{"id":9631,"date":"2008-05-16T07:39:00","date_gmt":"2008-05-16T05:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:35:51","modified_gmt":"2024-11-12T14:35:51","slug":"marcando-pautas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/16\/marcando-pautas\/","title":{"rendered":"Marcando pautas"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgOGgBXyRdZozyBKIf-GQMY48kjhCfa36yjEZYTbeHLLTb1b3Qg4hKOrGUYHYu6s8bzZyqU4WYJxg1FPaWoj7VTFusa7jKwDmoWcHd9Msb2D0oVe2-e-dTCVK0Nq9DxDeVhSbGR\/s2048\/DSCI0011+ria+de+Ribadeo.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgOGgBXyRdZozyBKIf-GQMY48kjhCfa36yjEZYTbeHLLTb1b3Qg4hKOrGUYHYu6s8bzZyqU4WYJxg1FPaWoj7VTFusa7jKwDmoWcHd9Msb2D0oVe2-e-dTCVK0Nq9DxDeVhSbGR\/s2048\/DSCI0011+ria+de+Ribadeo.JPG\" \/><\/a><\/p>\n<p>Hoxe alg\u00fans cativos de Ribadeo marcar\u00e1n pautas. Farano na Pontenova, onde haber\u00e1 un concerto did\u00e1ctico a cargo da banda infantil. E ma\u00f1\u00e1, concerto das letras galegas pola Banda Municipal de Ribadeo. E pasado, \u00e1 Estrada de novo a banda infantil. \u00c9 dicir, o papel pautado funcionar\u00e1 esta fin de semana a todo trapo entre a xente de Ribadeo afeizoada \u00e1 m\u00fasica, en particular entre os pequenos.<\/p>\n<p>Boa iniciativa a de retomar os concertos did\u00e1cticos longo tempo esquecidos e que causan un agradable impacto nos p\u00edcaros que os contemplan, \u00f3 tempo que tam\u00e9n o fan nos que os presentan. Pode que non estivera mal unha extensi\u00f3n dos mesmos para xente maior: un xeito de aproximarse \u00e1 m\u00fasica que non houbo oportunidade de po\u00f1er en pr\u00e1ctica para a xente de certa idade cando era m\u00e1is pequena. \u00c9 dicir, outro xeito de sentir a m\u00fasica e aprender dela\/con ela, \u00f3 tempo que gozar dela.<\/p>\n<p>E coincide tam\u00e9n hoxe o festival conta o cancro no Hern\u00e1n Naval, con 16 int\u00e9rpretes afeizoados nesta terceira edici\u00f3n.<\/p>\n<p>Mentras, en boa medida contra a m\u00fasica, unha nova nos xornais nos lembra que a <a href=\"http:\/\/www.todoscontraelcanon.es\/\">Sociedade Xeral de Autores pode cobrar<\/a> mesmo por po\u00f1er a radio nun local p\u00fablico e sair un pouco de m\u00fasica polo medio. O concello ribadense acordou hai non tanto o pago de 30.000\u20ac por dito concepto. D\u00edxeno no seu momento e rep\u00edtoo agora, ante catro actuaci\u00f3ns dun xeito ou outro relacionadas co concello (banda &#8216;municipal&#8217;, banda infantil &#8216;da escola municipal de m\u00fasica&#8217;, actuaci\u00f3n do cancro no auditorio &#8216;municipal&#8217;), que debera rebelarse a pagar igual que o ten feito xa abonda xente, e pleitear con xeito: coido que a facura ver\u00edase reducida, igual que en casos de particulares sinxelamente se viu eliminada por determinadas circunstancias. \u00c9 unha pol\u00edtica de non loitar contra os poderosos e avasallar \u00f3s d\u00e9biles a que xa ten historia no concello e que se debera finalizar dunha vez por todas. En fin, voltando \u00f3 da SGAE, \u00e9 unha guerra moi particular. Animo a po\u00f1er nun buscador &#8216;contra SGAE&#8217; e mirar algunhas das p\u00e1xinas devoltas da procura.<\/p>\n<p>&#8230; e deber\u00eda aforrarse cartos para pagar a suba da escola de m\u00fasica. Suba \u00e1 que non me opo\u00f1o (coido que \u00e9 a de menor importe de matr\u00edcula de todas as do entorno ata ben lonxe), pero que con oposici\u00f3n ou sen ela significar\u00e1 un pico se se confirma que este ano sexa dun 25%. \u00c9 algo as\u00ed como como subir ou morrer de \u00e9xito polo n\u00famero de matriculados, a unha media de case 600\u20ac de gasto municipal como subvenci\u00f3n. Claro que por outra parte, si considero que a cultura pode ter subvenci\u00f3n como xeito de mantela, pois \u00e9 un ben p\u00fablico (&#8230; e de pronto caio no tema da r\u00eda, que tam\u00e9n \u00e9 un ben p\u00fablico &#8230;), e asemade, que a xente de f\u00f3ra que ven a Ribadeo \u00e1 escola remata xerando ingresos extras para o comercio, hostaler\u00eda, etc.<\/p>\n<p>Trinidad, Fonte Cavada e Amando P\u00e9rez ser\u00e1n ser\u00e1n &#8216;melloradas&#8217;, pagando un 80% a Xunta. E tam\u00e9n aparece nos xornais unha <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/05\/16\/0003_6821903.htm\">proposta da alcald\u00eda dunha especie de &#8216;zona azul limitada&#8217;<\/a>. Verei con calma a cousa, xa que nunha ollada r\u00e1pida, polo momento par\u00e9ceme que discrimina \u00f3s ribadenses fronte \u00f3s visitantes.<\/p>\n<p>A foto, das obras da ponte hai xa uns d\u00edas, amosando un pico en San Miguel que non aparece nos planos do PXOM.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe alg\u00fans cativos de Ribadeo marcar\u00e1n pautas. Farano na Pontenova, onde haber\u00e1 un concerto did\u00e1ctico a cargo da banda infantil. E ma\u00f1\u00e1, concerto das letras galegas pola Banda Municipal de Ribadeo. E pasado, \u00e1 Estrada de novo a banda infantil. \u00c9 dicir, o papel pautado funcionar\u00e1 esta fin de semana a todo trapo entre a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[57,23,9],"class_list":["post-9631","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ria-de-ribadeo","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9631","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9631"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9631\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9631"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9631"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9631"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}