{"id":9466,"date":"2008-09-12T07:42:00","date_gmt":"2008-09-12T05:42:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:30:28","modified_gmt":"2024-11-12T14:30:28","slug":"descoecido","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/09\/12\/descoecido\/","title":{"rendered":"Desco\u00f1ecido"},"content":{"rendered":"<p>Coido que o m\u00e1is interesante que pasou onte en Ribadeo, pasou desapercibido. En realidade, non \u00e9 das cousas que soe ser noticia: unha t\u00e1boa redonda nunhas <a href=\"http:\/\/www.jornadastecnicasdeautomocion.com\/jor18\/jor18.php\">xornadas de automoci\u00f3n<\/a> pasa en xeral desapercibida. Onte participei nela como mantedor e int\u00e9rprete e coido que, \u00e1s veces, non debera ser as\u00ed. Estaba previsto que vi\u00f1era xente de d\u00faas empresas, todos italianos, a falar diante dos preto de cen participantes, todos profesores da rama de automoci\u00f3n de Galicia e comunidades lim\u00edtrofes. Excusaron a s\u00faa asistencia dous participantes dunha empresa italiana e foron substitu\u00eddos por un dunha empresa espa\u00f1ola, quedando \u00f3 fin constitu\u00edda por Elio Premoli (empresa Multicar, Italia) e Eduardo Rega (Carrocer\u00eda Hermanos Rega), sobre o tema &#8216;Soluci\u00f3ns para o autom\u00f3bil: software&#8217;.<br \/>\nPor que foi remarcable? Empezando polo menos importante, persoal, foi para min un desaf\u00edo o facer unha interpretaci\u00f3n dunha intervenci\u00f3n de m\u00e1is dunha hora italiano-galego, sobre un tema que non controlo demasiado, e quedei a gusto de como foi sa\u00edndo a cousa. O traballo deixome a posibilidade (m\u00e1is ben, case me obrigou a facelo) de pensar cunha certa profundidade na preparaci\u00f3n da mesa e no seu desenvolvemento. E as\u00ed, puiden ver como nun evento tipo mesa redonda non se pode pensar a priori en complementareidades: o italiano que fixo a s\u00faa exposici\u00f3n contaba coa exposici\u00f3n previa dos outros italianos e, o faltaren, tivo que variar de xeito r\u00e1pido a s\u00faa exposici\u00f3n. De igual xeito, o representante da carrocer\u00eda de Alfoz atopouse de sa\u00edda cunha situaci\u00f3n, que houbo que disculpar pola premura da preparaci\u00f3n en \u00faltima instancia, de menor uso de medios audivisuais. Entend\u00e1monos, calquera dos dous controlaba abondo a exposici\u00f3n que fixo, pero atop\u00e1ronse de pronto con imprevistos sustanciais que non tiveron inconvinte en superar pero que implicaron unha exposici\u00f3n diferente \u00e1 que ter\u00edan de non haber fallado os outros italianos.<br \/>\nO representante de Hermanos Rega, que fixo a s\u00faa intervenci\u00f3n en segundo lugar, amosou unha empresa en transformaci\u00f3n que non parece cadrar cos estereotipos empresariais da comarca nunha industria tan competitiva hoxe como a da automoci\u00f3n, e que implica cousas como a preparaci\u00f3n da s\u00faa industria como fabricante de veh\u00edculos, e non como sinxelo aportador dunha caixa que vai \u00f3 final dos cami\u00f3ns. De feito, por f\u00f3ra da t\u00e1boa, atopeime con informaci\u00f3n complementaria que indica ata que punto unha empresa de 51 anos asociada \u00e1 comarca est\u00e1 implant\u00e1ndose \u00e1 s\u00faa escala no futuro tecnol\u00f3xico e de funcionamento interno. O seu descubrimento foi para min unha sorpresa.<br \/>\nO outro intervinte amosou tam\u00e9n a s\u00faa empresa, que poder\u00edamos asociar \u00e1 idea dunha pequena rede de talleres de coches. A idea do empresario non vai exactamente por a\u00ed: certamente, tr\u00e1tase dunha pequena rede de talleres, pero os entresixos da mesma non son os tradicionais, procurando \u00f3 tempo a diversificaci\u00f3n e a adaptaci\u00f3n a un mercado do autom\u00f3bil abondo m\u00e1is maduro do que se da por aqu\u00ed, e a liderar as relaci\u00f3ns non s\u00f3 cos clientes para a s\u00faa fidelizaci\u00f3n sen\u00f3n tam\u00e9n coas grandes aseguradoras que tentan ganar m\u00e1is a conta de quedarse coa parte do pastel que lles corresponde \u00f3s empresarios do sector. Amosu as\u00ed o movemento asociativo que se est\u00e1 a desenvoltar no norte de Italia para facer este tipo de industria desenvolto cara \u00f3 futuro, a s\u00faa historia a partires do ano 1992 e os movementos que o levaron a que, a pesares de cambios lexislativos e normativos estatais impulsados polas empresas de seguros italianas, coller a dianteira na preparaci\u00f3n ante os mesmos.<br \/>\nAs\u00ed, o dsenvolvemento pouco a pouco, procurando a mellora e o aumento da producci\u00f3n dunha empresa da zona (que por certo comezou como madereira e xa hai anos que emprega tecnolox\u00edas 3D s\u00f3 como paso inicial nos procesos de dese\u00f1o carroceiro) amosa o futuro de posibilidades (e necesidades) doutras moitas empresas da zona e de f\u00f3ra. E a visi\u00f3n de tecido empresarial e colaboraci\u00f3n, non s\u00f3 a nivel interno das empresas de tama\u00f1o mediano e pequeno, sen\u00f3n cara a clientes e centros de investigaci\u00f3n dun italiano, permeten asemade unha porta aberta a industriais da zona para que pasen de seren pasivos, sorteando o que o mercado e a grande empresa indican en cada momento, a tomar as rendas pasando a seren actores propiamente do dese\u00f1o do mercado. D\u00faas lecci\u00f3ns que se me fan dif\u00edciles de transmitir aqu\u00ed en poucas palabras, pero que estiveron patentes na teor\u00eda e na pr\u00e1ctica \u00f3 longo das d\u00faas horas. E que, ben aprendidas, non dubido que supor\u00edan un pulo fundamental para a zona na que sexan aplicadas, sexa Ribadeo, A Mari\u00f1a, Galicia ou China.<br \/>\nSo me queda dicir que os participantes, despois das intervenci\u00f3ns, fixeron seu o campo intervindo \u00e1 s\u00faa volta con preguntas que considerei interesantes, amosando unha disposici\u00f3n cara \u00e1 tem\u00e1tica e xeito de disposici\u00f3n da mesma que me fixo pensar que non fun eu s\u00f3 o que considerou moi interesante e ilustrativa a t\u00e1boa redonda. M\u00e1goa que foran profesores e non empresarios&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Coido que o m\u00e1is interesante que pasou onte en Ribadeo, pasou desapercibido. En realidade, non \u00e9 das cousas que soe ser noticia: unha t\u00e1boa redonda nunhas xornadas de automoci\u00f3n pasa en xeral desapercibida. Onte participei nela como mantedor e int\u00e9rprete e coido que, \u00e1s veces, non debera ser as\u00ed. Estaba previsto que vi\u00f1era xente de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,32],"class_list":["post-9466","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-filosofia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9466","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9466"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9466\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9466"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9466"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9466"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}