{"id":9554,"date":"2008-07-13T18:25:00","date_gmt":"2008-07-13T16:25:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:33:10","modified_gmt":"2024-11-12T14:33:10","slug":"i-certame-de-intrpretes-mozos-hernn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/13\/i-certame-de-intrpretes-mozos-hernn\/","title":{"rendered":"I CERTAME DE INT\u00c9RPRETES MOZOS HERN\u00c1N NAVAL"},"content":{"rendered":"<p>Adxunto nota de prensa da EMMeD de Ribadeo. A notar que o &#8216;pr\u00f3ximo domingo&#8217; ref\u00edrese a hoxe:<\/p>\n<p>Zeltia Pardo ga\u00f1a o <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/07\/das-reseas_07.html\">I Certame de Int\u00e9rpretes Mozos Hern\u00e1n Naval de Ribadeo<br \/>\n<\/a><br \/>\nRibadeo, 7 de xullo. Zeltia Pardo Naval (saxof\u00f3n) proclamouse vencedora do I Certame de Int\u00e9rpretes Mozos Hern\u00e1n Naval de Ribadeo impo\u00f1\u00e9ndose na fase final a Carmen Mar\u00eda Ferreiro Soto (frauta), segunda clasificada e a Rafael Espido Lata (clarinete), terceiro clasificado. Nesta fase final actuaron cinco instrumentistas que tiveron que interpretar a obra elixida, todos eles con acompa\u00f1amento de piano, para logo ser valorados polo xurado.<\/p>\n<p>O xurado do certame, formado por profesionais da m\u00fasica coma o mestre Rogelio Groba (compositor), Maximino Zumalave (director asociado da Real Filharmon\u00eda de Galicia e galardoado coa medalla Castelao de Galicia 2008) e Eduardo Diz (solista da Banda Municipal de Santander), tivo moitas dificuldades \u00e1 hora de proclamar os tres vencedores entre os cinco mozos e mozas que chegaron \u00e1 final do domingo.<\/p>\n<p>\u201cFoi realmente complicado determinar os premios xa que a xu\u00edzo do xurado o nivel da final foi extraordinariamente alto. Pasaron case corenta e cinco minutos deliberando xa que todas as actuaci\u00f3ns lles pareceron moi boas\u201d, sinalou Louren\u00e7o Cruz, respons\u00e1bel do Certame e asesor t\u00e9cnico do xurado durante as probas.<\/p>\n<p>O xurado quixo deixar constancia na s\u00faa acta final de que \u201ctanto na fase eliminatoria como na final o nivel foi moi alto, digno de concursos de grande prestixio e os participantes tiveron un comportamento extraordinario enriba do escenario, tanto no que se refire \u00e1 s\u00faa actuaci\u00f3n como ao seu posicionamento esc\u00e9nico\u201d. Ademais resaltaron a \u201ccalidade e a idoneidade das obras escollidas polos mozos e mozas participantes\u201d.<\/p>\n<p>Agora os tres ga\u00f1adores ter\u00e1n que asistir o vindeiro domingo, \u00e1s oito do ser\u00e1n no Auditorio Municipal Hern\u00e1n Naval de Ribadeo, \u00e1 entrega de premios que se vai levar a cabo no marco da homenaxe que se vai realizar \u00e1 figura de Hern\u00e1n Naval. Nela vai actuar a Banda Sinf\u00f3nica da Federaci\u00f3n Galega de Bandas de M\u00fasica Populares \u00e1 quen se lle vai entregar, de xeito simb\u00f3lico, o premio Hern\u00e1n Naval 2008 polo seu apoio \u00e1 m\u00fasica galega, coa estrea de obras de ocmpositores do pa\u00eds. A banda, fundada por Hern\u00e1n Naval e Marcel Van Bree est\u00e1 agora baixo a batuta dun dos m\u00e1ximos apoios cos que contou este certame, o mestre Carlos Ser\u00e1ns, que vai compartir batuta co director da Banda Municipal de Ribadeo, Louren\u00e7o Cruz. No transcurso da gala far\u00e1selles entrega da dotaci\u00f3n econ\u00f3mica dos premios, de 600 euros e diploma para o primeiro clasificado, 300 euros e diploma para o segundo e 200 euros e diploma para o terceiro.<\/p>\n<p>O respons\u00e1bel do Certame, Louren\u00e7o Cruz \u201cconvida a todas e todos os ribadenses a asitir a un acto importante xa que a Banda da Federaci\u00f3n vai estrear en Ribadeo unha obra nova para o seu repertorio e pon todo o que est\u00e1 da s\u00faa man para apoiar este I Certame de Int\u00e9rpretes Mozos Hern\u00e1n Naval\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Adxunto nota de prensa da EMMeD de Ribadeo. A notar que o &#8216;pr\u00f3ximo domingo&#8217; ref\u00edrese a hoxe: Zeltia Pardo ga\u00f1a o I Certame de Int\u00e9rpretes Mozos Hern\u00e1n Naval de Ribadeo Ribadeo, 7 de xullo. Zeltia Pardo Naval (saxof\u00f3n) proclamouse vencedora do I Certame de Int\u00e9rpretes Mozos Hern\u00e1n Naval de Ribadeo impo\u00f1\u00e9ndose na fase final a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[51,23],"class_list":["post-9554","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-hernan-naval","tag-musica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9554","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9554"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9554\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9554"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9554"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9554"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}