{"id":9490,"date":"2008-08-26T14:52:00","date_gmt":"2008-08-26T12:52:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:31:10","modified_gmt":"2024-11-12T14:31:10","slug":"e-mis-unha-terceira-lmites","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/08\/26\/e-mis-unha-terceira-lmites\/","title":{"rendered":"E m\u00e1is unha terceira: L\u00edmites"},"content":{"rendered":"<p>Resulta que \u00eda para o libro das festas, pero o libro est\u00e1 editado e esto non est\u00e1 inclu\u00eddo&#8230;<\/p>\n<p><center>L\u00edmites<\/center><\/p>\n<p>Cales son os l\u00edmites de Ribadeo? Calquera for\u00e1neo que mire un mapa poder\u00e1 dicilo: nome\u00e1ndoos polo que hai m\u00e1is al\u00f3, Ribadeo limita con Barreiros e con Trabada. Para moita xente, abondar\u00e1 con eses l\u00edmites. Iso non obsta para que, a pouco que se colla un mapa m\u00e1is amplo, por exemplo, poda (e podamos) ver que limita con Asturias. Distinguindo, co concello de A Veiga. Chegamos as\u00ed a un primeiro &#8216;Asturias (o m\u00e1is al\u00f3) existe!&#8217; que pode ser administrativo ou con outro sentido, pero non deixa de ser certo, e ser un l\u00edmite, Eo polo medio. Especifico o de Eo polo medio: nos casos dos l\u00edmites internos a Galicia, os r\u00edos ou promontorios que nos separan son m\u00e1is tenues, menos separadores que o gran r\u00edo.<br \/>\nClaro que, qued\u00e1ndonos con eses l\u00edmites, teriamos unha grande falla: a r\u00eda de Ribadeo desaparecer\u00eda do mapa. As\u00ed, pois, sigamos incorporando beiras, limitando: Ribadeo limita con Castropol. Si, os setecentos metros que separan os peiraos das d\u00faas capitais de concello son de r\u00eda, a r\u00eda de Ribadeo. Pero Ribadeo non limita coa r\u00eda: limita con Castropol na r\u00eda. \u00c9 algo que debe quedar claro, pois a r\u00eda \u00e9 compartida e non propiedade de Ribadeo, a\u00ednda que non me quede claro de todo o vencellamento continuado dese espazo de xeito a partir da c\u00e9lebre desputa entre Bispos por terra e muller. As\u00ed pois, unha volta claro que a r\u00eda \u00e9 de todos e polo tanto, non \u00e9 fronteira (*), sen\u00f3n en todo caso, posibilidade de uni\u00f3n por medio da comunicaci\u00f3n que resulta de surcala, contin\u00fao.<br \/>\nIndo m\u00e1is al\u00f3, profundizando nos l\u00edmites, \u00f3 norte do concello diriamos que Ribadeo limita co Mar Cant\u00e1brico. Se nos lembramos do nome dunhas c\u00e9lebres xornadas (alomenos entre n\u00f3s), &#8216;Mar por medio&#8217;, os que vivimos por esta banda sabemos que o mar non limita, a pesares dos cant\u00eds que fan de contenci\u00f3n da auga (ou da terra), e que dende o mar poden ser vistos como un aut\u00e9ntico muro, unha fronteira. Pero xa hai tempo que os mari\u00f1os da terra e os comerciantes capitaneados polo Marqu\u00e9s de Sargadelos nos ensinaron que eso do l\u00edmite mari\u00f1o \u00e9 algo difuso. Podemos dicir con m\u00e1is xeito que Ribadeo limita con co sur de Inglaterra, ou coa Breta\u00f1a, por exemplo. Est\u00e1 claro que, mar por medio, Ribadeo limita con calquera outra costa de mar aberto: \u00e9 o l\u00edmite m\u00e1is amplo dos enunciados, e non o digo polos recortes, entrantes e sa\u00edntes, furnas e covas, que forma o litoral, sen\u00f3n porque xeraci\u00f3ns anteriores de ribadenses fixeron posible a comunicacion a traverso do mar e puxeron os l\u00edmites de Ribadeo mais al\u00f3, moito m\u00e1is al\u00f3 dos cant\u00eds de Augasantas.<br \/>\n<a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBtHFA9PkW5a8Q0MNsMDK5MEE9hgeMZMHivbLD0no2MftToEqW_qjWw6Ph-lAnZFY82QI2v5lZh8x6zIqT8CYuIzD9bndFjrCBorbR9__7eGIQZIZJLh_YCLQDdzkTlw85hnJv\/s2048\/Os+limites+de+Ribadeo.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEjBtHFA9PkW5a8Q0MNsMDK5MEE9hgeMZMHivbLD0no2MftToEqW_qjWw6Ph-lAnZFY82QI2v5lZh8x6zIqT8CYuIzD9bndFjrCBorbR9__7eGIQZIZJLh_YCLQDdzkTlw85hnJv\/s2048\/Os+limites+de+Ribadeo.jpg\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nPero estes novos l\u00edmites, extensos, l\u00e9vannos a pensar un pouco m\u00e1is al\u00f3, a outros, e desta volta, desco\u00f1ecidos ou desconsiderados: o primeiro, cara abaixo: pouco sabemos deses l\u00edmites, que nos describen os xe\u00f3logos e que podemos ollar nas canteiras da Devesa ou nas covas do litoral. En calquera caso, non considerados, non citados como l\u00edmites, esquecidos como tales. O segundo, cara arriba, o ceo infinito aberto \u00e1 comunicaci\u00f3n e \u00e1 imaxinaci\u00f3n. Lugar surcado ata hai moi pouco s\u00f3 por poetas, novelistas, pintores, &#8230; que fai limitar Ribadeo coas estrelas. Este \u00e9 o l\u00edmite m\u00e1is inc\u00f3gnito e \u00f3 tempo, sempre o m\u00e1is achegado. Un l\u00edmite que non pecha, sen\u00f3n que se deixa aberto. Un l\u00edmite que fai de fronteira e, \u00f3 tempo, que nos permite albiscar m\u00e1is al\u00f3, \u00f3 infinito. O \u00fanico l\u00edmite de verdade que debe ter Ribadeo, ou, \u00f3 menos, os ribadenses.<\/p>\n<p>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n<p>(*) Sobre fronteiras, que poden ser moi diferentes a l\u00edmites, un traballo de hai uns anos de Suso Fern\u00e1ndez Acevedo, tit\u00falase as\u00ed.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Resulta que \u00eda para o libro das festas, pero o libro est\u00e1 editado e esto non est\u00e1 inclu\u00eddo&#8230; L\u00edmites Cales son os l\u00edmites de Ribadeo? Calquera for\u00e1neo que mire un mapa poder\u00e1 dicilo: nome\u00e1ndoos polo que hai m\u00e1is al\u00f3, Ribadeo limita con Barreiros e con Trabada. Para moita xente, abondar\u00e1 con eses l\u00edmites. Iso non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[32],"class_list":["post-9490","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9490","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9490"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9490\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9490"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9490"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9490"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}