{"id":9585,"date":"2008-06-19T00:31:00","date_gmt":"2008-06-18T22:31:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:34:19","modified_gmt":"2024-11-12T14:34:19","slug":"selectividade-estilo-ribadeo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/06\/19\/selectividade-estilo-ribadeo\/","title":{"rendered":"Selectividade estilo Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Normalmente os diversos comentarios de texto que piden na selectividade son abondo b\u00f3s, ricos en significado. As\u00ed, esta volta atopei alomenos catro textos propostos que se poden ler en clave ribadense. A\u00ed vai un, un curto texto de Kant sobre a Ilustraci\u00f3n que se me manifestou como moi aplicable non s\u00f3 a aqueles tempos da Ilustraci\u00f3n francesa (e derivadas noutros lugares), sen\u00f3n o que levo comentado m\u00e1is dunha volta sobre a apat\u00eda social que me parece existe en Ribadeo (como moitas outras cousas, opinable e precisable na definici\u00f3n, pero coido que apat\u00eda):<br \/>\n&#8220;Ilustraci\u00f3n \u00e9 a sa\u00edda do home da s\u00faa minor\u00eda de idade, da que el mesmo \u00e9 o culpable. Minor\u00eda de idade \u00e9 a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a direcci\u00f3n doutro. El mesmo \u00e9 o culpable desta minor\u00eda de idade cando a causa dela non reside na falla de entendemento, sen\u00f3n na falla de decisi\u00f3n e valor para servirse con independencia del, sen a direcci\u00f3n doutro. \u00a1Sapere aude! \u00a1Ten valor de servirte do teu propio entendemento!, eis a divisa da ilustraci\u00f3n.<br \/>\nPreguiza e covard\u00eda son a causa pola que unha tan grande parte de homes, moito despois de que a natureza os absolvera da direcci\u00f3n allea (naturaliter maiorennes), emporiso fiquen a gusto menores de idade a vida enteira; e por iso lles resulta tan doado \u00f3s outros erguerse nos seus titores. \u00a1E tan c\u00f3modo ser menor de idade!&#8221;<br \/>\nA parte de precisi\u00f3ns que tam\u00e9n se poden facer explicando o texto, opto polo que po\u00f1\u00eda hoxe o exame de selectividade: comp\u00f3n ti mesmo o comentario. Por min, s\u00f3 aclarar de pasada que entendo que as facilidades que ten algunha xente para erguerse como titores do resto ven dada dunha estrutura social, a mesma que facilita que moita xente prefira seguir titorada a pesares de estar inserta nunha democracia nominal.<br \/>\nComo ilustraci\u00f3n do anterior, comentar que onte mesmo comentaba cunha autoridade eclesi\u00e1stica que se v\u00eda con certa simpat\u00eda a pol\u00e9mica montada pola xerarqu\u00eda eclesial sobre a nova asiganatura de formaci\u00f3n para a cidadan\u00eda era que tentaba de artellar unha protesta con causa (a\u00ednda que non este\u00f1a de acordo), co que estimo pode estarse a facer un favor xa de por si \u00e1 formaci\u00f3n cidad\u00e1 na protesta sobre uns dereitos e ideas e non sobre unha sinxela autoafirmaci\u00f3n na propia protesta, algo \u00f3 que estamos afetios e que non produce inquedanza ningunha na xente que est\u00e1 a titorar \u00f3s m\u00e1is.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Normalmente os diversos comentarios de texto que piden na selectividade son abondo b\u00f3s, ricos en significado. As\u00ed, esta volta atopei alomenos catro textos propostos que se poden ler en clave ribadense. A\u00ed vai un, un curto texto de Kant sobre a Ilustraci\u00f3n que se me manifestou como moi aplicable non s\u00f3 a aqueles tempos da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32,9],"class_list":["post-9585","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9585","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9585"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9585\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}