{"id":947,"date":"2024-02-09T12:58:00","date_gmt":"2024-02-09T11:58:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-10-23T11:58:05","modified_gmt":"2024-10-23T09:58:05","slug":"tres-contra-o-mundo-neste-caso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2024\/02\/09\/tres-contra-o-mundo-neste-caso\/","title":{"rendered":"Tres contra o mundo?"},"content":{"rendered":"<table align=\"center\" cellpadding=\"0\" cellspacing=\"0\" class=\"tr-caption-container\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\">\n<tbody>\n<tr>\n<td style=\"text-align: center;\"><a href=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/California_Oil_and_Gas.jpg\" imageanchor=\"1\" style=\"margin-left: auto; margin-right: auto;\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" height=\"364\" src=\"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-content\/uploads\/sites\/4\/2024\/02\/California_Oil_and_Gas.jpg\" class=\"wp-image-948\" width=\"640\" \/><\/a><\/td>\n<\/tr>\n<tr>\n<td class=\"tr-caption\" style=\"text-align: center;\"><span style=\"font-size: x-small;\">Bombeando petr\u00f3leo. Foto en <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Dominio_p%C3%BAblico\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">DP<\/a>,&nbsp; collida de <a href=\"https:\/\/commons.wikimedia.org\/wiki\/File:California_Oil_and_Gas.jpg\" rel=\"nofollow noopener\" target=\"_blank\">Wikimedia Commons<\/a>.<br \/>\n<\/span><\/td>\n<\/tr>\n<\/tbody>\n<\/table>\n<p>Tres contra o mundo?<\/p>\n<p>&nbsp;<span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai unha certa tendencia a querer convencernos de que o 28 COP, o 28\u00ba Cumio polo Clima desenvolto hai un par de meses en Dubai, foi un \u00e9xito. Ou \u00f3 menos, que &#8216;non pode cualificarse de fracaso&#8217;. Despois de 27 incumprimentos, o mesmo n\u00famero que cumes previos, coido que si, que polo menos temos fundamento para as nosas d\u00fabidas, xa non sobre o resultado anunciado, sen\u00f3n sinxelamente de que a cousa te\u00f1a valido para algo. Por certo, Dubai, que era o organizador neste caso, por se non se lembra, \u00e9 un estado rico en e por o petr\u00f3leo.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pero, \u00f3 tempo, tam\u00e9n criamos que hab\u00eda que intentalo, que hai que intentalo todas as veces posibles porque non hai alternativa \u00e1 vista a tentar po\u00f1er un chanzo para salvar o planeta e a n\u00f3s con el. A\u00ednda que o xefe do cotarro fora tam\u00e9n o presidente dunha compa\u00f1\u00eda pouco interesada en cambiar o statu quo -m\u00e1is ben \u00f3 contrario, interesada en mantelo-. Pouco interesado en reducir as emisi\u00f3ns de CO<sub>2<\/sub>. A\u00ednda que o planeta &#8216;faga augas&#8217; por moitos sitios, a m\u00e1is da emerxencia clim\u00e1tica. Coa guerra sempre presente e nunca vendo esvaecerse o perigo de destruci\u00f3n mutua total. Sen esquecer o esgotamento dos recursos naturais. Tendo presente a contaminaci\u00f3n de terra, mar e aire por substancias diversas, de hidrocarburos a velenos pasando por micropl\u00e1sticos. E mesmo deixando \u00e1 beira outras contaminaci\u00f3ns que poden parecer menos importantes, da luminosa nocturna ou ru\u00eddo continuo que entolean \u00e1 natureza e enganan \u00e1s persoas, \u00e1 do espazo, no que os refugallos espaciais dificultan cada vez m\u00e1is o noso futuro al\u00f3 arriba, de viaxes espaciais a telecomunicaci\u00f3ns. E a\u00ednda considerando s\u00f3 algo derivado a cousas como a violencia e a fame. Por suposto que todos son problemas. Mesmo graves. E a\u00ednda que podamos percibir claramente alg\u00fans como peores ca outros, todos -p\u00f3dese amosar- son urxentes. Todos demandan soluci\u00f3n. Pero si, a emerxencia clim\u00e1tica tam\u00e9n emerxeu xa hai tempo como moi urxente, e dende aquela a temperie segue a bater marcas cada vez m\u00e1is ameazantes de temperaturas, de ventos, de secas ou de chuvias torrenciais, todo \u00e1 vez.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Ben, pois pouco despois dese cumio no que o que se logrou foron unhas cantas verbas para dulcificar e desculpabilizar o que todo o mundo sabe, seguimos a ter a percepci\u00f3n de que, como noutros casos, un pu\u00f1ado de xente empurra \u00f3 conxunto \u00f3 desastre nunha versi\u00f3n moderna e adaptada daquel &#8216;ande eu quente e r\u00edase a xente&#8217; de s\u00e9culos pasados. E as\u00ed, sen quitar a pouca ou moita culpa que todos temos, salienta o t\u00edtulo dun libro rec\u00e9n editado que chegou con s\u00f3 tres compa\u00f1\u00edas para impo\u00f1er criterios nas diversas cumes do clima. Ser\u00edan estas Aramco, Gazprom e China Energy. Tres contra o mundo, a\u00ednda que estean acompa\u00f1adas doutros moitos intereses: non creo que Repsol, Exxon ou Shell, por dicir outras tres, estean f\u00f3ra de sospeita. E non, tampouco ser\u00eda l\u00f3xico quitarnos de riba a parte que nos corresponda, como pa\u00eds, vila ou individuo, por \u00ednfima que sexa en relaci\u00f3n \u00f3 total de culpa. Pero choca que se d\u00e9 conta dun pico de contaminaci\u00f3n en Lahore, Paquist\u00e1n, a cidade m\u00e1is contaminada do mundo (\u00f3 mellor non te decataches, que hab\u00eda outras cousas nas noticias), ou dunha nova marca de contaminaci\u00f3n de CO<sub>2<\/sub> a nivel mundial (un 1,5% m\u00e1is que o ano pasado polas mesmas datas, pode que tampouco te decataras) xusto nos mesmos d\u00edas nos que se escoita que hai que volver \u00f3 motor de combustible tradicional porque os motores el\u00e9ctricos (ben, iso non, ser\u00eda demasiado), os coches el\u00e9ctricos, non dan bo resultado&#8230;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Despois de todo, si, tres (a\u00ednda que sexa \u2018e pico\u2019) contra o mundo que tentan convencer mentres seguen a chupar&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bombeando petr\u00f3leo. Foto en DP,&nbsp; collida de Wikimedia Commons. Tres contra o mundo? &nbsp;&nbsp;&nbsp; &nbsp;Hai unha certa tendencia a querer convencernos de que o 28 COP, o 28\u00ba Cumio polo Clima desenvolto hai un par de meses en Dubai, foi un \u00e9xito. Ou \u00f3 menos, que &#8216;non pode cualificarse de fracaso&#8217;. Despois de 27 incumprimentos, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":948,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[26,9],"class_list":["post-947","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sen-categoria","tag-medio","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/947","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=947"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/947\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media\/948"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=947"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=947"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=947"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}