{"id":9526,"date":"2008-07-28T11:22:00","date_gmt":"2008-07-28T09:22:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:32:21","modified_gmt":"2024-11-12T14:32:21","slug":"estatutos-de-asociacion-de-vecinos-o","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/28\/estatutos-de-asociacion-de-vecinos-o\/","title":{"rendered":"Estatutos de Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os &#8216;O Tes\u00f3n&#8217; de Ribadeo.-copia do blog de O Tes\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Atenci\u00f3n, ver <a href=\"http:\/\/o-teson.blogspot.com\/2008\/07\/estatutos-reformados-da-asociacin-de.html\">actualizaci\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>ESTATUTOS<\/p>\n<p>DA ASOCIACI\u00d3N DE VECI\u00d1OS &#8220;O TES\u00d3N&#8221; DE RIBADEO<\/p>\n<p>T\u00cdTULO  I. <\/p>\n<p>DA ASOCIACI\u00d3N EN XERAL<\/p>\n<p>Art.l\u00ba.<br \/>\n Constit\u00faese no Concello de Ribadeo unha asociaci\u00f3n que se denominar\u00e1<br \/>\nASOCIACI\u00d3N DE VECI\u00d1OS &#8220;O TES\u00d3N&#8221; DE RIBADEO, que se rexer\u00e1 pola vixente<br \/>\nLei Org\u00e1nica 1\/2002 de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociaci\u00f3n e<br \/>\n demais lexislaci\u00f3n existente en materia de asociaci\u00f3ns que lLe sexa<br \/>\naplicable, dentro do marco da Constituci\u00f3n e do resto do ordenamento<br \/>\nxur\u00eddico.<\/p>\n<p>Art.2\u00ba. Son fins da Asociaci\u00f3n:<\/p>\n<p>a)   Contribuir \u00e1 resoluci\u00f3n dos problemas que xurdan e mellorar a convivencia dos vecinos do Concello.<\/p>\n<p>b)   Cantas outras actividades l\u00edcitas sexan da conveniencia dos intereses com\u00fans do vecindario.<\/p>\n<p>c)   A asociaci\u00f3n non ten fins lucrativos nin est\u00e1 sometida a ning\u00fan r\u00e9xime asociativo espec\u00edfico.<\/p>\n<p>c<\/p>\n<p>Art.3\u00ba. O domicilio da Asociaci\u00f3n radicar\u00e1 no Cant\u00f3n Bar, Cant\u00f3n dos Moreno n\u00b02, 27700 Ribadeo.<\/p>\n<p>Art.4\u00ba.<br \/>\n A asociaci\u00f3n desenvolver\u00e1 as s\u00faas actividades dentro do \u00e1mbito<br \/>\nterritorial de Ribadeo. A s\u00faa duraci\u00f3n ser\u00e1 indefinida e disolverase,<br \/>\nconforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en<br \/>\nAsemblea Xeral convocada \u00f3 efecto por calquera das causas previstas nas<br \/>\nleis, as\u00ed como por sentencia xudicial firme.<\/p>\n<p>Art 5\u00ba. A<br \/>\nXunta Directiva, como \u00f3rgano de representaci\u00f3n da asociaci\u00f3n, ser\u00e1<br \/>\ncompetente para interpretar os preceptos contidos nos Estatutos,<br \/>\nsomet\u00e9ndose en todo momento \u00e1 normativa legal vixente en materia de<br \/>\nAsociaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Os presentes Estatutos ser\u00e1n desenvolvidos<br \/>\n e cumpridos mediante os acordes que validamente adopten a Xunta<br \/>\nDirectiva e a Asamblea Xeral, dentro das suas respectivas competencias.<\/p>\n<p>T\u00cdTULO II. <\/p>\n<p>DOS \u00d3RGANOS  DIRECTIVOS E DA FORMA DE ADMINISTRACI\u00d3N.<\/p>\n<p>Art6\u00ba. A Direcci\u00f3n e Administraci\u00f3n da Asociaci\u00f3n ser\u00e1n exercidas polo\/a Presidente\/a, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>Art.7\u00ba.<br \/>\n O\/A presidente\/a da Asociaci\u00f3n, que o ser\u00e1 tam\u00e9n da Xunta Directiva,<br \/>\nasume a representaci\u00f3n legal da mesma e executar\u00e1 ou delegar\u00e1 a<br \/>\nexecuci\u00f3n dos acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral,<br \/>\n presidindo as sesi\u00f3ns que celebren unha e outra.<\/p>\n<p>Art.8\u00ba.<br \/>\n A Xunta Directiva \u00e9 o \u00f3rgano de representaci\u00f3n que xestiona e<br \/>\nrepresenta os intereses da Asociaci\u00f3n, de acord\u00f3 coas disposici\u00f3ns e<br \/>\ndirectivas da Asemblea Xeral. Estar\u00e1 formada por Presidente,<br \/>\nVicepresidente, Secretario, Vicesecretario, Tesoureiro\/a e entre 2 e 4<br \/>\nvocais.<\/p>\n<p>So poder\u00e1n formar parte da Xunta Directiva<br \/>\naquetas persoas que ostenten a condici\u00f3n de asociados\/as, que sexan<br \/>\nmaiores de idade, te\u00f1an o pleno uso dos direitos civ\u00eds e non estexan<br \/>\nincursos nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislaci\u00f3n<br \/>\nvixente.<\/p>\n<p>Art.9\u00ba. Os cargos da Xunta Directiva<br \/>\nelixiranse pola Asemblea Xeral, entre t\u00f3dalas candidaturas que se<br \/>\npresenten, resultando elixida de entre todas ellas aquela que obte\u00f1a<br \/>\nm\u00e1is votos, tras un previo proceso no que se far\u00e1 a presentaci\u00f3n de cada<br \/>\n unha delas e do seu programa de goberno pola persoa que as encabece. En<br \/>\n todo caso, \u00f1as candidaturas presentadas \u00e1 Xunta Directiva deber\u00e1n estar<br \/>\n perfectamente determinados e distribuidos os distintos cargos da mesma<br \/>\nseus integrantes.<\/p>\n<p>Os cargos da Xunta Directiva durar\u00e1n tres anos,<br \/>\na\u00ednda que poder\u00e1n ser obxecto de recolecci\u00f3n na convocatoria de nova<br \/>\ndirectiva \u00e1 finalizaci\u00f3n de mandato.<\/p>\n<p>Art.10\u00ba. Os\/as membros da Xunta Directiva non percibir\u00e1n retribuci\u00f3n polo cargo desempe\u00f1ado.<\/p>\n<p>Art.ll\u00ba.<br \/>\n \u00c9 funci\u00f3n da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades sociais<br \/>\n e levar a xesti\u00f3n administrativa e econ\u00f3mica da Asociaci\u00f3n, someter \u00e1<br \/>\naprobaci\u00f3n da Asemblea Xeral o orzamanto anual de gastos e ingresos, as\u00ed<br \/>\n como o estado de contas do ano anterior.<\/p>\n<p>Art.l2\u00ba. A<br \/>\nXunta Directiva celebrar\u00e1 as suas sesi\u00f3ns cantas veces o determine o\/a<br \/>\nPresidente\/a, a iniciativa propia ou a petici\u00f3n de polo menos tres dos<br \/>\nseus componentes e cun m\u00ednimo de unha cada tres meses. Ser\u00e1 presidida<br \/>\npolo\/a Presidente\/a e, na sua ausencia, polo\/a Vicepresidente\/a, e a<br \/>\nfalta de ambos os dous, polo membro da Xunta Directiva que te\u00f1a m\u00e1is<br \/>\nidade.<\/p>\n<p>Para que os acordes da Xunta Directiva sexan<br \/>\nv\u00e1lidos, deber\u00e1n ser adoptados por maioria de votos dos asistentes,<br \/>\nsendo precisa a concorrencia polo menos da metade m\u00e1is un dos seus<br \/>\nmembros, incluidos o Presidente e o Secretario ou quen estatutariamente<br \/>\nos substit\u00faan. Levantar\u00e1 acta da sesi\u00f3n o\/a Secretario\/a, ou no seu<br \/>\ndefecto, o\/a Vicesecretario\/a.<\/p>\n<p>Art.13\u00ba. Os membros da<br \/>\nXunta Directiva presidir\u00e1n as comisi\u00f3ns que a propia Xunta acorde<br \/>\nconstituir, co fin de delegar nelas a preparaci\u00f3n de determinados actos<br \/>\nou actividades, ou de demandar das mesmas as informaci\u00f3ns necesarias.<br \/>\nAdem\u00e1is, formar\u00e1n parte de ditas comisi\u00f3ns o n\u00famero de vocais que acorde<br \/>\n a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.<\/p>\n<p>Art.l4\u00ba. O\/A Presidente\/a da Xunta Directiva ter\u00e1, adem\u00e1is das facilidades asignadas no Art.7\u00b0, as seguintes atribuci\u00f3ns:<\/p>\n<p>a)<br \/>\n  Convocar e levantar as sesi\u00f3ns que celebre a Xunta Directiva e a<br \/>\nAsemblea Xeral, e dirixir as deliberaci\u00f3ns de unha e outra, decidindo<br \/>\ncon voto de calidade no caso de empate.<\/p>\n<p>b)  Prop\u00f3r o plano de actividades da Asociaci\u00f3n \u00e1 Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as s\u00faas tarefas.<\/p>\n<p>c)  Ordenar pagamentos acordados validamente.<\/p>\n<p>d)<br \/>\n  O\/A Presidente\/a estar\u00e1 asistido\/a \u00f1as suas funci\u00f3ns polo\/a<br \/>\nVicepresidente\/a, que adem\u00e1is o substituir\u00e1 nos casos de vacante,<br \/>\nausencia ou enfermidade.<\/p>\n<p>Art.l5\u00ba. O\/A Secretario\/a<br \/>\nrecibir\u00e1 e tramitar\u00e1 as solicitudes de ingreso, levar\u00e1 o ficheiro e o<br \/>\nLibro de Rexistro de Socios\/as e ter\u00e1 ao seu cargo a direcci\u00f3n dos<br \/>\ntraballos administrativos da entidade. Auxiliarao \u00f1as s\u00faas funci\u00f3ns e<br \/>\nsubstituir\u00e1o \u00f1as s\u00faas ausencias o\/a Vicesecretario\/a.<\/p>\n<p>Art.l6\u00ba.<br \/>\n O\/A tesoureiro\/a recadar\u00e1 e custodiar\u00e1 os fondos pertencentes \u00e1<br \/>\nAsociaci\u00f3n e dar\u00e1 cumplimento \u00e1s ordes de pagamento que expida o<br \/>\nPresidente. As\u00ed mesmo, formalizar\u00e1 o orzamento anual de ingresos e<br \/>\ngastos, asi como o estado de contas do ano anterior, que deben ser<br \/>\npresentadas \u00e1 Xunta Directiva, para que esta, \u00e1 sua vez, os someta \u00e1<br \/>\naprobaci\u00f3n da Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>Art.17\u00ba. Cada un dos<br \/>\ncomponentes da Xunta Directiva ter\u00e1 os deberes propios do seu cargo, asi<br \/>\n como os que nazan das delegaci\u00f3ns ou comisi\u00f3ns que a propia Xunta lles<br \/>\nencomende. Incumbir\u00e1 de maneira concreta ao\/\u00e1 Secretario\/a, velar polo<br \/>\ncumprimento das disposici\u00f3ns legais vixentes en materia de Asociaci\u00f3ns,<br \/>\ncustodiando a documentaci\u00f3n oficial da entidade e facendo que cursen \u00e1<br \/>\nDelegaci\u00f3n Provincial da Conselleria de Xustiza, Interior e Relaci\u00f3ns<br \/>\nLabor\u00e1is as comunicaci\u00f3ns sobre  designaci\u00f3n da Xunta Directiva,<br \/>\ncelebraci\u00f3n de  Asembleas formalizaci\u00f3n do estado de contas e aprobaci\u00f3n<br \/>\n dos orzamentos anuais.<\/p>\n<p>Art.l8\u00ba. A Asemblea Xeral \u00e9 o<br \/>\n\u00f3rgano supremo de goberno da Asociaci\u00f3n, integrada polos asociados, que<br \/>\nadoita os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia<br \/>\ninterna, e que se reunir\u00e1 sempre que o acorde a Xunta Directiva, por<br \/>\npropia iniciativa ou cando o solicite a cuarta parte dos asociados\/as.<\/p>\n<p>Obrigatoriamente<br \/>\n a Asamblea Xeral deber\u00e1 ser convocada en sesi\u00f3n ordinaria, polo menos<br \/>\nunha vez ao ano, para aprobar o Plano Xeral de actuaci\u00f3n da Asociaci\u00f3n,<br \/>\ncensurar a xesti\u00f3n da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os<br \/>\norzamentos anuais de ingresos e gastos, asi como o estado de contas<br \/>\ncorrespondentes ao ano anterior e cantas outras se sometan \u00e1 votaci\u00f3n no<br \/>\n cap\u00edtulo de rogos e preguntas.<\/p>\n<p>Art.l9\u00ba. A Asemblea<br \/>\nXeral convocarase pola Xunta Directiva, con car\u00e1cter extraordinario,<br \/>\ncando o esixan as disposici\u00f3ns vixentes, o acorden os membros da Xunta<br \/>\nDirectiva ou o solicite un n\u00famero de asociados non inferior \u00f3 10%, e, en<br \/>\n todo caso, para a modificaci\u00f3n dos Estatutos, asi como para elixir os<br \/>\nmembros da Xunta Directiva, disposici\u00f3n ou alleamento de bens,<br \/>\ndisoluci\u00f3n da Asociaci\u00f3n, expulsi\u00f3n de asociados a proposta da Xunta<br \/>\nDirectiva, aprobaci\u00f3n do regulamento de r\u00e9xime interno da asociaci\u00f3n e a<br \/>\n solicitude da Declaraci\u00f3n de Utilidade P\u00fablica. Tam\u00e9n \u00e9 da sua<br \/>\ncompetencia a Constituci\u00f3n de Federaci\u00f3ns, Confederaci\u00f3ns ou Uni\u00f3ns, ou a<br \/>\n sua integraci\u00f3n nelas.<\/p>\n<p>Art.20\u00ba. As convocatorias das<br \/>\nAsemblcas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, ser\u00e1n feitas<br \/>\npor escrito, expresando o lugar, data e hora da reuni\u00f3n, asi como a orde<br \/>\n do dia, con unha antelaci\u00f3n m\u00ednima de sete d\u00edas. No seu caso, a segunda<br \/>\n convocatoria realizarase media hora despois da primeira.<\/p>\n<p>Igualmente<br \/>\n incluiranse na orde do d\u00eda das convocatorias aqueles asuntos propostos<br \/>\npor calquera asociado cun m\u00ednimo de cinco d\u00edas de antelaci\u00f3n \u00e1 Asemblea.<\/p>\n<p>Art.21\u00ba.<br \/>\n A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria de modificaci\u00f3n dos<br \/>\nestatutos da asociaci\u00f3n estar\u00e1 acompa\u00f1ada do texto coas modificaci\u00f3ns<br \/>\npropostas, abr\u00edndose un prazo de 7 d\u00edas para que calquera asociado poda<br \/>\ndirixir \u00f3 Secretario as propostas e emendas que estime oportunas. Estas<br \/>\ncomplementar\u00e1n a documentaci\u00f3n da citada Asemblea e ser\u00e1n entregadas<br \/>\ncunha antelaci\u00f3n m\u00ednima de 3 d\u00edas \u00e1 realizaci\u00f3n da mesma.<\/p>\n<p>Art.22\u00ba.<br \/>\n As Asembleas Xerais ordinarias ou Extraordinarias quedar\u00e1n v\u00e1lidamente<br \/>\nconstituidas en primeira convocatoria cando concorran a ellas a metade<br \/>\nm\u00e1is un dos asociados, e en segunda convocatoria a d\u00e9cima parte dos<br \/>\nmesmos.<\/p>\n<p>Art.23\u00ba. Os acordos da Asemblea Xeral<br \/>\nadoptaranse por maior\u00eda sinxela dos socios presentes. Non obstante,<br \/>\nrequirir\u00e1n maior\u00eda cualificada das d\u00faas terceiras partes das persoas<br \/>\npresentes, os acordos relativos \u00e1 disoluci\u00f3n da asociaci\u00f3n, modificaci\u00f3n<br \/>\n dos Estatutos e disposici\u00f3n ou alleamento de bens.<\/p>\n<p>Art.24\u00ba.<br \/>\n A Xunta directiva res\u00e9rvase o dereito de decisi\u00f3n sobre situaci\u00f3ns non<br \/>\ncontempladas nestes estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas<br \/>\nxa existentes e non estean en contradicci\u00f3n coa Lei vixente reguladora<br \/>\ndo dereito de asociaci\u00f3n e demais disposici\u00f3ns regulamentarias que a<br \/>\ndesenvolvan.<\/p>\n<p>Art.25\u00ba. Os acordos que vaian contra estes<br \/>\n Estatutos ou infrinxan os fins da Asociaci\u00f3n poder\u00e1n ser recorridos en<br \/>\nreposici\u00f3n perante a Asemblea xeral. A partir da resoluci\u00f3n do recurso<br \/>\nde reposici\u00f3n, quedar\u00e1 expedita a v\u00eda para recorrer perante a<br \/>\nxurisdicci\u00f3n ordinaria.<\/p>\n<p>Art.26\u00ba. A Asociaci\u00f3n dispor\u00e1<br \/>\ndunha relaci\u00f3n actualizada dos seus asociados, levar\u00e1 unha<br \/>\ncontabilidade que reflicta a imaxe fiel do patrimonio, do resultado e da<br \/>\n situaci\u00f3n financieira da entidade, as\u00ed como as actividades realizadas,<br \/>\nefectuar\u00e1 un inventario dos seus bens e recoller\u00e1 nun libro de Actas as<br \/>\nreuni\u00f3ns da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.<\/p>\n<p>TITULO III<\/p>\n<p>DEREITOS E OBRIGAS DOS\/DAS ASOCIADOS\/AS,<\/p>\n<p>Art.27\u00ba.<br \/>\n Poder\u00e1n ser membros da Asociaci\u00f3n, libre e voluntariamente, as persoas<br \/>\nf\u00edsicas que de algunha maneira te\u00f1an interese en servir os fins da mesma<br \/>\n e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poder\u00e1 outorgar o<br \/>\nnomeamento de membro honorario as persoas que estime oportuno, a t\u00edtulo<br \/>\nmeramente honor\u00edfico, sen que iso leve consigo a condici\u00f3n xur\u00eddica de<br \/>\nasociado.<\/p>\n<p>As persoas f\u00edsicas deber\u00e1n ter a capacidade<br \/>\nde obrar e non estar\u00e1n suxeitas a ningunha condici\u00f3n legal para o<br \/>\nexercicio do dereito. Os menores non emancipados de m\u00e1is de 14 anos<br \/>\nnecesitar\u00e1n consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que<br \/>\ndeban supli-la s\u00faa capacidade.<\/p>\n<p>Art.28\u00ba. Aquelas persoas<br \/>\n que desexen pertencer \u00e1 Asociaci\u00f3n deber\u00e1n solic\u00edtalo por escrito \u00f3<br \/>\nPresidente, o cal dar\u00e1 conta \u00e1 Xunta Directiva, que resolver\u00e1 sobre a<br \/>\nadmisi\u00f3n ou inadmisi\u00f3n do asociado con recurso perante a Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>Art.29\u00ba.<br \/>\n Os\/as asociados\/as poder\u00e1n solicitar a sua baixa na Asociaci\u00f3n<br \/>\nvoluntariamente, en calquera tempo, pero isto non os eximir\u00e1 de<br \/>\nsatisfacer as obligas que te\u00f1an pendentes con ela.<\/p>\n<p>A<br \/>\nXunta Directiva poder\u00e1 separar ou expulsar da Asociaci\u00f3n a aqueles<br \/>\nasociados que cometer\u00e1n actos que os fagan indignos de seguir<br \/>\npertencendo \u00e1 mesma, asi como adoptar calquera outra medida<br \/>\ndisciplinaria contra aqueles. A separaci\u00f3n ou expulsi\u00f3n, asi como<br \/>\ncalquera outra medida disciplinaria adoptada, ser\u00e1 precedida de<br \/>\nexpediente no que deber\u00e1 ser o\u00eddo o interesado, o cal ser\u00e1 informado dos<br \/>\n feitos que de\u00e1n lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo<br \/>\nque, no seu caso, impo\u00f1a a sanci\u00f3n. Este acordo, en todo caso, deber\u00e1<br \/>\nser ratificado en Asemblea Xeral e contra a s\u00faa resoluci\u00f3n poderase<br \/>\nrecorrer perante a xurisdici\u00f3n ordinaria.<\/p>\n<p>Art.30\u00ba. Os Asociados ter\u00e1n os seguintes dereitos:<\/p>\n<p>a)   Participar \u00f1as actividades que promova a Asociaci\u00f3n e nos actos sociais que organice para todos os asociados.<\/p>\n<p>b)   Gozar de todas as vantaxes e beneficios que a Asociaci\u00f3n poda obter.<\/p>\n<p>c)   Asistir e exercitar o direito de voz e voto nas Asembleas Xerais. En todo caso cada asociado ter\u00e1 dereito a un s\u00f3 voto.<\/p>\n<p>d)   Ser nomeado membro da Xunta Directiva, na forma que prev\u00e9n os Estatutos.<\/p>\n<p>e)   Posu\u00edr exemplar destes Estatutos e e ter co\u00f1ecemento dos acordos adoptados polos \u00f3rganos directivos.<\/p>\n<p>f)    Ser informado sobre a composici\u00f3n da Xunta Directiva da asociaci\u00f3n.<\/p>\n<p>g)<br \/>\n   Que se lle pona de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos<br \/>\nda Asociaci\u00f3n todos os anos, as\u00ed como o desenvolvemento da s\u00faa<br \/>\nactividade.<\/p>\n<p>h)   A impugnar os acordos dos \u00f3rganos da asociaci\u00f3n que estime contrarios \u00e1 lei e aos Estatutos.<\/p>\n<p>Art.31\u00ba.<br \/>\n Os asociados poder\u00e1n ser sancionados pola Xunta Directiva por infrinxir<br \/>\n os presentesEstatutos, ou os acordos da Asamblea Xeral ou a pr\u00f3pria<br \/>\nXunta Directiva. As sanci\u00f3ns poden comprender dende a suspensi\u00f3n dos<br \/>\nseus direitos durante un mes, ata a separaci\u00f3n definitiva da Asociaci\u00f3n,<br \/>\n nos mesmos termos que prev\u00e9 o artigo 29\u00b0.<\/p>\n<p>Art.32\u00ba. Ser\u00e1n obrigas de t\u00f3dolos asociados:<\/p>\n<p>a)   Compartir finalidades da asociaci\u00f3n e colaborar para a consecuci\u00f3n das mesmas.<\/p>\n<p>b)   Acatar os presentes estatutos e os acordes validamente adoptados pola Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>c)   Aboar as cotas peri\u00f3dicas, derramas e outras contribuci\u00f3ns que acorde a Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>d)   Desempe\u00f1ar fielmente as obrigas inherentes ao seu cargo.<\/p>\n<p>e)   Cumprir o resto de obrigas que resulten destes Estatutos.<\/p>\n<p>TITULO IV<\/p>\n<p>DO R\u00c9XIME ECON\u00d3MICO E DA DISOLUCI\u00d3N DA ASOCIACI\u00d3N<\/p>\n<p>Art.33\u00ba.<br \/>\n A Asociaci\u00f3n carece de patrimonio \u00f3 constituirse, seu orzamento anual \u00e9<br \/>\n indeterminado ou, no seu caso, ser\u00e1 o que se determine a principios de<br \/>\ncada ano pola Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>Art.34\u00ba. A data de peche<br \/>\ndo exerc\u00edcio econ\u00f3mico da asociaci\u00f3n sera a de 31 de Decembro de cada<br \/>\nano, e as contas da asociaci\u00f3n ser\u00e1n aprobadas anualmente pola Asemblea<br \/>\nXeral polo que deber\u00e1n ser postas de xeito previo a disposici\u00f3n dos<br \/>\nasociados durante un prazo non inferior \u00f3 da convocatoria da celebraci\u00f3n<br \/>\n da referida Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>Art.35\u00ba. Os recursos econ\u00f3micos previstos para o desenvolvimento das actividades sociais ser\u00e1n os seguintes:<\/p>\n<p>a)   As cotas peri\u00f3dicas que acorde a Asemblea Xeral.<\/p>\n<p>b)   As cotas extraordinarias que propo\u00f1a a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.<\/p>\n<p>c)<br \/>\n   Os produtos dos bens e direitos que lle correspondan, as\u00ed como as<br \/>\nsubvenci\u00f3ns, legados, doaz\u00f3ns que poida recibir en forma legal.<\/p>\n<p>d)<br \/>\n   Os ingresos que obte\u00f1a a Asociaci\u00f3n mediante o exercicio de<br \/>\nactividades econ\u00f3micas l\u00edcitas que acorde realizar a Xunta Directiva,<br \/>\nincluidas as prestaci\u00f3ns de servizos, deber\u00e1n destinarse exclusivamente<br \/>\nao cumprimento dos seus fins estatutarios.<\/p>\n<p>Art.36\u00ba. A<br \/>\nadministraci\u00f3n dos fondos da Asociaci\u00f3n levarase a cabo sometida \u00e1<br \/>\ncorrespondente informaci\u00f3n e coa publicidade suficiente, a fin de que<br \/>\ntodos os asociados poidan ter co\u00f1ecemento peri\u00f3dicamente do destino dos<br \/>\nmesmos, sen prexu\u00edzo do dereito consignado a este respeito no apartado<br \/>\ng) do art. 30\u00b0 destes Estatutos.<\/p>\n<p>Art.37\u00ba. No caso de<br \/>\ndisolverse a Asociaci\u00f3n, a Asemblea Xeral que acorde a disoluci\u00f3n,<br \/>\nnomear\u00e1 unha Comisi\u00f3n Liquidadora, composta por cinco membros, a cal<br \/>\nfarase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as<br \/>\nobrigas, o remanente, se o houbera, sexa entregado a calquera entidade<br \/>\nlegalmente constitu\u00edda con domicilio en Ribadeo que se dedique a iguais<br \/>\nou an\u00e1logos fins que esta asociaci\u00f3n, ou a unha entidade ben\u00e9fica.<\/p>\n<p>As\u00ed<br \/>\n mesmo, no caso de insolvencia da asociaci\u00f3n, a Xunta Directiva, ou, se \u00e9<br \/>\n o caso, os liquidadores nomeados pola Asemblea Xeral, promover\u00e1n de<br \/>\ninmediato o oportuno procedimento perante o xu\u00edz competente.<\/p>\n<p><em>Entrada publicada en http:\/\/o-teson.blogspot.com na mesma data \u00e1 que \u00e9 asignada a s\u00faa reproduci\u00f3n e o mesmo etiquetado. As ligaz\u00f3ns van \u00f3s enderezos antigos; para axustar os novos enderezos, procurar polo t\u00edtulo neste blog. <\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Atenci\u00f3n, ver actualizaci\u00f3n. ESTATUTOS DA ASOCIACI\u00d3N DE VECI\u00d1OS &#8220;O TES\u00d3N&#8221; DE RIBADEO T\u00cdTULO I. DA ASOCIACI\u00d3N EN XERAL Art.l\u00ba. Constit\u00faese no Concello de Ribadeo unha asociaci\u00f3n que se denominar\u00e1 ASOCIACI\u00d3N DE VECI\u00d1OS &#8220;O TES\u00d3N&#8221; DE RIBADEO, que se rexer\u00e1 pola vixente Lei Org\u00e1nica 1\/2002 de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de asociaci\u00f3n e demais [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[139],"class_list":["post-9526","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-copia-de-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9526","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9526"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9526\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9526"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9526"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9526"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}