{"id":9638,"date":"2008-05-12T23:06:00","date_gmt":"2008-05-12T21:06:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:36:04","modified_gmt":"2024-11-12T14:36:04","slug":"comezando-protesta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/12\/comezando-protesta\/","title":{"rendered":"Comezando a protesta"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiHyr0M3ggryQ1cMJvY3DIyRx30dznEnTpgME8lWDnTm_ShvI4fvs7wgO1vDR-GD-E2IU2Pazontf0KbzsKQIMg4IzgFgtHiUhKnfy1Wo9o0cOlfPL13pDc8Y5i_5VlUVdeFvHp\/s2048\/DSC00144+as+cruces.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiHyr0M3ggryQ1cMJvY3DIyRx30dznEnTpgME8lWDnTm_ShvI4fvs7wgO1vDR-GD-E2IU2Pazontf0KbzsKQIMg4IzgFgtHiUhKnfy1Wo9o0cOlfPL13pDc8Y5i_5VlUVdeFvHp\/s2048\/DSC00144+as+cruces.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nEst\u00e1 visto, \u00e1s veces acum\u00falanse as cousas e hai que elixir. Neste caso, PXOM e luz quedan moment\u00e1neamente detr\u00e1s da protesta contra a nave na r\u00eda de Ribadeo, un proxecto que hai pouco parecer\u00eda inconcebible.<br \/>\nMentras, \u00e9 cousa de dar agradecementos, xa que a r\u00eda non pode dalos de palabra (\u00e9 agradecida de obra, diso non me cabe d\u00fabida). Hai que dalos pola xente que ofrece apoio, que da \u00e1nimos, que ofrece cartos para a loita, mesmo que oferta atarse \u00e1s m\u00e1quinas no caso de que cheguen a comezar a funcionar para facer a nave. Mais, unha cousa son as verbas ofertadas e outra o plasmalas na realidade. De pronto, ma\u00f1\u00e1 hai unha cacerolada. Poderanse contar as persoas cos dedos dunha man ou haber\u00e1 que empregar mans e p\u00e9s de varias? \u00c9 dicir, visto o que pensa a xente, dar\u00e1 o paso de dar a cara polo que pensa? Esperar\u00e1 para a pr\u00f3xima vez?<br \/>\nOs partidos pol\u00edticos, de pronto, ma\u00f1\u00e1 te\u00f1en unha cita que ter\u00e1n que empregar para ver a s\u00faa postura e contestar o luns no pleno \u00e1 pregunta que lles fai O Tes\u00f3n: que pensan sobre a nave?<br \/>\nMentras, alg\u00fan pol\u00edtico parece que se pon nervioso pola &#8216;intromisi\u00f3n&#8217; dos veci\u00f1os en temas que querer\u00edan para eles s\u00f3s, esquecendo que s\u00f3 son representantes temporais para xesti\u00f3n dunha realidade que nos pertence a todos.<br \/>\nCoido que a nave require atenci\u00f3n inmediata (a ser posible, descoidando o m\u00ednimo outros temas como os ditos \u00f3 comezo) porque a s\u00faa construcci\u00f3n marcar\u00eda unha especie de punto de non retorno tanto no coidado da r\u00eda de Ribadeo como na relaci\u00f3n (mellor, falta de relac\u00f3n) entre cidad\u00e1ns e pol\u00edticos. Marcar\u00eda a certificaci\u00f3n de que os pol\u00edticos non responden \u00f3s intereses dos cidad\u00e1ns, sen\u00f3n a outros diferentes, e abrir\u00eda as portas para que tanto na zona asturiana como na nosa non houbera medida no mal que se lle poidera facer \u00e1 r\u00eda.<br \/>\nParece que polo momento os pol\u00edticos din con boca uns mais grande, outros m\u00e1is pequena, que hai que esperar \u00f3 que di portos, a\u00ednda que de entrada non. Despois da experiencia do \u00faltimo recheo, confianza, moi pouca. Para min, Portos xa falou antes e certificou o falado coa publicaci\u00f3n no DOG da apertura de prazo para a adxudicaci\u00f3n administrativa. A cousa acabar\u00e1 indo m\u00e1is al\u00f3 dos partidos locais: xa o foi coa petici\u00f3n do Principado para ter unha informaci\u00f3n que polo momento os veci\u00f1os non temos.<br \/>\nHoxe foi a festa das Cruces na Ponte. Pedir\u00edalle a xente \u00e1 virxe das Virtudes as virtudes necesarias para ser merecedores da r\u00eda que temos?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Est\u00e1 visto, \u00e1s veces acum\u00falanse as cousas e hai que elixir. Neste caso, PXOM e luz quedan moment\u00e1neamente detr\u00e1s da protesta contra a nave na r\u00eda de Ribadeo, un proxecto que hai pouco parecer\u00eda inconcebible. Mentras, \u00e9 cousa de dar agradecementos, xa que a r\u00eda non pode dalos de palabra (\u00e9 agradecida de obra, diso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,26,13,9],"class_list":["post-9638","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9638","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9638"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9638\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9638"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9638"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9638"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}