{"id":9290,"date":"2008-12-25T10:00:00","date_gmt":"2008-12-25T09:00:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:24:51","modified_gmt":"2024-11-12T14:24:51","slug":"comunicado-de-o-tesn","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/12\/25\/comunicado-de-o-tesn\/","title":{"rendered":"Comunicado de O Tes\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Sobre asociacionismo<\/p>\n<p>A AVV O Tes\u00f3n ten xa tras de si un cami\u00f1o recorrido. Dende o ano 2003 andando cara as elecci\u00f3ns, que foi fundada, \u00e9 xa por desgraza con diferencia de tempo a avv m\u00e1is lonxeva do n\u00facleo urbano de Ribadeo. Por desgraza porque ten habido outras que foron suspiro dun d\u00eda, a\u00ednda que realizaran nese momento unha boa labor: as\u00ed, temos algunha testemu\u00f1a como a doaci\u00f3n de libros conseguidos da Xunta \u00f3 daquela rec\u00e9n formado Centro de FP de Ribadeo, actuais IES e CIFP Porta da Auga, feita por unha asociaci\u00f3n anterior.<\/p>\n<p>Sendo conscientes de que o feito \u00e9 pouco m\u00e1is que unha gota de auga nun oc\u00e9ano, coido que calquera que te\u00f1a participado na asociaci\u00f3n pode amosarse moderadamente satisfeito do conseguido neste tempo e da traxectoria seguida. Satisfacci\u00f3n moderada que non logra ocultar o ter asemade un sentimento de que se pod\u00eda ter feito m\u00e1is, pode que moito mais.<\/p>\n<p>O anterior, o tempo pasado e os feitos, non impiden que a nosa asociaci\u00f3n siga a ser unha grande desco\u00f1ecida, e peor a\u00ednda, que a consecuencia do desco\u00f1ecemento da labor asociativa, moita xente te\u00f1a unha sensaci\u00f3n de indefensi\u00f3n fronte a entidades e forzas que sobrepasan con moito o poder un sinxelo cidad\u00e1n. E que, por ese propio desco\u00f1ecemento, non vexa as avantaxes de asociarse ou de apoiar \u00e1s asociaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Somos conscientes dese desco\u00f1ecemento, que non \u00e9 \u00fanico, sen\u00f3n m\u00e1is ben a norma en relaci\u00f3n coas asociaci\u00f3ns de vici\u00f1os. E iso, tanto dentro das propias organizaci\u00f3ns como f\u00f3ra delas, na sociedade en xeral, o que leva por unha banda \u00f3s asociados a non aproveitar nin defender a asociaci\u00f3n, e por outra, a asociados e non asociados a pedir as asociaci\u00f3ns cousas que non lles poden dar. Tan conscientes delo por tanto como das nosas limitaci\u00f3ns e necesidades, compartidas en maior ou menor grao con tantas outras asociaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Nesa consciencia incl\u00faese que as notas de prensa que dan \u00e1s veces lugar a novas nos medio de comunicaci\u00f3n non son m\u00e1is que un m\u00ednimo de informaci\u00f3n focalizada no tema do momento, que ten que ser ampliado por outros medios. Medios que incl\u00faen internet, un lugar cada vez m\u00e1is usado, pero a\u00ednda cunha influencia relativa en Ribadeo. Que incl\u00faen asambleas \u00e1s que son chamados os socios pero que se manifestan insuficientes para atraelos e comunicar con eles, quedando en moi minoritarias. Dese xeito, ch\u00e9gase \u00e1 necesidade de m\u00e1is comunicaci\u00f3n por calquera medio. E chegamos asemade a unha decisi\u00f3n de aumentar a comunicaci\u00f3n na que nos obrigamos a manter, de xeito peri\u00f3dico pero non agobiante, cada bimestre ou trimestre, unha comunicaci\u00f3n que de conta dos pasos dados pola asociaci\u00f3n en diversos temas.<\/p>\n<p> Este escrito \u00e9 un primeiro comunicado xen\u00e9rico para manifestar a nosa postura: nunha das nosas principais teimas, estamos pedindo maior comunicaci\u00f3n e transparencia \u00e1s instituci\u00f3ns, e, polo tanto, non s\u00f3 debemos ser n\u00f3s transparentes como asociaci\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n debemos de tentar crear unha demanda de comunicaci\u00f3n e transparencia entre os asociados e en xeral, na sociedade. Sen o uso da comunicaci\u00f3n, sen analizar o goberno a traverso da transparencia, non serven de nada nin a unha nin a outra. \u00c9 un dos nosos maiores retos, que implica, dalgunha forma, o asumir unha responsabilidade cada un de n\u00f3s, cada cidad\u00e1n, no goberno da sociedade na que vivimos. \u00c9 tam\u00e9n un xeito de desexar nestas festas un futuro mellor para todos. Bo Nadal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Sobre asociacionismo A AVV O Tes\u00f3n ten xa tras de si un cami\u00f1o recorrido. Dende o ano 2003 andando cara as elecci\u00f3ns, que foi fundada, \u00e9 xa por desgraza con diferencia de tempo a avv m\u00e1is lonxeva do n\u00facleo urbano de Ribadeo. Por desgraza porque ten habido outras que foron suspiro dun d\u00eda, a\u00ednda que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[74],"class_list":["post-9290","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-o-teson"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9290","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9290"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9290\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9290"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9290"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9290"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}