{"id":9451,"date":"2008-09-27T14:59:00","date_gmt":"2008-09-27T12:59:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:29:57","modified_gmt":"2024-11-12T14:29:57","slug":"un-artigo-xa-vello-comentario-p-de","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/09\/27\/un-artigo-xa-vello-comentario-p-de\/","title":{"rendered":"Un artigo xa vello: comentario a p\u00e9 de p\u00e1xina"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>&#8230; afortunadamente, o \u00faltimo envite contra da r\u00eda non sa\u00edu adiante&#8230;<br \/>\nComentario a p\u00e9 de p\u00e1xina.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo parece ter pasado de p\u00e1xina co tema do recheo. A ese cambio ref\u00edrese o t\u00edtulo: comentario sobre o cambio que presenta un novo panorama.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O artigo que se publicou na Comarca o pasado 27 de decembro, \u201cDespois das lembranzas, a Deus rogando &#8230;\u201c  tivo para min un aquel de inocentada: escrito xusto antes de co\u00f1ecerse a noticia da viravolta dos responsables municipais sobre o recheo, apareceu impreso despois de varios d\u00edas de comentarios de prensa sobre ese feito. Unha vez relido, nembargantes, parece ter resistido os embates do cambio. O forzar a Portos (e polo tanto \u00e1 Xunta) polo aviso e posterior manifestaci\u00f3n, a falta de estudios previos, a s\u00faa exposici\u00f3n, a execuci\u00f3n \u201climpa\u201c das obras&#8230; seguen a ser o reflexo da realidade. P\u00f3dese ver claramente tanto agora como antes: o Plan Director do Porto parece ser co\u00f1ecido en detalle s\u00f3 por xente dalg\u00fan xeito af\u00edn \u00f3 poder e que acepta o botar m\u00e1is lixo na r\u00eda (eu pedino, pero &#8230;); a\u00ednda as\u00ed, non hai o estudio previo da s\u00faa necesidade, a s\u00faa bondade ou as s\u00faas consecuencias. En canto a realizaci\u00f3n limpa das obras, calquera que te\u00f1a visto como parte dese plan, o aumento do cierre no Porto Deportivo, \u00edase ca marea en cada subida ou baixada, sinxelamente dudarao.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Parece que a Xunta quere aplicar aquelo de &#8220;a quen non quere caldo, d\u00faas tazas&#8221;. D\u00faas tazas: ese \u00e9 o resultado pretendido por unha instituci\u00f3n con xente que parece ter, recursos e poder a parte, abondo m\u00e1is tablas que a do Concello ribadense, a\u00ednda que pese \u00f3s votantes deste conxunto que foi tan ben recibido como cambio necesario. As\u00ed, dunha volta, fai o que pretend\u00eda no peirao &#8220;deixando claro quen manda&#8221; e desacredita o governo dun Concello posible opositor.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A negociaci\u00f3n mantida&#8230; , \u00bfque parte da negociaci\u00f3n? \u00bfAquela na que se pretende deixar que enchan a r\u00eda de escombro a cambio de axilizar obras que competen a Fomento e xa est\u00e1n sinaladas e en fase de licitaci\u00f3n? \u00bfA parte que di que se favorecer\u00e1 a creaci\u00f3n do Pol\u00edgono Industrial despois de vinte anos (non me lembro exactamente c\u00e1ntos m\u00e1is, nin creo que importe moito)? \u00bfAqueloutra que pretende acelerar un PXOU\/PXOM do que a primeira edici\u00f3n, auspiciada pola Xunta, tivo que volverse atr\u00e1s por raz\u00f3ns legais? A boa intenci\u00f3n que de seguro puxeron nas \u201cnegociaci\u00f3ns\u201c os nosos representantes municipais non borra as consecuencias: quedaron co cu \u00f3 aire. A &#8220;boa fe&#8221; xa veremos se se ve correspondida (a\u00ednda con promesas non escritas sobre cousas xa ga\u00f1adas e que se deben \u00f3 pobo) ou m\u00e1is ben o fai tomando conta do dito aqu\u00e9l de &#8220;Roma non paga traidores&#8221; que me lembraron esta mesma tarde. De calquera xeito, al\u00e9dome de que os nosos representantes poideran tomar no seu apoio unha manifestaci\u00f3n ben nutrida e de que lles servira para algo; \u00e9 unha magoa que non sexa citada como apoio a t\u00f3dalas &#8220;cousas conseguidas&#8221; na correspondente nota de prensa: \u00f3 fin, foi o pobo quen apoiou, o pobo que representan por elecci\u00f3n. Por certo, \u00bfalgu\u00e9n oiu que a Xunta dixera que fixo concesi\u00f3ns para chegar a un acordo?<br \/>\nSempre quedar\u00e1n outras d\u00fabidas no ar. Unha, por exemplo, a de se o tema do recheo non serviu de cortina de fume para ocultar a m\u00e1is que probable pol\u00e9mica sobre a subida das taxas municipais.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Como nota a pe de p\u00e1xina xa \u00e9 abondo. Pero sobre o que se ten visto por diante e por detr\u00e1s creo que se pode escribir un libro enteiro. A constituci\u00f3n dunha comisi\u00f3n de seguemento seguro que xerar\u00eda moita m\u00e1is informaci\u00f3n, a xuntar \u00e1 dos aspectos t\u00e9cnicos, sucesivos enganos e ocultaci\u00f3n de informaci\u00f3n, presi\u00f3ns a t\u00f3dolos niveis, aspectos caciqu\u00eds, &#8230;  E a\u00ednda non rematou o tema, a obra nin a oposici\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Antonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;&#8230; afortunadamente, o \u00faltimo envite contra da r\u00eda non sa\u00edu adiante&#8230; Comentario a p\u00e9 de p\u00e1xina.&nbsp; &nbsp;&nbsp; &nbsp;A Corporaci\u00f3n Municipal de Ribadeo parece ter pasado de p\u00e1xina co tema do recheo. A ese cambio ref\u00edrese o t\u00edtulo: comentario sobre o cambio que presenta un novo panorama.&nbsp; &nbsp;&nbsp; &nbsp;O artigo que se publicou na Comarca [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[80],"class_list":["post-9451","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ria_si_nave_non"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9451","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9451"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9451\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9451"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9451"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9451"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}