{"id":9484,"date":"2008-08-30T13:45:00","date_gmt":"2008-08-30T11:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:31:01","modified_gmt":"2024-11-12T14:31:01","slug":"o-antroido-do-futuro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/08\/30\/o-antroido-do-futuro\/","title":{"rendered":"O antroido do futuro"},"content":{"rendered":"<p>Na procura dalg\u00fan escrito vello, e como un a parte das outras entradas, aqu\u00ed queda o preg\u00f3n do antroido 97, le\u00eddo por min o pasado d\u00eda 7 de febreiro de 1997 na s\u00e1 de festas Rosa-Lar de Ribadeo&#8230; \u00a1boa lectura!<\/p>\n<p>&#8220;O antroido do futuro&#8221;<\/p>\n<p>Boas tardes.<br \/>\n&#8220;Actuar \u00e9 un luxo que permite mostra-los sentimentos que de outro<br \/>\nxeito dar\u00eda vergo\u00f1a ensinar&#8221;. \u00c9 unha cita de Robert de Niro, que debe saber<br \/>\nabondo do tema, tomada dunha entrevista de &#8220;El Semanal&#8221; de 24 de novembro<br \/>\ndo pasado ano 1996. A traducci\u00f3n \u00f3 noso caso poder\u00eda ser: O disfraz de<br \/>\nantroido permite facer moitas cousas que en outro caso ser\u00edan vistas con moi<br \/>\nmalos ollos (a\u00ednda as\u00ed o son moitas veces). Dito esto, \u00a1pechade a porta!. Que<br \/>\nningu\u00e9n escape.<br \/>\n&#8220;O bo, se \u00e9 breve, d\u00faas veces bo&#8221;, en pluma de Baltasar Graci\u00e1n. Do<br \/>\nque non \u00e9 tan bo, non d\u00ed nada. Polo tanto, temede o peor, porque xa non me<br \/>\nvexo constre\u00f1ido pola sentencia.<br \/>\nParece que este ano son eu o pregoeiro do antroido. Por eso aqu\u00ed<br \/>\nestou, disfrazado de entendido na materia, e tomando as medidas oportunas.<br \/>\nEstou sen toga nin birrete: todo disfraz ten os seus l\u00edmites, e un deles p\u00faxeno<br \/>\na\u00ed. Disfrazarme con roupa non me gusta especialmente, pero actuar xa \u00e9 outra<br \/>\ncousa. E actuar \u00e9 un xeito de disfrazarse. Dende logo, hai outros. Por exemplo,<br \/>\n\u00bfalgu\u00e9n se lembra do antroido que viveu o Inspector Lupa?. Ese s\u00ed que foi un<br \/>\nbo disfraz, tanto cando andaba vendo os disfraces como cando non o fac\u00eda.<br \/>\nA\u00ednda non sei quen foi, e non me parece que o saiba moita xente.<br \/>\nXa metidos en materia, \u00bfpor que me elixiron para o preg\u00f3n?.<br \/>\n\u00c9 unha pregunta que me fixen. Ti\u00f1a o dilema de contestarme a min<br \/>\nmesmo de varias formas. Unha resposta ser\u00eda: &#8220;porque \u00e9s un paiaso&#8221; (poder\u00eda<br \/>\nengadrille despois, por exemplo, &#8220;pail\u00e1n&#8221;, e as\u00ed queda mellor: &#8220;porque \u00e9s un<br \/>\npaiaso, pail\u00e1n&#8221;). Por contra, tamen pod\u00eda contestarme: &#8220;porque \u00e9s serio&#8221; (neste<br \/>\ncaso, engadir\u00eda algo as\u00ed como &#8220;home&#8221;: &#8220;porque \u00e9s serio, home&#8221;).<br \/>\nElix\u00edn o \u00faltimo, gust\u00f3ume m\u00e1is. Por eso mesmo me permito facer un<br \/>\ncomentario como este aqu\u00ed, diante de tanta xente. Eu consid\u00e9rome serio, e o<br \/>\nantroido \u00e9 para que os serios, as persoas que non se permiten o sa\u00edrse do seu<br \/>\npapel, podan rirse e oficiar doutra cousa, po\u00f1erse unha m\u00e1scara. Eso me<br \/>\nmoveu a aceptar.<br \/>\nAs\u00ed, o que me quedaba era disfrazarme. \u00bfDe que?. Pois de<br \/>\nprospector. Non de prospector en busca de petr\u00f3leo, que por esta terra non<br \/>\nparece ter moito futuro, se non precisamente de analista de futuro. Do futuro do<br \/>\nantroido, claro. Eso \u00e9 algo as\u00ed como ser adivi\u00f1o, pero con outro nome tentando<br \/>\ncoller categor\u00eda.<br \/>\nO seguinte foi o preguntarme, \u00bfpor onde pode comezar?. Polo<br \/>\nmomento, e para m\u00edn, o antroido estivo a punto de ser por primeira vez<br \/>\nentroido: descubr\u00edn que a palabra que usaba, antroido, non vi\u00f1a nos<br \/>\ndiccionarios. As\u00ed, estiven por deixar de empregala para ocasi\u00f3ns serias, coma<br \/>\nesta. Nembargantes, entroido nunca a usei, carnaval decid\u00edn fai alg\u00fan tempo<br \/>\ndeixalo para a meseta, lugares lonxanos ou festas con outro significado, e<br \/>\nantroxu, Nal\u00f3n arriba, c\u00e1eme moito m\u00e1is lonxe. Por eso decid\u00edn deixar as<br \/>\ncousas como estaban: antroido, para os amigos.<br \/>\nSon serio, xa o dixen antes. As\u00ed lle dic\u00eda tam\u00e9n \u00f3 protagonista maior,<br \/>\no piloto, \u00f3 Pequeno Pr\u00edncipe. Como o Principi\u00f1o non calaba con esas lerias, e<br \/>\nquer\u00eda saber, continuar vendo mundo, ir \u00f3 seu antoxo, a s\u00faa vitalidade conduxo<br \/>\na unha obra literaria para todo tempo e idade. \u00bfPor que?. Porque a todos nos fai<br \/>\nfalla evadirnos. E iso \u00e9 o antroido. Evasi\u00f3n. A grande evasi\u00f3n. Ademais, como<br \/>\nna pel\u00edcula os prisioneiros do campo de concentraci\u00f3n son \u00f3 fin tristemente<br \/>\ncazados, e as\u00ed remata a s\u00faa ilusi\u00f3n de liberdade, os antroidos tam\u00e9n acaban a<br \/>\ntiro fixo. V\u00f3ltase \u00e1 liberdade condicionada. Condicionada pola nosa historia,<br \/>\nos nosos co\u00f1ecidos, compromisos, &#8230;  en definitiva, por n\u00f3s mesmos.<br \/>\nCentr\u00e9monos na prospectiva do futuro do antroido: a\u00ed van algunhas<br \/>\nreflexi\u00f3ns.<br \/>\nUn. Hoxe en d\u00eda t\u00f3mase como unha festa, e parece que non decae a<br \/>\npesar de que a vida \u00e9, cada vez m\u00e1is, carnaval. Quen non o crea as\u00ed, que lea os<br \/>\nperi\u00f3dicos, vexa a tele ou fale cos amigos, a\u00ednda que sexa de f\u00fatbol. En todos<br \/>\nos rinc\u00f3ns hai carnaval. Nembargantes, ese carnaval pretende ser serio, non \u00e9 o<br \/>\nnoso estilo de antroido. A\u00ednda as\u00ed, \u00e9 previsible que siga a extenderse<br \/>\ncontrastando coas ideas do antroido que por aqu\u00ed se levan.<br \/>\nDous. En Venecia te\u00f1en o seu carnaval de luxo, onde todos queren<br \/>\nser Dogos de seu (non cans, entend\u00e1monos, sen\u00f3n mandamaises). Por R\u00edo o<br \/>\ncarnaval \u00e9 movemento e lucimento da vitalidade (e doutras cousas tam\u00e9n<br \/>\nvitais). Aqu\u00ed o antroido \u00e9 m\u00e1is unha evasi\u00f3n adoitando outro rol e<br \/>\nocult\u00e1ndonos como p\u00edcaros para facer trastadas e figurar como reis, por unhas<br \/>\nhoras, do noso destino. Nembargantes, a idade, a era de inocencia, est\u00e1 a pasar<br \/>\nr\u00e1pidamente. \u00c9 unha inc\u00f3gnita se o noso antroido vai resistir esa falta de<br \/>\ninocencia que se est\u00e1 a incrementar al\u00f3 onde un vaia. Moitas cousas van ter<br \/>\nque cambiar para poder superala. Nembargantes, feitos como que hoxe<br \/>\nestemos aqu\u00ed fan manter a esperanza de que esta evasi\u00f3n pode seguir facendo<br \/>\nos seus efectos ben\u00e9ficos e festeiros por moito tempo.<br \/>\nTres. Non hai tanto o antroido estaba, empero, c\u00e1seque &#8220;morto por<br \/>\norde superior&#8221;. Esa orde non puido con el e aqu\u00ed estamos de novo. \u00bfPode darse<br \/>\nnovamente no futuro o caso dunha prohibici\u00f3n directa ou indirecta?. Non<br \/>\nestamos exentos dela, pero ser\u00eda en balde, como o foi a pasada vez: a festa<br \/>\ncontinuar\u00eda, a\u00ednda que pode que desvirtuado un pouco o seu esp\u00edrito pola<br \/>\nprohibici\u00f3n, \u00f3 estilo da &#8220;lei seca&#8221;. Eso mesmo far\u00e1 cuidarse \u00f3s mandamaises<br \/>\nde tentar algo parello, a\u00ednda que aproveitando as m\u00e1scaras se produzan<br \/>\nalgunhas mascaradas que infrinxan as normas do antroido, que tam\u00e9n as hai.<br \/>\nCatro. Se miramos \u00f3s carnavales de Venecia, R\u00edo, Tenerife, &#8230;,<br \/>\nmesmo os entroidos de Laza, podemos ver que todos van cara \u00e1 grandiosidade,<br \/>\ncada un no seu modelo, cada un \u00e1 s\u00faa velocidade. \u00d3 mesmo tempo, seguen a<br \/>\nser unha actuaci\u00f3n. Nembargantes, a grandiosidade esixe uns xeitos e un<br \/>\ndirixismo que impide manter o sentido do noso antroido. Para vencer outros<br \/>\nmedios vistosos de diversi\u00f3n e\/ou enaxenaci\u00f3n, que eso \u00e9 tamen \u00f3 antroido, e<br \/>\nfacelo ademais dun xeito inocuo, neces\u00edtase cada vez un espect\u00e1culo maior. \u00c9<br \/>\ninevitable, tal como eu o vexo. O antroido ter\u00e1 que ir cambiando para combatir<br \/>\neste efecto ou aliarse con el. A alianza significa m\u00e1is cartos e unha certa<br \/>\nprofesionalizaci\u00f3n, \u00f3 estilo deses outros lugares.<br \/>\nCinco. T\u00e9ntase conservar o de cada un, neste caso o noso antroido,<br \/>\npero a profusi\u00f3n de medios que nos po\u00f1en en contacto con outros lugares van<br \/>\npouco a pouco influenciando esta festa. Non \u00e9 problema, porque hai carnavales<br \/>\nde todo tipo, polo tanto as influencias ser\u00e1n variadas. Esto, esperando que \u00f3s<br \/>\namericanos do norte non se lles ocurra a idea de facer un novo carnaval,<br \/>\nporque se non, Holliwood rematar\u00e1 non s\u00f3 co noso estilo de facelo, senon<br \/>\ntam\u00e9n por facernos creer que se fixo sempre \u00f3 seu xeito. Esperemos asemade<br \/>\nque mante\u00f1an a data do seu Halloween ben alonxada da nosa celebraci\u00f3n, so<br \/>\npena de perder un combate do mesmo xeito que os Reis o est\u00e1n a perdendo<br \/>\nfronte \u00f3 Santa Claus.., e eso que son tres contra un.<br \/>\nAs conclusi\u00f3ns anteriores, se ben son as m\u00e1is xerais, non son as<br \/>\n\u00fanicas.<br \/>\nPor exemplo, visto que non podemos igualar os disfraces sen roupa<br \/>\nque fan as ledicias dos e das turistas en R\u00edo, e tam\u00e9n dos propios cariocas, \u00e9<br \/>\nprevisible que nos busquemos e atopemos novos medios de calefacci\u00f3n para<br \/>\nque as m\u00e1scaras con pouca roupa non sufran os rigores invernais.<br \/>\nNacer\u00e1n novas m\u00e1scaras. \u00c9 un fen\u00f3meno que xa se ven estilando<br \/>\ndende tempo hai, e que est\u00e1 lonxe de esgotarse: na variaci\u00f3n est\u00e1 o gusto,<br \/>\ncomo d\u00ed unha frase que m\u00e1is dun e unha co\u00f1ecer\u00e1n e practicar\u00e1n c\u00f3 gusto<br \/>\nanunciado.<br \/>\nA electr\u00f3nica escalar\u00e1 postos nas preferencias dos antroidos. O<br \/>\nmesmo que se vai metendo en casas ou bancos, non poderia facer unha<br \/>\nexcepci\u00f3n con este fen\u00f3meno social. Xa vimos alg\u00fans artiluxios desa especie<br \/>\noutros anos, como luces ben ama\u00f1adas e sincronizadas, pero \u00e9 posible que non<br \/>\nsexa nada comparado \u00f3 que se avici\u00f1a.<br \/>\nSon previsibles outras incorporaci\u00f3ns no desenvolvemento destos<br \/>\nd\u00edas. O antroido permite o anonimato social, e ven potenciado por el. Hoxe en<br \/>\nd\u00eda est\u00e1nse a extender novas formas de comunicaci\u00f3n que outorgan a<br \/>\nposibilidade do anonimato. Tendo conta destas d\u00faas premisas, p\u00f3dese concluir<br \/>\nque \u00e9 probable que se incorporen novas formas de antroido, por exemplo, &#8220;a<br \/>\ndistancia&#8221;, do mesmo xeito que o 28 de decembro \u00e9 algo extendido usar o<br \/>\ntel\u00e9fono para gastar bromas, mentras que no s\u00e9culo pasado, antes de facer das<br \/>\ns\u00faas o se\u00f1or Bell, evidentemente non se pod\u00eda.<br \/>\nPodemos observar tam\u00e9n que as carrozas motoriz\u00e1ronse. \u00c9<br \/>\nprevisible, co uso dun parque m\u00f3bil m\u00e1is extenso e variado, que esta tendencia<br \/>\ncontin\u00fae, incorpor\u00e1ndose \u00e1 mesma a\u00ednda os disfraces individuais.<br \/>\nUn dos festexos precursores do carnaval era unha especie de circo<br \/>\nnaval fai vinte s\u00e9culos, como din alg\u00fans estudiosos do tema. Do carnaval, si.<br \/>\nDo noso antroido, dub\u00eddoo. Nembargantes, cara \u00f3 futuro, todo \u00e9 que \u00f3 club<br \/>\nn\u00e1utico lle de por ah\u00ed, e ent\u00f3n o noso antroido poder\u00eda ser precursor de esa<br \/>\nproxecci\u00f3n naval futura. \u00c9 posible, e coa motorizaci\u00f3n e en xeral a<br \/>\ninstrumentaci\u00f3n actuais, m\u00e1is f\u00e1cil que noutros tempos. Haber\u00eda que<br \/>\npreguntarlle \u00e1 directiva do club se est\u00e1 pola labor.<br \/>\nO antroido \u00e9 educativo. Seguirase a usar nos centros chamados<br \/>\neducativos para facer algunha que outra trastada, \u00f3 tempo ou a parte da propia<br \/>\neducaci\u00f3n. \u00c9 posible adem\u00e1is, dentro da pol\u00edtica ministerial, a s\u00faa inclusi\u00f3n<br \/>\ncomo li\u00f1a transversal no curr\u00edculum escolar.<br \/>\nFalemos de cartos. Estamos a vivir tempos de privatizaci\u00f3n. Se se<br \/>\npensa en privatizar a xesti\u00f3n de hospitais p\u00fablicos, por exemplo, \u00bfpor que non<br \/>\no antroido?. Nese caso, \u00bfque se preparen as comisi\u00f3ns a non recibir<br \/>\nsubvenci\u00f3ns?. O antroido, te\u00f1a ou non subvenci\u00f3ns, sempre foi p\u00fablico e<br \/>\nsempre foi privado. Sempre necesitou dun esp\u00edritu social para levalo a cabo,<br \/>\npero sempre foron os particulares as m\u00e1scaras. Pola privatizaci\u00f3n, poder\u00e1<br \/>\ncambiar algo o modo de financiamento, pero nada m\u00e1is.<br \/>\nEn canto \u00f3s premios&#8230; \u00e9 bonito e atra\u00ednte para o turismo que os<br \/>\ndisfraces sexan traballados, pero por ese lado \u00e9 dif\u00edcil competir con outros<br \/>\ncarnavales. Nembargantes, a competencia \u00e9 a competencia, e as leis do<br \/>\nmercado infl\u00faen en moitos campos. Pode que o factor m\u00e1is influ\u00ednte no futuro<br \/>\ndesenvolvemento dos premios sexa externo \u00f3 propio antroido: m\u00e1is que a<br \/>\nprivatizaci\u00f3n, a marcha da econom\u00eda en xeral.<br \/>\nEn relaci\u00f3n a outro aspecto, fai pouco le\u00edn que &#8220;os carnavales caen<br \/>\nbaixos este ano&#8221;. Espero que non caian baixo m\u00e1is que polo n\u00famero que ten<br \/>\nasignado o d\u00eda no que comezan, pois non \u00e9 esa a tendencia aqu\u00ed en Ribadeo.<br \/>\nHai que lembrar, sobre esto das datas, que xa se produxeron algunha vez<br \/>\nnoutra temporada: os chamados &#8220;carnavales de ver\u00e1n&#8221;, e a eses si que lles<br \/>\nchamo carnavales. \u00bfL\u00e9mbr\u00e1desvos do que xa dixen sobre a econom\u00eda do<br \/>\nantroido e as influencias externas sobre o noso?. \u00c9 posible que esas festas<br \/>\ncarnavalescas se incrementen, pero non penso que se lles deba chamar<br \/>\nantroido. Ser\u00e1n carnaval. \u00bfA influencia sobre o propio antroido?. Polo<br \/>\nmomento, est\u00e1 a salvo, porque son influenciadas por el e non \u00f3 rev\u00e9s. Perante<br \/>\nc\u00e1nto tempo, eso xa \u00e9 m\u00e1is dificil o dicilo e depender\u00e1 de moitos factores.<br \/>\nPola sequedade da boca ven outra vez \u00f3s meus labios o dito de<br \/>\nGraci\u00e1n: &#8220;o bo, se \u00e9 breve&#8230;&#8221;. Por a\u00ed, pola sequedade, penso que \u00e9 cousa de ir<br \/>\nrematando. Queda para outra o tratar de imaxinar o futuro do antroido en<br \/>\nrelaci\u00f3n a outras moitas facetas. Como exemplo delas sirven a m\u00fasica ou o<br \/>\nsexo.<br \/>\nEn fin, isto \u00e9 a prospectiva: analizar tendencias para vislumbrar o<br \/>\nfuturo. Eu, de calquera xeito, non me fiar\u00eda moito dunha prospectiva do futuro<br \/>\ndo antroido feita por un disfrazado.<br \/>\nA\u00ednda as\u00ed, costoume facela. E te\u00f1o que dicilo, porque \u00e9 tam\u00e9n unha<br \/>\nmet\u00e1fora do antroido. Nestas datas, hai moito detr\u00e1s: ilusi\u00f3n, traballo,<br \/>\nimaxinaci\u00f3n, persoas&#8230; \u00e9 algo matinado para vivir uns d\u00edas m\u00e1xicos antes que<br \/>\nchegue o momento de quitarse a m\u00e1scara.<br \/>\nBen, penso que os obxectivos das cousas d\u00e9bense definir \u00f3 principio.<br \/>\nNembargantes, acordei definilo \u00f3 final, tras ve-las caras dos que me escoitan<br \/>\nhoxe: O obxectivo era sacar \u00e1 luz o esp\u00edrito do antroido. Espero haber axudado<br \/>\na facelo, e con eso remato esta pequena perorata. Meu disfraz xa non vale, este<br \/>\npequeno antroido xa se foi. Agora comeza o antroido de todos. O futuro que<br \/>\nmencionei xa chega. Viv\u00e1molo.<br \/>\nAntonio Gregorio Montes<br \/>\nRibadeo, febreiro de 1997.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Na procura dalg\u00fan escrito vello, e como un a parte das outras entradas, aqu\u00ed queda o preg\u00f3n do antroido 97, le\u00eddo por min o pasado d\u00eda 7 de febreiro de 1997 na s\u00e1 de festas Rosa-Lar de Ribadeo&#8230; \u00a1boa lectura! &#8220;O antroido do futuro&#8221; Boas tardes. &#8220;Actuar \u00e9 un luxo que permite mostra-los sentimentos que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10],"class_list":["post-9484","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9484","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9484"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9484\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9484"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9484"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9484"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}