{"id":9452,"date":"2008-09-26T20:11:00","date_gmt":"2008-09-26T18:11:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:29:58","modified_gmt":"2024-11-12T14:29:58","slug":"caca-culo-pedo-pis-e-barras-elctricas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/09\/26\/caca-culo-pedo-pis-e-barras-elctricas\/","title":{"rendered":"Caca, culo, pedo, pis &#8230; e Barras el\u00e9ctricas Galaico-Asturianas"},"content":{"rendered":"<p>Mentras as elecci\u00f3ns norteamericanas pasan a ser a principal nova nacional, outras cousas menores ocupan o nicho que lles deixa a nova principal. Unha nova levoume \u00f3 t\u00edtulo da entrada de hoxe, lembrando con que fruici\u00f3n os p\u00edcaros pequenos manifesta unha rebeld\u00eda con sorriso \u00f3 permit\u00edrselles mentar unha retah\u00edla de palabras semellante \u00e1s do t\u00edtulo. A nova non vai de nenos pequenos, sen\u00f3n de cans, e relacionada coa desagradable proliferaci\u00f3n de cagadas de cans en diversos sitios, como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/09\/ser-noticia.html\">na Atalaia<\/a>. Resulta que nunha pequena cidade israel\u00ed van <a href=\"http:\/\/barrapunto.com\/article.pl?sid=08\/09\/26\/1723210&amp;from=rss\">promover a an\u00e1lise xen\u00e9tico dos cans para identificar a orixe das cagadas e as\u00ed multar \u00f3s propietarios que non as recollan<\/a>. Que vaia apuntando o concello.<\/p>\n<p>Engad\u00edn no t\u00edtulo a Barras porque no medio do pa\u0155agrafo anterior f\u00f3ise a luz, 10:30 da ma\u00f1\u00e1 do 27 de setembro de 2008, un d\u00eda m\u00e1is e un corte de luz m\u00e1is (eso si, parece que no ver\u00e1n tam\u00e9n hai vacaci\u00f3ns para os cortes), que voltou a fastidiar \u00e1 xente de Ribadeo. Un dato m\u00e1is a engadir \u00e1 base de datos de fallas de Barras, lembrando que segundo a empresa, todo est\u00e1 moi por encima do establecido legalmente.<\/p>\n<p>Hoxe aparece nalgunha prensa al\u00f3 polo fondo que en Madrid, a presidenta da Comunidade inaugurou un colexio &#8220;Leopoldo Calvo Sotelo, marqu\u00e9s de la R\u00eda de Ribadeo&#8221;, que non s\u00f3 honrar\u00e1 a Calvo-Sotelo sen\u00f3n que far\u00e1 propaganda do entrono na nosa r\u00eda e do seu nome oficial, mentras que m\u00e1is achegado a n\u00f3s, o rexeitamento da UNESCO \u00f3 telef\u00e9rico que unir\u00eda Santiago coa Cidade da cultura recebe \u00e1 s\u00faa vez o rexeitamento do alcalde santiagu\u00e9s e fai lembrar a\u00ednda que de xeito lonxano \u00f3 noso futuro &#8216;ascensor da Atalaia&#8217;, segundo me fixo ver <a href=\"http:\/\/cargadoiro.blogcindario.com\/\">Jos\u00e9 M\u00aa<\/a>.<\/p>\n<p>E, no entorno de Ribadeo, arranca en Celeiro o <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/09\/27\/0003_7174478.htm\">grupo de acci\u00f3n costeira<\/a>, algo co obxectivo adicado \u00e1 mellora de vida dos mari\u00f1eiros mari\u00f1\u00e1ns pero que pola s\u00faa estrutura e disposici\u00f3n de cartos l\u00e9mbrame \u00e1 Asociaci\u00f3n Ponte dos Santos que est\u00e1 a finalizar a s\u00faa actividade en Ribadeo por estas datas.<\/p>\n<p>Un pouco m\u00e1is preto, en Burela, institucional\u00edzase unha iniciativa moito m\u00e1is modesta pero que, de triunfar, a medio prazo poder\u00eda ter tam\u00e9n abondo m\u00e1is impacto, un <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.es\/amarina\/2008\/09\/27\/0003_7174941.htm\">banco de tempo, un sistema de intercambio de traballos sen cartos, baseado no trueque<\/a>.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, hoxe e ma\u00f1\u00e1 poderase ver a Ponte dos santos chea de cami\u00f3ns: son as probas de resistencia que far\u00e1n que se corte o tr\u00e1fico \u00f3 tempo que cami\u00f3ns cargados estaci\u00f3nanse no rec\u00e9n posto asfalto para probar que a ponte non se vir\u00e1 abaiso \u00e1s primeiras de cambio. Miguel o fot\u00f3grafo ter\u00e1 unha boa oportunidade de tomar fotos a\u00e9reas do evento, unha curiosidade ribadense.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mentras as elecci\u00f3ns norteamericanas pasan a ser a principal nova nacional, outras cousas menores ocupan o nicho que lles deixa a nova principal. Unha nova levoume \u00f3 t\u00edtulo da entrada de hoxe, lembrando con que fruici\u00f3n os p\u00edcaros pequenos manifesta unha rebeld\u00eda con sorriso \u00f3 permit\u00edrselles mentar unha retah\u00edla de palabras semellante \u00e1s do t\u00edtulo. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[120,9],"class_list":["post-9452","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ponte-dos-santos","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9452","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9452"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9452\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9452"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9452"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9452"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}