{"id":9504,"date":"2008-08-18T16:02:00","date_gmt":"2008-08-18T14:02:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:31:39","modified_gmt":"2024-11-12T14:31:39","slug":"unha-imaxe-mil-palabras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/08\/18\/unha-imaxe-mil-palabras\/","title":{"rendered":"Unha imaxe, mil palabras"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhH06DCeNVl0Ofho3T1-hJOCQBhO2XE7LD03aZnvwZEW8K2dabc2rvePDhXzDb9UGc1nbCVlmRLmDvq4HPbRtj0ySKLGWFUsteRv1M5ToO5OHnBEgVMspC69nztFqvTSG1xB0Zi\/s2048\/Ribadeo.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEhH06DCeNVl0Ofho3T1-hJOCQBhO2XE7LD03aZnvwZEW8K2dabc2rvePDhXzDb9UGc1nbCVlmRLmDvq4HPbRtj0ySKLGWFUsteRv1M5ToO5OHnBEgVMspC69nztFqvTSG1xB0Zi\/s2048\/Ribadeo.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEixYu5q72dPsq_V_u9UHuEqkeaIqI69aa3KRnalfbbyI3t5hH2THnTDMuKTaIVuiX6sDe6iNSOE9DHcbXr9TEguw4YILO7qEQddpW31moWy1s3k3EaT3c0ToZCtQKo_al1MMmLF\/s2048\/Navia.jpg\" onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\"><img decoding=\"async\" alt=\"\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEixYu5q72dPsq_V_u9UHuEqkeaIqI69aa3KRnalfbbyI3t5hH2THnTDMuKTaIVuiX6sDe6iNSOE9DHcbXr9TEguw4YILO7qEQddpW31moWy1s3k3EaT3c0ToZCtQKo_al1MMmLF\/s2048\/Navia.jpg\" \/><\/a><\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Seguindo co <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/visitando-ribadeo-en-fotos.html\">post de onte<\/a>, en Foto Miguel v\u00e9nse tam\u00e9n estes d\u00edas fotos a\u00e9reas de Ribadeo, da r\u00eda e entre elas, unha da r\u00eda de Navia. Din que unha imaxe vale m\u00e1is que mil palabras (l\u00e9vase discutido abondo dese tema, pero non \u00e9 agora o momento), e ver as r\u00edas comparadas en foto, \u00e1 beira unha da outra, \u00e9 m\u00e1is impactante que polo sigpac (imaxes \u00e1 beira das r\u00edas de Ribadeo e Navia tomadas \u00e1 mesma escala, pero recomendo ver al\u00ed, no escaparate do comercio a contraposici\u00f3n das r\u00edas) ou google earth. Onte a min levoume a cavilar que quizais ser\u00eda cousa de reclamar, mesmo antes do plan de ordenaci\u00f3n para a r\u00eda, esbozar a r\u00eda que queremos. Levo (levamos uns cantos) anos pedindo que se estableza un obxectivo para Ribadeo (ver &#8216;<a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/09\/o-ribadeo-que-queremos-do-antigo-blog.html\">O Ribadeo que queremos<\/a>&#8216;) sen conseguir que se nos faga caso, co resultado de que xa veremos se a\u00ednda agora se aproba o PXOM. O caso \u00e9 que se non hai unha definici\u00f3n previa do &#8216;modelo de r\u00eda&#8217; que se quere, se non nos po\u00f1emos antes de acordo niso, logo vir\u00e1n as presi\u00f3ns dunha e outra beira (xeogr\u00e1ficas, pol\u00edticas, econ\u00f3micas) para cada cousa concreta. Por iso non ser\u00eda mala idea abrir un movemento para ver &#8216;a r\u00eda que queremos&#8217;.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hoxe fun ata Castropol comezando a subir a marea. <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2006\/08\/de-tesn-en-tesn-cruzando-ra-de-ribadeo.html\">Sen barca, iso sup\u00f3n unhas cantas brazadas<\/a>, tentando aproveitar os tes\u00f3ns, as correntes, &#8230; para gastar a menor enerx\u00eda posible. Pero pode facerse sen estar moi en forma, e de paso, pode pensarse na cantidade de area que hai na r\u00eda, ou utilizar os sensores da pel e a vista para ver a calidade da auga, a s\u00faa turbidez en diferente lugares e horarios, as correntes, o seu sentido, a s\u00faa velocidade, o seu arrastre de area, os tes\u00f3ns, a influencia das mareas, a contaminaci\u00f3n (os eczemas que saen na pel), o uso da r\u00eda, as motos a velocidade, a actividade do porto, o impacto na paisaxe, os metros que hai que cruzar de menos por o avance da costa polas obras de portos, &#8230; \u00e9 dicir, da tempo para pensar sobre o terreo (mellor, sobre a auga) en torno da r\u00eda dende m\u00faltiples aspectos, inclu\u00edndo os temporais pasado e futuro. E sobre a manifestaci\u00f3n e a nave e os seus efectos (da nave e da mani). Mesmo tam\u00e9n sobre os veraneantes na r\u00eda: \u00e1 ida, unha soa persoa tomando o sol nos bloques; \u00e1 volta, d\u00faas &#8216;nativas&#8217; ba\u00f1\u00e1ndose e catro rapaces e rapazas &#8216;veraneantes&#8217; na herba. Est\u00e1 visto que pouco a pouco os veraneantes collen costumes antes reservadas \u00f3s ribadenses, como o pasarse polos bloques, que en canto a praia non ten moito que facer en relaci\u00f3n coas da li\u00f1a de costa, se non \u00e9 pola s\u00faa proximidade. O que <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/visitando-ribadeo-en-fotos.html\">dic\u00eda onte<\/a>, en democracia \u00e9 l\u00f3xico o xogo de dereito\/deber, e unha volta que pouco a pouco se integra a xente, non s\u00f3 \u00e9 l\u00f3xico, sen\u00f3n que se ve como unha necesidade o exercicio dos dereitos asociado \u00f3 cumprimento das obrigas. Os &#8216;forasteiros&#8217; en moitos casos est\u00e1n pasando de &#8216;guiris&#8217; e &#8216;clientes&#8217; a cidad\u00e1ns, \u00f3 igual que ten sucedido \u00f3 longo da historia en toda mistura de pobos. Cos seus rexeitamentos, dos que da sobrada conta a historia, e coas s\u00faas avantaxes e inconvintes.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Estou sa\u00edndo da consideraci\u00f3n r\u00eda\/manifestaci\u00f3n, pero coido convinte afondar un pouco: Galicia estase a despoboar de nativos. Calc\u00falase que para os anos 20 a poboaci\u00f3n nativa ter\u00e1 diminu\u00eddo en medio mill\u00f3n de persoas. Sexan madrile\u00f1os ou dominicanos, de xeito legal ou ilegal, seguir\u00e1 a vir xente de f\u00f3ra: necesitar\u00e9molos (e mal se non ve\u00f1en, ser\u00e1 que a cousa aqu\u00ed tampouco vai moi ben). Cada vez ser\u00e1n m\u00e1is. Ide pensando nas relaci\u00f3ns no futuro. E non valen as descualificaci\u00f3ns: lembro que hai non demasiado, con 25 anos en Ribadeo, tildouseme de rec\u00e9n chegado. Sono en relaci\u00f3n con algunha xente, pero, p\u00f3dese aplicar o cualificativo? En relaci\u00f3n \u00e1 sociedade ribadense, dub\u00eddoo. Levo m\u00e1is tempo en Ribadeo que ao menos 1\/3 da poboaci\u00f3n (dir\u00eda que 1\/2 da actual) e a mi\u00f1a labor pensando e traballando en Ribadeo tamen supera unha boa porcentaxe da poboaci\u00f3n actual.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Din que non se \u00e9 de onde se nace, sen\u00f3n de onde se pace. \u00c9 un xeito de expresi\u00f3n co que non estou totalmente de acordo, pero que \u00e9 indicativo. \u00c9se de onde se veranea con asiduidade e se ten posesi\u00f3ns e se trata de ir a actos culturais e sociais, e se trata de integrase un? Si\/non, ata que punto?<\/p>\n<p>Empecei co tema da manifestaci\u00f3n. Continuarei.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Seguindo co post de onte, en Foto Miguel v\u00e9nse tam\u00e9n estes d\u00edas fotos a\u00e9reas de Ribadeo, da r\u00eda e entre elas, unha da r\u00eda de Navia. Din que unha imaxe vale m\u00e1is que mil palabras (l\u00e9vase discutido abondo dese tema, pero non \u00e9 agora o momento), e ver as r\u00edas comparadas en foto, \u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[33,80],"class_list":["post-9504","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-ribadeo-que-queremos","tag-ria_si_nave_non"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9504","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9504"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9504\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9504"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9504"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9504"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}