{"id":9285,"date":"2008-12-27T09:44:00","date_gmt":"2008-12-27T08:44:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:24:44","modified_gmt":"2024-11-12T14:24:44","slug":"o-porto-de-ribadeo-de-novo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/12\/27\/o-porto-de-ribadeo-de-novo\/","title":{"rendered":"O porto de Ribadeo, de novo"},"content":{"rendered":"<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>O d\u00eda <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/12\/o-porto-de-ribadeo-e-sa-actividade.html\">9 deixei un post sobre a carga no porto<\/a> que entendo que na actualidade \u00e9 abondo eficiente, pero iso non evita que poda sa\u00edr algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltar\u00eda a tomar o tema m\u00e1is adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalaci\u00f3n de Mirasol despois, aqu\u00ed vai o novo post.&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Con anterioridade te\u00f1o deixado moitas outras entradas, como <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/09\/unha-victoria-comentario-de-pasada.html\">iste<\/a> ou <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/unha-imaxe-mil-palabras.html\">1<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/xa-foi-manifestacin-ra-si-nave-non.html\">2<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/09\/un-artigo-xa-vello-comentario-p-de.html\">3<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/09\/renovando.html\">4<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/contrur-futuro-un-artigo-de-pancho.html\">5<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/manifestacin-dende-dentro.html\">6<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/apoios-extra-despois-da-manifestacin.html\">7<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/visitando-ribadeo-en-fotos.html\">8<\/a>, 9, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/apoios-para-manifestacin.html\">10<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/preparando-manifestacin-ra-si-nave-non.html\">11<\/a>, &#8230; e moitas m\u00e1is (ver os arquivos de <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008_06_01_archive.html\">xu\u00f1o<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008_07_01_archive.html\">xullo<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008_08_01_archive.html\">agosto<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008_09_01_archive.html\">setembro<\/a>, anteriores, &#8230; destacando quizais en particular <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/diversas-novas-e-un-comentario.html\">ista<\/a> ou <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/07\/mis-sobre-nave-no-porto.html\">ista outra sobre menci\u00f3ns do tema na prensa<\/a>).&nbsp;<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Despois de todos eles, de cara \u00f3 pasado non te\u00f1o moito m\u00e1is que dicir. Sobra o que, como en xeral a quelquera que pense un pouco no futuro de Ribadeo, o porto ten importancia nese futuro, igual que a tivo no pasado. Sobra tam\u00e9n o dicir que o porto non pode manterse no s\u00e9culo XXI como a comezos do x\u00e9culo XX, pero tam\u00e9n cabe dicir que houbo decisi\u00f3ns de f\u00f3ra de Ribadeo que tiveron abonda m\u00e1is importancia que a manifestaci\u00f3n, que se un barco de 120 m para xirar xa invade a zona que non \u00e9 de portos (e queda encallado), algo falla xa na situaci\u00f3n e\/ou nos estatutos do porto tal como est\u00e1n an actualidade, que no balance de empregos est\u00e1 abondo obscuro que se se constru\u00edra unha gran nave a cousa f\u00f3ra sa\u00edr positiva, que o recheo anterior ou o anterior m\u00e1is te\u00f1an servido para algo m\u00e1is que para solo barato, &#8230; e non se pode dicir que a causa da manifestaci\u00f3n Gond\u00e1n xa non finaliza os barcos aqu\u00ed, porque non \u00e9 isa a causa. Nin tampouco que o transporte de pasta de papel se vaia definitivamente para Xix\u00f3n (ou non, que carga de papel noutros portos ten habido), pois xa te\u00f1o comentado a t\u00e1boa de tempos e non coincide con que a culpable sexa a manifestaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Ou sexa, aconsello mirar as entradas anteriores, ou en Technorati abaixo, ou en <a href=\"site:http:\/\/ribadeando.blogspot.com%20%22ria_si_nave_non%22\">google<\/a>, para discusi\u00f3ns que xa se tiveron.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Respecto a cousas novas do porto, a\u00ed est\u00e1n os derrumbes, a circunvalaci\u00f3n e tam\u00e9n sinxelamente o xeito de facer as cousas ou outras alternativas. O  <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/08\/contrur-futuro-un-artigo-de-pancho.html\">artigo de Pancho<\/a> (o que rese\u00f1o antes co n\u00ba 5) apunta algunha suxerencia, a parte do tema que se intentou soslaiar varias veces con \u00e9xito do porto exterior. En canto \u00f3s derrumbes, manifestan unha vez m\u00e1is algo evidente: en xeral o porto f\u00f3ise facendo sobre ideas puntuais de xeito r\u00e1pido, necesitando dende hai tempo dun plan xeral estudado e consensuado. Algo que non se deu e no que se insistiu durante o proceso que tivo lugar contra a nave.<br \/>\nOs derrumbes parece que costou pouco traballo evitalos no futuro. Pero sucederon. E que non costara moito non foi causa de que se tomaran as medidas oportunas para evitalos. A ver se aprendemos e aparece tomada en considerci\u00f3n a idea do plan para o porto, non para unha ampliaci\u00f3n, recheo, circunvalaci\u00f3n ou nave, sen\u00f3n para todo o porto.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>En canto \u00e1 circunvalaci\u00f3n, a auga case pasada, pouco hai que dicir. No parece que vaia quedar mal como v\u00eda, en canto a amplitude e prestaci\u00f3ns de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>Si que vai ser a confirmaci\u00f3n dun pequeno muro fronte \u00e1 r\u00eda, alonx\u00e1ndoa m\u00e1is da xente de Ribadeo en canto se peche o porto. Costa traballo crer que \u00f3 final se vai cerrar, po\u00f1endo d\u00faas persoas nos dous extremos onde est\u00e1n previstas as portas, despois de anular xa una rec\u00e9n feita, outra sinal m\u00e1is de improvisaci\u00f3n sobre a marcha.<\/p>\n<p><span>&nbsp;&nbsp; &nbsp;<\/span>A conta dun estudo escolar sobre varios aspectos da r\u00eda, tiven informaci\u00f3n de que algunha vez se ten feito a medida &#8216;oficial&#8217; das mareas. A falta de recibir m\u00e1is informaci\u00f3n, e con isto remato por esta vez, coido que debera facerse xa de novo, e dun xeito m\u00e1is amplo do que se ten feito, xunto coa actualizaci\u00f3n da sondaxe da r\u00eda. Facer estudos previos custa menos que meterse a obras e pode evitar algunha cousa que algunhas obras non fan m\u00e1is que empeorar, e volvo a mencionar o que quedara varado o barco hai pouco tempo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp;&nbsp; &nbsp;O d\u00eda 9 deixei un post sobre a carga no porto que entendo que na actualidade \u00e9 abondo eficiente, pero iso non evita que poda sa\u00edr algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltar\u00eda a tomar o tema m\u00e1is adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,26,80,9],"class_list":["post-9285","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-medio","tag-ria_si_nave_non","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9285","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9285"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9285\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9285"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9285"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9285"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}