{"id":9282,"date":"2008-12-28T08:14:00","date_gmt":"2008-12-28T07:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:24:39","modified_gmt":"2024-11-12T14:24:39","slug":"28-d-o-da-dos-iocentes-de-comentarios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2008\/12\/28\/28-d-o-da-dos-iocentes-de-comentarios\/","title":{"rendered":"28 D, o d\u00eda dos i\u00f1ocentes. De comentarios"},"content":{"rendered":"<p>Como xa te\u00f1o dito varias veces, recibo de cando en cando comentarios an\u00f3nimos de diverso tipo. Hai alg\u00fans que po\u00f1o, outros que non. E, de cando en vez, aclaro algunha cuesti\u00f3n das recibidas. Atopeime hai poucos d\u00edas coa insistencia dun comentario enviado e enviada a queixa de non publicaci\u00f3n despois, e, cun pouco de tempo, decid\u00edn facer unha entrada a ra\u00edz de ambos, a\u00ednda que todo comentario pode rematar sendo sacado de contexto:<br \/>\n*Idea proposta: Que cerren todos os pubs, bares e discotecas (Futura, Skape) de Ribadeo. Os s\u00e1bados a movida que se desplace a Foz, Burela ou a Navia. \u00bfCantas personas engordar\u00edan o paro en Ribadeo?<br \/>\nResposta: nin idea, a\u00ednda que se de levar dun sitio a outro se tratara, o balance de emprego total (conxunto Ribadeo + onde f\u00f3ra) ser\u00eda evidentemente positivo, pois haber\u00eda que sumar os gastos de transporte \u00f3 mesmo emprego noutro lugar. Supo\u00f1o que quen prop\u00f3n a idea ter\u00e1 sacadas as contas correspondentes. A min ch\u00e9game con que se cumpra a lei, algo que por certo incrementar\u00eda a lista de ocupados en Ribadeo (a remarcar) polas reformas a facer nos locais, as\u00ed como incrementar\u00eda a seguridade dos mesmos, por po\u00f1er dous exemplos de melloras non relacionadas en principio co ru\u00eddo; e, se se tivera feita a tempo, poder\u00eda servir adem\u00e1is de inicio para que empresas de Ribadeo tiveran traballo f\u00f3ra. Pero sobre todo, coido que non se trata de levar \u00f3 lixo a outro sitio, sen\u00f3n de producilo na menor cantidade posible. E de ter conta que hai actividades que poden producir moito emprego, como a guerra, pero non creo que sexa cousa por elo de dicir que a guerra \u00e9 boa, que hai que potenciala.<br \/>\n*\u00bfComo disfrutabades cando ti eras novo? \u00bfErais todos uns santos que disfrutabais das noites sen molestar \u00e1 xente?<br \/>\nResposta: seguro que co\u00f1eces a m\u00e1is dunha persoa que te pode dar informaci\u00f3n daquela \u00e9poca e da que te fiar\u00e1s m\u00e1is que se o digo eu. En canto \u00f3s santos, tam\u00e9n son persoas, igual que os m\u00e1is. Iso si, quiz\u00e1is con mellor vontade e m\u00e1is aguante que a grande maior\u00eda. E santo non son, e erros te\u00f1o moitos, pero aguantar xa levo aguantado e mesmo te\u00f1o dado probas de boa vontade, como tardar nove anos en po\u00f1er un pleito, ou facelo \u00f3 concello por non aplicar a lei en troques de \u00f3s locais por incumplila, ofrecer non queixarme por riba do nivel de ru\u00eddos permitido (ata chegar a outro certo nivel) ou avisar antes \u00e1 xente dos perxu\u00edzos que lle pod\u00edan traer as s\u00faas acci\u00f3ns, a pesares de que na teor\u00eda ter\u00edan que telos sabidos. Mesmo te\u00f1o adiantado xa hai anos da necesaria reconversi\u00f3n do sector en Ribadeo, adiantando que de non facela a tempo despois posiblemente ser\u00eda peor. Non se trata de procurar chivos expiatorios, sen\u00f3n de facer as cousas o mellor posible.<br \/>\n*Na cidade molesta o ruido da empresa de recollida de lixo as 3 da ma\u00f1\u00e1, as ambulancias as tantas, xente pola calle berrando. Pero para que naide che moleste, \u00f3 mellor \u00e9 ir vivir \u00e1s foras da cidade ou do pobo, e disfrutar da tranquilidade.<br \/>\nResposta: non vou dar explicaci\u00f3ns de cousas persoais, pero si podo dicir que se en xeral non me molesta demasiado a recollida de lixo quizais te\u00f1a que ver con que xa estou de p\u00e9 cando pasa. E sobre xente na r\u00faa berrando, coido que Ribadeo pode resistir  a comparaci\u00f3n con abondos lugares (a\u00ednda que por suposto, sempre os haxa peores, a\u00ednda moito peores)<br \/>\n*moitas gracias por non publicar o meu comentario.<br \/>\nResposta: \u00e9 de supo\u00f1er que \u00e9 unha iron\u00eda; supo\u00f1o que non sente mal que as\u00ed a tome.<br \/>\n*Po\u00f1o an\u00f3nimo porque non estou rexistrado.<br \/>\nResposta: O rexistro \u00e9 doado de facer, de xeito que quen pon an\u00f3nimo \u00e9 porque dun xeito ou outro quere permanecer an\u00f3nimo. Mesmo hai xente que se rexistra pero que permanece an\u00f3nimo despois de rexistrado, e o \u00fanico que permete \u00e9 saber que dous comentarios prove\u00f1en da mesma orixe, o que da indicaci\u00f3ns suplementarias para permitir a publicaci\u00f3n ou non.<br \/>\n*Pero co\u00f1ezote bastante ben<br \/>\nResposta: un an\u00f3nimo nunca se sabe se o co\u00f1ece a un ou non. El\/ti, an\u00f3nimo, saber\u00e1. \u00d3 mellor me sa\u00fada cun sorriso cando nos vemos pola r\u00faa. \u00d3 mellor non, e o fai a cara de can. Por iso mesmo en xeral non presto moita atenci\u00f3n \u00f3s an\u00f3nimos: porque non son ningu\u00e9n. E Ribadeo est\u00e1 cheo de xente, a parte dos an\u00f3nimos.<br \/>\n*porque son de Ribadeo, e non te\u00f1o ning\u00fan bar. \u00bfPorque non publicas o comentario? \u00bfque che doe?<br \/>\nResposta: non me doe nada (perd\u00f3n, si me doe, que a idade vaise notando, pero polo momento son cousas menores). Se non publico todos os comentarios \u00e9 por varias raz\u00f3ns, segundo categor\u00edas, pero nunca por ser ou non de Ribadeo ou ter ou non un bar. Respecto a unha das categor\u00edas de comentarios, na que entrar\u00edan bastante ben (excepto algunha parte pequena) os dous comentarios comezo desta entrada, ver \u00f3 final. Hai outros comentarios que necesitan resposta inmediata, e non sempre podo facelo. Outros que son insultantes, e isos xa nin remato de lelos. Outros que xa est\u00e1n contestados en entradas anteriores, etc.<br \/>\n*\u00d3 mellor, o illamento teno que po\u00f1er vostede na sua cabeza, as\u00ed non lle molestar\u00eda o ru\u00eddo.<br \/>\nResposta: coido que pasarse non ven a conto. Eu prefiro non illarme: son parte do mundo, da xente, de Ribadeo, igual que moitos dos an\u00f3nimos (alg\u00fan an\u00f3nimo haber\u00e1 de f\u00f3ra). En canto \u00e1 casa, xa fun metendo illamento e procurando manter cerradas as entradas de ru\u00eddo. Coido que \u00e9 m\u00e1is do que fixeron alg\u00fans locais.<br \/>\n*\u00bfQue pasa si o teu veci\u00f1o est\u00e1 vendo a televisi\u00f3n hasta as tantas e ti non podes dormir? \u00bfChamas a garda civil? Estos non che fan caso ning\u00fan. \u00bfDenuncias?&#8211;>Xuizos, procuradores, abogados, morea de cartos. SOLUCI\u00d3N: Vivir nun pueblo nunha casa.<br \/>\nResposta: a relaci\u00f3n cos veci\u00f1os, \u00f3 igual que outras relaci\u00f3ns que poda ter non son tema que trate no blog. T\u00e9\u00f1ollo amosado a m\u00e1is dun comentarista. Si que podo dicir que en calquera conflicto, o m\u00e1is doado soe ser a retirada: iso \u00e9 tam\u00e9n doado de aprender. Algo parello pasa con tirar a pedra e tentar ocultar a man. Pero doado non \u00e9 equivalente a mellor. Mesmo pode dar mellor resultado nalg\u00fan sentido, pero non en xeral para as persoas.<br \/>\n*Chama a PELTOR (fabricante de EPI (equipos de protecci\u00f3n individual) e merca uns cascos, son moi \u00fatiles.<br \/>\nResposta: non o dubido. Por exemplo os D&#8217;js \u00fasanos. Coido que para durmir non son tan \u00fatiles. E \u00fasanse en xeral por ru\u00eddos relacionados co ambiente de traballo propio, sen impo\u00f1erllos \u00f3s dem\u00e1is. En canto a PELTOR, segundo parece, hai fabricantes mellores (conste que non o comprobei, pero se pode servir a informaci\u00f3n que me transmitiron &#8230;).<br \/>\n*Esto \u00e9 o mesmo que aquel veci\u00f1o de Navia: Foi facer unha casa \u00f3 lado dun establo, e despois denunciou \u00f3 gandeiro porque estaba cerca da s\u00faa casa, e as vacas cheiraba.<br \/>\nResposta: Non, non \u00e9 o mesmo. Entre outras cousas, polo orde temporal, pois cando comezou a medrar o ru\u00eddo eu xa levaba aqu\u00ed m\u00e1is de dez anos. E non sei se o gandeiro estaba a incumprir ou non unha normativa para a que obtivo unha licenza. Aqu\u00ed os incumprimentos son moitos e de moitos anos. E, se houbo cambio de condici\u00f3ns legais, como ocorre de cont\u00ednuo con outras cousas, dende os impostos \u00e1 obrigatoriedade do cintur\u00f3n de conducir, deuse un periodo de adaptaci\u00f3n, ampliouse&#8230; e incumpriuse.<br \/>\nPero &#8230; coido que con isto, visto o tempo que hai que empregar para responder cousas que penso que en xeral son evidentes a quen pon un pouco de interese nelas, queda respostado o por que non publico alg\u00fan tipo de comentarios. De calquera xeito, como a xente me co\u00f1ece, sempre podemos falar. E para quen non quera escoitar m\u00e1is que o que el di, escriba eu ou fale o que sexa, vai ser o mesmo.<br \/>\nEn fin, bo d\u00eda dos i\u00f1ocentes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Como xa te\u00f1o dito varias veces, recibo de cando en cando comentarios an\u00f3nimos de diverso tipo. Hai alg\u00fans que po\u00f1o, outros que non. E, de cando en vez, aclaro algunha cuesti\u00f3n das recibidas. Atopeime hai poucos d\u00edas coa insistencia dun comentario enviado e enviada a queixa de non publicaci\u00f3n despois, e, cun pouco de tempo, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[70,9],"class_list":["post-9282","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-ruido","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9282","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9282"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9282\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9282"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9282"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9282"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}