{"id":9568,"date":"2008-07-03T08:39:00","date_gmt":"2008-07-03T06:39:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:33:40","modified_gmt":"2024-11-12T14:33:40","slug":"ollando","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/03\/ollando\/","title":{"rendered":"Ollando (tam\u00e9n a BeGaSa e a outras cousas)"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhs1OPxRnF7oM77K3U_rXbfrD3zzKRp8tWmZODWuJ2holGx6Zb5Yos8Be4XPg1chPtvdXhosM-tmUwxzdeBwME55s3_hrsP8OI_JNgiMwsIodET74RRemzu8sKbpK9M8qrICBtn\/s2048\/olladas+de+muller+002.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhs1OPxRnF7oM77K3U_rXbfrD3zzKRp8tWmZODWuJ2holGx6Zb5Yos8Be4XPg1chPtvdXhosM-tmUwxzdeBwME55s3_hrsP8OI_JNgiMwsIodET74RRemzu8sKbpK9M8qrICBtn\/s2048\/olladas+de+muller+002.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>O pasado ver\u00e1n Ribadeo acolleu a mostra &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/08\/olladas-de-muller.html\">Olladas de muller<\/a>&#8216; <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2007\/08\/olladas-de-muller-ii.html\">(e 2)<\/a> na r\u00faa peonil. Agora, filaizando o ciclo, presentouse onte no forte de San Dami\u00e1n &#8216;Olladas de muller e l\u00e1pis de home&#8217;, libro resumo da mostra, xunto coa mostra completa: o pasado ano s\u00f3 foran fot\u00f3grafas relacionadas con Ribadeo, mentras que este estendese a mostra \u00f3s outros dous concellos participantes, <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Vilar_de_Santos\">Vilar de Santos<\/a> e a <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Illa_de_Arousa\">Illa de Arousa<\/a>. Vista de segundas e ampliada, chamoume a atenci\u00f3n non tanto a fotograf\u00eda, que tam\u00e9n, sen\u00f3n a propia definici\u00f3n das mulleres, en xeral sinxela, l\u00edmpida, e a expresi\u00f3n a que da lugar a mostra. Recapitulando, cada foto na saba (as do anos pasado eran pedazos de tela maiores pero m\u00e1is finos) leva unha pegatina cun t\u00edtulo e unha definici\u00f3n da propia muller que a fixo. No libro acompa\u00f1a a cada parella das anteriores un comentario curto dun home. Algo as\u00ed como ver o mundo a traverso de como ven o mundo as mulleres. Ollando \u00f3 seu traverso. Naturalmente, unha expresi\u00f3n como a mostra qu\u00e9dase sempre curta respecto \u00f3 atraso de expresi\u00f3n que o colectivo feminino leva na historia, e iso a pesares da fama de expresivo, mesmo charlat\u00e1n que ten. E \u00e9 que non \u00e9 o mesmo expresi\u00f3n en termos \u00edntimos que en termos sociais. Quiz\u00e1is poider haber un intercambio de normas expresivas entre sexos para equilibrar a balanza.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh8gbt8f2XX-2N7I0bTvVHtjNOEtvGRBjdNYa77uIs20KzjCbxucy3sxmHTLMIx28UTpOnXEQORUCtSJ4I-0HFC8NS0zYxGs5SvQqdtAC0d2At85zdBmAPWqk-cRpJvfZdKVHUV\/s2048\/xornada+augas+santas.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEh8gbt8f2XX-2N7I0bTvVHtjNOEtvGRBjdNYa77uIs20KzjCbxucy3sxmHTLMIx28UTpOnXEQORUCtSJ4I-0HFC8NS0zYxGs5SvQqdtAC0d2At85zdBmAPWqk-cRpJvfZdKVHUV\/s2048\/xornada+augas+santas.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEivpTBKpfM93P__9limp8PF8XycQTjDjCtwKuFygJNyoXiuWi_0ypd8_E8ltMeuIRtSlAHbRgiqoQq9uy9L7SkV2lE5nTyc5pAJFRDGcmLsWtYvfp9tSRhgpjUwEhkWnbeL542v\/s2048\/xornada+augas+santas+002.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEivpTBKpfM93P__9limp8PF8XycQTjDjCtwKuFygJNyoXiuWi_0ypd8_E8ltMeuIRtSlAHbRgiqoQq9uy9L7SkV2lE5nTyc5pAJFRDGcmLsWtYvfp9tSRhgpjUwEhkWnbeL542v\/s2048\/xornada+augas+santas+002.jpg\" alt=\"\" \/><\/a>Po\u00f1o hoxe a d\u00edptico da xornada sobre Augas Santas, as catedrais con cambio de nome atribu\u00eddo a Calvo Sotelo para facela m\u00e1is tur\u00edstica. Algo que se logrou xa que parece ser a praia m\u00e1is valorada tur\u00edsticamente de todo Europa como monumento. Quiz\u00e1s por elo sexa cousa de devolverlle o seu nome. E protexela: con xullo voltan as restricci\u00f3ns de tr\u00e1fico mentras se pensa na ampliaci\u00f3n do aparcamento e <a href=\"http:\/\/www.adega.info\/index.php?option=com_content&amp;task=blogcategory&amp;id=116&amp;Itemid=264\">ADEGA<\/a> pide una maior protecci\u00f3n no plan urban\u00edstico para a costa ribadense. Costa sobre a que tamen se pronuncia os pescadores, pois hoxe mesmo sae na prensa que de novo os pescadores se manifestan en contra da nave de Mirasol, xusto a v\u00e9spera de que haxa unha mesa informativa (ma\u00f1\u00e1 venres 4, \u00e1s 20:00, no sal\u00f3n da Casa do Mar) sobre a irracionalidade que se pretende en Mirasol. Por certo que as\u00ed se ve \u00e1s claras que a burocracia sobre a nave non est\u00e1 parada (voltaron insistir pra obter o favor do colectivo de pescadores), e polo tanto, non estamos libres de que se faga.<br \/>\nMesa redonda, outra, ter\u00e1se hoxe por parte do equipo de goberno. Unha iniciativa en principio moi saudable e que \u00e9 de esperar que redunde en ben da comunidade. Esperemos que hxa moita xente, e participativa, para intercambiar explicaci\u00f3ns, petici\u00f3ns, ideas, sobre a xesti\u00f3n de Ribadeo.<br \/>\nDeixo para remate unha nota de prensa da AVV O Tes\u00f3n:<\/p>\n<p>Nota de Prensa 03\/07\/2008<\/p>\n<p>Hai xa dous meses que dez asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os ribadenses enviaron a Begasa e a diversas outras instituci\u00f3ns e entidades unha queixa sobre o subministro el\u00e9ctrico a Ribadeo. Entre medias, voltou a fallar a luz moitas veces, inclu\u00edndo algunhas de escasos segundos, pero sempre con efectos indesexables.<br \/>\nHai alg\u00fan tempo recibiuse a contestaci\u00f3n da conseller\u00eda de industria dando nota de que se tramitaba a queixa, que lles chegou tanto de xeito direito como a partir doutras entidades.<br \/>\nEsta semana foi recibida a resposta de Begasa. Lamentamos que sexa unha contestaci\u00f3n autoexculpativa, que segundo se pode ver nos ficheiros que adxuntamos, copia da carta recibida, que resumindo pode dicirse que ten b\u00e1sicamente d\u00faas li\u00f1as condutoras:<br \/>\nA primeira, que a compa\u00f1\u00eda cumpre est\u00e1ndares e normativas con folgos<br \/>\nA segunda, que ten boas relaci\u00f3ns coas autoridades, con quenes est\u00e1 colaborando.<br \/>\nDende a AVV O Tes\u00f3n, e a falta de consultar \u00f3 resto das asociaci\u00f3ns participantes na queixa, queremos dar cumprida conta de que a resposta non da soluci\u00f3ns \u00f3 problema do deficiente subministro el\u00e9ctrico de Ribadeo, nin pretende dala, cunha actitude que ben se pode considerar de prepotencia e desinterese. Non comprendemos que no seu caso a normativa permita \u00e1 compa\u00f1\u00eda ter un mantemento evidentemente deficiente, propiciador dos apag\u00f3ns \u00f3s que xa estamos afeitos. Tampouco comprendemos que se pretenda confundir a colaboraci\u00f3n coas autoridades, cousa que vemos l\u00f3xica como un paso previo para o bo funcionamento tanto da empresa como da xesti\u00f3n do pobo, co servizo prestado, a non ser que o que se pretenda sexa po\u00f1er \u00e1s autoridades como escudo das propias deficiencias da empresa.<br \/>\nO problema ven de antigo, e somos conscientes que \u00e9 posible que se necesite tempo para solucionalo. Pero antes hai que ter a intenci\u00f3n de procurar esa soluci\u00f3n, e polo que parece a empresa non a ten. As\u00ed as cousas, con tempo, pero sen pausa, continuaremos a desenvoltar actividades e aunar esforzos para presionar \u00e1 compa\u00f1\u00eda ata lograr que BeGaSA de un servizo adecuado \u00e1 nosa comunidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O pasado ver\u00e1n Ribadeo acolleu a mostra &#8216;Olladas de muller&#8216; (e 2) na r\u00faa peonil. Agora, filaizando o ciclo, presentouse onte no forte de San Dami\u00e1n &#8216;Olladas de muller e l\u00e1pis de home&#8217;, libro resumo da mostra, xunto coa mostra completa: o pasado ano s\u00f3 foran fot\u00f3grafas relacionadas con Ribadeo, mentras que este estendese a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21,26,9],"class_list":["post-9568","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9568","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9568"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9568\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9568"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9568"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9568"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}