{"id":9635,"date":"2008-05-13T21:00:00","date_gmt":"2008-05-13T19:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:35:59","modified_gmt":"2024-11-12T14:35:59","slug":"falando-da-nave-na-ra","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/13\/falando-da-nave-na-ra\/","title":{"rendered":"Falando da nave na r\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Horas despois da cacerolada, xa te\u00f1o m\u00e1is datos sobre participaci\u00f3n. De tres fontes diferentes, 40, 50 e preto de 100 persoas. F\u00edome das d\u00faas primeiras m\u00e1is que da \u00faltima, pero media centea de persoas para algo que non tivo un m\u00ednimo de organizaci\u00f3n homologable non est\u00e1 nada mal.<br \/>\nPola tarde fun \u00e1 xuntanza co Presidente de Portos no Parador, \u00e1s 17 horas. Coido que vou facer unha separaci\u00f3n en partes para referirme a diferentes aspectos dela. Poden quedar algo deslavazadas algunhas cousas, pero coido que ser\u00e1 mellor as\u00ed, separando por temas.<br \/>\n1.Cr\u00f3nica do desenvolvemento.<br \/>\nO d\u00eda comezou co env\u00edo dunha nota aclaratoria \u00e1 prensa (<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/terremoto.html\">algo que xa tentei deixar claro na entrada da ma\u00f1\u00e1<\/a>), que reproduzo:<br \/>\n&#8220;Ante a nova de hoxe de que o Presidente de Portos de Galicia ten previsto reunirse esta tarde con representantes da Plataforma e de O Tes\u00f3n, xunto con outros representantes veci\u00f1ais, cabe aclarar que non est\u00e1 previsto que a dita xuntanza vaian representantes da asociaci\u00f3n, a\u00ednda que poidera ir alg\u00fan directivo a t\u00edtulo particular e deixando ben claro este punto. A asociaci\u00f3n, adem\u00e1is, non foi convocada de xeito formal, sen\u00f3n por unha chamada telef\u00f3nica indirecta o luns.<br \/>\nA postura da asociaci\u00f3n \u00e9 que a nave non se debe constru\u00edr, non admitindo soluci\u00f3ns alternativas para que se poda facer despois dalgunha reforma, polo que calquera interese sobre aclaraci\u00f3ns de puntos concretos non leva consigo un cambio de postura sobre o tema. Para dito cambio de posici\u00f3n da asociaci\u00f3n ser\u00eda pois necesario un cambio total na idea b\u00e1sica, orientaci\u00f3n, m\u00e9todo e transparencia coa que Portos de Galicia est\u00e1 a desenvoltar as s\u00faas xesti\u00f3ns. &#8221;<br \/>\nO d\u00eda do Presidente de Portos estivo axetreado: comezou cos representantes pol\u00edticos de Ribadeo, pero continuou con outros grupos, para rematar (coido) coa directiva do PSOE ribadense no Parador. Antes, \u00e1s 5 da tarde, tam\u00e9n no Parador, xunt\u00e1monos 4 persoas (dous representantes da plataforma, un da AVV de Obe e eu como independente, cousa que especifiquei en principio) co Presidente de Portos, Jacinto Parga, acompa\u00f1ado do Delegado Provincial da COTOP e unha muller (non me quedei co nome) cargo que ten poder sobre o porto ribadense.<br \/>\nEntramos tres dos &#8216;a informar&#8217; e presentamonos, non tardando en aparecer Balbino P\u00e9rez de pasada, que tivo o tempo xusto de pesentar o cuarto asistente antes de marchar. Quedou claro para min que a ascendencia pol\u00edtica neste pa\u00eds ten a\u00ednda unhas conexi\u00f3ns que son derivadas ou asimilables \u00e1s que eran com\u00fans hai moito tempo: parece que o PSOE, de quen depende a conseller\u00eda correspondente a portos, era o organizador, e non Portos ou o concello. M\u00e1is a\u00ednda cando persoal dunha radio de f\u00f3ra de Ribadeo me aclarou esta ma\u00f1\u00e1, a pregunta mi\u00f1a, que recibiran un fax especificando a nota de prensa que foi a directora do que apareceu nos xornais hoxe. Non indaguei m\u00e1is no contido detallado da nota, porque non me pareceu que fora necesario para establecer a clave propagand\u00edstica de Portos-Xunta-PSOE.<br \/>\nO Presidente de Portos foi amable e tam\u00e9n claro: deixou pr\u00edstinamente claro que eles (Portos) defend\u00eda un tipo de intereses econ\u00f3micos, e que era consciente que outros, como as asociaci\u00f3ns ou Medio Ambiente, defend\u00edan outros, e que non estaba pola labor de intentar convencer doutros intereses que non foran os seus. \u00c9 dicir, non hai contraargumentos, sen\u00f3n outro tipo de valores. Eses intereses de Portos p\u00f3dense concretar en aumentar a actividade sen facer medrar o porto, \u00e9 dicir, sen fortes inversi\u00f3ns da s\u00faa parte. Quedou pois claro, por se non o estaba antes, que Portos vai tirar para adiante, tentando beneficiarse dunha inversi\u00f3n privada na nave. Asemade, tam\u00e9n quedou claro que en certa forma, te\u00f1en que quedar ben ante os seus clientes, os grupos que te\u00f1en intereses nos portos, establecendo un paralelismo tam\u00e9n cos pol\u00edticos que ti\u00f1an que quedar ben diante do pobo de Ribadeo.<br \/>\nRepetiuse varias veces que se non pelexan pola nave, non sae. Non sei se querendo dar confianza para que non se act\u00fae e nos confiemos ou compaix\u00f3n ante unha obra que queren que saia adiante.<br \/>\n2.Caracter\u00edsticas<br \/>\nA nave prevista en principio ten unha li\u00f1a de 90 m sobre os 22 pilares (11 dobles) na auga, algo menos en terra. Sobre auga esa prevista unha cubrici\u00f3n de 2007 m<sup>2<\/sup>, met\u00e9ndose na auga uns 24m, e en terra, de 3775 m<sup>2<\/sup>, o que fai un total de 5982 m<sup>2<\/sup>. \u00c1 espera dun debuxo\/plano que farei ma\u00f1\u00e1, ten un total de 5 portas usables por transporte, e unha divisi\u00f3n no medio para separar zona de carga de zona de almacenamento (un pouco menor). O seu lugar, exactamente onde prevera <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/02\/deixando-por-un-momento-campaa.html\">aqu\u00ed<\/a>, e <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/02\/das-transformacins-como-primeira-de.html\">aqu\u00ed<\/a>, ocupando tam\u00e9n cousa dun 30% do \u00faltimo recheo, como dixo mesmo o Presidente de Portos. Cousa curiosa: nos planos amosados non aparecen por ning\u00fan sitio as alturas, necesarias para facer o dese\u00f1o da gr\u00faa-ponte que alimentar\u00eda as naves.<br \/>\nO dese\u00f1o, a\u00ednda que coido que dificultar\u00eda o uso do resto do porto, non ten inconvenientes de paso para Portos polo motivo de que o seu dominio mar\u00edtimo abrangue a\u00ednda uns 80 m m\u00e1is lonxe da nave, e ser\u00eda cousa de dragar a canle un pouco m\u00e1is al\u00f3. Eso facilitar\u00eda o poder seguir usando o porto mentras se constr\u00fae a nave, non enturbiando pr\u00e1cticamente o movemento portuario pola obra.<br \/>\nPor certo, chamoume a atenci\u00f3n que o plano de situaci\u00f3n (data de sinatura, 11\/4\/2008), inclu\u00edndo boa parte do n\u00facleo urbano ribadense, este\u00f1a mellor trazado que o do PXOM (polo menos, as\u00ed o estimo eu)<br \/>\n3.Alternativas<br \/>\nA xente da plataforma preguntou pola posibilidade de meter a nave na zona sur, falando da zona dos bloques dun xeito sobre o que alg\u00fan d\u00eda querer\u00eda falar con eles. O caso \u00e9 que o meter a nave na beira sur do peirao para que os nav\u00edos te\u00f1an que facer manobra de 90\u00ba implica un dragado antiecon\u00f3mico, a parte de que posiblemente invadir\u00eda a zona que xa non \u00e9 de portos.<br \/>\nPlantexada por min a idea do porto exterior, tendo en conta o custe que iso supo\u00f1er\u00eda, pero tam\u00e9n que o porto ribadense seguirase a colmatar, a primeira intervenci\u00f3n que xurdiu foi precisamente dun membro da plataforma para informar que manti\u00f1amos posici\u00f3ns diferentes. Non podo dicir que o Presidente me contestara m\u00e1is al\u00f3 da dificultade econ\u00f3mica e de falar algo sobre a vella idea do porto seco na zona da estaci\u00f3n de ferrocarril e a bondade que ter\u00eda a comunicaci\u00f3n por tren entre a estaci\u00f3n e o porto, algo que o mesmo representante de Portos viu dif\u00edcil polo desnivel entre estaci\u00f3n e r\u00eda.<br \/>\nNoutra zona do porto, o facer algo como o que se pretende ser\u00eda inviable por estrangulamento do resto de actividades do porto.<br \/>\n4.Comentarios varios.<br \/>\nChamoume a atenci\u00f3n nalg\u00fan momento a jerga empregada: \u00e9 &#8216;unha aposta empresarial privada&#8217;<br \/>\nTen como precedentes unha nave en Mar\u00edn, a\u00ednda que f\u00edsicamente non poden ser iguais (algo xa dito na <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/02\/das-transformacins-como-primeira-de.html\">xuntanza mantida o pasado venres<\/a>), tendo aqu\u00ed restricci\u00f3ns que al\u00ed non hai. A parte, tentou dicir que ser\u00eda menor porque os barcos que poden entrar aqu\u00ed sonmenores que en Mar\u00edn.<br \/>\nTentou tranquilizar sobre a posibilidade dun novo recheo na zona do actual porto pesqueiro, valorando positivamente a existencia dunha l\u00e1mina de auga abrigada, fronte a un recheo que di, minusvalora (en relaci\u00f3n \u00f3 pasado recheo, que agora servir\u00eda en parte para a nave e que se lle lembrou que o anterior Presidente de Portos dixo que non ter\u00eda edificaci\u00f3ns, coa contestaci\u00f3n de que por moito que se quixera, a palabra dada por unha persoa duraba como moito o que o seu mandato se non hab\u00eda papeis polo medio)<br \/>\nO Presidente de Portos estima que algunhas das cousas que m\u00e1is valoran os seus clientes on a rapidez e a seguridade xur\u00eddica.<br \/>\nDespois de referirse \u00f3s beneficios para o porto en funci\u00f3n do movemento de carga e actividade econ\u00f3mica inducida (que non aclarou onde poder\u00eda verse reflexada), referiuse de pasada \u00e1 Reserva da Biosfera como t\u00edtulo honor\u00edfico.<br \/>\nSobre as queixas de Asturias, quedou claro asemade que pouco te\u00f1en que facer como instituci\u00f3n, sen\u00f3n \u00e9 actuar como unha entidade calquera que se opo\u00f1a.<br \/>\nSobre os motivos da ampliaci\u00f3n, o aumento da producci\u00f3n de ENCE, xunto coa mellora nos prazos de carga (que dixo pasar\u00edan de 3 d\u00edas a un-8 horas- de estiba, podendo descargar un cami\u00f3n dunha soa collida da gr\u00faa), a posibilidade de m\u00e1is fluidez de sa\u00edda \u00f3 ter espazo de almacenamento e o paso de 60\/70 barcos \u00f3 ano a 120.<br \/>\nNun momento citou como sobradamente co\u00f1ecido a Camilo Nogueira como socio de Pertejo.<br \/>\nTam\u00e9n saiu a relocer que o dragado, na actualidade e en Asturias, esixe que se deposite a area a 4 millas mar adentro, mentras que en Galicia es\u00edxense 22 millas. Algo a mirar cando se faga a manobra por parte da draga, e incomprensible, sendo de supo\u00f1er que no sentido do dragado, a r\u00eda &#8216;pase a ser asturiana&#8217; na s\u00faa totalidade. O dragado pr\u00f3ximo est\u00e1 cifrado en 2 M\u20ac.<br \/>\nQuedaron moitas cousas por preguntar (estaba esperando a directiva do PSOE), como actuacion sobre as correntes,por exemplo.<br \/>\nDeixouse claro asemade que hai motivos de desconfianza da xente en relaci\u00f3n \u00e1s instituci\u00f3ns.<br \/>\n5.Prazos<br \/>\nA cronolox\u00eda, segundo Portos, \u00e9: xu\u00f1o-xullo 2007, primeira nova de Portos. Setembro, primeiro contacto co concello sobre o tema. Febreiro 2008, an\u00e1lise sobre a s\u00faa posibilidade ou descartabilidade. 5\/3\/2008, solicitude formal de Ceferino Nogueira, co apoio de Ence. 29\/4, tr\u00e1mite de competencia (DOG), que ven a ser algo as\u00ed como un anuncio por se algu\u00e9n quere reservar espazo non ver que xa est\u00e1 reservado.<br \/>\nCon posterioridade, se non hai competencia, a pr\u00f3xima intervenci\u00f3n p\u00fablica, tras a presentaci\u00f3n dun primeiro proxecto, realizaci\u00f3n de estudo de impacto ambiental (estimado en termos de tempo nuns 3 meses) e conseguir o placet de Cultura\/Patrimonio por estar na zona do casco vello (forma, volume, &#8230;), o do concello (licenza), &#8230; ser\u00eda polo mes de setembro, tendo xa que facerse exposici\u00f3n p\u00fablica, etc, para conseguir a solicitude de concesi\u00f3n administrativa. De calquera xeito, dada a mara\u00f1a de prazos e dem\u00e1is, non me estranar\u00eda que tivera collido algunha referencia mal sobre os prazos.<br \/>\n6.Nota\/comentario final.<br \/>\nDespois desto, coido que non hai m\u00e1is informaci\u00f3n real da que hab\u00eda, pero que \u00e9 abonda para que, por exemplo, os partidos pol\u00edticos se decidan claramente como les foi pedido.<br \/>\nEn fin, quedan por po\u00f1er planos e algunha cousa m\u00e1is, pero polo momento quedar\u00e1 as\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Horas despois da cacerolada, xa te\u00f1o m\u00e1is datos sobre participaci\u00f3n. De tres fontes diferentes, 40, 50 e preto de 100 persoas. F\u00edome das d\u00faas primeiras m\u00e1is que da \u00faltima, pero media centea de persoas para algo que non tivo un m\u00ednimo de organizaci\u00f3n homologable non est\u00e1 nada mal. Pola tarde fun \u00e1 xuntanza co Presidente [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-9635","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9635","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9635"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9635\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9635"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9635"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9635"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}