{"id":9547,"date":"2008-07-16T07:37:00","date_gmt":"2008-07-16T05:37:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:33:00","modified_gmt":"2024-11-12T14:33:00","slug":"fesmo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/16\/fesmo\/","title":{"rendered":"Fe\u00edsmo?"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiq1in7SKxcOImQA91nH2gvNBNg9ny-5Qy8iprKkKsYwRSZd_Uwvs6CIW1CMNhmeFjGpKHwle7U6PZBC9zJ8IpP8ArAa9bnwj635KZbyfdBESSKpWe9pYCI4XMJhzLdlg3brlfm\/s2048\/xardin+1.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEiq1in7SKxcOImQA91nH2gvNBNg9ny-5Qy8iprKkKsYwRSZd_Uwvs6CIW1CMNhmeFjGpKHwle7U6PZBC9zJ8IpP8ArAa9bnwj635KZbyfdBESSKpWe9pYCI4XMJhzLdlg3brlfm\/s2048\/xardin+1.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjx5zW9P4TRY5eApzEeHEN2LA18ASvnM_Ik8zf6NAM2Q8cAeQhsHd6iFEZR0voAEQk4fLHvpOvNMfpq3inrxZCFJ7jwHMXR73TpFwQx8eiqmjkxamqZSZmfJzRG_QcXNBg-Yoxx\/s2048\/xardin+2.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjx5zW9P4TRY5eApzEeHEN2LA18ASvnM_Ik8zf6NAM2Q8cAeQhsHd6iFEZR0voAEQk4fLHvpOvNMfpq3inrxZCFJ7jwHMXR73TpFwQx8eiqmjkxamqZSZmfJzRG_QcXNBg-Yoxx\/s2048\/xardin+2.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjyhAxSymRZWXf2wbxhAyKQ2wNa-qnCLTFyzUX-Edo5Rrbtnuz88OBPWVNG6fwFN6EZ4RS6uscqK4BBrVrwM6bEXGwCS7UK5egp8vbBHw-MZML4ZbndIQvOZml_q4elgEw27ZRd\/s2048\/xardin+3.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjyhAxSymRZWXf2wbxhAyKQ2wNa-qnCLTFyzUX-Edo5Rrbtnuz88OBPWVNG6fwFN6EZ4RS6uscqK4BBrVrwM6bEXGwCS7UK5egp8vbBHw-MZML4ZbndIQvOZml_q4elgEw27ZRd\/s2048\/xardin+3.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj3aP9_0Lbnws0V2KsNWiuHvsZv17HvAdPgN5L55Y9ynqE-2ASlPj-7W4hf17zlZWEOK3QnQxxAX5H9hF1ADJUEw-mHJ7DEw2sIjhucOp0-f9uxX_bvh4IhDqx952TnYAU6Y6w0\/s2048\/restauraorgano.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEj3aP9_0Lbnws0V2KsNWiuHvsZv17HvAdPgN5L55Y9ynqE-2ASlPj-7W4hf17zlZWEOK3QnQxxAX5H9hF1ADJUEw-mHJ7DEw2sIjhucOp0-f9uxX_bvh4IhDqx952TnYAU6Y6w0\/s2048\/restauraorgano.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p>Quen d\u00ed fe\u00edsmo? se nos habituamos a ver de cont\u00ednuo cousas feas, seremos inmunes, ser\u00eda como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. A\u00ednda nalg\u00fas casos, guapas, belas. Algo deso est\u00e1 xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas de medio ambiente sobre &#8216;o fe\u00edsmo&#8217; . En realidade, o t\u00edtulo da mesa redonda \u00e9 algo as\u00ed como &#8216;actuaci\u00f3ns ambientais sustentables na costa de Lugo&#8217;. A cousa \u00e9, hai diferencia? Deber, debera, e moita. Actuaci\u00f3ns non son edificaci\u00f3ns nin construcci\u00f3ns de paseos mar\u00edtimos a &#8216;tuttipl\u00e9n&#8217;, o ambiente non \u00e9 o cemento e a sustentabilidade \u00e9 algo que se persegue, pero que polo momento anda moi, moi escasa, sendo adulterada tanto en concepto como en palabra.<\/p>\n<p>Pode que polo tema da enfermidade do fe\u00edsmo (\u00e9 dicir, non s\u00f3, pero tam\u00e9n) sexa bo pasarse por algunha das exposici\u00f3ns que hai estes d\u00edas en Ribadeo. Onte pasei pola da <a href=\"http:\/\/casa-das-letras.blogspot.com\/\">Casa das Letras<\/a> a ver a exposici\u00f3n de Luisa L\u00f3pez Santos-Santiago e coido que me gustan os seus extremos. Tanto o movemento da oleaxe como a abstracci\u00f3n da quietude nas li\u00f1as dos edificios estilizados. E non sigo: coido que as exposici\u00f3ns son para ver ou para contar en profundidade, e agora mesmo non vou facer ningunha das d\u00faas cousas.<\/p>\n<p>Remato de novo co pleno. Houbo unha cousa que parece que se me escapou <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/2008\/07\/00189-desprecio-a-los-vecinos-en-los-plenos.html\">entre o mal que se escoita e o pouco esforzo por que se escoite que di Jos\u00e9 M\u00aa<\/a>: a multa imposta por 9015\u20ac a m\u00e1rmoles Eo por incumprimento da normativa ac\u00fastica. <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/07\/16\/0003_6988362.htm\">S\u00e1coo da prensa de hoxe<\/a>, despois de saber dende hai hai tempo que a licencia fora anulada de xeito xudicial (est\u00e1 recorrida). En fin, parece que o concello se move: calquera d\u00eda destes ata lle pon unha multa a alg\u00fan pub que non te\u00f1a licencia de pub e que adem\u00e1is a\u00ednda as\u00ed incumprira a normativa de ru\u00eddos e de horario.<\/p>\n<p>Do pleno quedaba tam\u00e9n a resposta \u00e1s preguntas de O Tes\u00f3n:<\/p>\n<p>&#8220;1.En relaci\u00f3n \u00f3 horario de funcionamento da Biblioteca P\u00fablica Municipal Viejo Pancho, tema que xa foi preguntado hai meses, e visto que non hai variaci\u00f3n de horario respecto a outros anos, continuando a ter un tempo de uso abondo reducido para os escolares e para o p\u00fablico en xeral, solicitamos co\u00f1ecer se se realizou alg\u00fan estudo de necesidades de ampliaci\u00f3n de horario, e as disposici\u00f3ns do mesmo cara \u00f3 futuro.&#8221;<\/p>\n<p>A resposta foi a cargo de concelleira de cultura, indicando que este ano se contrata unha persoa para cubrir vacaci\u00f3ns e para aumentar o horario en agosto.<\/p>\n<p>&#8220;2.Ante a resposta p\u00fablica dada hai poucos d\u00edas polo sr. Alcalde sobre o funcionamento futuro do ascensor da Atalaia, inclu\u00edndo que non est\u00e1 previsto ascensorista, e para un co\u00f1ecemento m\u00e1is detallado do tema, solicitamos co\u00f1ecer se existe alg\u00fan tipo de estudo ou informe sobre a viabilidade econ\u00f3mica de dito proxecto, ou alg\u00fan co\u00f1ecemento fundado do concello dos gastos que vai representar o seu funcionamento para as arcas municipais e as vantaxes para o desenvolvemento da vila nun momento no que se tende a pechar o porto, con carteis diverso prohibindo o paso. \u00c9 dicir, ten co\u00f1ecemento fundamentado de que a execuci\u00f3n do ascensor \u00e9 asumible e convinte?&#8221;<\/p>\n<p>O ascensor non ten un estudo de viabilidade, pero tampouco se vai pechar o paseo mar\u00edtimo Alfonso Rodr\u00edguez castelao, xa que \u00e9 de Costas e non de Portos. Cree o alcalde que non debe haber ascensorista, e di que o concello asumir\u00e1 os gastos de mantemento mediante a t\u00edpica cuota trimestral por contrato cunha empresa, como se fai en calquera outro ascensor. Especulou sobre unha posible concesi\u00f3n na oficina de turismo dos baixos da estrutura para que poda ter venda dalg\u00fans produtos (refrescos, recordos, &#8230;) e \u00f3 tempo ter algo de man o ascensor. Non embargantes, engadiu, a axuda para obra non se limita \u00f3 ascensor, sen\u00f3n que abrangue o remozado das r\u00faas adxacentes, rematando &#8216;quero entender que os beneficios van ser superiores&#8217;.<\/p>\n<p>Polo medio, indicou que este ano non concederan a subvenci\u00f3n para o ascensor no concello, que quedar\u00e1 de pronto sen el.<\/p>\n<p>A fotos, tres de &#8216;xard\u00edns colgantes de ribadeo&#8217;, e a outra, dunha das moitas cousas do pobo que se me escapan e que se lle escapan tam\u00e9n \u00e1 prensa en xeral. Neste caso, o aviso da restauraci\u00f3n do \u00f3rgano da igrexa a conta de Caixa Galicia.<\/p>\n<p>Outra cousa que tampouco vin moi anunciada nos xornais \u00e9 que hoxe \u00e9 o preg\u00f3n do Carme, \u00e1s 20:30, do que me enterei porque a xente da banda que vai gravar \u00e1 Coru\u00f1a a banda sonora para &#8216;Os mortos van \u00e1s pr\u00e9sas&#8217; debera estar aqu\u00ed para unha actuaci\u00f3n co gallo desa presentaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Quen d\u00ed fe\u00edsmo? se nos habituamos a ver de cont\u00ednuo cousas feas, seremos inmunes, ser\u00eda como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. A\u00ednda nalg\u00fas casos, guapas, belas. Algo deso est\u00e1 xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[93,13,70,9,100],"class_list":["post-9547","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-fotos-ribadeo","tag-politica","tag-ruido","tag-sociedade","tag-xardins-colgantes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9547","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9547"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9547\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9547"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9547"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9547"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}