{"id":9503,"date":"2008-08-19T09:19:00","date_gmt":"2008-08-19T07:19:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:31:37","modified_gmt":"2024-11-12T14:31:37","slug":"apoios-extra-despois-da-manifestacin","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/08\/19\/apoios-extra-despois-da-manifestacin\/","title":{"rendered":"Apoios extra despois da manifestaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O certo \u00e9 que o apartado de apoios, despois de telos recibido antes da <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/r\u00eda_si_nave_non\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">manifestaci\u00f3n<\/a>, consider\u00e1bao case pechado. Despois de ver no &#8216;El Pa\u00eds&#8217; do domingo &#8220;<a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/Galicia\/plan\/puertos\/deportivos\/provoca\/rechazo\/ayuntamientos\/vecinos\/elpepiautgal\/20080817elpgal_3\/Tes\/\">Los municipios atacan el plan de puertos deportivos<\/a>&#8220;, e na Voz de onte &#8220;<a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/opinion\/2008\/08\/18\/0003_7069195.htm\">Ventanas rotas<\/a>&#8221; (a\u00ednda que a teor\u00eda pode atoparse en <a href=\"http:\/\/www.google.es\/search?q=%22ventanas+rotas%22&amp;ie=utf-8&amp;oe=utf-8&amp;aq=t\">moitos lugares<\/a>), vexo que a Portos lle est\u00e1n a crecer os ananos, como se di por aqu\u00ed. \u00c9 dicir, podemos ter participado nun &#8216;efecto avalancha&#8217; en contra das decisi\u00f3ns de Portos de Galicia que pode facilitar as cousas en contra da construcci\u00f3n da nave no porto de Mirasol. Non hai tanto que cambiou o Presidente de Portos, e podemos estar na antes\u00e1 doutro cambio semellante. En calquera caso, temos idea polo que sucedeu en Ribadeo dos apoios que ten Portos dentro da estrutura de portos deportivos, e esta oposici\u00f3n \u00e9 a considerar como un apoio lateral, pero apoio, \u00e1 manifestaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Certamente, a organizaci\u00f3n da manifestaci\u00f3n tentou (tentamos) a procura de apoios, e as\u00ed envi\u00e1ronse invitaci\u00f3n para a participaci\u00f3n de moitas asociaci\u00f3ns, e de xeito aberto, para que fora redifundida. Non obstante, a xente desmot\u00edvase con facilidade, e a nova da prensa de d\u00edas anteriores do acordo entre Ence e Feve foi considerado por moitos como raz\u00f3n para non participar \u00f3 considerar que xa non hai dende ent\u00f3n perigo de construcci\u00f3n. As novas de prensa, segundo quen sexa a orixe, poden ter un valor ou outro, unha ou outra influencia, e neste caso, foi unha clara desmotivaci\u00f3n. Algo que, doutro xeito, xa se deixara sentir na recollida de sinaturas, o vir xente que mesmo non asinaba por ter por seguro que non se \u00eda constru\u00edr, o mesmo que ter vido xente que non asinaba por ter seguro que non \u00eda servir para nada por ter tomada xa a decisi\u00f3n de constru\u00edrse.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>E \u00e9 que as novas, na cabeza dos periodistas e nas redacci\u00f3ns, parece que te\u00f1en un sentido diferente que no com\u00fan dos mortais. Por exemplo, cada nova parece necesitar unha cabeza sobresa\u00ednte para manterse. Como, se non, pode explicarse que a estrela principal da nova da manifestaci\u00f3n en diferentes medios sexa o presidente de Greenpeace, que acudiu de casualidade (atop\u00e1base pr\u00f3ximo) a dar o seu apoio? Evidentemente, mesmo Adega pode celarse del, xa que ten participado abondo m\u00e1is (sen ser das asociaci\u00f3ns convocantes) e en varios medios quedou s\u00f3 en segundo lugar da nova.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Tampouco extrana que os periodistas andiveran \u00e1 caza de pol\u00edticos participantes, cando entre as asociaci\u00f3ns que foron convocadas non hab\u00eda ningunha organizaci\u00f3n pol\u00edtica, e xa houbo con anterioridade declaraci\u00f3ns dos partidos apoiando e a portavoc\u00eda do alcalde no pleno de maio representando a t\u00f3dalas forzas municipais. As\u00ed, non pode extra\u00f1ar despois que xurdan &#8216;cousas raras&#8217; na an\u00e1lise de resultados (que queda para outra entrada)&#8230;&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Noutra orde de cousas, calquera que se de unha volta estes d\u00edas polo Xard\u00edn de Sela ver\u00e1 que o chamado &#8216;Xard\u00edn de Indianos&#8217; vai remat\u00e1ndose a paso lento. O resultado a min non me gusta moito, a verdade, como xa deixei de manifesto nalgunha entrada anterior. O campi\u00f1o que hab\u00eda coido que necesitaba poucos retoques para actualizarse, e as\u00ed, dubido que non volte a pol\u00e9mica sobre os plans iniciais e o resultado final, con acusaci\u00f3ns mutuas de incumprimento de planos e planos defectuosos&#8230; sen que dende a cidadan\u00eda se poda ter unha visi\u00f3n clara, despois de enterarse pola prensa de calquera dos puntos do proceso, sen ver planos, etc. \u00c9 dicir, sen a transparencia que moitos creemos debida. Claro que neste mesmo blog te\u00f1o falado do exiguo n\u00famero de persoas que se presentaron na daci\u00f3n de contas do alcalde, o que limita as posibildiades de reclamaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;O certo \u00e9 que o apartado de apoios, despois de telos recibido antes da manifestaci\u00f3n, consider\u00e1bao case pechado. Despois de ver no &#8216;El Pa\u00eds&#8217; do domingo &#8220;Los municipios atacan el plan de puertos deportivos&#8220;, e na Voz de onte &#8220;Ventanas rotas&#8221; (a\u00ednda que a teor\u00eda pode atoparse en moitos lugares), vexo que a Portos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[80,9],"class_list":["post-9503","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ria_si_nave_non","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9503","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9503"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9503\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9503"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9503"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9503"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}