{"id":9450,"date":"2008-09-27T15:03:00","date_gmt":"2008-09-27T13:03:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:29:55","modified_gmt":"2024-11-12T14:29:55","slug":"otro-artigo-xa-vello-fotos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/09\/27\/otro-artigo-xa-vello-fotos\/","title":{"rendered":"Outro artigo xa vello: fotos"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Fotos&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Paseando por calquera vila, en particular en Ribadeo, poden atoparse fotos elocuentes. Xunto a outras, testimonio de enlaces matrimoniais, banquetes e dem\u00e1is, am\u00f3sanse algunhas que fan de testimonio gr\u00e1fico da xeograf\u00eda ribadense.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp;&nbsp; <\/span>Hoxe cham\u00e1ronme a atenci\u00f3n d\u00faas, expostas no mesmo escaparate, nas que se amosa nunha, Ribadeo coa r\u00eda, e, noutra, a r\u00eda con Ribadeo. Pode parece que son a mesma, pero non. Na primeira, a foto c\u00e9ntrase en Ribadeo, collendo da r\u00eda os portos, a ponte, a bocana&#8230; Na outra, a protagonista \u00e9 a r\u00eda, co entrante da Li\u00f1eira nun primeiro plano e a pequenez ribadense facendo de contenci\u00f3n das augas polo fondo, contenci\u00f3n \u00e1 que se engade aposentada enriba a terra ata Foz en m\u00e1is al\u00f3. O caso \u00e9 que, nestes d\u00edas nos que xa se ten ouvido falar dun novo recheo no porto comercial, ambas sirven para ter unha imaxe das implicaci\u00f3ns que dita obra pode ter no futuro.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Cabe lembrar que al\u00f3 polos anos sesenta D. Isidoro Asensio advertira en diversas ocasi\u00f3ns, en particular sobre o daquela proxecto dun muro\/escolleira de contenci\u00f3n para a praia que agora \u00e9 \u201cdos Bloques\u201c, que un muro tal traer\u00eda unhas consecuencias graves, convertindo a \u00e1rea nun cenagal. Eso \u00e9 o que se pode observar hoxe en d\u00eda calquera persoa que  pase preto do lugar, tra-la construcci\u00f3n dunha obra semellante m\u00e1is de dez anos despois do estudio de D. Isidoro. Dende aquela, as obras sobre a r\u00eda non pararon de facerse; m\u00e1is ben caber\u00eda dicir arrebatar sitio \u00e1 r\u00eda para convertila en terra firme ou dificulta-lo movemento das augas. E con elas, o aumento amosado dos tes\u00f3ns e as cada vez m\u00e1is frecuentes e perentorias necesidades de dragado, entre outras.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Hai moitas preguntas en relaci\u00f3n \u00f3 xa feito. Algunhas delas son sinxelas, con respostas que apunto deben ser incomprensibles como raz\u00f3n posible pola que non se dan. Por exemplo, \u00bfhai explicaci\u00f3n para que non se fixeran estudios de impacto ambiental en ningunha delas? Ou ben, sabido que a obra do recheo onde hoxe est\u00e1 a lonxa presentouse como unha conquista de chan industrial, ent\u00f3n, \u00bfpor que a maior parte dela permanece ben con herba, ben con asfalto, mesmo ocupado por un aparcamento \u00f3 aire libre de remolques de embarcaci\u00f3ns? Respecto a esta \u00faltima obra, lembro algu\u00e9n que me sentenciou: \u201cse da un posto de traballo, est\u00e1 ben feito\u201c. Dende logo, deu ben poucos; \u00bfnon quitar\u00eda m\u00e1is dos que deu?&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ben, hoxe pres\u00e9ntase unha nova obra para encher uns oito mil metros cuadrados da rada norte de Mirasol e convertilo en terreos onde meter&#8230; non se sabe moi ben que. Parece que en principio \u00edan constru\u00edrse naves de almacenamento. Logo, tam\u00e9n galp\u00f3ns onde albergar maquinaria auxiliar da construcci\u00f3n naval. O caso \u00e9 que nas fotos que dixen \u00f3 comezo n\u00f3tase ben que a r\u00eda na beira de Ribadeo est\u00e1 chea de pedras e cemento, e que, se na beira asturiana se tivera feito o mesmo, non xa cousas m\u00e1is ou menos \u201cbuc\u00f3licas\u201c como as aves que lle dan renome, sen\u00f3n tam\u00e9n bens econ\u00f3micos como o turismo ter\u00edan desaparecido en boa parte. Calquera que se de unha volta por Mirasol poder\u00e1 observar que as naves xa constru\u00eddas ou ben te\u00f1en un aproveitamento que deixa que desexar ou ben serven de sinxelo almacenamento barato para empresas ubicadas noutro lado e que embarcan os seus productos en Ribadeo. Unha curiosidade que pode observar calquera persoa allea \u00e1s operaci\u00f3ns portuarias que non lea como \u00e9 debido a prohibici\u00f3n de entrada \u00f3 porto: f\u00e1lase en contra do \u201cporto seco\u201c ou da \u201cestaci\u00f3n de transferencia de mercador\u00edas\u201c, pero na realidade, o que se denosta de lugares as\u00ed, a saber, que supo\u00f1en un paso m\u00e1is no proceso de transporte, \u00e9 precisamente o que se est\u00e1 a facer con esos almac\u00e9ns: acumulaci\u00f3n de mercador\u00eda por longo tempo e non para pequenos axustes entre a chegada \u00f3 peirao e o seu embarque. Claro, o arrendamento das naves \u00e9 barato, por suposto non cobre o custe do recheo, e fai o espacio \u201ccompetitivo\u201c. Mirando as fotos tam\u00e9n se ten outra sensaci\u00f3n clara. O recheo vai cubrir pr\u00e1cticamente a metade da superficie da d\u00e1rsena, case toda a parte sur. E a gran maior\u00eda da superficie de atraque, se ben \u00e9 de esperar que parte do novo borde sexa adicada tam\u00e9n a peirao. Mais as\u00ed, \u00bfc\u00e1nto tempo se tardar\u00e1 en facer o recheo de toda a rada entre Mirasol e a lonxa?&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Pode que, \u00f3 ser do interior, se me escape alg\u00fan detalle necesario para a comprensi\u00f3n do conxunto. Ou que polo pouco espacio non te\u00f1a en conta outros datos como que dende que eu lembro se ven falando de pol\u00edgono industrial en Ribadeo sen haber nada novo ata o momento, mentras na r\u00eda xa perd\u00edn a conta das obras que se levaron a cabo. A\u00ednda as\u00ed, c\u00f3nstame que a maior\u00eda do pobo de Ribadeo est\u00e1 contra un novo recheo gratu\u00edto m\u00e1is, un novo atentado que non se mant\u00e9n nin econ\u00f3micamente, que \u00e9 a bandeira usada nestes casos para arrasar co que se po\u00f1a por diante. En fin, este \u00e9 un artigo e non un informe t\u00e9cnico no que discutir m\u00e1is a fondo o tema. O que parece \u00e9 que ese informe non se fixo nin por parte dos impulsores do recheo, ou peor a\u00ednda, que por algunha raz\u00f3n se est\u00e1 a escamotear da vista do p\u00fablico.<br \/>\nAntonio Gregorio Montes<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;Fotos&nbsp; &nbsp;&nbsp; &nbsp;Paseando por calquera vila, en particular en Ribadeo, poden atoparse fotos elocuentes. Xunto a outras, testimonio de enlaces matrimoniais, banquetes e dem\u00e1is, am\u00f3sanse algunhas que fan de testimonio gr\u00e1fico da xeograf\u00eda ribadense. &nbsp;&nbsp;&nbsp; Hoxe cham\u00e1ronme a atenci\u00f3n d\u00faas, expostas no mesmo escaparate, nas que se amosa nunha, Ribadeo coa r\u00eda, e, noutra, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[80],"class_list":["post-9450","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ria_si_nave_non"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9450","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9450"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9450\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9450"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9450"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9450"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}