{"id":9630,"date":"2008-05-17T08:38:00","date_gmt":"2008-05-17T06:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:35:50","modified_gmt":"2024-11-12T14:35:50","slug":"no-da-das-letras-galegas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/17\/no-da-das-letras-galegas\/","title":{"rendered":"No d\u00eda das letras galegas"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"float: right; margin-left: 1em; text-align: right;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgBmfaCDQ-q6gdbBjOyBtTEMj9WLTLo1kAo-4xDNQ4D6iWorMHnxqRFSyY5gld8tlraEo4qx3JOT88jIOJVryFmPYjCjx4iFchwsXnENEPhn1o3vAJlLs_WOQfDNQtDfDVwaLIm\/s2048\/DSC00074+construccion+Ribadeo.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgBmfaCDQ-q6gdbBjOyBtTEMj9WLTLo1kAo-4xDNQ4D6iWorMHnxqRFSyY5gld8tlraEo4qx3JOT88jIOJVryFmPYjCjx4iFchwsXnENEPhn1o3vAJlLs_WOQfDNQtDfDVwaLIm\/s2048\/DSC00074+construccion+Ribadeo.JPG\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\">Avda. de Asturias e Alza<\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Pasando por Meira, pode verse unha e outra vez o letreiro &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/07\/ra-de-ribadeo-pedregal-de-irimia.html\">Mi\u00f1o<\/a>&#8216; antes de cruzar a ponte do rego que por al\u00ed pasa. Despois de moito tempo de aparecer nos libros de xeograf\u00eda que son estudados nas escolas que o Mi\u00f1o nace en Fonmi\u00f1\u00e1 (no concello de A Pastoriza), un par de sinxelos carteis a cada lado do regato dunha estrada frecuentada poden cambiar abondo a relaci\u00f3n de poder das verbas nunha guerra dial\u00e9ctica que mante\u00f1en os dous concellos polo prestixio que da o ter no seu territorio o nacemento do r\u00edo &#8216;pai&#8217; de Galicia. E o prestixio sempre ven acompa\u00f1ado dalgunha cousi\u00f1a m\u00e1is.<\/p>\n<p>En Ribadeo, despois de ter unha &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2008\/04\/informe-sobre-la-decisin-adoptada-por.html\">sentenza&#8217; sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo<\/a>, parece que as cousas est\u00e1n un pouco m\u00e1is claras no uso do nome, pero tanto os medios asturianos como de cando en vez alg\u00fan galego, seguen empregando se non direitamente r\u00eda, ou indireitamente estuario, &#8216;do Eo&#8217;, eufemismos como chamala polo o nome do r\u00edo (\u00e1 altura da Ponte dos Santos&#8230;). Sen entrar pola carteler\u00eda do moi galego &#8216;Portos de Galicia&#8217; que en sendos carteis nas entradas de Mirasol ou Porcill\u00e1n especifica que o que ten diante o lector \u00e9 o Mar Cant\u00e1brico. Por iso, para contribu\u00edr a aclarar as cousas neste d\u00eda das letras con algo m\u00e1is que o homenaxeado <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Xos%C3%A9_Mar%C3%ADa_%C3%81lvarez_Bl%C3%A1zquez\">\u00c1lvarez Blazquez<\/a>, pedir\u00eda \u00f3 concello de Ribadeo que lle transmitira \u00e1 empresa encargada da carteler\u00eda na Autov\u00eda do Cant\u00e1brico que puxera xa o cartel coa inscrici\u00f3n &#8216;R\u00eda de Ribadeo&#8217; a ambas entradas da Ponte dos Santos. Coido que, a parte de obter unha sentencia, hai que sentenciar o uso. E no <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/D%C3%ADa_das_Letras_Galegas\">D\u00eda das Letras Galegas<\/a>&#8216;, a m\u00e1is de repartir un tarxet\u00f3n en relaci\u00f3n a \u00c1lvarez Bl\u00e1zquez e facer pasar\u00faas de gaitas, presentar un libro pola ma\u00f1\u00e1 e representar a correspondente obra teatral pola tarde, e a\u00ednda un pouco m\u00e1is tarde, poder escoitar a Banda Municicipal de Ribadeo, ser\u00eda unha contribuci\u00f3n \u00f3 coidado da toponimia en calquera lingua, e non s\u00f3 nun d\u00eda, sen\u00f3n en calquera tempo.<\/p>\n<p>Toponimia que por certo est\u00e1 tratando sucesivamente en relaci\u00f3n a moitos lugares ribadenses Jos\u00e9 M\u00aa Rodriguez, e non s\u00f3 no seu libro &#8220;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/11\/mia-intervencin-na-presentacin-do-libro.html\">Estudio sobre toponom\u00eda en Ribadeo<\/a>&#8220;, sen\u00f3n na serie de artigos que ven sacando pouco a pouco a pouco no seu <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/\">blog<\/a>.<\/p>\n<p>Mentras, a foto lembra que mesmo no d\u00eda das letras, as letras s\u00f3 son un veh\u00edculo, por exemplo, en relaci\u00f3n \u00f3 urbanismo. A foto amosa o terreo rec\u00e9n rematado de valar na esquina entre a Avda. de Asturias e r\/ da Alza, preparado para constru\u00edr, \u00f3 que parece, mentras o terreo valado hai tempo na peonil, que anunciaba a s\u00faa pr\u00f3xima construcci\u00f3n hai xa anos, segue coa valla unha e outra vez polo chan. Unha diferenza pode estar entre o n\u00famero de pisos permitido nun lugar e noutro.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Avda. de Asturias e Alza Pasando por Meira, pode verse unha e outra vez o letreiro &#8216;Mi\u00f1o&#8216; antes de cruzar a ponte do rego que por al\u00ed pasa. Despois de moito tempo de aparecer nos libros de xeograf\u00eda que son estudados nas escolas que o Mi\u00f1o nace en Fonmi\u00f1\u00e1 (no concello de A Pastoriza), un [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,18,93,120,9],"class_list":["post-9630","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-educacion","tag-fotos-ribadeo","tag-ponte-dos-santos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9630","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9630"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9630\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9630"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9630"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9630"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}