{"id":9587,"date":"2008-06-17T07:40:00","date_gmt":"2008-06-17T05:40:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:34:22","modified_gmt":"2024-11-12T14:34:22","slug":"enfilando-o-vern","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/06\/17\/enfilando-o-vern\/","title":{"rendered":"Enfilando o ver\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p>Este ano, o ver\u00e1n comeza \u00f3 rematar os exames de selectividade. E istos comezan ma\u00f1\u00e1. Un ano m\u00e1is o san Xo\u00e1n, coas s\u00faas fogueiras para apuntalar o Sol en retroceso, vai retrasado respecto do comezo natural da estaci\u00f3n un par de d\u00edas. Ocorre t\u00f3dolos anos.<br \/>\nAs novas \u00f3 finalizar a primavera e comezar o ver\u00e1n, non, cada ano son &#8216;novas&#8217;. Este ano est\u00e1 a morte de <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Rafael_del_Pino\">Rafael del Pino<\/a>, outra persoa VIP con relaci\u00f3ns con Ribadeo, un par de meses despois de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/ver-se-me-engano.html\">Calvo Sotelo<\/a>. Por certo, que parece que o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/iniciativas.html\">monumento homenaxe a Calvo Sotelo<\/a> vai adiante.<br \/>\nNo medio, Ribadeo pouco a pouco, m\u00f3vese. As\u00ed o amosa a seguinte nota de prensa:<br \/>\n<meta equiv=\"CONTENT-TYPE\" content=\"text\/html; charset=utf-8\"><title><\/title><meta name=\"GENERATOR\" content=\"OpenOffice.org 2.2  (Linux)\"><meta name=\"AUTHOR\" content=\"Agremon\"><meta name=\"CREATED\" content=\"20080608;20294800\"><meta name=\"CHANGEDBY\" content=\"Agremon\"><meta name=\"CHANGED\" content=\"20080608;20462400\">&#8221;   \t \t \t \t \t \t \t \t  <\/p>\n<p align=\"center\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Comunicado de Prensa<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"center\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">Ribadeo, 09\/06\/2008<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">A AAVV O Tes\u00f3n e a Plataforma pola defensa da R\u00eda, preocupados pola percepci\u00f3n p\u00fablica das informaci\u00f3ns sobre o galp\u00f3n proxectado no porto comercial de Ribadeo,<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">1\u00ba Queremos sair ao paso da manipulaci\u00f3n informativa que est\u00e1 dando p\u00e9 a crer que o proxecto de galp\u00f3n est\u00e1 suspendido pola Xunta de Galicia. Debemos subli\u00f1ar que a realidade \u00e9 exactamente a contraria. Non existe nengunha declaraci\u00f3n autorizada das autoridades portuarias, da conseler\u00eda da que depende ou de Presidencia da Xunta de Galicia, que permitan albiscar unha suspensi\u00f3n do proxecto. Mais ben ao contrario, existen probas evidentes de que a Presidencia de Portos segue movendo as suas influencias para conseguir levar adiante o seu proxecto, cun interese puramente especulativo do espazo portuario.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">2\u00ba Estamos preparando unha campa\u00f1a informativa e de movilizaci\u00f3n veci\u00f1al, para deixar ben sentada a oposici\u00f3n dos veci\u00f1os a este proxecto e a calqueira outro que supo\u00f1a o deterioro progresivo da R\u00eda de Ribadeo e dos seus valores biol\u00f3xicos, paisax\u00edsticos e humanos en xeral. Neste senso estamos preparando unha manifestaci\u00f3n veci\u00f1al para mediados de xullo da que daremos conta no seu momento.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">3\u00ba Facemos unha chamada a t\u00f3dalas asociacions culturais, sociais e veci\u00f1ais de Ribadeo, Castropol e a Veiga para que se sumen a esta protesta, suli\u00f1ando que a calada sempre ser\u00e1 interpretada pola Xunta de Galicia como unha aceptaci\u00f3n do seu proxecto.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">4\u00ba Denunciamos que o Concello de Castropol e o Goberno do Principado proxectan un novo asteleiro para embarcacions deportivas, no porto de A Veiga, cunha nave de grandes dimensions e un impacto considerable no medio ambiente. Suli\u00f1amos que este proxecto poder\u00eda instalarse no Pol\u00edgono Industrial de Barres sen maiores dificultades. Cabe dicir que non \u00e9 o \u00fanico proxecto que nestes momentos est\u00e1 a penalizar a nosa r\u00eda.<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><span style=\"font-size:100%;\">5\u00ba Insistimos, m\u00e1is unha vez, que a r\u00eda est\u00e1 condenada ao deterioro progresivo, mentras non se aprobe un Plan de Ordenaci\u00f3n dos Recursos Naturais, como esixe a lei 4\/89 do Estado Espa\u00f1ol de \u201cProtecci\u00f3n de los Espacios Naturales y de la Fauna y Flora Silvestre\u201d. Dacordo con esta lei, que logo cumprir\u00e1 20 anos sen ser aplicada, este plan de ordenaci\u00f3n debe regular os aspectos medioambientais, culturais e paisax\u00edsticos a protexer e as normas de obligado cumplimento para todo tipo de proxectos, ademais de integrar actividades econ\u00f3micas, extractivas, de lecer, etc. A Xunta de Galicia, o Principado de Asturias, a Direcci\u00f3n Xeral para a Biodiversidade (antigo ICONA), as\u00ed como os concellos colindantes, son organismos que poden iniciar os tr\u00e1mites para a redacci\u00f3n deste plan de protecci\u00f3n. Polo tanto son os responsables, cada un na sua medida, de que levemos c\u00e1seque vinte anos de retraso sen nengunha norma de protecci\u00f3n do espacio natural da R\u00eda de Ribadeo. Por iso, reclamamos a posta en marcha sin dilaci\u00f3n do Plan de Ordenaci\u00f3n de Recursos Naturais da R\u00eda&#8221;<\/span><\/span><\/p>\n<p align=\"justify\" lang=\"gl-ES\"><span style=\"color: rgb(0, 0, 0);\"><\/span><\/p>\n<p> E \u00e9 que parece que hai moita xente que se pensa que est\u00e1 ganado o que non se constr\u00faa a <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/05\/ribadeo-e-sa-nave-no-porto-de-mirasol.html\">nave de Mirasol<\/a>. Pero non \u00e9 certo. Polo momento, os tr\u00e1mites seguen como se nada tivera ocorrido. As\u00ed que, na nova estaci\u00f3n, seguir\u00e1 a ser noticia. M\u00e1is ben, a oposici\u00f3n a ela, que xa se ve os de Portos de Galicia cando atopan oposici\u00f3n non se prodigan en novas ata que xa est\u00e1n as cousas feitas.<br \/>\nTodo o contrario, o de ser noticia, do que ocorrir\u00e1 aparentemente co paro da flota, pois os asturianos xa voltaron a faenar. E tam\u00e9n, do <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/01\/un-pleno-pacfico-en-ribadeo-pero-sen.html\">aparcamento subterr\u00e1neo (despois do tratado no pleno de xaneiro<\/a>). <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/06\/17\/0003_6911972.htm\">Trae hoxe a prensa que patrimonio lle deu para atr\u00e1s<\/a>. E que polo tanto, \u00e9 de esperar que este\u00f1amos sen subterr\u00e1neo abondos anos, se algunha vez se chega a facer.<br \/>\nHai outra nova estes d\u00edas que, a verdade, non creo que de moito que falar este ver\u00e1n, a\u00ednda que en parte se produce para eso, para propaganda: a existencia dunha Oficina do Deputado creada polo PP.<br \/>\nM\u00e1is cousas? Por suposto. Pero fronte \u00e1 conservaci\u00f3n da r\u00eda, xa se ve que ata as outras que se poden salientar son pequenas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este ano, o ver\u00e1n comeza \u00f3 rematar os exames de selectividade. E istos comezan ma\u00f1\u00e1. Un ano m\u00e1is o san Xo\u00e1n, coas s\u00faas fogueiras para apuntalar o Sol en retroceso, vai retrasado respecto do comezo natural da estaci\u00f3n un par de d\u00edas. Ocorre t\u00f3dolos anos. As novas \u00f3 finalizar a primavera e comezar o ver\u00e1n, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-9587","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9587","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9587"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9587\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9587"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9587"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9587"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}