{"id":9588,"date":"2008-06-16T07:38:00","date_gmt":"2008-06-16T05:38:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:34:23","modified_gmt":"2024-11-12T14:34:23","slug":"entre-o-santo-antonio-e-o-san-xon","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/06\/16\/entre-o-santo-antonio-e-o-san-xon\/","title":{"rendered":"Entre o Santo Antonio e o San Xo\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>Despois de deixar un novo documento en <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\">Ribadeo historia<\/a>, a <a href=\"http:\/\/ribadeo-historia.blogspot.com\/2008\/06\/estudo-declaracin-de-impacto-ambiental.html\">Declaraci\u00f3n de impacto ambiental do pol\u00edgono industrial de Ribadeo<\/a> (xerada en tan lonxana data como 2005), f\u00edxome en que xa pasou o San Antonio, cos avisadores foguetes de Vilasel\u00e1n, e que est\u00e1 a chegar o san Xo\u00e1n, coas fogueiras. No medio, hoxe, d\u00eda 16, hai un ano que entrou en funci\u00f3ns a actual corporaci\u00f3n municipal, equipo de goberno, alcalde&#8230; co que se levan ido a cuarta parte dos d\u00edas do seu mandato e \u00e9 un momento para facer a revisi\u00f3n do ordeado dende ent\u00f3n. Unha revisi\u00f3n que se escapa dunha entrada diaria no blog coma ista, polo que mellor deixala para cada un. Iso si, lembrala, para que cada quen a faiga e vaia sumando ou restando, comparando con \u00e9pocas anteriores e proxectando sobre un futuro con posibilidades (mellor que sobre as posibilidades de futuro). Gustar\u00edame, iso si, deixar algunha orientaci\u00f3n para a reflexi\u00f3n encargada.<br \/>\nA primeira ven de Europa.<br \/>\nO tratado da Uni\u00f3n, de novo rexeitado e do que xa se fala voltar a impo\u00f1elo por outra v\u00eda: o manexo do poder permite moitas veces, se non hai control abondo, situaci\u00f3ns como isa, de repetici\u00f3n do mesmo contra o que quere o pobo, dunha e outra volta ata que se imp\u00f3n (ou segundo  as versi\u00f3ns, se &#8216;mete dobrada&#8217;) o que sexa a gusto dese poder. Da tam\u00e9n o voto irland\u00e9s (ou antes o franc\u00e9s ou holand\u00e9s, que non o espa\u00f1ol) a idea da forza que pode ter o asociacionismo en contra da estrutura da maior\u00eda dos partidos: en Irlanda s\u00f3 un partido do arco parlamentario apostou polo non. E tam\u00e9n, de que en pol\u00edtica con moi alta frecuencia as cousas non son como parecen: un non \u00f3 tratado non \u00e9 un non a Europa,  sen\u00f3n \u00f3 sometemento dos europeos a unha perda de poder direto e de dereitos diretos e indiretos. Est\u00e9\u00f1ase ou non a favor do tratado, son &#8216;vectores de pensamento&#8217; aplicables \u00e1 pol\u00edtica a t\u00f3dolos niveis, inclu\u00eddo municipal, e inclu\u00edda a s\u00faa aplicaci\u00f3n en sistemas nos que a\u00ednda, despois de anos, non se est\u00e1 afeito a que o cidad\u00e1n te\u00f1a uns dereitos (acompa\u00f1ados dos correspondentes deberes) que se non se exercitan, esmorecen e rematan por perderse.<br \/>\nA segunda \u00e9 unha idea hoxe sen foto (haber\u00e1as, pero dentro duns d\u00edas) para centrar o pensamento en Ribadeo. Pode darse a rese\u00f1a como t\u00edtulo dunha nova entrada: &#8220;As beirar\u00faas de Ribadeo: peonalizaci\u00f3n ou mesificaci\u00f3n?&#8221;. Coido que non \u00e9 o problema m\u00e1is importante que ten Ribadeo, sen\u00f3n un sinxelo aspecto menor do goberno, sobre o ama\u00f1o das beirar\u00faas para que queden peon\u00eds e logo que sexan ocupadas en boa parte por mesas dos locais de hostaler\u00eda. Haber\u00e1 quen este\u00f1a de acordo, haber\u00e1 quen non o este\u00f1a, pero o alcalde xa falou en contestaci\u00f3n \u00e1 pregutna correspondente de O Tes\u00f3n: a polic\u00eda local informar\u00e1. O seguemento do tema est\u00e1 en \u00e9poca: no ver\u00e1n \u00e9 cando m\u00e1is locen ou deslocen as terrazas sinxelamente porque \u00e9 cando se po\u00f1en.<br \/>\nTe\u00f1amos un feliz cabodano.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de deixar un novo documento en Ribadeo historia, a Declaraci\u00f3n de impacto ambiental do pol\u00edgono industrial de Ribadeo (xerada en tan lonxana data como 2005), f\u00edxome en que xa pasou o San Antonio, cos avisadores foguetes de Vilasel\u00e1n, e que est\u00e1 a chegar o san Xo\u00e1n, coas fogueiras. No medio, hoxe, d\u00eda 16, hai [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-9588","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9588","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9588"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9588\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9588"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9588"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9588"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}