{"id":9584,"date":"2008-06-20T06:50:00","date_gmt":"2008-06-20T04:50:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:34:18","modified_gmt":"2024-11-12T14:34:18","slug":"o-medio-ambiente-non-ser-nova-en","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/06\/20\/o-medio-ambiente-non-ser-nova-en\/","title":{"rendered":"O medio ambiente non ser\u00e1 nova en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj8fSNO0s51hLhiJlY3eNALn-2dgzK_a5S1LVPyqJRDtfeIWShV1QtBWFVo6fh38bn0em9pCnPzUSkvwW00NAdj5JJ-01Crp6oPZxNQssGcu-mehNVpvA3yJfrPnpKk1kpiJN80\/s2048\/penarronda+drenada_.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj8fSNO0s51hLhiJlY3eNALn-2dgzK_a5S1LVPyqJRDtfeIWShV1QtBWFVo6fh38bn0em9pCnPzUSkvwW00NAdj5JJ-01Crp6oPZxNQssGcu-mehNVpvA3yJfrPnpKk1kpiJN80\/s2048\/penarronda+drenada_.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Dir\u00eda que \u00e9 o destino que nos agarda. Por saturaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Onte sa\u00eda na prensa que un segundo oso polar foi abatido en Islandia en poucos d\u00edas, cando antes do aumento da taxa de cambio clim\u00e1tica chegaba \u00e1 illa un cada varios anos (a lembrar que chegan en bloques de xeo\/icebergs). Tam\u00e9n onte unha reportaxe daba conta das primeiras illas do Pac\u00edfico, de base coralina, asolagadas de xeito permanente polo mar e de que os habitantes do pa\u00eds correspondente, Kiribati, est\u00e1n tentando de que alg\u00fan outro pa\u00eds os acolla, \u00f3 ver desaparecer o seu territorio baixo a auga. Son m\u00e1is de 100.000 persoas, e o tema parece tomado da pel\u00edcula Waterworld&#8230;<\/p>\n<p>Pero iso queda moi lonxe. Aqu\u00ed, levo varias semanas case de tem\u00e1tica \u00fanica medioambiental (nave de Mirasol, astaleiro na Veiga, ampliaci\u00f3n peirao das Figueiras) que relegan outros temas actuais de Ribadeo como o PXOM, por exemplo, e atopo varias novas entre hoxe e onte para engrosar a tem\u00e1tica da conservaci\u00f3n do noso mundo actuando a escala das veci\u00f1anzas da nosa r\u00eda. As\u00ed, a queixa dos veci\u00f1os dun barrio baixo (non por baixo do nivel do mar, como trae algunha prensa, pero si se atopa a cotas baixas de altura) que ven como as s\u00faas casas de asolagan pola construcci\u00f3n do pol\u00edgono industrial da Veiga. Estar\u00eda iso previsto no plan de protecci\u00f3n ambiental correspondente? Dub\u00eddoo.<\/p>\n<p>Hoxe \u00e9 a &#8216;Xuntanza das Figueiras&#8217; na que se tratar\u00e1 entre representantes pol\u00edticos asturianos e galegos a nave do porto de Mirasol. Logo haber\u00e1 unha rolda de prensa coas conclusi\u00f3ns. Quixera ir cunha pancarta, pero non pode ser, estarei lonxe. Un venres pola ma\u00f1\u00e1 non soe ser corrente que a xente dispo\u00f1a de tempo para dicirlle \u00f3s pol\u00edticos correspondentes (e por exemplo os conselleiros de Medio Ambiente son pol\u00edticos a\u00ednda que te\u00f1an representaci\u00f3n en relaci\u00f3n \u00e1 conservaci\u00f3n do noso mundo) o que pensa, mentras que eles te\u00f1en tempo porque ad\u00edcanse a esas cousas. Esa ser\u00e1 a explicaci\u00f3n de que \u00f3 mellor podan ter unha pl\u00e1cida xuntanza sen lembrar aspectos &#8216;enoxosos&#8217;, e non outra.<\/p>\n<p>Onte tam\u00e9n xurdiu na prensa galega a primeira noticia relacionada co tema ambiental na ampliaci\u00f3n de Ence-Navia, directamente relacionada coa nave de Mirasol que argumentan \u00e9 necesaria para dar sa\u00edda a ise aumento de producci\u00f3n. Acusa unha asociaci\u00f3n ecoloxista asturiana \u00f3 seu goberno de dar para adiante \u00f3 proxecto tendo informes medioambientais negativos, e din que parece que as normas asturianas \u00f3 respecto sexan m\u00e1is relaxadas que as galegas. \u00d3 fin, o aumento de Ence-Navia \u00e9 consecuencia da desaparici\u00f3n de Ence-Pontevedra polas protestas que orixina debido \u00e1 contaminaci\u00f3n. Lembrarei toda a vida a primeira vez que pasei por Pontevedra en autob\u00fas, que me cadrou ir detr\u00e1s do condutor e non me daba explicado como pod\u00eda ter botado o bo do home tantos peidos e tan olorosos&#8230; e estou a falar de al\u00f3 polo ano 1966 ou 1967.<\/p>\n<p>E \u00edmonos achegando \u00e1 r\u00eda. Onte envi\u00e1ronme fotos (vai s\u00f3 unha no blog) sobre a drenaxe que estar\u00eda a sufrir Penarronda estes d\u00edas. Non sei a profundidade de impacto que van ter, pero a construcci\u00f3n de canles para a sa\u00edda de auga da zona de marismas de Penarronda p\u00f3deas secar de xeito moi doado. As\u00ed, poder\u00edamos ter un aparcamento nunha versi\u00f3n castropolense do recheo dos noventa en Ribadeo: coches si, r\u00eda non daquela (na realidade, o dos coches foi despois, cando non souberon que facer co recheo), e marismas non, coches si agora (a\u00ednda que o combustible se este\u00f1a po\u00f1endo polas nuves e haxa que controlar as viaxes que se fan xa por cuesti\u00f3n econ\u00f3mica, non s\u00f3 medioambiental).<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiZVJzmToWGZ5NoXk9WPeOUWYp98fU9U7jPUt7OBbLxfgiqP83CvZcqnmd3Pp8iMEV24OqveYF6DzFSsDXPiNxQSIAo3BvE0BdoO6hWedRONjKmUftNmqEIT45RaR-RZBKe_t02\/s2048\/Folgosaq.png\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiZVJzmToWGZ5NoXk9WPeOUWYp98fU9U7jPUt7OBbLxfgiqP83CvZcqnmd3Pp8iMEV24OqveYF6DzFSsDXPiNxQSIAo3BvE0BdoO6hWedRONjKmUftNmqEIT45RaR-RZBKe_t02\/s2048\/Folgosaq.png\" \/><\/a><\/p>\n<p>E m\u00e1is achegado a\u00ednda. A subestaci\u00f3n nova, que se pretende, crin que \u00eda no pol\u00edgono industrial. Craso erro. Vai en Folgosa (\u00e9 dicir, no &#8216;Ribadeo suburbano&#8217;). A poucos metros dalgunhas casas. Sego a manter que unha instalaci\u00f3n as\u00ed, de electricidade con baixa frecuencia, en xeral non necesitar\u00eda m\u00e1is protecci\u00f3n por tema de radiaci\u00f3n que uns 50m. Onte fix\u00e9ronme unha consulta relativa a iso, e foi m\u00e1is ou menos o que dixen: ser\u00eda abondo. Pero parece que a Xunta xa ten aprobada, sen publicar a\u00ednda no DOG, unha normativa de apartar as subestaci\u00f3ns ata 2km (que atrib\u00fao a unha \u00e1rea de seguridade debida \u00f3s perigos asociados con lumes e cousas polo estilo, e que me comunicou onte a mesma persoa que me fixo a consulta), o que da p\u00e9 a que se algu\u00e9n ten unha casa na veci\u00f1anza non se sinta c\u00f3modo en absoluto cunha distancia de 50 ou 100m \u00e1s instalaci\u00f3ns, contando coa ilegalidade que supor\u00eda. Con toda raz\u00f3n. Desco\u00f1ezo o tema para entrar m\u00e1is en profundidade, e a\u00ednda que eu coido que estar\u00eda tranquilo&#8230;<\/p>\n<p>As\u00ed que, empacho de medio ambiente? \u00e9 o que pasa cando nos estamos cargando este mundo no que vivimos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dir\u00eda que \u00e9 o destino que nos agarda. Por saturaci\u00f3n. Onte sa\u00eda na prensa que un segundo oso polar foi abatido en Islandia en poucos d\u00edas, cando antes do aumento da taxa de cambio clim\u00e1tica chegaba \u00e1 illa un cada varios anos (a lembrar que chegan en bloques de xeo\/icebergs). Tam\u00e9n onte unha reportaxe daba [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,83],"class_list":["post-9584","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-porto-de-ribadeo"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9584","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9584"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9584\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9584"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9584"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9584"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}