{"id":9303,"date":"2008-12-17T17:46:00","date_gmt":"2008-12-17T16:46:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:25:19","modified_gmt":"2024-11-12T14:25:19","slug":"nota-de-prensa-da-avv-o-tesn-20081216","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/12\/17\/nota-de-prensa-da-avv-o-tesn-20081216\/","title":{"rendered":"Nota de prensa da AVV O Tes\u00f3n (20081216)"},"content":{"rendered":"<p>Despois de presentar hoxe martes no concello dous escritos sobre a asignaci\u00f3n de fondos e sobre a normativa do hospital asilo, e debido \u00e1 importancia que revisten esta vez, queremos dar nota dos mesmos \u00e1 sociedade de Ribadeo, polo que se transcribe a continuaci\u00f3n a parte fundamental de ambos.<\/p>\n<p>Adem\u00e1is, en relaci\u00f3n \u00f3s fondos estatais, resaltamos que de xeito doado, o fondo estatal de promoci\u00f3n local pode ser outra ocasi\u00f3n perdida m\u00e1is para Ribadeo, e non comprendemos o secretismo que destilou a nota de prensa sobre a xuntanza de portavoces na que se acordou o reparto e deuse nota \u00e1 sociedade nada m\u00e1is de que se hab\u00edan repartido fondo, sen m\u00e1is.<\/p>\n<p>En Relaci\u00f3n \u00f3 regulamento do hospital-asilo, se ben non pedimos a s\u00faa retirada, remarcamos que as variaci\u00f3ns que necesita son profundas.<\/p>\n<p>\/\/<\/p>\n<p>Que recentemente foron asignados fondos \u00f3s concellos para o seu uso na promoci\u00f3n de emprego (Fondo Estatal de Promoci\u00f3n Local),<\/p>\n<p>Que temos novas dunha xuntanza entre partidos pol\u00edticos na que se decidiu sobre esos fondos sen, que n\u00f3s saivamos, consultas previas de ning\u00fan tipo \u00f3s axentes sociais, e realizada despois de ser notificada a xuntanza da Mesa de Asociaci\u00f3ns na que se ofreceu axuda,<\/p>\n<p>Que cremos que as asociaci\u00f3ns podemos participar activamente aportando ideas e facendo notar deficiencias,<\/p>\n<p>Polo que<\/p>\n<p>Protestamos en\u00e9rxicamente por non contar coas asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os para a decisi\u00f3n sobre os fondos<\/p>\n<p>E solicitamos sexan incorporados para dita intervenci\u00f3n<\/p>\n<p>A renovaci\u00f3n\/uniformizaci\u00f3n da r\u00faa Antonio Otero diante da Casa da Xuventude, para que quede co mesmo aspecto que o tramo a\u00ednda en obras na actualidade. Para este tramo s\u00f3 haber\u00eda que aplicar de eito proporcional o orzamento correspndente \u00f3 tramo en relziaci\u00f3n.<\/p>\n<p>A restituci\u00f3n de solos nas r\u00faas de baixada entre s. Miguel e Porcill\u00e1n para evitar os resbal\u00f3ns, case inevitables na actualidade a pouco de humidade que haxa, e \u00f3s que igualmente hai que aplicarlles orzamenteos como noutras zonas de xeito proporcional \u00e1 cantidade de chan a renovar. Igualmente pasa con solos de r\u00faas de circulaci\u00f3n rodada noutros lugares do pobo, como en Laz\u00fartegui-Carlos III.<\/p>\n<p>O adecentamento e sinalizaci\u00f3n da zona da antiga casa de ba\u00f1os, \u00e1 que se lle pode obter un rendemento tur\u00edstico, con orzamento de xito case \u00fanico en man de obra.<\/p>\n<p>A reparaci\u00f3n da Casa da R\u00eda,<\/p>\n<p>O repaso das beirar\u00faas de toda a poboaci\u00f3n, en particular pola zona escolar, na que numerosas baldosas est\u00e1n soltas e \u00f3 encharcarse e seren pisadas constit\u00faen aut\u00e9nticas zonas de ba\u00f1o para ostranse\u00fantes,<\/p>\n<p>O recheo dos rexistros de alcantarillado da zona IES Gamallo Fierros-via FEVE, que supo\u00f1en un perigo \u00f3 atoparse moitos deles con forte desnivel,<\/p>\n<p>As\u00ed como o retoque de mantemento e adecuaci\u00f3n de acceso de inmobles p\u00fablicos que o necesitan, como a biblioteca Viejo Pancho,<\/p>\n<p>Actuaci\u00f3ns todas ellas para as que brindamos o noso apoio e colaboraci\u00f3n.<\/p>\n<p>\/\/<\/p>\n<p>Que no pasado pleno de 17 de novembro de 2008 tivo lugar a aprobaci\u00f3n preliminar do RRI do Hospital-asilo de Ribadeo (hospital-residencia San Sebasti\u00e1n e San L\u00e1zaro),<\/p>\n<p>Que unha vez revisado por membros da asociaci\u00f3n, at\u00f3panse diversas necesidades que fan convinte a s\u00faa adaptaci\u00f3n,<\/p>\n<p>Polo que solicita sexan inclu\u00eddas as seguintes variaci\u00f3ns:<\/p>\n<p>Revisi\u00f3n ling\u00fc\u00edstica en xeral, tanto para evitar faltas ou verbas inadecuadas como sentidos equ\u00edvocos en frases ou mesmo adecuaci\u00f3ns \u00e1 legalidade e condici\u00f3ns vixentes.<\/p>\n<p>Art.. 2.- Fai falla unha definici\u00f3n de &#8216;servizo b\u00e1sico&#8217; e &#8216;servizo complementario&#8217;, en particular no tocante \u00e1 obriga de ditos servizos, pois tal como est\u00e1, por exemplo, ter\u00edan mesma obriga e servidume por \u00e1mbalasd\u00faas partes o servizo relixioso que a atenci\u00f3n especializada. Por outra banda, non est\u00e1n distinguidos os servizos para residente independente e dependente, mentras que si o est\u00e1n no prezo.<\/p>\n<p>Neste mesmo artigo, ser\u00eda necesario engadir que o centro elaborar\u00e1 un protocolo de prestaci\u00f3n dos servizos, feito p\u00fablico anualmente coas reformas pertinentes, aprobadas polo pleno do concello ou a instituci\u00f3n na que delegue, para tentar incrementar pouco a pouco a calidade dos mesmos servizos e evitar que a sua prestaci\u00f3n sexa condicionada \u00e1 entidade ou persoa que este\u00f1a de encargado no momento ou sinxelamente decaia a calidade de servizo \u00f3 non ter unha referencia.<\/p>\n<p>Asemade, a prestaci\u00f3n de servizos debe ter a posibilidade de ser supervisada por alg\u00fan tipo de organismo no que podan participar os mesmos internos, organismo de xesti\u00f3n que non s\u00f3 redundar\u00eda no mellor funcionamento da instituci\u00f3n sen\u00f3n tam\u00e9n na mellor percepci\u00f3n da calidade de vida dos residentes.<\/p>\n<p>Art.. 3.- De novo, o detalle dos servizos deixa a porta aberta a que os complementarios sexan de pago tam\u00e9n complementario, a pesares de que na ordenanza de prezos se diga &#8216;todos os servizos&#8217;.<\/p>\n<p>Art.. 8.- O horario de sa\u00eddas, se remata, ten tam\u00e9n que comezar.<\/p>\n<p>Art.. 10.- Engadido dun apartado co dereito \u00e1 convivencia marital no caso de matrimonios un parellas de feito.<\/p>\n<p>Art.. 11.- Engadir a posibilidade de dirimir a contenda mediante un tipo de recurso arbitral, tendendo a evitar arbitrariedades.<\/p>\n<p>Nas estipulaci\u00f3ns do contrato:<\/p>\n<p>3\u00aa: Mentras non este\u00f1a incapacitado o residente, e debido \u00f3 establecido sobre confidencialidade de datos, non ten por que d\u00e1rselle ningunha referencia a ning\u00fan titor, a menos que o permita o residente, e de xeito independente de que te\u00f1a ou on medios. Neste mesmo punto, tampouco est\u00e1n claras a consideraci\u00f3n do que \u00e9 d\u00e9beda, aporte do concello, condici\u00f3ns para o aporte, etc, en circunstancias diferentes ou mesmo en relaci\u00f3n coa postura que poda manter a familia respecto do aporte pecuniario debido.<\/p>\n<p>4\u00aa: Se non hai antes definici\u00f3n concreta de artigos de uso no r\u00e9xime da residencia, tampouco quedan definidos cales ten que aportar o &#8216;familiar responsable&#8217; (concepto que xa est\u00e1 especificado antes que debe ser redefinido)<\/p>\n<p>5\u00aa: S\u00edntese como necesaria a referencia a un protocolo de actuaci\u00f3n para evitar problemas sobre a percepci\u00f3n de existencia de &#8216;problemas mentais&#8217;<\/p>\n<p>7\u00aa: \u00c9 necesaria unha definici\u00f3n de condici\u00f3ns de &#8216;reserva de praza&#8217; para evitar arbitrariedades.<\/p>\n<p>A parte, debe especificarse tanto no contrato como no regulamento que o persoal deber\u00e1 ser cualificado e ter a formaci\u00f3n adecuada.<\/p>\n<p>Ademais, dados os antecedentes no manexo da facenda do hospital, as doaci\u00f3ns recibidas con anterioridade, e a indefinici\u00f3n actual de r\u00e9xime da facenda, ser\u00eda necesario establecer un documento contendo a definici\u00f3n da situaci\u00f3n economica de partida e o r\u00e9xime econ\u00f3mico a observar, de cara a poder presentar no futuro unha contabilidade clara e con base. Definici\u00f3n que se debe acompa\u00f1ar dun protocolo sobre xesti\u00f3n de d\u00e9bedas, \u00f3 estar implicadas en principio diferentes persoas con diferentes compromisos, dereitos e deberes.<\/p>\n<p>Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os O Tes\u00f3n<br \/>\nAptdo. 92<br \/>\nRibadeo<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois de presentar hoxe martes no concello dous escritos sobre a asignaci\u00f3n de fondos e sobre a normativa do hospital asilo, e debido \u00e1 importancia que revisten esta vez, queremos dar nota dos mesmos \u00e1 sociedade de Ribadeo, polo que se transcribe a continuaci\u00f3n a parte fundamental de ambos. Adem\u00e1is, en relaci\u00f3n \u00f3s fondos estatais, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federate","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74],"class_list":["post-9303","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9303","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9303"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9303\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9303"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9303"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9303"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}