{"id":9623,"date":"2008-05-21T07:38:00","date_gmt":"2008-05-21T05:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:35:37","modified_gmt":"2024-11-12T14:35:37","slug":"un-novo-da","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/21\/un-novo-da\/","title":{"rendered":"Un novo d\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Vin no blog de <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2008\/05\/00175-un-pleno-guiness.html\">Jos\u00e9 M\u00aa<\/a> unha <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/un-pleno-diferenciado.html\">cr\u00f3nica do pleno<\/a>. O saber que xa est\u00e1 en internet unha cr\u00f3nica completa, a\u00ednda que diferente da que poda facer eu, perm\u00edteme unha tranquilidade \u00e1 hora de abordalo. De calquera xeito, dado que as novas de hoxe na prensa ref\u00edrense \u00f3 pleno, se exceptuamos o comezo do segundo &#8216;Ribadeo de tapeo&#8217;, contin\u00fao tam\u00e9n hoxe con alg\u00fan punto particular.<br \/>\nComo o 11, sobre a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/marcando-pautas.html\">suba das taxas da escola municipal de m\u00fasica<\/a>. Esp\u00faxose que mentras os gastos anuais ascenden a un 270000\u20ac na actualidade, os ingresos por matr\u00edcula son uns 30000\u20ac, e a subvenci\u00f3n da Xunta, 18000\u20ac. \u00c9 dicir, as taxas ter\u00edan que medrar ata nove veces se se pretendera unha autofinanciaci\u00f3n, e medrando asemade a subvenci\u00f3n xunteira, ter\u00edan que facelo unhas seis veces. Como noutros puntos no pleno, interviron t\u00f3dolos grupos pol\u00edticos, que \u00f3 final deixaron s\u00f3 \u00f3 BNG na aprobaci\u00f3n. UPRi vaticinou que non era momento de subas, coa crise actual, e que \u00eda provocar unha diminuci\u00f3n de matr\u00edcula. O PSOE, que \u00eda ser dif\u00edcil de asumir polas famlias. O PP, aludiu de novo a que se volte a estudar a posibilidade dun <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/04\/escola-de-msica-hernn-naval-e-futuro.html\">conservatorio de grao medio (algo que xa se decidira nun pleno<\/a>, polo que lembro). Rematou o alcalde en nome do BNG e en defensa da proposta, do que destacarei unha frase, remarcando se non entend\u00edn mal que en Ribadeo a cultura estaba m\u00e1is barata que en Cuba. asemade, o alcalde sinalou que se trataba de invertir o proceso dun d\u00e9ficit cada vez maior.<br \/>\nSa\u00edron a relocer, pois foi pedida axuda \u00e1 nova interventora, a taxa de cobertura, que sae nun 17%, e o gasto por alumno, que entre 350 alumnos aproximadamente que ten na actualidade a escola, sae a 770\u20ac en n\u00fameros redondos. Na aprobaci\u00f3n s\u00f3 polo BNG vai inclu\u00eddo non s\u00f3 a aumento do 25% das taxas, sen\u00f3n a diminuci\u00f3n de exenci\u00f3ns e reducci\u00f3ns (por exemplo, o 10% que hab\u00eda por matricularse nunha segunda asignatura). Esa diminuci\u00f3n incl\u00fae que durante o primeiro ano na banda os m\u00fasicos non te\u00f1an reducci\u00f3n, e que sexa s\u00f3 dun 50% nos 4 seguintes, ata o 5\u00ba, a partir do que xa ser\u00e1 gratuidade. Ben, se non entend\u00edn mal, eso leva dous problemas consigo que non sa\u00edron a relocer no pleno. O primeiro, legal, pois fai necesaria unha variaci\u00f3n do convenio entre Amadores da M\u00fasica, a titular da banda, e o concello, pois o convenio se mal non lembro di que existir\u00e1 a gratuidade. O segundo que vexo \u00e9 que as\u00ed, a gratuidade queda reducida de xeito pr\u00e1ctico s\u00f3 para a xente que vaia a seguir estudando musica ou pouco menos: dif\u00edcil \u00e9 entrar na banda antes do 10 anos, e facil o facelo despois, co que un estudante normal atoparase como pouco no bacharelato cando acade a gratuidade. Tendo en conta que por termo medio a xente despois do bacharelato dun ou outro xeito sae de Ribadeo, non queda moito que razoar. O que si vexo \u00e9 que con esta norma evitarase a inasistencia en determinadas circunstancais e pode que tam\u00e9n se valoren m\u00e1is esas mesmas clases que agora non van &#8216;sair gratis&#8217;, como se considera que sucede \u00f3 non interiorizar que o traballo na banda est\u00e1 relacionado con esa gratuidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Vin no blog de Jos\u00e9 M\u00aa unha cr\u00f3nica do pleno. O saber que xa est\u00e1 en internet unha cr\u00f3nica completa, a\u00ednda que diferente da que poda facer eu, perm\u00edteme unha tranquilidade \u00e1 hora de abordalo. De calquera xeito, dado que as novas de hoxe na prensa ref\u00edrense \u00f3 pleno, se exceptuamos o comezo do segundo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,23,9],"class_list":["post-9623","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-musica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9623","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9623"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9623\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9623"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9623"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9623"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}