{"id":9378,"date":"2008-11-09T11:00:00","date_gmt":"2008-11-09T10:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:27:33","modified_gmt":"2024-11-12T14:27:33","slug":"xesta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/11\/09\/xesta\/","title":{"rendered":"Xesta"},"content":{"rendered":"<p>Non puiden asistir a nada da IV Escola Ferm\u00edn Penzol, en contra do que querer\u00eda. A\u00ednda as\u00ed, f\u00edxenme co libro de Suso Fern\u00e1ndez Acevedo e tiven tempo de botarlle unha ollada, de ver a s\u00faa estrutura e bosquexar entre a morea de datos e citas. Dende a presentaci\u00f3n externa en diante, o libro res\u00faltame chamativo, interesante, a\u00ednda que o tema non pase para min de curiosidade: a xesta do galego en Asturias para seguir sendo galego, en Asturias.  Non, non \u00e9 un erro o de repetir galego e Asturias: vivino mesmo como unha pequena batalla na Galipedia hai xa varios anos. E est\u00e1 presente cando o\u00edmos en Ribadeo alguhas verbas que manifesta a orixe estremeira do falante, ou nos chegan ecos da lota d Principado por unificar a &#8216;lingua&#8217; por eso de ser un &#8216;pa\u00eds&#8217;, a costa do galego, por po\u00f1er alg\u00fan exemplo.<br \/>\nPero o t\u00edtulo non vai desa Xesta, sen\u00f3n da xesta derivada do Toxo: a empresa que de Vilaframil sa\u00edu hai un par de anos para constru\u00edr en Arag\u00f3n o Toxo, despois de desavenencias varias volta a Vilaframil e planea o Xesta, avoneta lixeira de velocidade punta e cruceiro 220km\/h, procurado apoios (2M\u20ac) para o seu desenvolvemento. A saber en que quedar\u00e1 todo nestes tempos revoltos que corren e despois de ter dado Galicia as ostas \u00f3 anterior modelo e fracasar  empresa ama\u00f1ada ad hoc para el. A min sempre me gustou a idea de ter unha industria punteira en tecnolox\u00eda en Ribadeo, pero as dificultades e o proxecto est\u00e1n -ambos- por po\u00f1er. Haber\u00e1 que estar atentos a Vilaframil, \u00f3 impetu e ideas dos empresarios.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Non puiden asistir a nada da IV Escola Ferm\u00edn Penzol, en contra do que querer\u00eda. A\u00ednda as\u00ed, f\u00edxenme co libro de Suso Fern\u00e1ndez Acevedo e tiven tempo de botarlle unha ollada, de ver a s\u00faa estrutura e bosquexar entre a morea de datos e citas. Dende a presentaci\u00f3n externa en diante, o libro res\u00faltame chamativo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[10,21],"class_list":["post-9378","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-cultura","tag-economia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9378","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9378"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9378\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9378"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9378"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9378"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}