{"id":9600,"date":"2008-06-07T11:53:00","date_gmt":"2008-06-07T09:53:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:34:41","modified_gmt":"2024-11-12T14:34:41","slug":"de-ras-e-xentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/06\/07\/de-ras-e-xentes\/","title":{"rendered":"De r\u00edas e xentes"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEicoW-MLudX-JTAfxY1cV6YcQuObtyU7tQrwqZLXwFKQIXS7IBWYAcdvGOHwwS0RLrY4l2Wh18ZIwmLNYQXeKZfzjBgDXsy5NaGKxTbniGYdvlhcDLxbnrNrWamcdl6VLDCYR0t\/s2048\/Nave_Veiga.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEicoW-MLudX-JTAfxY1cV6YcQuObtyU7tQrwqZLXwFKQIXS7IBWYAcdvGOHwwS0RLrY4l2Wh18ZIwmLNYQXeKZfzjBgDXsy5NaGKxTbniGYdvlhcDLxbnrNrWamcdl6VLDCYR0t\/s2048\/Nave_Veiga.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEioqAt2VR20M7I6X1EY-9mFMWdCwVhzXrptWB8ujCRtvNTTx6eK5l4of4yD_ZO4_WaRwe0XkMxx0UmkGj9Xd_QGpcHUtLsYlg0PEJhvwG_spUXXyV1FiUq8vPMvKFxNcrHaWHgV\/s2048\/Nave_vella_Ribadeo.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEioqAt2VR20M7I6X1EY-9mFMWdCwVhzXrptWB8ujCRtvNTTx6eK5l4of4yD_ZO4_WaRwe0XkMxx0UmkGj9Xd_QGpcHUtLsYlg0PEJhvwG_spUXXyV1FiUq8vPMvKFxNcrHaWHgV\/s2048\/Nave_vella_Ribadeo.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nP\u00f3dese comparar a r\u00eda de Bilbao coa r\u00eda de Ribadeo? Quita de a\u00ed!.<br \/>\nPor desgraza e ata o presente, unha semellanza comparativa se poder\u00eda dar tam\u00e9n coas xentes que poboamos a r\u00eda de Ribadeo e alg\u00fans outros conxuntos poboacionais. Sen querer dicir por eso que sexamos peores (ou mellores), pois todos somos primeiramente persoas, e na multiplicide de aspectos nos que se poden comparar as persoas, nuns sairemos ganando, pero noutros, perdendo. O caso \u00e9 que as xentes da r\u00eda sempre tiveron rivalidade. Non s\u00f3 entre beiras, sen\u00f3n mesmo dentro dunha beira entre poboaci\u00f3ns. L\u00e9mbrome con certa frecuencia de aquelo de &#8216;Castropol, corral de vacas, As Figueiras, de Cabritos, A Veiga, de lacaz\u00e1ns, e Ribadeo, de se\u00f1oritos&#8217;. Supo\u00f1o que nos outros pobos ter\u00e1n ditos parellos a o mentado de Ribadeo (que por certo, non deixa ben parados a ning\u0144 dos pobos, nin a Ribadeo, se comparamos polo mi\u00fado o que \u00e9 un lacaz\u00e1n e o que \u00e9 un se\u00f1orito). Por suposto non deixo de lembrarme da pol\u00e9mica sobre o nome da r\u00eda de Ribadeo, enxendrada polo Eo o mesmo que lle pasa \u00f3 extremo sur, onde leva o nome de r\u00eda de Abres, hom\u00f3nimo daquela poboaci\u00f3n. Esas controversias e rivalidades van seguir existindo (a \u00faltima fase ata o momento pode verse hoxe mesmo no blog <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2008\/06\/00178-la-ria-de-ribadeo.html\">Vida pol\u00edtico-social de Ribadeo<\/a>). Por sorte, parece que se ven cada vez m\u00e1is compensadas por colaboraci\u00f3ns e sinerxias. As\u00ed sucede co caso da nave no peirao de Mirasol, onde pode que a postura m\u00e1is efectiva non sexan as declaraci\u00f3ns do concello de Ribadeo, nin a cacerolada ou a forte oposici\u00f3n dos veci\u00f1os, sen\u00f3n a clara oposici\u00f3n do goberno asturiano (a\u00ednda que este\u00f1a trufada de entendementos coa Xunta e tintes pol\u00edticos diversos).<br \/>\nAs\u00ed, na \u00faltima xuntanza mantida para tentar que a xente non se desmobilice crendo que xa est\u00e1 resolto que a nave non se vai constru\u00edr (cando na realidade o que est\u00e1 claro \u00e9 que non se avanzou na resoluci\u00f3n do tema polo momento, \u00e1 espera de prazos administrativos), apareceu un tema tam\u00e9n relacionado co medio ambiente, pero <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/06\/documentos-sobre-o-asteleiro-na-veiga.html\">esta volta na parte asturiana<\/a>. Menos impactante, pero tema \u00f3 fin que xa deixei dito que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/06\/competencia-inter-beiras-na-ra-de.html\">poder\u00eda servir ata de moeda de cambio entre os gobernos auton\u00f3micos<\/a>. Respecto a isto, o primeiro \u00e9 aclarar algo do que puxen nas entradas que remato de ligar: tr\u00e1tase dunha nave no porto da Veiga. Porto que est\u00e1 encadrado dentro dos l\u00edmites territoriais do concello de Castropol, que chega ata pola parte sur da v\u00eda do ferrocarril \u00f3 atravesar a r\u00eda. Por iso as cartas est\u00e1n dirixidas \u00f3 Concello de Castropol e non \u00f3 da Veiga.<br \/>\nTampouco se aclara moi ben a s\u00faa posici\u00f3n. Coido que a imaxe, capturada dende o <a href=\"http:\/\/sigpac.mapa.es\/fega\/visor\/\">Sigpac<\/a>, \u00e9 abondo ilustrativa do tema. Aparece a s\u00faa posici\u00f3n de xeito aproximado, e tam\u00e9n a s\u00faa extensi\u00f3n, redondeando, uns 2000m<sup>2<\/sup>. Cunha altura duns 10-12m, que a fan equiparable a unha nave algo maior que a maior das actuais no porto de Ribadeo (ver a outra captura, onde se ve que a superficie da maior nave do porto ribadense \u00e9 algo menor en extensi\u00f3n. Por certo, a falta de actualizaci\u00f3n do Sigpac permete o ver o porto como hai uns anos, sen o \u00faltimo recheo ata a actualidade). Todo o que se ve na imaxe, \u00e1 parte dereita da r\u00eda, \u00e9 concello de Castropol, a\u00ednda que case quede na n\u00facleo urb\u00e1n da Veiga. Na toma tam\u00e9n se pode observar a filigrana que forma a outra beira da r\u00eda, xa en Galicia, e que foi tentada fixar con empalizadas hai xa moito tempo. O caso \u00e9 que agora a protecci\u00f3n medioambiental abrangue da estrada \u00e1 auga, e o porto estar\u00eda dentro desa zona de protecci\u00f3n. Ata que punto por ser porto? Non mete piares na auga, pero o certo \u00e9 que esa zona na actualidade de industrial ten pouco, e menos de zona de vivendas. Eng\u00e1dase \u00f3 anterior que se lle atrib\u00fae o alcalde castropolense &#8216;se hai que dragar, dr\u00e1gase&#8217; (o que si entrar\u00eda en zona protexida, e que ser\u00eda normal, dado que se pretende a construcci\u00f3n de barcos de ata 35m de eslora), e xa temos o problema que est\u00e1n a combatir Adega e Jes\u00fas Est\u00e9banez: \u00f3 fin, para iso est\u00e1n a facer unha draga para a r\u00eda en Navia (igual que por aqu\u00ed xa houbo unha &#8216;Nalona&#8217;, chamaranlle a ista nova &#8216;Ribadense&#8217; ou &#8216;Eo\u00f1a&#8217;?). Vexo un problema engadido: a defensa de Adega pode ser usada pol\u00edticamente no principado como unha inxerencia galega\/dos poderes galegos (l\u00e9mbrome como, na manifestaci\u00f3n dontra a mina de ouro en serantes, o alcalde de Tapia, refer\u00edndose a min dixo algo as\u00ed como &#8216;non fai falla que nos ve\u00f1an salvar os galegos&#8217;)<br \/>\nO caso \u00e9 que uns e outros estamos a facer unha enchente da r\u00eda. Nas novas, si, pero por desgraza sobre todo no seu volume f\u00edsico. A\u00ednda que de diferente tama\u00f1o, dous galp\u00f3ns, peiraos, embarcadoiros, recheos (s\u00f3 para lembranza, o \u00faltimo recheo de Ribadeo foron 8000m<sup>2<\/sup>, e o anterior, 20000m<sup>2<\/sup> sobre unha<a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/R%C3%ADa_de_Ribadeo\"> extensi\u00f3n total da r\u00eda de Ribadeo duns 8,5km<sup>2<\/sup>, ou sexa, 8500000m<sup>2<\/sup><\/a>), &#8230; cando dende hai anos est\u00e1 en programas pol\u00edticos o de &#8216;nin unha pedra m\u00e1is na r\u00eda&#8217;.<br \/>\nQue podemos engadir? Que se fala asemade (&#8216;corren rumores&#8217;) de que Castropol-concello-alcalde ver\u00eda ben un fondeadeiro na enseada de Vilavedelle (Seares)?. Coido que \u00e9 preferible insistir en que na actualidade a sensibilizaci\u00f3n social sobre as agresi\u00f3ns \u00e1 r\u00eda \u00e9 moi forte (algo que se nota cando te preguntan pola r\u00faa sobre o tema), e que iso \u00e9 un factor de uni\u00f3n, por exemplo, para pedir xa un Plan de Ordenaci\u00f3n de Recursos Naturais para a r\u00eda. Hoxe hai xuntanza de alcaldes da Reserva da Biosfera con motivo da Silvallana, na Veiga. Ocorrer\u00e1selle a alg\u00fan deles o po\u00f1er en marcha a burocracia para levar adiante o plan?<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>P\u00f3dese comparar a r\u00eda de Bilbao coa r\u00eda de Ribadeo? Quita de a\u00ed!. Por desgraza e ata o presente, unha semellanza comparativa se poder\u00eda dar tam\u00e9n coas xentes que poboamos a r\u00eda de Ribadeo e alg\u00fans outros conxuntos poboacionais. Sen querer dicir por eso que sexamos peores (ou mellores), pois todos somos primeiramente persoas, e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26],"class_list":["post-9600","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9600","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9600"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9600\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9600"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9600"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9600"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}