{"id":9482,"date":"2008-08-31T00:05:00","date_gmt":"2008-08-30T22:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:30:57","modified_gmt":"2024-11-12T14:30:57","slug":"contrur-futuro-un-artigo-de-pancho","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/08\/31\/contrur-futuro-un-artigo-de-pancho\/","title":{"rendered":"Constru\u00edr futuro, un artigo de Pancho Campos na Comarca desta fin de semana"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Deixo aqu\u00ed un artigo dun amigo, na li\u00f1a de oposici\u00f3n \u00e1 construcci\u00f3n da nave en Ribadeo:<\/p>\n<p><em>Construir futuro<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nPancho Campos<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><em><br \/>\nFai meses que estamos escoitando as moi diversas opini\u00f3ns sobre as consecuencias destructivas que para a R\u00eda de Ribadeo ser\u00eda a construcci\u00f3n da nave-garaxe que ENCE pretende facer como terminal de carga para a pasta de papel.<\/p>\n<p>A este respecto, a maior\u00eda dos vecinos de Ribadeo e moitos dos pobos lim\u00edtrofes a R\u00eda, nos pronunciamos en contra de dita obra, considerando incluso unha vileza administrativa a simple proposici\u00f3n de obra para tama\u00f1o monstro arquitect\u00f3nico no bel\u00edsimo e incomparable \u00e1mbito natural en que se designa.<\/p>\n<p>Pois ben. Agora leemos nos medios de comunicaci\u00f3n o contrato ENCE-FEVE para o traslado da carga para o porto de Aviles, pois a\u00ednda que alg\u00fans din textualmente que ser\u00eda para Xix\u00f3n, par\u00e9ceme estra\u00f1o preten\u00adder instalar unha v\u00eda de FEVE desde a praza dos M\u00e1rtires o Musel. De todas formas sacar 500.000 Tm\/ano de pasta de papel en un tren de v\u00eda estreita, non vai ser ningunha bro\u00adma, pois equivale a sacar 500.000 Tm\/365 d\u00edas = 1370 Tm diarias, e supo\u00f1endo 40 Tm para este tipo de vag\u00f3ns-plataforma, son 35 vag\u00f3ns diarios o qu\u00e9 equivale a un convoi de case 500 m. de largo. En Estados Unidos \u00e9 f\u00e1cil de levar a cabo co ancho de v\u00eda dos trens e coa orograf\u00eda llana do terreo que te\u00ad\u00f1en, eu al\u00ed te\u00f1o visto trens de 12 e 14.000 Tm de varios kil\u00f3metros de largo con catro e seis locomotoras, na \u00e9poca de recollei\u00adta do trigo e do millo, e nos transportes de mineral e carb\u00f3n. Aqu\u00ed dubido moito que se<\/p>\n<p>poida facer tama\u00f1o transporte coa cantida-de de curvas que ten o trazado da v\u00eda e a inseguridade de tracci\u00f3n de dito convoi en v\u00eda estreita, como \u00e9 o caso. Pero ese non \u00e9 noso problema, as\u00ed que xa o solucionar\u00e1n os &#8220;despertos&#8221; na materia.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n se oe, que podemos perder postos de traballo no porto de Ribadeo sen\u00f3n se fai dita nave. Este comentario \u00e9 realmente malvado, inxusto e mal\u00e9volo. Vexamos. Recordando un pouco a historia da mi\u00f1a propia familia co Porto de Ribadeo, podo dicir que meu av\u00f3 Pancho por li\u00f1a paterna, cando a primeiros dos anos 1930 volta por segunda vez de Cuba, empr\u00e9gase na colla, na que ten a desgracia de accidentarse o caer entre un barco de carga no que traballaba e o muelle, o que o leva a morte os seis meses como consecuencia do aplastamento que recibiu. Pois ben. Na colla hab\u00eda de 24 a 28 persoas ou o equivalente a d\u00faas mans de traballo de doce ou de catorce homes, para facer a car\u00adga e descarga dos barcos mercantes, e aten\u00adder do seu amarre. Nos barcos de pesca, estaban enrolados m\u00e1is de medio cento de homes. Por outra banda, meu pai Pancho e seus irm\u00e1ns, quedan orfos e peque\u00f1os can\u00addo o \u00f3bito de meu av\u00f3 ocorre, e mi\u00f1a avoa Pepa e eles, def\u00e9ndense como poden para sobrevivir as penurias da Guerra Civil. Meu pai vai a Escola da Granxa pola man\u00e1, co para \u00e9l o millor mestre e inolvidable Genaro. Pola tarde aprende o oficio de mec\u00e1nico no taller de Larravide, e logo, xa maior de idade, pasa a traballar nos talleres do muelle por mais de 30 anos, con Jes\u00fas e con Seivane e Barcia, os Carrelos; mais tarde ir\u00eda para a f\u00e1brica de Alginatos da Vilavella, onde por desgracia morreu tam\u00e9n novo.<\/p>\n<p>Cando traballaba meu pai no muelle de Figueir\u00faa, polos anos 50, 60 e 70, eu mesmo record\u00f3 no ano setenta e tres, Seivane e Barcia tina mais de trinta empregados: mec\u00e1\u00adnicos, soldadores, montadores, etc. propios e de subcontratas, pois fac\u00edan para os bar\u00adcos de arrastre de casco de madeira, todo o puente de aluminio e aceiro, as\u00ed como, toda a instalaci\u00f3n el\u00e9ctrica, fabricaci\u00f3n e montaxe de tanques, motores, servo motor do tim\u00f3n, alineaci\u00f3n do eixe de cola e propulsor principal, montaxe aparatos de navegaci\u00f3n diversos,.etc. etc. Nos talleres lim\u00edtrofes, aserradeiros, f\u00e1brica de xeo e barcos de pesca de altura e baixura, pod\u00eda haber outro cente\u00adnar de homes. Pola outra banda, Asteleiros Gond\u00e1n estaba constru\u00edndo 1 barco ramplero por mes, con unha plantilla de persoal moi grande.<\/p>\n<p>Con todo esto quero dicir que se perde-ron moitos empregos no Porto de Ribadeo, e si se fixera o que vimos dicindo desde fai meses, os que nos manifestamos en contra da &#8220;nave-garaxe&#8221;, esto \u00e9, montar unha gr\u00faa p\u00f3rtico para carga de contenedores, eso si ser\u00eda dinamizar a actividade do porto e tra\u00adballar en serio por un futuro mellor. Nos, non estamos en contra de activar o porto, e crear mais postos de traballo, sen\u00f3n que o que non queremos e seguir vendo a destrucci\u00f3n da R\u00eda de Ribadeo, sen siquiera levantar a voz e gritar con todas as forzas, NON MAIS BAR\u00adBARIDADES NA R\u00cdA (l\u00e9ase escolleras \u00bfpara qu\u00e9?; pilastras do ponte \u00bfnon hai outros tipos de construcci\u00f3n de pontes?; recheos \u00bfnon hai explanadas naturais mellor feitas a todo o largo da r\u00eda sen tocar o seu \u00e1lveo?)<\/p>\n<p>Os vecinos de Ribadeo, polos anos sesen\u00adta e setenta, v\u00edamos medrar a actividade do porto de tal forma, que estudiamos e conse\u00adguimos o t\u00edtulo, dezaoito capit\u00e1ns e xefes da Marina Mercante por aquetas datas. Alg\u00fans incluso pens\u00e1bamos en navegar uns anos e volver para traballar no noso porto, cousa que nunca ocorreu, precisamente pola desi\u00addia das autoridades competentes que nunca emendaron as barbaridades que se fac\u00edan e se humillaron para sobrevivir e defender prebendas complementarias en aras de que &#8220;creaban emprego&#8221; e non era cuesti\u00f3n de ir en contra das obras, o que eu traduzo por que &#8220;creaban cazo&#8221; e naide est\u00e1 en contra do seu propio peto.<\/p>\n<p>Para terminar, se ENCE-FEVE fixeron un contrato, claro est\u00e1 que se van a gastar millos de euros dos fondos p\u00fablicos, supo\u00adnemos que a Administraci\u00f3n do Tesouro P\u00fablico agora considera o proxecto elixido mais &#8220;rentable&#8221; que o do Porto de Ribadeo, pois montar a gr\u00faa p\u00f3rtico aqu\u00ed, custar\u00e1 uns dez millos de euros, mentres que tender e poner a funcionar unha v\u00eda f\u00e9rrea, e montar a gr\u00faa p\u00f3rtico de descarga de trenes tipo Porto de Amberes, en Aviles ou en Xix\u00f3n, tanto me ten, pode sa\u00edr por centos de mill\u00f3s de euros, a diferencia de capitales e clara, pero &#8230; quiz\u00e1is alg\u00fan &#8220;defensor do cazo&#8221; nos siga achacando e dando a tabarra os manifestan\u00adtes, culp\u00e1ndonos da p\u00e9rdida de empregos o non deixar montar aqu\u00ed tama\u00f1o enxendro de nave.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/search\/label\/ria_si_nave_non\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">R\u00eda s\u00ed, nave non<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Deixo aqu\u00ed un artigo dun amigo, na li\u00f1a de oposici\u00f3n \u00e1 construcci\u00f3n da nave en Ribadeo: Construir futuro Pancho Campos Fai meses que estamos escoitando as moi diversas opini\u00f3ns sobre as consecuencias destructivas que para a R\u00eda de Ribadeo ser\u00eda a construcci\u00f3n da nave-garaxe que ENCE pretende facer como terminal de carga para a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,46,80,77],"class_list":["post-9482","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-pancho-campos","tag-ria_si_nave_non","tag-tren"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9482","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9482"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9482\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9482"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9482"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9482"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}