{"id":9269,"date":"2009-01-02T14:24:00","date_gmt":"2009-01-02T13:24:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:24:11","modified_gmt":"2024-11-12T14:24:11","slug":"electricidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/01\/02\/electricidade\/","title":{"rendered":"Electricidade"},"content":{"rendered":"<p>Pas\u00e1ronme o seguinte aviso, que reproduzo tal cual (m\u00e1is adiante, noutra entrada, pode haber un comentario):<br \/>\n&#8221;<br \/>\nNa ma\u00f1an do 31 de decembro rexistrouse no Concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veci\u00f1os  solicitando informaci\u00f3n sobre a l\u00ednea de outa tensi\u00f3n de 400.000 voltios e a Subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica de 40 MVA, que acordaron o Concello de Ribadeo, BEGASA, a Conseller\u00eda de Industria e SEPES o pasado 31 de Xullo. Dende ent\u00f3n non se co\u00f1ece ning\u00fan dato oficial sobre o trazado do tendido, as distancias \u00e1s vivendas, etc. e os intentos de varios veci\u00f1os por conquerir informaci\u00f3n no concello non deron resultados positivos. Dos asintantes un 52 % foron homes e un 48 % mulleres. A distribuci\u00f3n por lugares \u00e9 a seguinte: Obe: 29; Frieira Nova: 23; Pastoriza: 18; Vilar: 17; As Anzas: 13; Reverte: 11; Frieira Vella: 7; A Capela: 5; Rio Peque\u00f1o: 3; Veiga d\u00b4Aira: 3; Alto dos Pinos: 2; A Pega: 2; Ribadeo: 2; Val\u00edn, As Ace\u00f1as, San L\u00e1zaro, Os Garitos e A Faxarda: 1; Sen localizar: 23.<br \/>\n        As sinaturas recoll\u00e9ronse no plazo de cinco d\u00edas e non se intentou unha recollida masiva, sen\u00f3n un dato testimonial da preocupaci\u00f3n social por este proxecto. Agora as administraci\u00f3n consultadas te\u00f1en un plazo dun mes para respostar dacordo ca directiva comunitaria 2003\/4\/CE.<\/p>\n<p>Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ribadeo<br \/>\nSr. Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia.<br \/>\nSr. Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.<\/p>\n<p>        Os abaixo asinantes, veci\u00f1os de Ribadeo, expo\u00f1emoslle o seguinte:<\/p>\n<p>        1.- En distintos medios de comunicaci\u00f3n do d\u00eda 31 de Xullo de 2.008 rec\u00f3llese a noticia do acordo asinado polo alcalde de Ribadeo, o conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, o director xeral de SEPES e o presidente de BEGASA, para a instalaci\u00f3n dunha subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica de 40 MVA mais unha li\u00f1a de outa tensi\u00f3n de nove km.<\/p>\n<p>        Os mesmos medios informan que tam\u00e9n hai un acordo sobre as aportacions econ\u00f3micas dos participantes no convenio, de onde se desprende  que as li\u00f1as xerais do proxecto t\u00e9cnico xa estaban trazadas a mediados do ano 2.008.<\/p>\n<p>        Nos \u00faltimos meses alg\u00fans veci\u00f1os tiveron informaci\u00f3ns sobre a posible ubicaci\u00f3n dalgunha das torretas previstas para o tendido el\u00e9ctrico devandito, perto dalguhas vivendas.<\/p>\n<p>        Pola outra banda, outros veci\u00f1os intentaron conquerir informaci\u00f3n sobre o proxecto no concello de Ribadeo, sen chegar a conseguilo.<\/p>\n<p>        2.- Os efectos nocivos da outa tensi\u00f3n el\u00e9ctrica para a saude humana xa son ben co\u00f1ecidos na actualidade, particularmente alg\u00fans tipos de c\u00e1ncer como a leucemia infantil das poboacions que residen a cortas distancias dos focos de contaminaci\u00f3n electromagn\u00e9tica. Outros danos sobre o medio ambiente e as terras de cultivo poden resumirse suli\u00f1ando que as explotaci\u00f3ns agr\u00edcolas ecol\u00f3xicas non est\u00e1n permtidas a menos de 500 metros dos focos emisores.<\/p>\n<p>        Asemade debe suli\u00f1arse que o tendido que se proxecta afectar\u00eda \u00e1 Zona de Especial Protecci\u00f3n de Aves da R\u00eda de Ribadeo, tam\u00e9n incluida no Convenio Internacional de RAMSAR, na rede Natura 2.000 e  na Reserva da Biosfera do Eo e Terras de Bur\u00f3n.          <\/p>\n<p>        3.- No avance do PXOM de Ribadeo, exposto ao p\u00fablico nos meses de maio e xunio de 2.008, aparecen os terreos previstos para a ubicaci\u00f3n da subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica, pero non aparece o tendido da li\u00f1a de outa tensi\u00f3n que chega \u00e1 mesma subestaci\u00f3n. O cal resulta especialmente sorprendente se apreciamos que nas mesmas datas de exposici\u00f3n do plan f\u00edxose o primeiro anuncio p\u00fablico do proxecto (11,06,08), asinado un mes mais tarde (30,06).<\/p>\n<p>        4.- A Directiva Comunitaria  2003\/4\/CE do Parlamento Europeo e do Consello,  relativa ao acceso do p\u00fablico \u00e1 informaci\u00f3n medioambiental garantiza o dereito de acceso \u00e1 devandita informaci\u00f3n que obre en poder das autoridades p\u00fablicas e, concretamente no seu artigo 2 di o seguinte:<\/p>\n<p>b) factores como sustancias, enerx\u00eda, ruido, radiacions ou residuos, incluidos os residuos radiactivos, emisions, vertidos e outras liberaciones no medio ambiente, que afecten ou poidan afectar aos elementos do medio ambiente\u2026<\/p>\n<p>e mais adiante:<\/p>\n<p>a) tan pronto como sexa posible, e a m\u00e1is tardar no  mes seguinte ao da recepci\u00f3n da solicitud por parte da autoridade p\u00fablica \u2026<\/p>\n<p>b) no prazo de dous meses \u2026 se o volumen e a complexidade da  informaci\u00f3n son tales que resulta imposible cumplir o plazo de un mes\u2026<\/p>\n<p>         En base aos puntos anteriores solicitamos que se nos facilite a seguinte informaci\u00f3n:<\/p>\n<p>a) Planos do tendido previsto para a conducci\u00f3n de outa tensi\u00f3n dende o punto de conexi\u00f3n con outra rede, ata a chegada \u00e1 subestaci\u00f3n. <\/p>\n<p>b) Distancia kilom\u00e9trica exacta dende ese punto de conexi\u00f3n ata a subestaci\u00f3n.<\/p>\n<p>c) Vivendas afectadas pola instalaci\u00f3n ata un radio de de 500 metros, con distancias a cada vivenda ou grupo de vivendas.<\/p>\n<p>d) Terras de cultivos ou prader\u00edas afectadas na mesma distancia.<\/p>\n<p>e) Solos presuntamente edificables, por pertenecer a n\u00facleos rurais previstos no PXOM de Ribadeo no mesmo radio de 500 metros.<\/p>\n<p>f) Se o proxecto do tendido el\u00e9ctrico e mais da subestaci\u00f3n conta ou pode contar no futuro con axudas econ\u00f3micas da Uni\u00f3n Europea.<\/p>\n<p>g) Normativa medioambiental aplicable a este caso concreto a nivel galego, espa\u00f1ol e comunitario.<\/p>\n<p>h) Estudos realizados para evitar ou reducir ao m\u00ednimo os riscos de contaminaci\u00f3n el\u00e9ctromagn\u00e9tica, neste proxecto.<\/p>\n<p>i) Medidas informativas adoptadas polas autoridades implicadas para facilitar a participaci\u00f3n dos particulares, asociaci\u00f3ns veci\u00f1ais, ecoloxistas, etc. na tramitaci\u00f3n deste proxecto concreto.<\/p>\n<p> (para contactar con Evaristo Lombardero 669752495)&#8221;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pas\u00e1ronme o seguinte aviso, que reproduzo tal cual (m\u00e1is adiante, noutra entrada, pode haber un comentario): &#8221; Na ma\u00f1an do 31 de decembro rexistrouse no Concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veci\u00f1os solicitando informaci\u00f3n sobre a l\u00ednea de outa tensi\u00f3n de 400.000 voltios e a Subestaci\u00f3n el\u00e9ctrica de 40 MVA, que acordaron o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,34,9],"class_list":["post-9269","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-evaristo-lombardero","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9269","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9269"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9269\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9269"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9269"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9269"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}