{"id":9546,"date":"2008-07-16T13:59:00","date_gmt":"2008-07-16T11:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:32:58","modified_gmt":"2024-11-12T14:32:58","slug":"notas-de-prensa-do-concello","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/16\/notas-de-prensa-do-concello\/","title":{"rendered":"Notas de prensa do concello"},"content":{"rendered":"<p>Como non costa moito cargalas, e por fin mas env\u00edan, a\u00ed van varias notas de prensa do concello:<\/p>\n<p>HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PE\u00d3NS EN RIBADEO. <\/p>\n<p>Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de pe\u00f3ns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Su\u00e1rez. O rexedor considera que &#8220;hai meses que dan s\u00edntomas de que precisaban dunha man de pintura e agora se retrasaron un pouco eses traballos por cuesti\u00f3ns metereol\u00f3xicas&#8221;. Su\u00e1rez Barcia explica que &#8220;este ano non se ordenou como noutras ocasi\u00f3ns pintar con pistola a modo de darlle s\u00f3 unha capa fini\u00f1a de poucas micras que logo o que ocorre co tr\u00e1nsito de coches de un ou de dous meses \u00e9 que se acaba levantando esta part\u00edcula tan fini\u00f1a. Este ano optamos por levar adiante unha soluci\u00f3n t\u00e9cnica m\u00e1is ambiciosa e m\u00e1is cara que \u00e9 pintando mediante paleta \u00e9 dicir extendendo a pintura cunha paleta o que permite que a capa sexa m\u00e1is grosa e dure m\u00e1is tempo. En definitiva o que \u00e9 m\u00e1is caro ao principio \u00e1 larda resulta m\u00e1is barato e m\u00e1is seguro para que non acabe despintando co paso do tempo&#8221;.<\/p>\n<p>Os traballos de pintado dos pasos de pe\u00f3ns real\u00edzanse en coordinaci\u00f3n coa polic\u00eda local. <\/p>\n<p>Zona azul gratuita<\/p>\n<p>O m\u00e9rcores cando remate o mercado semanal &#8220;actuaremos en Doutor Moreda para proceder ao pintado da zona azul gratuita que implantaremos en breve. Un sistema que aprobamos en pleno hai pouco e que xa estivo a exposici\u00f3n p\u00fablica sen que finalmente se presentaran alegaci\u00f3ns, polo que xa est\u00e1 vixente. S\u00f3 falla pintar a sinalizaci\u00f3n horizontal e colocar as sinais verticais. Esta ORA ser\u00e1 un b\u00f3 acicate para o dinamismo desta ampla zona comercial de Ribadeo que forman a r\u00faa Doutor Moreda e as inmediaci\u00f3ns da Praza de Abastos. As\u00ed se poder\u00e1 dinamizar o aparcamento de coches e as 70 prazas existentes dar\u00e1n m\u00e1is xogo despois de estaren rotando cada fracci\u00f3n de tempo&#8221;, explica o alcalde.<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez cre que &#8220;en poucos d\u00edas Ribadeo estar\u00e1 formalmente pintado nas zonas estrat\u00e9xicas e m\u00e1is importantes da vila&#8221;.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>O CONCELLO ESTABLECE ALGUNHAS NORMAS PARA O DISFRUTE DO PARQUE DE SAN FRANCISCO.<\/p>\n<p>Ribadeo, 14 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo ven de colocar carteis no parque de San Francisco con varias advertencias. Na parte m\u00e1is pr\u00f3xima ao Concello est\u00e1 prohibido xogar \u00e1 pelota e circular en bicicleta ou patinete porque se trata dunha zona pensada para o descanso e o lecer dos maiores de Ribadeo.<\/p>\n<p>E na parte do parque que est\u00e1 preto da Igrexa proh\u00edbese a entrada de cans, p\u00eddese respeto para o medio ambiente  e que se empreguen as papeleiras para despositar o lixo que xeneran os nenos e os pais que os acompa\u00f1an a disfrutar desa zona de xogos infant\u00eds. Ah\u00ed s\u00ed est\u00e1n permitidos bicicletas, patinetes, bal\u00f3ns\u2026\u2026.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>O PLENO DO CONCELLO APROBOU A PETICI\u00d3N DE ZONA ARI PARA RINLO E A ADHESI\u00d3N AO PROXECTO DUN N\u00daCLEO DE SOSTIBILIDADE EN RIBADEO. <\/p>\n<p>Ribadeo, 15 de xullo de 2008. O pleno que onte celebrou a Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo aprobou o expedente de petici\u00f3n de \u00e1rea de rehabilitaci\u00f3n integral para Rinlo. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, di que &#8220;agora iniciamos un proceso que agardamos que a Xunta dentro de pouco tempo declare formalmente a Rinlo coma zona ARI e que poida ter acceso a axudas importantes por parte do Ministerio e da Conseller\u00eda de Vivenda&#8221;.<\/p>\n<p>Na sesi\u00f3n plenaria analiz\u00f3use o convenio asinado entre o Ministerio de Fomento e o Concello para a financiaci\u00f3n do proxecto de obras de mellora dos tramos urbanos da rede de estradas do estado no termo municipal de Ribadeo e a transferencia de titularidade dos mesmos. Conta Fernando Su\u00e1rez que &#8220;a Demarcaci\u00f3n de Estradas de Galicia lle cede ao Concello eses tramos  e unha partida de m\u00e1is dun mill\u00f3n de euros que teremos que investir entre os anos 2009 e 2010&#8221;.<\/p>\n<p>A Corporaci\u00f3n aprobou por unanimidade a adhesi\u00f3n ao proxecto de implantaci\u00f3n dun n\u00facleo de sostibilidade en Ribadeo &#8220;que era o que requer\u00eda a orde. Agora instamos \u00e1 Xunta, \u00e1 Conseller\u00eda de Medio Ambiente, para que nos otorgue estas axudas de municipio sostible para o cal se fixo un proxecto bastante ambicioso que plantexa a colocaci\u00f3n de paneis solares na piscina municipal de Ribadeo, as\u00ed coma outras actividades de educaci\u00f3n ambiental sobre todo para os m\u00e1is pequenos. Agardamos que Ribadeo  poida ser un dos cinco concellos que aspiran a ser n\u00facleo de sostibilidade&#8221;, explica o rexedor ribadense.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>FERNANDO SU\u00c1REZ TILDA DE POL\u00c9MICA E INOPORTUNA POR OPORTUNISTA A PREGUNTA QUE ONTE LLE PLANTEXOU NO PLENO A UPRI SOBRE AS POL\u00c9MICAS CUMBREIRAS DE RIBADEO.<\/p>\n<p>Ribadeo, 15 de xullo de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, tilda de pol\u00e9mica e &#8220;inoportuna por oportunista a pregunta que me plantexou o voceiro da UPRI o Sr.Rivas sobre cando se \u00edan dar as licencias de primeira ocupaci\u00f3n a eses edificios que te\u00f1en as cubertas mal feitas&#8221;. O rexedor lembra que &#8220;todos os grupos, a trav\u00e9s dunha folla de ruta que plantexamos de xeito un\u00e1nime, quedamos en que unha vez que se peche o per\u00edodo voluntario de pago de todos eses expedientes proceder\u00e1se a dar licencia de primeira ocupaci\u00f3n. E po\u00f1\u00edase no seu momento coma referencia mediados do mes pasado pero sempre, e as\u00ed consta na acta realizada polo secretario, despois de pechado o per\u00edodo voluntario de pago&#8221;.<\/p>\n<p>Fernando Su\u00e1rez asegura que se produciu un desencontro co voceiro da UPRI no pleno de onte &#8220;porque e d\u00edgoo ben alto e ben claro e sen ning\u00fan de rubor parece que est\u00e1 m\u00e1is defendendo os intereses dalg\u00fans promotores que os intereses dos veci\u00f1os de Ribadeo ou sobre todo os asuntos de inter\u00e9s xeral. N\u00f3s como grupo de goberno non nos imos aparcar do consenso que entre todos buscamos e agora ben o que non aceptamos son oportunistas nin defensores de intereses oscuros como \u00e9 o que est\u00e1 a facer o voceiro da UPRI en casi todas as s\u00faas actuaci\u00f3ns. S\u00f3 se preocupa de intentar resolver ou sacar das casta\u00f1as do lume a aqueles promotores que te\u00f1en cuesti\u00f3ns pendentes co Concello, e non o digo eu sen\u00f3n que o dicen os t\u00e9cnicos municipais, dino os informes t\u00e9cnicos do arquitecto, os informes t\u00e9cnicos do secretario, os informes t\u00e9cnicos dos instructores destes expedientes&#8230;&#8221;.<\/p>\n<p>O rexedor engade que &#8220;eu creo que as cousas se poden facer  ben e con consenso e que se cheguen a rematar nun prazo razoable que \u00e9 o que pretende este goberno e o resto dos grupos da Corporaci\u00f3n tam\u00e9n perseguen o mesmo. Por n\u00f3s non imos faltar a esa palabra, pero agora xa estamos un pouco fartos de oportunistas que se adican a defender intereses oscuros e esp\u00fareos, pero \u00e9l saber\u00e1 e deber\u00e1 darlle contas \u00e1 cidada&#8221;<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n<p>O ALCALDE ORDEA CORTAR UN CAMI\u00d1O DE TITULARIDADE MUNICIPAL QUE ESTABA A SER EMPREGADO POLOS CAMI\u00d3NS QUE TRABALLAN NAS OBRAS DA AUTOV\u00cdA A-8.<\/p>\n<p>Ribadeo, 15 de xullo de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, ordeou nas \u00faltimas horas cortar un cami\u00f1o de titularidade municipal pr\u00f3ximo \u00e1 cooperativa dos Irmandi\u00f1os que estaba a ser empregado por cami\u00f3ns de grande tonelaxe que traballan nas obras da Autov\u00eda do Cant\u00e1brico, no treito entre Reinante e Ribadeo. O rexedor asegura que a Polic\u00eda Local advert\u00edulle desta posibilidade \u00e1 empresa OHC e aos camioneiros que transitaban pola zona &#8220;dix\u00e9moslles que cortar\u00edamos o cami\u00f1o ata que depositasen a fianza correspondente que establecer\u00e1 o arquitecto municipal. Unha medida que non ten un af\u00e1n recadatorio. O \u00fanico que queremos \u00e9 que se respeten as v\u00edas p\u00fablicas porque despois todo son boas palabras e un d\u00eda marchan e os que quedan co paquete das estradas en mal estado somos os veci\u00f1os e o alcalde&#8221;. Fernando Su\u00e1rez engade que &#8220;diante do incumprimento desa indicaci\u00f3n verbal din a orde de cortar ese cami\u00f1o prohibindo o acceso a eses cami\u00f3ns baixo a mi\u00f1a responsabilidade e si queren levarnos ao xulgado poden facelo. Por parte do Concello non se autorizar\u00e1 o paso de cami\u00f3ns de grande tonelaxe nin desta obra nin doutras que poida haber ,que nos estropean os cami\u00f1os municipais, sin que te\u00f1an depositada unha fianza que poida responder dos danos que poidan ocasionar neses viais p\u00fablicos. Que non hai desperfectos a fianza dev\u00f3lvese e aqu\u00ed paz e despois gloria, pero entretanto esto non \u00e9 nin Mozambique nin Tanzania nin un pa\u00eds tercermundista. Esto \u00e9 Ribadeo e aqu\u00ed as cousas est\u00e1n regladas&#8221;.<\/p>\n<p>O alcalde de Ribadeo lembra que o vial en cuesti\u00f3n &#8220;xa foi fonte de pol\u00e9mica hai uns meses por parte da empresa FCC que fixo o tramo de autov\u00eda en Ribadeo e que estropeou ese cami\u00f1o e outros moitos que logo deixou a medio reparar, algo que a d\u00eda de hoxe temos pr\u00e1cticamente impugnado. Houbo un acordo entre os diferentes grupos para pedirlle \u00e1 Demarcaci\u00f3n de Estradas que se faga cargo desta reparaci\u00f3n ou que lle ordee a FCC a que a realice. E agora con todo esto coleando e sen resolver voltamos a sofrir unha situaci\u00f3n similar&#8221;.<\/p>\n<p>&#8212;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como non costa moito cargalas, e por fin mas env\u00edan, a\u00ed van varias notas de prensa do concello: HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PE\u00d3NS EN RIBADEO. Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de pe\u00f3ns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[28,13,9],"class_list":["post-9546","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-bici","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9546","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9546"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9546\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9546"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9546"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9546"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}