{"id":9477,"date":"2008-09-04T01:05:00","date_gmt":"2008-09-03T23:05:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:30:43","modified_gmt":"2024-11-12T14:30:43","slug":"inflaccin-unha-decal-e-outra-de-area-ou","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/09\/04\/inflaccin-unha-decal-e-outra-de-area-ou\/","title":{"rendered":"Inflacci\u00f3n. Unha de cal e outra de area, ou eran d\u00faas?"},"content":{"rendered":"<p>De cando en vez hai novas moi curiosas. <a href=\"http:\/\/www.publico.es\/ciencias\/147013\/lluvia\/invierno\/verano\">Aqu\u00ed<\/a>, unha delas que manifesta claramente a intervenci\u00f3n humana no clima, mesmo de xeito accidental e pasaxeiro.<br \/>\nOutras novas ou artigos non son tan curiosas nin estranos: &#8220;<a href=\"http:\/\/www.elpais.com\/articulo\/opinion\/Letanias\/contraletanias\/elpepuopi\/20080903elpepiopi_4\/Tes\">Y, al menos, una visi\u00f3n optimista del mundo nos deber\u00eda permitir pensar que los electores acaban valorando tambi\u00e9n a pol\u00edticos que reconocen la complejidad y toman sus decisiones con transparencia<\/a>&#8220;. A\u00ednda que cos tempos que corren, mesmo pareza que si son estranos, pois eso de que as decisi\u00f3ns a tomar polos pol\u00edticos deben contemplar a complexidade da vida e adem\u00e1is, ser transparentes, como que non est\u00e1 moi en boga. Pois iso, unha visi\u00f3n optimista do mundo&#8230;<br \/>\nPor outra parte, novas como que <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/09\/04\/0003_7111341.htm\">a comarca xa ten tres hoteis de catro estrelas e vai cami\u00f1o do cuarto<\/a>, poden ser s\u00edntoma do progreso da comarca&#8230; ou non, pois non s\u00f3 os pol\u00edticos son os que te\u00f1en que considerar as cousas de xeito complexo, e hai algo m\u00e1is que a econom\u00eda e a mellora na acumulaci\u00f3n de cartos (dalgu\u00e9n). As novas poden ser m\u00e1is ponderadas, pero \u00e9 dif\u00edcil pola mec\u00e1nica das cousas. Non \u00e9 ponderaci\u00f3n xuntar \u00e1 nova anterior o panem et circenses que representa que seis bandas act\u00faen ma\u00f1\u00e1 no Musikeo. \u00c9 mala cousa que act\u00faen? Non, en principio. Pero onte mesmo escoitei a xente, veci\u00f1os de Ribadeo, protestar moi forte por ter as actuaci\u00f3ns dos venres pasados no solar\/aparcamento da avenida troncal, retumbando de potencia nas vivendas veci\u00f1as.<br \/>\nMentras, os concellos organizan a informaci\u00f3n usando a propaganda, e as\u00ed atop\u00e1monos nas novas de hoxe algunha cousa curiosa m\u00e1is, como que comezan as obras do ascensor da Atalaia e temos un panex\u00edrico a favor do mesmo por parte do concello, porque vai permitir &#8216;humanizar&#8217; unha zona pr\u00f3xima a Atalaia&#8230; mentras queda afectado &#8216;per saecula saeculorum&#8217; o talud, a parte dos gastos que producir\u00e1, que segundo declaraci\u00f3ns do mesmo alcalde actual (non do pasado), non se sabe c\u00e1ntos van ser (nin como se van cubrir)<br \/>\nUn aumento de informaci\u00f3n (sabendo e podendo discriminala) non \u00e9 malo. Pode que facilite por exemplo, a transparecia. Por eso o manter blogs por parte dos concelleiros pode non ser mala cousa. En Ribadeo hai longo tempo que din nova de dous blog diferentes de pol\u00edticos diferentes: <a href=\"http:\/\/oblogdehoracio.blogspot.com\/\">http:\/\/oblogdehoracio.blogspot.com\/<\/a>, e <a href=\"http:\/\/www.blogoteca.com\/upri\/\">http:\/\/www.blogoteca.com\/upri\/<\/a>, se ben es \u00faltimo, tratado hoxe na prensa como o blog de F. Rivas, remite non a si mesmo, sen\u00f3n a UPRi, que debera ser algo m\u00e1is que Rivas. Nese xeito, tam\u00e9n o BNG de Ribadeo ten p\u00e1xina. De calquera xeito, pouco se actualizan calquera dos tres, como se pode comprobar, ganando de longo en canto a renovaci\u00f3ns o de Horacio, e mant\u00e9ndose o da UPRi dende as elecci\u00f3ns, no que parece un reflexo pol\u00edtico condicionado. Iso si, os dous blog son 2\/3 dos blog declarados de pol\u00edticos mari\u00f1anos, polo que vemos que Ribadeo ocupa a cabeza pol\u00edtica mari\u00f1\u00e1n en internet. En cambio, coido que imos ter que esperar tempo ata que se concrete o da &#8216;administraci\u00f3n electr\u00f3nica&#8217;, con xesti\u00f3ns da administraci\u00f3n local por internet, algo no que por exemplo Trabada vai m\u00e1is al\u00f3. E non ser\u00e1 porque aqu\u00ed non se fixera alg\u00fan proxecto europeo sobre gobernanza electr\u00f3nica, como <a href=\"http:\/\/www.egov-net.org\/en\/index.asp?p=1-8\">e-gov<\/a>, no que participou ACISA.<br \/>\nComo esto estase a alongar, deixo varias ligaz\u00f3ns para abrir boca un tema que est\u00e1 estes d\u00edas a punto de entrar no candeleiro: o plan galego de &#8216;Parques de Tecnolox\u00eda alimentaria&#8217; (=piscifactor\u00edas). <a href=\"http:\/\/webpesca.xunta.es\/pescacms\/export\/sites\/default\/WebPesca\/galerias\/binarios\/a_0_IndicePresentacion.pdf\">Aqu\u00ed, a presentaci\u00f3n do proxecto (de hai cousa de un ano)<\/a>. <a href=\"http:\/\/webpesca.xunta.es\/pescacms\/export\/sites\/default\/WebPesca\/galerias\/binarios\/b_25_foxolongo.pdf\">Aqu\u00ed, a parte correspondente \u00e1 piscifactor\u00eda de Foxo Longo<\/a> (Meirengos, tam\u00e9n chamada de Rinlo), e <a href=\"http:\/\/webpesca.xunta.es\/pescacms\/export\/sites\/default\/WebPesca\/galerias\/binarios\/b_26_corvo.pdf\">aqu\u00ed, a da punta do Corvo<\/a> (a veci\u00f1a \u00f3 Castro das Grobas), ambos, con informaci\u00f3n do ano pasado. Adem\u00e1is, estar\u00edan os planos correspondentes do <a href=\"http:\/\/ribadeo.org\/apxom\/\">PXOM de Ribadeo<\/a> por riba. <a href=\"http:\/\/www.adega.info\/\">Adega<\/a> est\u00e1 esperando a ver a sa\u00edda definitiva no <a href=\"http:\/\/www.xunta.es\/diario-oficial\">DOG<\/a>, pero traballando xa sobre o tema, coa proposta dun <a href=\"http:\/\/www.adega.info\/files\/Litoral\/Iniciativas%20ADEGA%20PLANO%20ACUICOLA.pdf\">Plano de acci\u00f3n<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De cando en vez hai novas moi curiosas. Aqu\u00ed, unha delas que manifesta claramente a intervenci\u00f3n humana no clima, mesmo de xeito accidental e pasaxeiro. Outras novas ou artigos non son tan curiosas nin estranos: &#8220;Y, al menos, una visi\u00f3n optimista del mundo nos deber\u00eda permitir pensar que los electores acaban valorando tambi\u00e9n a pol\u00edticos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[13,9],"class_list":["post-9477","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9477","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9477"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9477\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9477"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9477"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9477"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}