{"id":949,"date":"2024-02-08T22:34:00","date_gmt":"2024-02-08T21:34:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:58:31","modified_gmt":"2024-10-23T09:58:31","slug":"amando-suarez-couto-visto-por-celia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/02\/08\/amando-suarez-couto-visto-por-celia\/","title":{"rendered":"Amando Su\u00e1rez Couto, un renovador da imaxe. Celia Castro"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Adxunto un novo artigo de <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a> sobre <a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search?q=Amando+Su%C3%A1rez+Couto\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Amando Su\u00e1rez Couto<\/a>, publicado na \u00faltima <a href=\"https:\/\/viladonga.xunta.gal\/es\/publicaciones\/revista-croa\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">revista de Croa<\/a>. \u00c9 accesible na ligaz\u00f3n anterior, e queda aqu\u00ed en varios formatos.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><strong><span style=\"font-size: x-small;\">Texto web:<\/span><\/strong><\/p>\n<p><span style=\"font-size: large;\">Amando Su\u00e1rez Couto:  un renouvador da imaxe<\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/Celia%20Castro\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Celia Castro<\/a><\/p>\n<p>1.Introduci\u00f3n:<\/p>\n<p>No primeiro terzo do S. XX, houbo unha renouvaci\u00f3n art\u00edstica en Europa, que se estend\u00e9u tam\u00e9n a Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>En Galicia concretamente unha xeneraci\u00f3n de xoves artistas ser\u00eda protagonista desto, en colaboraci\u00f3n con movementos literarios. Revistas cultur\u00e1is en Espa\u00f1a e Am\u00e9rica ser\u00edan canles polos que a cultura e as novas ideias se transmitir\u00edan e propagar\u00edan. Fundar\u00edanse sociedadades e asociaci\u00f3ns cultur\u00e1is, e os Centros Galegos ser\u00eda aut\u00e9nticas arterias que aglutinar\u00edan aos artistas, e ser\u00edan tam\u00e9n lugares de acollida para eles e as s\u00faas familias nos momentos cr\u00edticos. Castelao, Souto, Maside, Castro Gil, Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o, \u00c1lvaro Cebreiro, Carlos Sobrino, e Amando Su\u00e1rez Couto ser\u00e1n alg\u00fanhos dos nomes m\u00e1is destacados.<\/p>\n<p>Moitos deles pertenc\u00edan ou estaban relacionados co Partido Galeguista, fundado en 1931 por Alfonso Daniel Rodr\u00edguez Castelao, dentro do cal hab\u00eda varias tendenzas, e eran fundadores ou cofundadores de revistas cultur\u00e1is de vangarda, como Ronsel ou C\u00e9ltiga ( editada en Bos Aires).<\/p>\n<p>En contacto cos novos movementos art\u00edsticos europeos- especialmente en Alemania e Francia- moitos dos nosos artistas, algunhos deles residentes na capital de Espa\u00f1a, far\u00e1n obras de gran calidade, que mostrar\u00e1n a influencia destas vangardas.<\/p>\n<p>No terreo da ilustraci\u00f3n e o gravado isto \u00e9 specialmente relevante, e nel destaca, xunto con Castelao, a figura do pintor ribadense Amando Su\u00e1rez Couto, considerado pola cr\u00edtica contempor\u00e1nea un dos millores debuxantes europeos.<\/p>\n<p>2.Amando Su\u00e1rez Couto. A s\u00faa traxectoria.&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc1.jpg\" class=\"wp-image-950\" width=\"514\" \/><\/a><\/p>\n<p>L\u00e1m. 1: Retrato de Su\u00e1rez Couto. M. Fons. Debuxo a l\u00e1piz. Do libro El Arte Racial de Su\u00e1rez Couto. Ed Ronsel. Lugo. 1925.<\/p>\n<p>Amando Su\u00e1rez Couto nac\u00e9u en Ribadeo o 4 de maio de 1894.  Foi o maior dos seis fillos do matrimonio formado por Juan e Amadora. Nesta vila reliz\u00f3u os seus primeiros estudos mostrando xa unha clara inclinaci\u00f3n polo debuxo . M\u00e1is tarde os seus p\u00e1is decidir\u00edan pasar os invernos en Madrid, sendo esto decisivo na s\u00faa formaci\u00f3n. Al\u00ed asist\u00edu ao colexio de los Santos Reyes, de orientaci\u00f3n liberal, na li\u00f1a da Instituci\u00f3n libre de Ense\u00f1anza , baseada no krausismo. Matricul\u00f3use na Escola de Artes e Industrias de Madrid, seguindo os consellos dos seus pais, que consideraban este centro, de orientaci\u00f3n m\u00e1is pr\u00e1ctica, menos tradicional que a Escola de Bellas Artes de San Fernando, anclada nunhos principios m\u00e1is cl\u00e1sicos. Al\u00ed tam\u00e9n asist\u00edu ao obradoiro do pintor Marceliano Santamar\u00eda.<\/p>\n<p>Axina tom\u00f3u contacto cos importantes debuxantes e ilustradores do momento, como Manuel Bujados, Rafael Penagos ou Federico Ribas, que lle animaron a colaborar con diversas publicaci\u00f3ns:  La Esfera, Blanco y Negro, Por esos mundos, para as que far\u00eda debuxos.  Tam\u00e9n ilustr\u00f3u novelas e contos de Saturnino Calleja, e fixo as  suas primeiras incursi\u00f3ns no mundo da publicidade, destacando os anuncios para a firma de perfumer\u00eda Floralia.<\/p>\n<p>\u00c9 o seu un debuxo seguro, de trazo \u00e1xil e expresivo, de gran imaxinaci\u00f3n e dinamismo, influenciado pola est\u00e9tica do momento, Modernismo, Art Dec\u00f3\u2026.<\/p>\n<p>Durante o ver\u00e1n trasl\u00e1dabase coa s\u00faa familia a Ribadeo, participando na vida local e tomando parte en diversas actividades. En 1913 fund\u00f3u con outros amigos ( Bustelo, Cuervo\u2026) o Club Deportivo Ribadense, xermen do futuro Ribadeo F.C .Tam\u00e9n desenrolar\u00eda unha importante faceta musical- que manter\u00eda ao longo de toda a s\u00faa vida- formando parte de rondallas nas que sol\u00eda tocar o viol\u00edn.<\/p>\n<p>En 1921-ano no que fai varias ilustraci\u00f3ns para o tomo de El naviero M\u00e1s: Los Signos- no que tamen colabora ca portada Gregorio Vicente-  emprend\u00e9u o seu primeiro viaxe a Par\u00eds- mais tarde (1924) far\u00eda outro- que lle serv\u00edu para tomar contacto coas vangardas art\u00edsticas europeas que conflu\u00edan na capital de Francia, e tam\u00e9n para enriquecer a s\u00faa obra, e decirse a mostrala ao p\u00fablico. As\u00ed, espuxo na capital de Espa\u00f1a, no Ateneo-1923- e no Centro de Galicia,  participando tam\u00e9n en mostras colectivas como a Terceira Exposici\u00f3n de Arte Galega (A Coru\u00f1a -1923) e a do Ano Santo de 1926 (Santiago de Compostela) entre outras, e nas Galer\u00edas Layetanas de Barcelona.<\/p>\n<p>Con todo, a\u00ednda que a s\u00faa arte \u00e9 poderosamente imaxinativa, donde se ve un espirito m\u00e1is xenuino \u00e9 nos debuxos e cadros de tema galego que fai nesta \u00e9poca, e que seguir\u00e1 facendo ao longo da s\u00faa vida.Trata temas populares da vida coti\u00e1, paisaxes t\u00edpicos, tipos do pa\u00eds, na li\u00f1a de Castelao, de quen era amigo, esto e o seu contacto co galeguismo, fai que sexa considerado dentro dos Renovadores  da arte galega, tendenza que agrupaba a unha serie de artistas ( Carlos Maside, Arturo Souto, Manuel Colmeiro, Alfonso.D. R, Castelao, Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o\u2026), que se baseaban nun forte sentimento de galeguidade, nutr\u00edndose tam\u00e9n da arte de vangarda.<\/p>\n<p>En 1925 Evaristo Correa Calder\u00f3n public\u00f3u en Lugo, na editorial Ronsel, El Arte Racial de Su\u00e1rez Couto, con 16 reproducci\u00f3ns de cadros ao \u00f3leo e debuxos,  no  que fai unha semblanza do pintor, considerando que \u00e9 o artista que millor plasma a alma galega. Entre as imaxes do libro est\u00e1  O mari\u00f1\u00e1n do Eo, debuxo a plumi\u00f1a que foi publicado por primeira vez en 1924, no n\u00famero 4 da revista Ronsel. Nel representa a un xove mari\u00f1eiro de Ribadeo, na mari\u00f1a lucense. Con poucos trazos consegue caracterizar ao personaxe, ao que representa con unha expresi\u00f3n concentrada, e a mirada perdida, ollando ao lonxe. Ao fondo a r\u00eda, na que se ve ao lonxe un chalano de vela latina.<\/p>\n<p>Esta sintetizaci\u00f3n, sinxeleza de li\u00f1as e captaci\u00f3n da fisonom\u00eda e car\u00e1cter do personaxe ser\u00e1 unha caracter\u00edstica da s\u00faa obra durante toda a s\u00faa vida.<\/p>\n<p>En 1927 colabor\u00f3u coa revista C\u00e9ltiga, editada en Bos Aires, e co Almanaque Gallego dese mesmo ano<sup>(<\/sup><a href=\"#1\" name=\"top1\"><sup>1<\/sup><\/a><sup>)<\/sup>,que reproduxo o seu \u00f3leo El cura de aldea- O crego-.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc2.jpg\" class=\"wp-image-951\" width=\"470\" \/><\/a><\/p>\n<p>L\u00e1m. 2:  O mari\u00f1\u00e1n do Eo. Su\u00e1rez Couto. Debuxo a plumi\u00f1a.  Revista Ronsel.N\u00ba 4.p. 35.<\/p>\n<p>Nestes tempos, o artista desenrolaba unha grande actividade, \u00e1s exposici\u00f3ns e publicaci\u00f3ns en revistas s\u00famanse as actividades de filantrop\u00eda e colaboraci\u00f3n social desenvolvidas principalmente en Ribadeo c\u00f3 seu irm\u00e1n Carlos e outros amigos con inquedanzas: o coro Cantigas da Mari\u00f1a, onde \u00e9l mesmo tocaba a gaita, e dese\u00f1\u00f3u os traxes e os decorados axudado polo seu amigo Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o; A Cabalgata de Reis, xunto con outros ribadenses como Gregorio Sanz ou Santiago Heydeck, co prop\u00f3sito fundamental de que os nenos con menos recursos recibiran agasallos. Su\u00e1rez Couto colabor\u00f3u no dese\u00f1o do vestiario e o atrezzo. En 1927 cre\u00f3u, con Gregorio Sanz, Cisneros, Ponceliz, e outros, co asesoramento de Camilo Barcia Trelles, a Biblioteca Popular Circulante de Ribadeo- como moitas outras que se estaban a crear en Espa\u00f1a- para achegar as\u00ed a lectura a todos os p\u00fablicos.<\/p>\n<p>Con Camilo D\u00edaz Bali\u00f1o compartir\u00eda en 1929 o encargo da Deputaci\u00f3n de Lugo de facer uns cart\u00e9is para publicitar lugares da provincia. Su\u00e1rez Couto fai o de Mondo\u00f1edo, mostrando unha vez m\u00e1is as grandes dotes que ti\u00f1a para a o debuxo, o dese\u00f1o e a publicidade.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc3.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc3.jpg\" class=\"wp-image-952\" width=\"516\" \/><\/a><\/p>\n<p>L\u00e1m.3: Cartel de Mondo\u00f1edo. Su\u00e1rez-Couto .Tempera sobre cart\u00f3n.1929.125,7&#215;99,2cm.Museo Provincial de Lugo.<\/p>\n<p>Trata o tema unha vista da estrada que conduce a Mondo\u00f1edo, que se ve ao fondo, facendo un acotamento do espazo, cun encadre case fotogr\u00e1fico tomado desde un punto de vista alto, centra as\u00ed a ollada do espectador na estrada e no arbre que se ve no primeiro termo. A cor, con poucas sombras, feitas istas con pequenos trazos paralelos, est\u00e1 na li\u00f1a dos modernos cart\u00e9is publicitarios, e tam\u00e9n o tratamento da paisaxe con poucos elementos representativos. Mostra as\u00ed Su\u00e1rez Couto a s\u00faa habilidade para o dese\u00f1o, habilidade que tendr\u00e1 ocasi\u00f3n de mostrar ao longo da s\u00faa traxectoria.<\/p>\n<p>En 1929 viax\u00f3u de novo a Par\u00eds, tomando contacto coas vangardas art\u00edsticas. De al\u00ed vir\u00eda contaxiado do que se estaba a facer na capital do Sena polos artistas de todo o mundo. Cubismo, surrealismo, expresionismo, influien na s\u00faa obra dando por resultado unha serie de cadros que expor\u00e1 \u00e1 s\u00faa volta en Madrid ( Xogadores de xadrez;Nena da guitarra; Caseta de Tiro;Mineiro), e sen embargo non gustan ao p\u00fablico madrile\u00f1o, posiblemente por non ser comprendidos. Quiz\u00e1is por isto abandona por un tempo a pintura, acheg\u00e1ndose ao gravado. Entre as novas tendenzas da ilustraci\u00f3n o gravado ti\u00f1a un papel preferente, e dentro deste, a xilograf\u00eda. Esto suced\u00eda en todo o territorio nacional, e especialmente en Galicia. Era unha forma de achegamento a tempos pasados, e, os trazos r\u00edxidos e claros na superficie da madeira eran moi propios para as imaxes dos libros. As\u00ed, en 1931, fixo as xilograf\u00edas, en madeira de buxo, para o libro Ribadeo Antiguo escrito polo ribadense Francisco Lanza ( que emigrar\u00eda ,a Arxentina ese mesmo ano) , e editado en Madrid coa axuda do seu irm\u00e1n Carlos. Foi un proxecto financiado polos dous irm\u00e1ns desinteresadamente. Dito libro \u00e9 unha breve e documentada historia de Ribadeo, para a cal Amando fixo un gran traballo de b\u00fasqueda e investigaci\u00f3n , relacionando cada ilustraci\u00f3n co pasaxe hist\u00f3rico correspondente. Nos gravados que encabezan cada cap\u00edtulo( 29), e os incipit ( inici\u00e1is de comenzo de p\u00e1xina), ilustraci\u00f3ns do interior, e portada, o artista fai unhas imaxes claras, de li\u00f1a rotunda, con sombreados feitos a base de pequenos trazos paralelos, e tendendo \u00e1 bidimensionalidade, seguindo as li\u00f1as das xilograf\u00edas mediev\u00e1is.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc4.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"156\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc4.jpg\" class=\"wp-image-953\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n<p>L\u00e1m. 4:  Ilustraci\u00f3ns do libro Ribadeo  Antigo. A.Su\u00e1rez Couto Xilograf\u00eda. Libro impreso en Madrid en 1931.<\/p>\n<p>Nesta \u00e9poca mont\u00f3u co seu irm\u00e1n Luis unha granxa de polos na localidade madrile\u00f1a de Vic\u00e1lvaro, donde co\u00f1ec\u00e9u ao doutor Julio Camino Galicia- irm\u00e1n do poeta Luis Felipe e eminente psiquiatra-e \u00e1 s\u00faa familia.E 1936 cas\u00f3u con Margarita, filla maior do doutor. A  Guerra Civil truncar\u00eda a s\u00faa vida e a s\u00faa carreira. Durante a contenda a s\u00faa granxa surteu de v\u00edveres a capital, polo que foi pechada tras ga\u00f1ar o bando franquista. Con todo mantivo aberta a f\u00e1brica ata  1945, producindo  para consumo propio. En 1945 voltar\u00eda a Madrid, onde as condici\u00f3ns de vida eran dif\u00edciles, por iso tivo que sobrevivir dando clases particulares e facendo pequenos traballos art\u00edsticos. Traballar\u00eda no departamento publicitario da Metro Goldwin Mayer, facendo os cart\u00e9is publicitarios das s\u00faas pel\u00edculas, tarefa na que \u00e9 encaixaba moi ben pola s\u00faa formaci\u00f3n art\u00edstica. O seu dominio da li\u00f1a e a pureza da cor,intenso e sin apenas claroscuro, influir\u00e1 na s\u00faa obra posterior, d\u00e1ndolle a ista un toque de modernidade. Esta actividade e a amizade co gravador galego Manuel Prieto Nespereira- con que compart\u00eda estudo- anim\u00f3uno de novo a pintar e expo\u00f1er a s\u00faa obra. As\u00ed en 1945 expor\u00eda no Instituto Brit\u00e1nico de Madrid  e na sala Fortuni de Reus, participando tam\u00e9n na mostra de Arte Taurina de Zaragoza Tam\u00e9n ese mesmo ano enviou  varias obras \u00e1 Exposici\u00f3n Nacional de Bellas Artes: Dous cadros, Retrato de un m\u00fasico, e Paisaje de la Mari\u00f1a, e dous debuxos a plumi\u00f1a:  El m\u00e9dico y la muerte, e, Job.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc5.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc5.jpg\" class=\"wp-image-954\" width=\"466\" \/><\/a><\/p>\n<p>L\u00e1m. 5: As tentaci\u00f3ns de Xob. Amando Su\u00e1rez Couto. Tinta sobre papel. 27x20cm. Colecci\u00f3n particular. Fotograf\u00eda tomada pola autora de copia do orixinal.<\/p>\n<p>As tentaci\u00f3ns de Xob \u00e9 unha das plumi\u00f1as que realiz\u00f3u entre 1920 e 1930. Esta t\u00e9cnica facilita a lixeireza do trazo que en Su\u00e1rez Couto xa \u00e9 por s\u00ed moi din\u00e1mico. \u00c9 unha obra perta do simbolismo e chea de imaxinaci\u00f3n, a sobrecarga de elementos e o horror vacui que presenta non lle restan encanto nin a fan escura. O corpo de Xob traza unha diagonal, que se contrap\u00f3n coa que describe a figura do demo. Este, cun sorriso mal\u00e9volo quitalle dramatismo \u00e1 escea d\u00e1ndolle un sentido m\u00e1is anecd\u00f3tico. Veremos moitas veces na s\u00faa obra un detalle humor\u00edstico que atrae a atenci\u00f3n do espectador d\u00e1ndolle vida \u00e1 composici\u00f3n. O exacerbado detallismo e o emprego do claroscuro para resaltar os elementos m\u00e1is relevantes fan desta plumi\u00f1a un dos seus traballo m\u00e1is representativos.<\/p>\n<p>Esta estancia en Madrid ser\u00eda para \u00e9l especialmente fruct\u00edfera, espo\u00f1endo en 1946  de forma individual na sala Macarr\u00f3n de dita cidade, e facendo diversas actividades art\u00edsticas, entre elas traballos no campo da escenograf\u00eda teatral. Destacan os decorados e dese\u00f1o de traxes e atrezzo para unha obra baseada nos relatos de Calila e Dimna.<\/p>\n<p>O seu gusto pola ilustraci\u00f3n  e o cartelismo reflictaranse tam\u00e9n nos seus cadros ao \u00f3leo, nos que nunca se desprender\u00e1 deses contornos puros e esas formas gr\u00e1ciles tan de moda los anos trinta.<\/p>\n<p>O retrato da sua dona Margarita Camino, unha obra chea de suavidade e delicadeza recordanos as modelos femininas de Penagos ou as mulleres estilizadas dos cart\u00f3ns para tapices de Francisco de Goya.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc6.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"640\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ascc6.jpg\" class=\"wp-image-955\" width=\"498\" \/><\/a><\/p>\n<p>L\u00e1m. 6: Margarita Camino. A. Su\u00e1rez Couto. \u00d3leo sobre lenzo. Colecci\u00f3n particular.<\/p>\n<p>\u00c9 un retrato de unha gran elegancia, na li\u00f1a dos pintores ingleses. O formato de tres cuartos suli\u00f1a a esbeltez da modelo \u00e1  que destaca sobre un fondo neutro, indefinido, coa ollada enso\u00f1adora, perdida, nun punto que trascende ao cadro. O cromatismo, casi uniforme dalle unicidad e gracia ao conxunto.<\/p>\n<p>En 1951 regres\u00f3u coa s\u00faa dona a Ribadeo, donde seguiu pintando e colaborando na vida cultural da vida, ata 1953 en que o falecimento de Margarita desencade\u00f3ulle unha profunda tristeza da que consegu\u00edu repo\u00f1erse grazas a axuda dos seus parentes e amigos.  Para animarse e sosterse econ\u00f3micamente comez\u00f3u a dar clases de debuxo no Instituto de Ribadeo e na Academia Santo Tom\u00e1s de Aquino e volveu a pintar e a participar nas diversas actividades  cultur\u00e1is e de mecen\u00e1cego, para \u00e9l tan importantes.<\/p>\n<p>Desta \u00e9poca son unha serie de cadros de paisaxes e escenas ribadenses. A mi\u00fado repite temas tratados anteriormente, engad\u00edndolles alg\u00fan detalle novo, ou variando algo a composici\u00f3n. Am\u00f3sanos un Ribadeo sereno, case buc\u00f3lico, no que parece que a vida se detivo. Son cadros cheos de lirismo e sentimento, intempor\u00e1is, pero que tam\u00e9n amosan a un artista de ollada sagaz e anal\u00edtica. O tratamento da cor,intensa, brillante e as m\u00e1is das veces uniforme pode ser reminiscencia do seu traballo na Metro Golwin Mayer, pero tam\u00e9n pode ser a entrada nunha etapa serena e contemplativa, na que o entorno m\u00e1is pr\u00f3ximo lle serve de inspiraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Pinta o que lle rodea, o entorno natural que ten perto, a r\u00eda, o mar, as r\u00faas e a xente que transita por elas, mari\u00f1eiros, labregos, xente do pobo \u00e1 que plasma con simpat\u00eda. \u00c1s veces toma diferentes elementos da paisaxe, e comb\u00ednaos \u00e1 s\u00faa maneira, creando escearios que a\u00ednda que inspirados na realidade con responden exactamente a un lugar concreto.<\/p>\n<p>Nestes anos participar\u00e1 en diversas actividades filantr\u00f3picas ribadenses:<\/p>\n<p>En 1954 xunto con Carlos \u00c1lvarez e Fern\u00e1ndez-Cid orgaiz\u00f3u a Coral Polif\u00f3nica Ribadense que se presentar\u00eda oficialmente nesta vila o 20 de xullo 1955. Particip\u00f3u na creaci\u00f3n da Biblioteca p\u00fablica  El Viejo Pancho, que se inaugur\u00f3u oficialmente en 1957 e tam\u00e9n dese\u00f1\u00f3u os espazos,  o mobiliario, e pint\u00f3u in situ sobre t\u00e1boa o enorme retrato do personaxe que lle da nome: El Viejo Pancho( D. Jos\u00e9 Mar\u00eda Alonso y Trelles Jar\u00e9n), ribadense de nacemento e groria nacional das letras en Uruguay.<\/p>\n<p>Xunto co seu irm\u00e1n Carlos, cara a 1958 cre\u00f3u o grupo de gaiteiras Saudade, co\u00f1ecido posteriormente como Meni\u00f1as da Saudade, que se presentaria en 1960, e que acadar\u00eda grandes \u00e9xitos nacion\u00e1is e internacion\u00e1is, ata a s\u00faa disoluci\u00f3n en 1965. \u00c1 s\u00faa irm\u00e1 Amadora seleccion\u00f3u \u00e1s pezas a interpretar, e compuxo ela mesma varias. Os traxes das int\u00e9rpretes- moitos deles inspirados nos representados nas obras do pintor Dionisio Fierros- foron dese\u00f1ados e confeccionados pola mesma Amadora e a s\u00faa sobri\u00f1a Matilde Garc\u00eda de Paredes. Todo elo, adem\u00e1is dos instrumentos music\u00e1is, foi subvencionado polos irm\u00e1ns Su\u00e1rez Couto case \u00edntegramente.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n co seu irm\u00e1n Carlos, e outros amigos cre\u00f3u en 1962 a socidedade Amigos da Gaita Galega, para potenciar o folklore galego e a romeir\u00eda tradicional ao cercano monte de Santa Cruz. Neste monte decidiron levantar un monumento Ao Gaiteiro Galego, que lle encargaron ao escultor ourens\u00e1n Ant\u00f3n Failde. Ata hoxe seguese a celebrar en agosto a romeir\u00eda de Santa Cruz (Xira) , na que se dan cita grupos folkl\u00f3ricos chegados de diversos lugares de Galicia.<\/p>\n<p>Amando Su\u00e1rez Couto falec\u00e9u en Ribadeo o 14 de outubro de 1981. Ata uns anos antes da s\u00faa morte seguiu pintando e debuxando con entusiasmo, deixando tras de s\u00ed un legado art\u00edstico e filantr\u00f3pico que permanece, trascendendo no tempo.<\/p>\n<p>3. Conclusi\u00f3n.<\/p>\n<p>Con ese artigo quero render homenaxe ao artista Amando Su\u00e1rez Couto, a quen tiven a honra de co\u00f1ecer e de ter como profesor na Academia Santo Tom\u00e1s de Aquino, de Ribadeo. Os seus dedos eran m\u00e1xicos. A\u00ednda que naquel tempo xa era un home de idade, baixo o seu l\u00e1piz xurd\u00edan toda serie de obxetos, paisaxes e figuras humanas cunha facilidade pasmosa. O seu trato cordial e a s\u00faa humildade fixeron del un dos nosos profesores m\u00e1is queridos.<\/p>\n<p>O tempo, que pon a cada un no seu lugar, fixo que nos f\u00f3ramos enterando do seu papel na arte e na cultura galega. O primeiro terzo do S.XX, ata a Guerra Civil, foi un per\u00edodo de asimilaci\u00f3n polos nosos artistas das correntes de vangarda trunfantes en Europa. Adem\u00e1is en campos nos que o debuxo e fundamental, como \u00e9 o gravado e a ilustraci\u00f3n, asist\u00e9use a un auxe e a unha renouvaci\u00f3n de formas como non voltar\u00edamos a ver en Espa\u00f1a ata os anos 50. \u00c9 importante co\u00f1ecer o papel que xogaron estos autores na difusi\u00f3n e transformaci\u00f3n da est\u00e9tica, que foi un punto de partida para as xeneraci\u00f3ns posteriores. Adem\u00e1is a s\u00faa cercan\u00eda \u00e1 terra, o seu amor polo coti\u00e1n e polo entorno, foi, coa obra dos nosos literatos moi influinte na difusi\u00f3n e o co\u00f1ecemento de Galicia.<\/p>\n<p>4.Bibliograf\u00eda:<\/p>\n<p>&#8211; CASTRO FERN\u00c1NDEZ, Celia.\u201cDos Pintores del Eo: Amando Su\u00e1rez Couto y Benito Prieto Cos\u00e9n\u201d. En torno al Bimilenario del Eo (Coord  J.MG\u00f3mez Tabanera).( 2002) Foro Cultural del Noroeste. Oviedo.p.p. 611-618.<\/p>\n<p>-CORREA CALDER\u00d3N, Evaristo. El Arte Racial de Su\u00e1rez Couto.(1925). Ed Ronsel. Lugo.<\/p>\n<p>-P\u00c9REZ RODR\u00cdGUEZ, M\u00aa.Antonia. \u201cAmando Su\u00e1rez Couto\u201dArtistas Gallegos-Pintores- Regionalismo III. (1999). Nova Galicia Edicions-Vigo.p.p. 18-55.<\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><a name=\"1\"><strong>1 <\/strong><\/a>Almanaque Galego<br \/>\nfoi unha publicaci\u00f3n anual editada en Bos Aires entre 1898 e 1927.<br \/>\nMaiormente o seu contido trataba sobre a cultura e a vida galegas. Os<br \/>\ntextos \u00edan indistintamente en galego e castel\u00e1n. As s\u00faas<br \/>\nfotograf\u00edas e ilustraci\u00f3ns son obra maiormente de artistas galegos.<br \/>\nFernando \u00e1lvarez de Sotomayor, Modesto Brocos, e Dionisio Fierros<br \/>\nson alg\u00fans dos aristas cuxa obra aparece reproducida nas s\u00faas<br \/>\np\u00e1xinas.<a href=\"#top1\"><sup>\u21a9<\/sup><\/a><\/span><\/p>\n<p><span style=\"font-size: x-small;\"><strong><br \/>\n    En pdf:<br \/>\n<\/strong><\/span><\/p>\n<p><iframe loading=\"lazy\" frameborder=\"0\" height=\"700\" marginheight=\"0\" marginwidth=\"0\" scrolling=\"no\" src=\"https:\/\/www.slideshare.net\/slideshow\/embed_code\/key\/I1HfNJtVD7xv2V?hostedIn=slideshare&amp;page=upload\" width=\"650\"><\/iframe>&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span><span style=\"font-size: x-small;\"><strong>jpg<\/strong><\/span>:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC1.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"748\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC1.jpg\" class=\"wp-image-956\" width=\"659\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC2.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"753\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC2.jpg\" class=\"wp-image-957\" width=\"649\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC3.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"759\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC3.jpg\" class=\"wp-image-958\" width=\"650\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC4.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"773\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC4.jpg\" class=\"wp-image-959\" width=\"659\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC5.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"759\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC5.jpg\" class=\"wp-image-960\" width=\"657\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC6.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"745\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC6.jpg\" class=\"wp-image-961\" width=\"638\" \/><\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC7.jpg\" style=\"margin-left: 1em; margin-right: 1em;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"414\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/ASC7.jpg\" class=\"wp-image-962\" width=\"640\" \/><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp;&nbsp; Adxunto un novo artigo de Celia Castro sobre Amando Su\u00e1rez Couto, publicado na \u00faltima revista de Croa. \u00c9 accesible na ligaz\u00f3n anterior, e queda aqu\u00ed en varios formatos. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Texto web: Amando Su\u00e1rez Couto: un renouvador da imaxe Celia Castro 1.Introduci\u00f3n: No primeiro terzo do S. XX, houbo unha renouvaci\u00f3n art\u00edstica en Europa, que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":950,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[45,10,44],"class_list":["post-949","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-celia-castro","tag-cultura","tag-slideshare"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/949","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=949"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/949\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/950"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=949"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=949"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=949"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}