{"id":9478,"date":"2008-09-03T08:45:00","date_gmt":"2008-09-03T06:45:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:30:45","modified_gmt":"2024-11-12T14:30:45","slug":"perspectivas-diferentes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/09\/03\/perspectivas-diferentes\/","title":{"rendered":"Perspectivas diferentes"},"content":{"rendered":"<p>Hoxe a prensa trae d\u00faas entrevistas a dous hostaleiros de Ribadeo. Un, propietario dun c\u00e1mping, e outro, dun hotel. As perspectivas que ofrecen son totalmente diferentes. O campista, unha moi baixa ocupaci\u00f3n mesmo en agosto. O hostaleiro, batendo r\u00e9cords de pernoctas. Evidentemente, son s\u00f3 dous casos, e pode haber moitos outros con visi\u00f3ns do tema diferentes a pesares de ter circunstancias de partida aparentemente veci\u00f1as. Mais, se nos paramos un pouco, coinciden algunhas cousas que permiten unha explicaci\u00f3n e unha xeralizaci\u00f3n a traverso dela. A primeira, a tranquilidade: o c\u00e1mping est\u00e1 situado nun lugar pr\u00f3ximo \u00e1 autov\u00eda, algo que ten que facer mella dende o ano pasado en que se inaugurou a autov\u00eda, cando o illamento que hai \u00e9 unha tela, mentras o hotel est\u00e1 situado nunha zona moi tranquila de Ribadeo. O segundo, os accesos. Qu\u00e9ixase o campista de que non van repararllos. Os do hotel est\u00e1n abondo bo estado. As instalaci\u00f3ns parece que, en relaci\u00f3n \u00f3s seus semellantes, son boas en \u00e1mbolosdous casos. Pero de novo volta a queixarse o campista en que o concello non promociona; calquera que pase polo hotel ve que ten unha autopromoci\u00f3n forte, non do concello. Adem\u00e1is, os clientes pertencen l\u00f3xicamente a diferentes segmentos de consumidores, e en principio, os do c\u00e1mping son de nivel de consumo inferior \u00f3s do hotel, e xa se sabe que as crises afectan menos canto m\u00e1is cartos se te\u00f1en. En fin, o hotel remata de beneficiarse dunha duplicaci\u00f3n de prazas, e xa \u00e9 unha empresa dunha certa entidade. O c\u00e1mping segue a ser unha pequena empresa de tempada. E xa \u00e9 co\u00f1ecido tam\u00e9n que as empresas m\u00e1s grandes poden ter m\u00e1is recursos&#8230;<br \/>\nO anterior, a parte naturalmente da pericia dos empresarios, que \u00e9 a que senta as bases de grande parte das diferencias de competitividade anteriores (a\u00ednda que non de todas nin moito menos, a\u00ed est\u00e1n por exemplo as regulaci\u00f3ns que sofren ou disfrutan)<br \/>\nO caso \u00e9 que, como de antigo, cada un fala da feira segundo como lle vai nela.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hoxe a prensa trae d\u00faas entrevistas a dous hostaleiros de Ribadeo. Un, propietario dun c\u00e1mping, e outro, dun hotel. As perspectivas que ofrecen son totalmente diferentes. O campista, unha moi baixa ocupaci\u00f3n mesmo en agosto. O hostaleiro, batendo r\u00e9cords de pernoctas. Evidentemente, son s\u00f3 dous casos, e pode haber moitos outros con visi\u00f3ns do tema [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21],"class_list":["post-9478","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9478","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9478"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9478\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9478"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9478"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9478"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}