{"id":9595,"date":"2008-06-11T07:16:00","date_gmt":"2008-06-11T05:16:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:34:33","modified_gmt":"2024-11-12T14:34:33","slug":"novas-de-xente-amiga","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/06\/11\/novas-de-xente-amiga\/","title":{"rendered":"Novas de xente amiga"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8yytRbDG3UWrRU-QuKWu056e8r6ZXqOB7qnyDZKBl899CsiYg-S1VlDvkvZLfBuRUF6g520sBCUJQwjMeUygI86YpkMFB0GBpqZoC_d1Pfd8Ur-ctazapOEW4vrcQ3ubPsZ3n\/s2048\/nave.JPG\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEi8yytRbDG3UWrRU-QuKWu056e8r6ZXqOB7qnyDZKBl899CsiYg-S1VlDvkvZLfBuRUF6g520sBCUJQwjMeUygI86YpkMFB0GBpqZoC_d1Pfd8Ur-ctazapOEW4vrcQ3ubPsZ3n\/s2048\/nave.JPG\" \/><\/a>Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro m\u00ednimo \u00e1s gasolineiras de mari\u00f1\u00e1s ata un preacordo para a construcci\u00f3n da subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica para o pol\u00edgono (e para Ribadeo) ou ata o reco\u00f1cemento do mal estado da Casa da R\u00eda de Ribadeo. Dende o <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/06\/11\/0003_6895034.htm\">apoio dos concellos de Castropol e A Veiga \u00e1 nave \/ asteleiro<\/a> no peirao da Veiga, \u00e1 finalizaci\u00f3n o d\u00eda 30 do prazo para alegaci\u00f3ns \u00f3 PXOM como \u00fanica nova relativa \u00f3 mesmo. Dende a xustificaci\u00f3n do organizador sobre a viaxe \u00f3 Uruguai ata&#8230;<\/p>\n<p>Deixo unha montaxe que fixen xa hai un mes e me esquec\u00edn de po\u00f1er antes para ilustrar a nave para carga cuberta en Mirasol (co recheo \u00faltimo cortado pola metade e non real), lembrando de novo que \u00e9 ampliable premendo co rato. Non se ven moi ben tampouco as naves que xa hai&#8230; E lembro en relaci\u00f3n con ela un correo de <a href=\"http:\/\/elangeldeolavide.blogspot.com\/\">\u00c1ngel Alda<\/a> de onte sobre as intenci\u00f3ns para constru\u00edr a nave. Non me meto pola idea mi\u00fada do que contaba, pero si destaco d\u00faas cousas que poideran parecer accesorias: non s\u00f3 nos estamos preocupando dela aqu\u00ed no entorno da r\u00eda, sen\u00f3n tam\u00e9n en Madrid e noutros lugares. E a complicaci\u00f3n que pode envolver o que hai detr\u00e1s dunha nave deste tipo parece implicar direitamente intereses persoais, a parte dos empresariais, e estar mesmo relacionada coa viaxe \u00e1 Uriguai (<a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/06\/11\/0003_6894559.htm\">algo que en certo xeito confirma hoxe a prensa<\/a>)<\/p>\n<p>Tam\u00e9n recib\u00edn onte informaci\u00f3n de Jes\u00fas Est\u00e9banez sobre a ampliaci\u00f3n da li\u00f1a de peirao en Gond\u00e1n. A\u00ednda non est\u00e1 claro como pode dese\u00f1arse, pero o caso \u00e9 que se na parte asturiana &#8216;levan retraso&#8217; nas aldraxes \u00e1 r\u00eda, est\u00e1n a amosar que se poden po\u00f1er \u00f3 d\u00eda de xeito r\u00e1pido. O &#8216;eu coma ti, sen\u00f3n m\u00e1is&#8217; entre administraci\u00f3ns pode levar tam\u00e9n a que se unha fai unha atrocidade, outra a faiga maior, do mesmo xeito que a xente que causa destrozos para batir marcas mutuas (os s\u00e1bados pola noite, por exemplo) ou como cativi\u00f1os que queren ser m\u00e1is que o veci\u00f1o en calquera cousa; literalmente, en calquera.<\/p>\n<p>E <a href=\"http:\/\/grueiro.blogaliza.org\/\">Mariano Grueiro<\/a> env\u00edame un par de novas non sei se curiosas ou futuristas (m\u00e1is ben, imaxino non querer sabelo) ou as d\u00faas cousas \u00f3 tempo. Unha, o re\u00faso das <a href=\"http:\/\/www.treehugger.com\/files\/2008\/06\/farmers-mule-power-rising-gas-prices.php\">mulas na agricultura estadounidense<\/a> (evidentemente, dun xeito moi reducido) e outra, o <a href=\"http:\/\/www.discapnet.es\/Discapnet\/Castellano\/Actualidad\/Nueva_Hemeroteca\/detalle?id=190606\">roubo do aciete de coci\u00f1a usado<\/a>, ambas sobre o que xa se est\u00e1 a comezar a chamar a fin da era do petr\u00f3leo (a\u00ednda que o modelo actual vai para rato, con ser a trancas e barrancas)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro m\u00ednimo \u00e1s gasolineiras de mari\u00f1\u00e1s ata un preacordo para a construcci\u00f3n da subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica para o pol\u00edgono (e para Ribadeo) ou ata o reco\u00f1cemento do mal estado da Casa da R\u00eda de Ribadeo. Dende [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,26,83,9],"class_list":["post-9595","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-medio","tag-porto-de-ribadeo","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9595","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9595"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9595\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9595"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9595"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9595"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}