u00edticos que constit\u00faen o consistorio ribadense unha definici\u00f3n sobre o tema, para o cal ten plantexado para o pr\u00f3ximo pleno, previsto para o luns 19 dos presentes, a seguinte pregunta, encadrada nun documento entregado hoxe mesmo no concello:<br \/>\n&#8221;                  <\/p>\n<p lang=\"gl-ES\"><span style=\"color:#000000;\"><span style=\"font-size:100%;\"><span style=\"font-style: normal;\">Ante a nova da licitaci\u00f3n de terreo no porto para constru\u00edr unha nave no peirao de Mirasol, <\/span><em>solicitamos co\u00f1ecer oralmente e por escrito as posturas neste momento de cada un dos grupos sobre a construcci\u00f3n dunha nave das caracter\u00edsticas que se barallan.<\/em><\/span><\/span><\/p>\n<p>&#8221;<br \/>\nEsperamos que \u00e1 luz do que xa se sabe e lles explicar\u00e1 \u00f3s propios grupos, e a ningu\u00e9n m\u00e1is que a eles, o Presidente de Portos de Galicia o pr\u00f3ximo martes 13, os representantes pol\u00edticos deixen claro o que pensan para a defensa dos intereses dos cidad\u00e1ns que representan.<br \/>\nQueremos claridade e posturas documentadas: dende a asociaci\u00f3n lembramos que, por exemplo, o 18 de novembro de 2003 aparec\u00eda na prensa que o Presidente de Portos de Galicia declaraba que na zona a rechear en Mirasol non se construir\u00edan naves industriais. O mesmo Portos de Galicia que agora quere meter unha nave moito m\u00e1is grande que as actuais.<br \/>\nIgualmente, o 20 de outubro de 2003 o daquela alcalde e hoxe portavoz socialista aparec\u00eda na prensa lembrando o seu programa, que levaba o non permitir unha actuaci\u00f3n a r\u00eda. Algo m\u00e1is dun mes despois, cambiou segundo dixo o recheo no porto por varias cousas, por exemplo un pol\u00edgono industrial que a\u00ednda non se comezou a constru\u00edr.<br \/>\nPor outra banda, aparec\u00edan na prensa do 25 de novembro de 2003 unhas declaraci\u00f3ns do actual alcalde ribadense e daquela tenente de alcalde, nas que deixaba patente que todo o volume inversor debera canalizarse nun porto exterior, \u00f3 que se apuntaba tam\u00e9n o grupo socialista.<br \/>\nMentras, as asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais lembran que a maior manifestaci\u00f3n que tivera lugar en Ribadeo foi contra o recheo, e lembran tam\u00e9n o que no seu momento dixeron (prensa do 30 de decembro de 2003):<br \/>\n&#8220;A r\u00eda non \u00e9 algo negociable, a r\u00eda ten que ser un espacio que se defende, como algo que ten valor en si mesmo&#8221;.<br \/>\nPoder\u00edase engadir agora: a r\u00eda non se vende, algo que parece que Portos de Galicia quere facer despois de apropiarse dela.<br \/>\nRibadeo, 09\/05\/2008<\/p>\n<p>&#8230; unha \u00faltima cousa: t\u00f3dalas citas est\u00e1n dispo\u00f1ibles na prensa en internet. En 24 horas, unha relaci\u00f3n m\u00e1is completa de ligaz\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Deixoume mal sabor de boca a xuntanza de onte sobre a nave do porto. Haber\u00e1 abondo m\u00e1is, pero de pronto, s\u00f3 unha nota de prensa: &#8212; Nota de prensa da AVV O Tes\u00f3n de Ribadeo &#8212; En relaci\u00f3n coa actual nova de inicio de tramitaci\u00f3n para a concesi\u00f3n administrativa dunha terminal cuberta no porto de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-9640","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9640","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9640"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9640\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9640"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9640"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9640"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}