{"id":9519,"date":"2008-07-31T08:14:00","date_gmt":"2008-07-31T06:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:32:03","modified_gmt":"2024-11-12T14:32:03","slug":"entre-as-curtas-onoff-e-visita-do","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/07\/31\/entre-as-curtas-onoff-e-visita-do\/","title":{"rendered":"Entre as curtas on\/off e a visita do Presidente de Portos de Galicia"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjChW0zD6quO5GHBem9vck5TKjeftg6o1xOcRHovQHmsbiUCeCQegUqhjY8t3bP4A8Uwc3H4ULw9Mta0c9f-akHFLzWihoexCrHBLNbJtwr5GNix_C-NVAbC9RGkG-sp8pSvtoQ\/s2048\/curtas+2008.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjChW0zD6quO5GHBem9vck5TKjeftg6o1xOcRHovQHmsbiUCeCQegUqhjY8t3bP4A8Uwc3H4ULw9Mta0c9f-akHFLzWihoexCrHBLNbJtwr5GNix_C-NVAbC9RGkG-sp8pSvtoQ\/s2048\/curtas+2008.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgIbrJ-UKainLBz8zCBa-071_UbJhCERtSm_wsu4raJ3NloXXqKSehyh-1CFee3ORmPq1YZEYY7RV61g4lcMzee-rZ7Mtk574fTHRVs0gYrwCRkRhZboMICJAE3I55Q0nbfJ43c\/s2048\/curtas+2008_b.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEgIbrJ-UKainLBz8zCBa-071_UbJhCERtSm_wsu4raJ3NloXXqKSehyh-1CFee3ORmPq1YZEYY7RV61g4lcMzee-rZ7Mtk574fTHRVs0gYrwCRkRhZboMICJAE3I55Q0nbfJ43c\/s2048\/curtas+2008_b.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nOnte comezou a proxecci\u00f3n de curtas <a href=\"http:\/\/festivalonoff.com\/\">on\/off 2008<\/a> en varios lugares de Ribadeo. Deixo o programa escaneado \u00e1 beira. Por certo, \u00f3 cine concerto experimentei onte que lle falta afinaci\u00f3n t\u00e9cnica de son para poder competir co concerto de cine da banda, a pesares de que a pel\u00edcula non estaba mal: o retumbe no cant\u00f3n fixo fuxir a xente de preto dos soportais, por exemplo. O certo \u00e9 que Ribadeo \u00e9nchese de realizadores estes d\u00edas, e a xente vai sabendo que \u00e9 iso. Tam\u00e9n resulta raro ver a casa da xuventude, cuartel xeral de Mr Misto estes d\u00edas, con tanta actividade. Eso si, a pesares de sere cedida por exemplo para xuntanzas veci\u00f1ais (entre elas, O Tes\u00f3n e a Atalaia), coido que o t\u00edtulo de &#8216;de xuventude&#8217; c\u00e1elle a desm\u00e1n, despois de co\u00f1ecer outros centros \/ casas da xuventude, como por exemplo, o de Vilalba, aut\u00e9ntico local social para nenos e mozos dende hai tempo, algo que o de Ribadeo suple \u00fanicamente con p\u00f3r a disposici\u00f3n os ordenadores do primeiro piso (para a xente en xeral, non s\u00f3 para cativos), ordenadores que si se usan.<br \/>\nOnte tam\u00e9n chegou \u00f3s medios de comunicaci\u00f3n a nota de prensa onde dic\u00eda que hoxe o presidente de Portos far\u00eda unha visita a Ribadeo. Non a vexo hoxe nos medios consultables cando comezo a escribir isto (a excepci\u00f3n de <a href=\"http:\/\/copedelacosta.com\/modules.php?name=News&#038;file=article&#038;sid=10507\">aqu\u00ed<\/a>), pode que porque alomenos en Ribadeo ser\u00e1 de baixo perfil, tentando de evitar outra cacerolada. De calquera xeito, parece ser que ven por cuesti\u00f3n de convenios laborais e non vai pasar polo concello. Mellor deixo claro este punto e paso a outro tema.<br \/>\nPorque si, certamente hai m\u00e1is temas: \u00e1s 11 da ma\u00f1\u00e1 comeza dende Ribadeo a 10\u00aa volta n\u00e1utica a Galicia, que finalizar\u00e1 o d\u00eda 10 na outra punta da comunidade.<br \/>\nCon agosto arrinca de novo a semana n\u00e1utica. Casualidade, de novo temos unha actividade adicada este ano a Calvo Sotelo. Ise \u00e9 o motivo declarado na prensa para dicir que a de iste ano non ser\u00e1 unha semana n\u00e1utica habitual. Era aficionado (eu, non Calvo Sotelo) \u00f3 cruce da r\u00eda a nado. Daquela organiz\u00e1bao a Paco Lanza. Despois, para fortificar a semana n\u00e1utica, pasou a ser organizado polo Club N\u00e1utico, e en pouco tempo quedou reucido a un largo entre Bloques e club N\u00e1utico. Agora xa quedou m\u00e1is reducido: desaparecido o \u00faltimo ano, pois hai moitos botes como para que o club n\u00e1utico preste atenci\u00f3n \u00f3s nadadores.<br \/>\nAs novas de Ribadeo nonest\u00e1n s\u00f3 en Ribadeo: onte na Deputaci\u00f3n rexeitouse unha moci\u00f3n pedindo entre outras cousas un xulgado para Ribadeo. Como todos sabemos como \u00e9 a pol\u00edtica, necesitariamos alomenos unha nota de prensa das do concello para clarificar o tema, pois quen votou en contra foi PSOE e BNG,e a favor PP. Despois de que aqu\u00ed non sexa a primeira vez que se vota por unanimidade unha petici\u00f3n de xulgado, a) v\u00e9se necesaria unha aclaraci\u00f3n e b) reit\u00e9rase unha volta m\u00e1is a necesidade de estar vixiantes ante as manobras dos pol\u00edticos, que, sendo optimistas, haber\u00eda que dicir como m\u00ednimo que \u00e1s veces non hai quen os entenda (cousa que estou convencido que, tam\u00e9n \u00e1s veces, \u00e9 a s\u00faa finalidade m\u00e1is inmediata)<br \/>\nOnte tam\u00e9n pasei por Santa Cruz. Sen c\u00e1mara, m\u00e1goa! O acotamento de sitio f\u00edxome sorrir e \u00f3 tempo v\u00edno como unha antes\u00e1 de desm\u00e1ns particulares en terreo p\u00fablico. Hab\u00eda mesas precintadas para que a xente (m\u00e9rcores, isto \u00e9, con 5 d\u00edas de antelaci\u00f3n) non se poidera sentar nelas, e xente subindo a vixiar que non foran desprecintadas. Menos mal que a\u00ednda quedaban abondas para sentarse, en xeral porque o &#8216;precinto&#8217; estaba acotando o sitio entre as \u00e1rbores, e non direitamente nas mesas. O s\u00e1bado, \u00e1s 20:30, pistoletazo de sa\u00edda co preg\u00f3n de Eduardo Guti\u00e9rrez.<br \/>\nHoxe a Banda Municipal de Ribadeo actuar\u00e1, pero far\u00e1o en Matam\u00e1, Vigo. Quedaranse de novo sen desfrutar do sitio onde tocan: volta para casi\u00f1a xa comezada a noite para chegar \u00e1s tantas. Non \u00e9 sorpresa cando o te\u00f1en feito a pesares de ter o aloxamento pagado e ter que voltar \u00f3 d\u00eda seguinte cedo (como paso coa gravaci\u00f3n, este mesmo ver\u00e1n, de m\u00fasica para &#8216;os mortos van \u00e1s pr\u00e9sas&#8217;, realizada na Coru\u00f1a). Un xeito de actuar que non ten moi contenta a algunha xente.<br \/>\nO certo \u00e9 que a acumulaci\u00f3n de actividades e propaganda das mesmas vai dificultar a propaganda da <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/07\/unha-nota-de-prensa-sobre-manifestacin.html\">manifestaci\u00f3n do d\u00eda 10 contra a nave no porto<\/a>, se non \u00e9 por <a href=\"http:\/\/axasturias.com\/blog\/?p=219\">medios coma iste<\/a>. Mentras, Ence (non Navia, sen\u00f3n en xeral) aumenta ingresos a conta da &#8230; venda de electricidade.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte comezou a proxecci\u00f3n de curtas on\/off 2008 en varios lugares de Ribadeo. Deixo o programa escaneado \u00e1 beira. Por certo, \u00f3 cine concerto experimentei onte que lle falta afinaci\u00f3n t\u00e9cnica de son para poder competir co concerto de cine da banda, a pesares de que a pel\u00edcula non estaba mal: o retumbe no cant\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[9,88],"class_list":["post-9519","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-sociedade","tag-video"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9519","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9519"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9519\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9519"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9519"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9519"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}