{"id":9541,"date":"2008-07-18T09:29:00","date_gmt":"2008-07-18T07:29:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:32:44","modified_gmt":"2024-11-12T14:32:44","slug":"notas-de-prensa-do-concello-20080718","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/18\/notas-de-prensa-do-concello-20080718\/","title":{"rendered":"Notas de prensa do concello 20080718"},"content":{"rendered":"<p>O 9 DE AGOSTO CELEBRAR\u00c1SE EN RINLO A QUINTA EDICI\u00d3N DA FESTA DO PERCEBE.<br \/>\nRibadeo, 17 de xullo de 2008. O 9 de agosto celebrar\u00e1se en Rinlo a quinta edici\u00f3n da festa do percebe, que organiza a Agrupaci\u00f3n de Percebeiras de Ribadeo, coa colaboraci\u00f3n do Concello, a Delegaci\u00f3n Provincial de Pesca e a Direcci\u00f3n Xeral de Turismo. Na presentaci\u00f3n que tivo lugar esta ma\u00f1\u00e1 en Rinlo o alcalde de Ribadeo, Fernando Su\u00e1rez, asegurou que &#8220;esta festa creada hai cinco anos ven reflexar o traballo e o sacrificio de todas estas persoas, a maior\u00eda mulleres, que arriscan as s\u00faas vidas para sacar este producto do mar. Adem\u00e1is serve para po\u00f1er en valor unha das parroquias m\u00e1is fermosas que pode haber no pa\u00eds como \u00e9 a prroquia urbana de Rinlo&#8221;.<br \/>\nO rexedor engad\u00eda que &#8220;esta festa \u00e9 a actividade festeira que m\u00e1is xente pode atraer a Ribadeo no ver\u00e1n, porque o ano pasado acheg\u00e1ronse milleiros de persoas que en poucas horas remataron cos 1.000 kilos de percebe que se puxeron \u00e1 venda para a s\u00faa degustaci\u00f3n. Unha cita que lle da unha proxecci\u00f3n internacional a este evento gastron\u00f3mico, etnogr\u00e1fico e cultural&#8221;.<br \/>\nFernando Su\u00e1rez convidou aos veci\u00f1os da Mari\u00f1a de Lugo e do Occidentes astur adem\u00e1is de aos turistas que nos visiten &#8220;a achegarse a Rinlo o vindeiro 9 de agosto a participar desta quinta festa do percebe. Que se acheguen mellor pola ma\u00f1\u00e1 porque igual pola tarde xa se esgotou o producto&#8221;.<br \/>\n&#8212;<br \/>\nO CONCELLO ORGANIZA TRES NOVOS PROGRAMAS DE PREVENCI\u00d3N DE DROGODEPENDENCIAS.<br \/>\nRibadeo, 17 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo organiza tres novos programas de prevenci\u00f3n de drogodependencias. O primeiro denominado Cambio de sentido desenvolver\u00e1se na Autoescola Fama desde ma\u00f1\u00e1 venres, e segundo explica M\u00f3nica Fern\u00e1ndez Lamparte, responsable do programa de drogodependencias e incorporaci\u00f3n social do Concello de Ribadeo, &#8220;ten coma obxectivo mellorar a seguridade vial entre os mozos de 16 a 25 anos que se atopan sacando o permiso de conducir. Durante unha sesi\u00f3n que dura entre unha e d\u00faas horas, os rapaces visionan un video sobre alcohol e conducci\u00f3n e reciben informaci\u00f3n sobre as drogas, a conducci\u00f3n, as leis, as taxas de alcoholemia\u2026\u2026Queremos as\u00ed promover actitudes e conductas m\u00e1is seguras e responsables entre os x\u00f3venes er incrementar a percepci\u00f3n do risco asociado \u00e1 conducci\u00f3n baixo os efectos do alcohol e outras drogas&#8221;.<br \/>\nO segundo programa consiste no reparto entre pais e nais de mozos de entre 10 e 18 anos da gu\u00eda Cousas que che interesan como pai\/nai: gu\u00eda sobre drogodependencias. &#8220;Tr\u00e1tase dunha publicaci\u00f3n de 20 p\u00e1xinas dirixida a pais e que pretende ser unha pequena gu\u00eda para aclarar as d\u00fabidas m\u00e1is com\u00fans e orientar respecto dun tema tan complexo como \u00e9 o das drogodependencias&#8221;, segue a contar Fern\u00e1ndez Lamparte.<br \/>\nE por \u00faltimo no Concello present\u00f3use a campa\u00f1a institucional E se che toda a ti?, que leva adiante a Subdirecci\u00f3n Xeral de Sa\u00fade Mental e Drogodepencias que comenza estes d\u00edas a ser emitida en spots de radio e tv e que consta adem\u00e1is duns dados antiestr\u00e9s, carteis e desplegables que se repartir\u00e1n polo Concello entre os mozos de m\u00e1is de 14 anos. Esta campa\u00f1a fai tam\u00e9n especial fincap\u00e9 no alcohol, a coca\u00edna e o cannabis.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O 9 DE AGOSTO CELEBRAR\u00c1SE EN RINLO A QUINTA EDICI\u00d3N DA FESTA DO PERCEBE. Ribadeo, 17 de xullo de 2008. O 9 de agosto celebrar\u00e1se en Rinlo a quinta edici\u00f3n da festa do percebe, que organiza a Agrupaci\u00f3n de Percebeiras de Ribadeo, coa colaboraci\u00f3n do Concello, a Delegaci\u00f3n Provincial de Pesca e a Direcci\u00f3n Xeral [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9],"class_list":["post-9541","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9541","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9541"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9541\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9541"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9541"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9541"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}