{"id":9559,"date":"2008-07-11T10:29:00","date_gmt":"2008-07-11T08:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:33:18","modified_gmt":"2024-11-12T14:33:18","slug":"todo-tren","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/11\/todo-tren\/","title":{"rendered":"A todo tren"},"content":{"rendered":"<p>Pode que a falta relativa de nova no ver\u00e1n impulse outro tipo de noticias menores. As\u00ed est\u00e1 de novo tanto onte como hoxe na prensa que Ribadeo subvenciona a viaxe de ata 300 xubilados \u00e1 Feira de mostras do Noroeste no Ferrol. Est\u00e1 ben subvencionar o tren: \u00e9 m\u00e1is ecol\u00f3xico. En troques, o xeito de facelo ch\u00e1mame a atenci\u00f3n, porque o que se est\u00e1 a subvencionar non \u00e9 o tren. Entendo que favorecer \u00f3s maiores est\u00e1 moi ben, pois te\u00f1en os seus dereitos (en pouco, direi &#8216;temos os nosos dereitos&#8217;), pero o tema lembra \u00f3 dos &#8216;circenses&#8217; do &#8216;panem et circenses romano&#8217;, \u00c9 dicir, unha versi\u00f3n das moitas dos chamado &#8216;opios do pobo&#8217;. Pode que o lembre m\u00e1is porque a nova repetida coincide con outra semellante, esta aplicada \u00f3s m\u00e1is novo e que non fai uso dun transporte tan ecol\u00f3xico (pode que porque \u00f3s novos lles ve\u00f1a mal cami\u00f1ar tanto ata e dende os andenes da FEVE) e adem\u00e1is, a promoci\u00f3n par\u00e9ceme algo m\u00e1is sen sentido, a promoci\u00f3n da movida nouturna. Sabida \u00e9 a mi\u00f1a posici\u00f3n respecto \u00e1 movida por mor do ru\u00eddo, e cando pode diminu\u00edr algo, t\u00e9ntase manter. E \u00e9 que os sectores insostibles pero con poder nun momento dado intentan favorecerse a traverso da s\u00faa influencia no dominio p\u00fablico. V\u00e9xase como exemplo o sector inmobiliario, do que dende anos \u00e9 sabido que non pod\u00eda manter o ritmo de traballo (o asombro foi que tardara tando en estoupar a burbulla), e que se ve recompensado despois de toda a burbulla, agresi\u00f3ns \u00f3 medio, ganancias avultadas, etc, con intentos diversos de reactivaci\u00f3n v\u00eda o aumento de vivendas sociais (que tal a alternativa de socializar o exceso constru\u00eddo, por exemplo) ou impulsando a obra p\u00fablica (que poder\u00eda vir moi ben dun xeito racional, non como parche a un sector af\u00edn).<\/p>\n<p>En fin, un par de novas relacionadas con Ribadeo: a cesi\u00f3n das estradas que atravesan o pobo xunto cun mill\u00f3n de euros para o seu adecentamento xa ten algunha proposta por parte dos partidos pol\u00edticos. Agora resulta que se pide por exemplo un paso de pe\u00f3ns no Voar. Lembrando o refr\u00e1n, &#8216;nunca \u00e9 tarde se \u00e9 un b\u00f3 ben&#8217;.<\/p>\n<p>Hoxe hai xuntanza de alcaldes da Reserva da Biosfera en Taramundi, despois de que o Principado anunciara onte <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/07\/10\/0003_6973801.htm\">axudas para os concellos asturianos implicados<\/a>. Despois de ver o destino das axudas, coido que poder\u00eda ser outro c\u00famio m\u00e1is para comer e pouco m\u00e1is, alomenos relacionado coa Reserva. Veremos.<\/p>\n<p>En Rocas Brancas, de novo a baixada a levou o mar: todos sabemos o desgaste a que somete o mara \u00e1s estruturas que nel se fan&#8230;<\/p>\n<p>Aproveito para felicitar a Gilberto Su\u00e1rez, que ga\u00f1ou m\u00e1is de 6 mill\u00f3ns das antigas pesetas \u00e1 bonoloto. Que as disfrute!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pode que a falta relativa de nova no ver\u00e1n impulse outro tipo de noticias menores. As\u00ed est\u00e1 de novo tanto onte como hoxe na prensa que Ribadeo subvenciona a viaxe de ata 300 xubilados \u00e1 Feira de mostras do Noroeste no Ferrol. Est\u00e1 ben subvencionar o tren: \u00e9 m\u00e1is ecol\u00f3xico. En troques, o xeito de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,77],"class_list":["post-9559","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9559","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9559"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9559\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9559"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9559"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9559"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}