{"id":9545,"date":"2008-07-16T20:43:00","date_gmt":"2008-07-16T18:43:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:32:56","modified_gmt":"2024-11-12T14:32:56","slug":"notas-de-prensa-do-concello-20080716","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/16\/notas-de-prensa-do-concello-20080716\/","title":{"rendered":"Notas de prensa do concello 20080716"},"content":{"rendered":"<p>O CONCELLO DE RIBADEO EDITA 15.000 EXEMPLARES DUN NOVO FOLLETO TUR\u00cdSTICO QUE XA EST\u00c1 A REPARTIR POLOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA ZONA.<br \/>\nRibadeo, 16 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo ven de editar 15.000 exemplares dun novo folleto tur\u00edstico que xa est\u00e1 a repartir polos establecementos  hostaleiros da zona. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, destaca &#8220;a boa acollida que est\u00e1 a ter o folleto que presentamos hoxe. No anverso ten o casco vello de Ribadeo e os detalles hist\u00f3ricos e patrimoniais m\u00e1is destacados e no reservo ten o que \u00e9 o Concello tam\u00e9n coas diferentes parroquias e os detalles m\u00e1is singulares de todas elas&#8221;. O rexedor considera que &#8220;este folleto era necesario, porque a pesares de ser Ribadeo un municipio tur\u00edstico, a pesares de recibir cada ano a m\u00e1is xente e a pesares de que tivo un plan de dinamizaci\u00f3n estes anos, non ti\u00f1amos un mapa bonito e plegable para entregar aos turistas que chegan cada vez en maior n\u00famero&#8221;.<br \/>\nSu\u00e1rez Barcia engade que &#8220;se trata dun mapa que recolle \u00edntegramente os recursos tur\u00edsticos de Ribadeo desde o punto de vista hist\u00f3rico e po\u00f1endo en valor a nosa historia e o noso patrimonio. \u00c9 moi atractivo e bonito e foi debuxado por Chencho Pardo&#8221;. O alcalde asegura que estes d\u00edas est\u00e1nse a enviar exemplares sen dobrar deste novo folleto tur\u00edstico de Ribadeo &#8220;a cada hostaleiro por si os queren enmarcar ou expo\u00f1er ao p\u00fablico para que o poidan ver in situ e as\u00ed tam\u00e9n facilitar\u00e1n a visita e o disfrute de Ribadeo aos turistas xa que lles axudar\u00e1 e entender mellor o noso Concello&#8221;.<br \/>\nO alcalde agrad\u00e9celle a aportaci\u00f3n econ\u00f3mica de casi a totalidade do custe do folleto que se situou en 18.000 euros \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Turismo da Xunta e tam\u00e9n \u00e1 Area de Turismo da Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo.<br \/>\nRinlo e Arante<br \/>\nO Concello de Ribadeo tam\u00e9n fixo folletos espec\u00edficos de Rinlo &#8220;dado que \u00e9 unha parroquia urbana de Ribadeo e un dos atractivos tur\u00edsticos m\u00e1is importantes que temos&#8221;, explica Fernando Su\u00e1rez, &#8220;e tam\u00e9n fixemos folletos singulares para a Ponte de Arante, pola s\u00faa capela e por eses frescos do s\u00e9culo XVI que te\u00f1en un inter\u00e9s tur\u00edstico relevante. Adem\u00e1is a Ponte foi escenario dunha batalla contra un destacamento franc\u00e9s no ano 1809 que ga\u00f1aron veci\u00f1os das parroquias de Ribadeo e de Trabada. Eso \u00e9 parte da nosa historia que queremos compartir cos visitantes que ve\u00f1en a esta zona este ver\u00e1n&#8221;.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nAS XORNADAS AMBIENTAIS DE RIBADEO SON RECO\u00d1ECIDAS AOS PARTICIPANTES CUN CR\u00c9DITO DE LIBRE CONFIGURACI\u00d3N, SEGUNDO REITERA O EDIL, HORACIO CUPEIRO.<br \/>\nRibadeo, 16 de xullo de 2008. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, desminte as acusaci\u00f3ns realizadas na xornada de onte pola UPRI, nas que aseguraba que as XII Xornadas Ambientais non contan cun cr\u00e9dito de libre configuraci\u00f3n. Cupeiro asegura que &#8220;como responsable desas xornadas te\u00f1o que desmentir esas afirmaci\u00f3ns xa que o poido demostrar co documento asinado polo Vicerreitor de Relaci\u00f3ns Institucionais, Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto, o 27 de xu\u00f1o de 2008 despois de ser aprobado pola COAPA, a Comisi\u00f3n de Ordenaci\u00f3n Acad\u00e9mica e Profesorado&#8221;.<br \/>\nO edil nacionalista engade que &#8220;o primeiro que lle digo ao Sr. Rivas \u00e9 que ten que informarse, pero parece que calquera cousa lle vale con tal de sa\u00edr nos medios de comunicaci\u00f3n contando mentiras ou levantando calumnias. Xa o fixo noutras ocasi\u00f3ns, e nunha que ten que ver conmigo, cando presentou unha enmenda sobre o punto limpo, o contenedor amarelo e o vertedoiro de entullos para intentar enganar \u00e1 Corporaci\u00f3n e que se votara en contra dos informes t\u00e9cnicos e \u00e9l votou a favor da empresa que ti\u00f1a menos puntos&#8221;. Horacio Cupeiro preg\u00fantase &#8220;\u00bfpor qu\u00e9 tanto inter\u00e9s en todo este tipo de marruller\u00edas que non sei a que conducen? Eu agardo que o pobo saiba cales son os seus comportamentos e en alg\u00fan momento igual podemos demostrar algunhas cousas&#8221;.<br \/>\n&#8212;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O CONCELLO DE RIBADEO EDITA 15.000 EXEMPLARES DUN NOVO FOLLETO TUR\u00cdSTICO QUE XA EST\u00c1 A REPARTIR POLOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA ZONA. Ribadeo, 16 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo ven de editar 15.000 exemplares dun novo folleto tur\u00edstico que xa est\u00e1 a repartir polos establecementos hostaleiros da zona. O alcalde, Fernando Su\u00e1rez, destaca [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13],"class_list":["post-9545","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9545","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9545"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9545\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9545"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9545"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9545"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}