{"id":9619,"date":"2008-05-23T08:03:00","date_gmt":"2008-05-23T06:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:35:22","modified_gmt":"2024-11-12T14:35:22","slug":"nova-de-hoxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/05\/23\/nova-de-hoxe\/","title":{"rendered":"A nova de hoxe"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A nova de hoxe a\u00ednda a te\u00f1o que dixerir: que sexa o goberno asturiano no seu parlamento quen diga que a nave non se vai a constru\u00edr, que llo dixo o goberno galego, s\u00f3name a tempos medievais en Galicia e de ilustraci\u00f3n e Asturias. Voltarei sobre o mesmo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Mentras, outra parte do pleno (anteriores: <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/post-edit.g?blogID=15323181&amp;postID=5655142342890585971\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/un-pleno-diferenciado.html<\/a> , <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/post-edit.g?blogID=15323181&amp;postID=5655142342890585971\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/un-novo-da.html<\/a> , <a href=\"http:\/\/www.blogger.com\/post-edit.g?blogID=15323181&amp;postID=5655142342890585971\">http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/da-munidal-da-biodiversidade.html<\/a> :<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2008\/05\/convocatoria-pleno-20080519.html\">pleno do luns<\/a>, (20080519) e despois das referencias anteriores, a acta do pleno anterior foi aprobada por unanimidade. <\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No segundo punto xurdiu algunha pregunta, en particular sobre o tel\u00e9fono m\u00f3bil de protecci\u00f3n civil (dous aparellos) que en tres meses supuxeron 1000\u20ac. Informouse no mesmo punto que o do alcalde e os integrantes do equipo de goberno te\u00f1en o saldo limitado. O do alcalde, a 200\u20ac.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O terceiro, aprobado por unanimidade, foi da petici\u00f3n de subvenci\u00f3n para servizos sociais.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Punto 4 Estiveron de acordo en pedir axuda para poder afrontar diversas rehabilitaci\u00f3ns; o taller seguir\u00e1 a chamarse &#8216;R\u00eda del Encuentro II&#8217;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Punto 5. Abst\u00edvose a UPRi, votando a favor o resto, pero po\u00f1endo diversas cr\u00edticas a oposici\u00f3n polo recurso \u00e1 expropiaci\u00f3n para obter os terreos correspondentes a un novo aparcadoiro, que suscitou tam\u00e9n algunha cr\u00edtica de escepticismo sobre o seu valor. Non embargantes, non se falou nada en relaci\u00f3n  a que  a construcci\u00f3n do aparcadoiro fora \u00e1 beira do mar, algo que coido que ser\u00eda tema a tratar.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No punto 6, acordaron presentar ante o ISM\/SS a petici\u00f3n a reversi\u00f3n da &#8216;Casa do Mar&#8217; (antiga c\u00e1rcere), estando implicada no tema a S.S. e a Xunta. O ISM pasar\u00eda de xeito provisorio \u00f3 auditorio (o PP apunta que ser\u00eda convinte que pasara a instalaci\u00f3ns vac\u00edas no porto). Votouse por unanimidade, estimando de xeito un\u00e1nime que non se desenvolveron as condici\u00f3ns da cesi\u00f3n. Dese xeito, o edificio pode quedar como &#8216;Casa da m\u00fasica&#8217;, como pretende o goberno municipal, nome que ter\u00eda \u00f3 ser adicado \u00f3 desenvolvemento musical.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No punto seguinte, todos acordaron por unanimidad a petici\u00f3n da Torre de H\u00e9rcules como Patrimonio da humanidade.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>8. Acordouse a limitaci\u00f3n horaria de aparcamento na zona do mercado, distribu\u00edndo discos horarios gratu\u00edtos por parte das tendas para os seus clientes (4000). Foi interesante a discusi\u00f3n, na que UPRi apuntou a dificultade de control e a influencia negativa que ter\u00e1 nos veci\u00f1os (apuntada con anterioridade no blog), motivo da s\u00faa abstenci\u00f3n. Os outros grupos, votando positivo, apuntaron &#8216;\u00e1 espera do aparcadoiro subterr\u00e1neo&#8217; (PSOE) e felicitaron \u00f3 goberno municipal pola idea, incidindo en que hai que insistir ante patrimonio para poder levar a cabo o aparcadoiro subterr\u00e1neo (PP).<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>No punto seguinte, a expropiaci\u00f3n dos terreos para a nova depuradora ser\u00e1n pagado a 7\u20ac\/m2, 8 no caso de fincas con eucalipto, cos comentarios sobre o recurso \u00e1 expropiaci\u00f3n xa tam\u00e9n referidos no punto 5<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>10. Respecto \u00e1 galescola, UPRi apoiou a moci\u00f3n polos postos de traballo e de garder\u00eda, instando \u00e1 vixiancia para o cumprimento de prazos. O PSOE apoiou, indicando que deber\u00eda inclu\u00edrse a recuperaci\u00f3n do resto da finca. E o PP votou en contra alegando algo moi claro: garder\u00eda, si; galescola, non.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>11. Aumento de taxas, que xa foi tratado no blog.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>12. Foron ratificadas as licenzas (pero non podo dicir cales)<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>13. E acordouse tramitar de xeito positivo outros expedientes m\u00e1is relativos a varias unifamiliares, o edificio de Julio Laz\u00fartegui 4, Alza 15, Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez 5, e dous da r\u00faa S. Roque (ambos de &#8216;O Gallop\u00edn&#8217;), m\u00e1is outro m\u00e1is que non puiden coller a ubicaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>14.Relacionouse este punto cou outro de UPRi de 17 de setembro de 2008, explicando o por que daquela o mesmo PP votara en contra e agora prop\u00f3n algo semellante. O PSOE abst\u00edvose, e UPRi deu lugar a unha pequena disquisici\u00f3n \u00f3 dicir o seu portavoz &#8216;os ribadenses saben ben a quen lle deben a obligaci\u00f3n&#8217;, en referencia a que fora ese grupo quen fixera a primeira proposta. As\u00ed, despois de que o BNG dera un informe sobre os diversos prazos de tempo transcorridos en relaci\u00f3n con esa obra da Deputaci\u00f3n, pasou o turno \u00f3 PP, que falou de desparalizar o proceso e denunciar p\u00fablicamente quen est\u00e1 fallando no mesmo, despois de paralizar as obras do goberno (provincial, de outro signo pol\u00edtico) anterior, e rematando cun &#8216;os ribadenses non lle deben obriga a ningu\u00e9n&#8217;. A discusi\u00f3n deu lugar a outro turno, curto, pero no que se embarullou algo m\u00e1is a cousa, falando de gobernos da Deputaci\u00f3n e no que tivo tam\u00e9n lugar a petici\u00f3n\/expresi\u00f3n de desexo de UPRi de que sinxelamente, se fagan. A votaci\u00f3n arroxou os votos de abstenci\u00f3n de PSOE e UPRi.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>15. A moci\u00f3n en favor dos agricultores meteuse de cheo en pol\u00edtica non municipal. O PSOE anunciou que non entend\u00eda a cousa (por xen\u00e9rica, inconcreta, e dicindo que &#8216;xa est\u00e1 o ministerio para solventalo&#8217;) abst\u00e9ndose, mentras os outros grupos votaron a favor.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Foi inclu\u00eddo a continuaci\u00f3n un punto por v\u00eda de urxencia: a aprobaci\u00f3n da extensi\u00f3n da exposici\u00f3n p\u00fablica do PXOM un mes m\u00e1is, proposta polo PP e votada por unanimidade.<\/p>\n<p>Pasouse logo a rogos e preguntas, punto 16. Foi como unha copiosa choiva na que participou todo concellal que non fora do grupo de goberno, presentando en xeral (con honrosas excepci\u00f3ns) cousi\u00f1as que pod\u00edan evitar a extensi\u00f3n do pleno, sendo adem\u00e1is m\u00e1is propias de tratar noutros momentos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Comezou por turno, UPRi.<\/p>\n<p>&#8211; Estado de tramitaci\u00f3n das novas vivendas sociais. Xa foi adxudicada a obra.<\/p>\n<p>&#8211; Ribadeo ten s\u00f3 d\u00faas categor\u00edas de bandeira verde. S\u00f3 se presentou a d\u00faas das catro por considerar que hab\u00eda m\u00e9ritos para esas.<\/p>\n<p>&#8211; Existencia de anuncios eleitorais a\u00ednda. Est\u00e1 cursada unha petici\u00f3n \u00e1 comisi\u00f3n eleitoral.<\/p>\n<p>&#8211; Adecentamento de setos na Virxe do Cami\u00f1o<\/p>\n<p>&#8211; Non funcionan farolas na Avda. de Galicia. A alusi\u00f3n xa foi feita en plenos anteriores, sendo a culpa da realizaci\u00f3n do xa c\u00e9lebre edificio que nos seus baixos d\u00e1 cabida a Alimerka (o mesmo que deu lugar a un desprendimento da calzada e tivo cortado \u00f3 tr\u00e1nsito un paso \u00f3 Xard\u00edn dende a Avda. de Galicia)<\/p>\n<p>&#8211; Falta de sinal de stop na Devesa.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O PSOE:<\/p>\n<p>&#8211; Petici\u00f3n de ama\u00f1o da pista de Loureiro a Campo Xurado.<\/p>\n<p>&#8211; Na r\u00faa S. L\u00e1zaro, \u00f3 ter aparcamento nas d\u00faas beiras e tr\u00e1fico nos dous sentidos, prod\u00facense situaci\u00f3ns nas que os coches te\u00f1en que parar por non poder pasar \u00f3 tempo nos dous sentidos.<\/p>\n<p>&#8211; Situaci\u00f3n dalg\u00fans edificios ameazados polo concello polo seu estado. Baixos do bar Cubano (ver post anteriores e as s\u00faas fotos fotos), p\u00faxose unha li\u00f1a de protecci\u00f3n polo concello pero no est\u00e1; en dese\u00f1o o proxecto para a s\u00faa posterior execuci\u00f3n. Trinidad 6. Obra xa comezada. Edificio fronte \u00f3 Millo: obra a comezar nestes d\u00edas.<\/p>\n<p>&#8211; Estado de tr\u00e1fico da r\u00faa Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez. Barall\u00e1ronse varias soluci\u00f3ns, quedando seguramente que sexa peonil, de acceso en coche nos dous sentidos a quen vive al\u00ed, despois de descartar a opci\u00f3n de que poidera soportar tr\u00e1fico, pero sen paradas.<\/p>\n<p>&#8211; Petici\u00f3n dunha repulsa oficial pola tala de \u00e1rbores centenarios nos terreos da Granxa-Escola Pedro Murias, segundo din, relacionado co sobrev\u00f3 de li\u00f1as de Barras El\u00e9ctricas (aqu\u00ed sinaluse un pequeno dato: &#8216;a quen se lle debe tanto favor&#8217;). Polo momento, o alcalde n\u00e9gase a facelo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8230; quedan preguntas do PSOE e PP. Polo tanto, continuar\u00e1.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;A nova de hoxe a\u00ednda a te\u00f1o que dixerir: que sexa o goberno asturiano no seu parlamento quen diga que a nave non se vai a constru\u00edr, que llo dixo o goberno galego, s\u00f3name a tempos medievais en Galicia e de ilustraci\u00f3n e Asturias. Voltarei sobre o mesmo. &nbsp;&nbsp; &nbsp;Mentras, outra parte do pleno [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,42,13,83,80,9],"class_list":["post-9619","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-plenos","tag-politica","tag-porto-de-ribadeo","tag-ria_si_nave_non","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9619","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9619"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9619\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9619"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9619"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9619"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}