{"id":9634,"date":"2008-05-14T02:24:00","date_gmt":"2008-05-14T00:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:35:57","modified_gmt":"2024-11-12T14:35:57","slug":"novos-retos-novas-oportunidades-unha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/14\/novos-retos-novas-oportunidades-unha\/","title":{"rendered":"Novos retos, novas oportunidades: unha entrada f\u00f3ra de contexto, para a revista do IES Porta da Auga"},"content":{"rendered":"<p><meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 2.2  (Linux)\"><meta name=\"AUTHOR\" content=\"Agremon\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20080514;17323600\"><meta name=\"CHANGEDBY\" content=\"Agremon\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"20080514;19053700\"> \t \t \t \t \t \t \t<\/p>\n<p align=\"justify\">Cando se estuda \u00f3s seres vivos, soe comezarse pola descrici\u00f3n do seu ciclo vital. De xeito b\u00e1sico, nacen, medran, alim\u00e9ntanse, reprod\u00facense e morren. O ciclo pode cortarse en calquera momento debido a causas diversas. Est\u00e1molo vendo t\u00f3dolos d\u00edas coa xente, vendo a incidencia dos accidentes nese ciclo vital, ou mesmo a diferente taxa de desgaste no vivir, que leva a rematar a vida antes a uns que a outros.<\/p>\n<p align=\"justify\">Hai pouco vimos como as circunstancias asemellaban m\u00e1is \u00f3 noso IES Porta da Auga a un ser vivo, con t\u00f3dalas s\u00faas propiedades. Un ser vivo do que formamos parte polo momento, a modo de c\u00e9lulas que constit\u00faen estruturas superiores, \u00f3rganos, sistemas, &#8230; que conforman a totalidade.<\/p>\n<p align=\"justify\">O IES naceu na d\u00e9cada dos setenta; a\u00ednda non hai tanto que se celebraron os seus primeiros vintecinco anos, e vai morrer a data case fixa m\u00e1is ou menos coa idade de Xes\u00fas, eses incertos 33 que se lle atrib\u00faen e que de axustarse \u00e1 realidade, far\u00edan cambiar a data do calendario que usamos.<\/p>\n<p align=\"justify\">O caso \u00e9 que naceu por decreto ministerial, e medrou. Medrou moito dende o primiero grupi\u00f1o de alumnos e profesores (e alumnas e profesoras), diversificando a formaci\u00f3n que se impartia, mutando, e no cami\u00f1o, tam\u00e9n perdendo parte das s\u00faas posibilidades como as persoas que nos facemos maiores tam\u00e9n imos perdendo parte das nosas posibilidades no cami\u00f1o, ou como cando temos un accidente e de pronto nos vemos impedidos de xeito temporal ou definitivo nalgunha das nosas funci\u00f3ns. As\u00ed pasou cando de pronto, por imperativo externo o centro quedou sen rama sanitaria, ou cando un pequeno impedimento fixo que os estudantes non poideran acceder a determinadas carreiras como sa\u00edda. No medio, tam\u00e9n podemos facer unha comparaci\u00f3n con aqueles animais que sufren unha transformaci\u00f3n imprevisible, que parece truncar o seu crecemento para pasar \u00e1 vida adulta a traverso dunha cris\u00e1lida: o centro sufriu unha transformaci\u00f3n algo parella cando se implantou a reforma educativa, pasando a ter unha situaci\u00f3n an\u00f3mala varios cursos ata renacer cunhas ensinanzas diferentes, mesmo cunha estrutura interna diversa da que ti\u00f1a antes do cambio. Cris\u00e1lida ou rito de iniciaci\u00f3n forzado para a vida adulta? Non sei, pero de calquera xeito, situaci\u00f3n nova e desafiante da que o centro saiu fortalecido. Mentras, os diversos nomes que foi tendo foron deixando constancia dese medrar e variar. E a variaci\u00f3n do n\u00famero relativo de actividades ou o tipo das mesmas, ou mesmo a variaci\u00f3n de relaci\u00f3ns no centro foron asemade deixando constancia do envellecemento de parte das c\u00e9lulas-profesores ou da renovaci\u00f3n cont\u00ednua doutras, c\u00e9lulas-alumnos.<\/p>\n<p align=\"justify\">En fin, o centro alimentouse continuamente. Non s\u00f3 de novos alumnos, sen\u00f3n tam\u00e9n profesores. E non s\u00f3 deles, sen\u00f3n tam\u00e9n asimilou unha parte dos niveis de ensino do colexio p\u00fablico. E, noutras esferas, consumiu grandes cantidades de diferentes materiais. E segue a consumir.<\/p>\n<p align=\"justify\">O IES tam\u00e9n tivo unha especie de reproducci\u00f3n. E non s\u00f3 unha vez. Hai xa tempo que, por exemplo, foi segregado da tutela do IES un novo centro, o da Pontenova. E, nunha segregaci\u00f3n diferente, sufriu unha mitose dando lugar a dous centros, un que seguiu co nome anterior, IES Porta da Auga, e outro, co mesmo apelido, da mesma familia, pero que recibiu o nome de CIFP Porta da Auga.<\/p>\n<p align=\"justify\">Agora, o ciclo vital dunha desas entidades post-mitose c\u00e9rrase por mandato desa especie de deus dos centros educativos que \u00e9 a Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, da mesma estirpe de deuses dese Olimpo particular que o Ministerio de Educaci\u00f3n que lle deu vida. O xeito en que est\u00e1 previsto que se remate o IES, a data fixada, parecer\u00eda m\u00e1is un axustizamento que unha morte natural. Pero, no universo vital dos centros educativos, non todo pode asemellarse a unha vida humana como a concebimos n\u00f3s. Por exemplo, parecer\u00eda que tiveran algo de raz\u00f3n os budistas cunha rolda c\u00f3smica particular na que o centro se reenxendrar\u00eda noutro novo, o IES de Ribadeo, no que ter\u00eda que convivir nun mesmo corpo o esprito do Porta da Auga con outro dun ser en principio estrano a el (como el o \u00e9 para o outro), co do IES Dionisio Gamallo.<\/p>\n<p align=\"justify\">\u00d3 tempo, aqu\u00ed \u00e9 onde entrar\u00eda o que poderiamos chamar vida despois da morte. O &#8216;m\u00e1is al\u00f3&#8217; do IES Porta da Auga, nun limbo\/ceo\/inferno compartido onde a opci\u00f3n concreta do tr\u00edo presentado non se co\u00f1ece previamente, senon que irase constru\u00edndo pouqui\u00f1o a pouco. Co\u00f1ecer \u00f3 outro (ten revista a modo desta que tes nas mans?), ver os novos retos como novas oportunidades, o confiar e constru\u00edr conxuntamente, poden levar a unha especie de ceo no que haxa abondo espazo para todos, sen verse constrinxidos a aulas min\u00fasculas \u00f3 tempo que a non ter necesidade de elixir previamente opci\u00f3ns de formaci\u00f3n porque non hai xente para ofertalas todas. Por desgraza, as oportunidades poden converterse en problemas se se act\u00faa de xeito negativo. Os IES te\u00f1en experiencia formativa e educativa. Esperemos que a nova vida dentro de dous anos nos sirva a todos para sacar partido das novas circunstancias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cando se estuda \u00f3s seres vivos, soe comezarse pola descrici\u00f3n do seu ciclo vital. De xeito b\u00e1sico, nacen, medran, alim\u00e9ntanse, reprod\u00facense e morren. O ciclo pode cortarse en calquera momento debido a causas diversas. Est\u00e1molo vendo t\u00f3dolos d\u00edas coa xente, vendo a incidencia dos accidentes nese ciclo vital, ou mesmo a diferente taxa de desgaste [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[18,32],"class_list":["post-9634","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-educacion","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9634","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9634"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9634\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9634"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9634"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9634"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}