{"id":9486,"date":"2008-08-29T10:00:00","date_gmt":"2008-08-29T08:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:31:04","modified_gmt":"2024-11-12T14:31:04","slug":"escapes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/08\/29\/escapes\/","title":{"rendered":"Escapes"},"content":{"rendered":"<p>A prensa \u00e1s veces non trae nas s\u00faas novas determinadas cousas. Est\u00e1 comprobado e dito por moitos estudosos do tema, a parte de ser evidente en pequenas comunidades como Ribadeo, que os medios de comunicaci\u00f3n tan pronto magnifican determinadas actividades ou sucesos como minimizan ou sinxelamente ningunean outros a\u00ednda m\u00e1is importantes. Onte entereime na r\u00faa que o m\u00e9rcores 27 tivera lugar a primeira voda gai en Ribadeo. Non \u00e9 para tirar foguetes, pero as primeiras veces soen considerarse novas. Asemade, segundo parece o mesmo d\u00eda, na r\u00faa Ram\u00f3n Gonz\u00e1lez houbo un cheire a gas que chegou a preocupar a alg\u00fan veci\u00f1o. Posiblemente unha limpeza dun dep\u00f3sito ou cousa polo estilo que non chegou a m\u00e1is. Onte tam\u00e9n, a \u00faltima hora, apareceu a auga clorada. Cousas equivalentes, outras veces foron tema de prensa, pero polo que sexa (por exemplo, por falta de co\u00f1ecemento do suceso), esta volta non se viron na prensa.<br \/>\nO que si se viu foi a nova do pleno reproducida en t\u00f3dolos medios. Cando me chegou (tarde) o comunicado de prensa do concello, <a href=\"http:\/\/prensa-ribadeo.blogspot.com\/\">p\u00faxeno no blog correspondente, que non ten opini\u00f3ns, sen\u00f3n s\u00f3 comunicados<\/a>, e tentei facerme unha idea entre os medios de comunicaci\u00f3n e alg\u00fan comentario. Foi ent\u00f3n cando me decatei da semellanza do que se pod\u00eda por exemplo ler nos xornais e a nota de prensa &#8216;en bruto&#8217; do concello.<br \/>\n\u00c9 evidente que a cantiade de literatura que se produce a diaro sobre Ribadeo nos medios leva (alomenos debera levar) moito tempo escribila, e as plantillas dos medios de comunicaci\u00f3n est\u00e1n en chasis por diminuci\u00f3n de persoal conectada co aumento de rendibilidade econ\u00f3mica. Co que a proliferaci\u00f3n de blogs (ver o lateral) e unha aut\u00e9ntica ameaza para a prensa en canto Ribadeo este\u00f1a conectado, \u00e9 dicir, en cantgo se considere internet de uso e non s\u00f3 de disfrute (\u00e9 dicir, se pase de maior\u00eda de aplicaci\u00f3ns para xogos, chat e descargas a procura de informaci\u00f3n, formaci\u00f3n e utilidade xeral).<br \/>\nMentras, de calquera xeito, sempre se pode ler entre li\u00f1as a prensa para tentar chegar un pouco m\u00e1is al\u00f3 na noticia, tentar sacar consecuencias de que as campa\u00f1as antitabaco sexan rendibles (nova de onte da prensa, que vi\u00f1a a dicir que por cada euro usado en prevenci\u00f3n a sociedade aforraba 50) ou as multas de tr\u00e1fico un aspecto recaudatorio m\u00e1is do estado (nova desta semana, 1 euro de inversi\u00f3n en prevenci\u00f3n por cada 10 euros recaudados) &#8230; Por certo, tam\u00e9n pode chamar a atenci\u00f3n os diferentes razoamentos tio usados en diferentes noticias segundo as fontes: na nova da rendibilidade da campa\u00f1a de tabaco, se non fora pola victoria neste caso da sensibilidade m\u00e9dico-social, a nova poder\u00eda ser m\u00e1is ben deste xeito: &#8220;a inversi\u00f3n de 1\u20ac en prevenci\u00f3n antitabaco impide un movemento econ\u00f3mico de 50\u20ac, mermando o PIB da econom\u00eda espa\u00f1ola e empobrecendo \u00e1 sociedade nesa medida&#8221;. Parece mentira, pero hai moitas noticias que son interpretadas dese tenor. E as\u00ed poderemos interpretar mellor frases de Noam Chomsky, tomadas dun artigo\/entrevista de Cuadernos de Pedagog\u00eda xa vello (n\u00ba 364), nas que di cousas como que unha grande parte da econom\u00eda ad\u00edcase a crear consumidores (e polo tanto a suposta riqueza que crea ese movemento \u00e9 absurda dende o punto de vista da mellora da vida, sendo non obnstante a base da industria da publicidade), ou que as cuesti\u00f3ns fundamentais seguen ocultas \u00f3 longo dunha campa\u00f1a eleitoral porque non saen na prensa e polo tano, escamot\u00e9ase o debate sobre elas, quedando a campa\u00f1a reducida \u00e1 elecci\u00f3n entre aspectos irrelevantes de programas semellantes.<br \/>\nSa\u00fados.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A prensa \u00e1s veces non trae nas s\u00faas novas determinadas cousas. Est\u00e1 comprobado e dito por moitos estudosos do tema, a parte de ser evidente en pequenas comunidades como Ribadeo, que os medios de comunicaci\u00f3n tan pronto magnifican determinadas actividades ou sucesos como minimizan ou sinxelamente ningunean outros a\u00ednda m\u00e1is importantes. Onte entereime na r\u00faa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32,9],"class_list":["post-9486","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9486","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9486"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9486\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9486"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9486"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9486"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}