{"id":9249,"date":"2009-01-09T09:14:00","date_gmt":"2009-01-09T08:14:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:23:37","modified_gmt":"2024-11-12T14:23:37","slug":"sobre-o-plan-sectorial-galego-de-solo","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/01\/09\/sobre-o-plan-sectorial-galego-de-solo\/","title":{"rendered":"Sobre o plan sectorial galego de solo residencial en Ribadeo"},"content":{"rendered":"<p>Onte, xoves, asist\u00edn \u00f3 debate en Onda Cero. Un dos temas era o Plan Sectorial. En curto tempo non deu lugar a m\u00e1is que rese\u00f1ar alg\u00fans puntos, como o alonxamento dos vici\u00f1os da redacci\u00f3n do plan ou que sexa un plan redactado nun estudo sen pisar sobre o terreo. Pola mi\u00f1a parte, xa levo deixado aqu\u00ed varias entradas ( <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/01\/de-resaca.html\">1<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/12\/voltas-co-plan-sectorial.html\">2<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/12\/plan-sectorial-e-manifestacin.html\">3<\/a>, <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2008\/12\/ma-hai-convocada-unha-manifestacin.html\">4<\/a>, &#8230;) pero coido que a\u00ednda necesita de m\u00e1is falar. por iso vai ista complementaria.<br \/>\nCoido que non o problema, pero si a confrontaci\u00f3n, est\u00e1 no prezo de 6\u20ac\/m<sup>2<\/sup> que se pretenden na expropiaci\u00f3n, sen antes ter feita unha verdadeira negociaci\u00f3n sobre os terreos. Avisar de que se non hai acordo hai exporpiaci\u00f3n a ese prezo implica de fieto saltarse un paso previo e necesario, o da negociaci\u00f3n do custe. O que leva \u00f3 principal tema dende o meu punto de vista, tema polo dem\u00e1is repetido en m\u00faltiples ocasi\u00f3ns no blog: non se conta coa xente, hai un d\u00e9ficit de informaci\u00f3n e democr\u00e1tico do que derivan moitos outros males.<br \/>\nCaber\u00eda adem\u00e1is preguntarse pola oportunidade dun plan que necesita contar co PXOM para o seu desenvolvemento. Pero, se o PXOM est\u00e1 en tr\u00e1mites, que vai ser antes, quen vai impor ondici\u00f3ns a quen? Ou \u00e9 que se vai collero xa vello e trasnoitado plan do 77 para levar a cabo algo de m\u00e1is de trinta anos despois? a resposta \u00e9 que &#8216;iso parece&#8217;<br \/>\nDespois dos puntos principais, caber\u00eda engadir o problema dos accesos, a porcentaxe de volume edificado e de zona verde, os agravios comparativos na construcci\u00f3n segundo zonas do plan e non, o evitar se \u00e9 posible o circo pol\u00edtico (algo que non se est\u00e1 a facer, seguindo a norma de que primiro \u00e9 atraer votos e logo o ben p\u00fablico, en troques de facer o ben p\u00fablico e os votos xa vir\u00e1n por engadido), etc. De calquera xeito, eses outros puntos, a estas alturas, non hai quen os saiba pola informaci\u00f3n dada&#8230;<br \/>\nSe nos centramos nos papeis que se puxeron a disposici\u00f3n na web, ch\u00e1mame a atenci\u00f3n en primeiro lugar o de &#8216;\u00c1rea funcional de Ribadeo&#8217;. como non sei &#8216;a priori&#8217; o que \u00e9 iso, miro na rede, e atopo &#8220;Neste caso definimos as \u00e1reas funcionais en base aos \u00e1mbitos de mobilidade residencia-traballo, \u00e9 dicir, as \u00e1reas dentro das que tenden a producirse os desprazamentos diarios entre o lugar de residencia e o lugar de traballo da poboaci\u00f3n laboral. Como factor de determinaci\u00f3n desa \u00e1rea utilizamos a matriz de mobilidade laboral intermunicipal elaborada a partires do Censo de 2001. Unha \u00e1rea funcional \u00e9 un \u00e1rea ou &#8216;mercado de traballo&#8217; que internaliza a maior parte dos fluxos residencia-traballo alcanzando un nivel de autosuficiencia determinado, establecido a priori.&#8221; (no documento http:\/\/conselleriavivenda.xunta.es\/ipecos-opencms-portlet\/export\/sites\/default\/PortalVivenda\/Biblioteca\/Anexo_II.1_Delimitacixn_das_xreas_Funcionais.pdf, onde por certo tam\u00e9n aparece a autor\u00eda do documento enteiro) &#8230; Quer\u00eda s\u00f3 unha definici\u00f3n e te\u00f1o varias con verbas de dif\u00edcil catadura, que hai que filtrar adem\u00e1is polas porcentaxes de mobilidade estipulados no documento. Chego \u00e1 conclusi\u00f3n de que as \u00e1reas poder\u00edan ser delimitadas doutros xeitos co mesmo nivel de aceptaci\u00f3n e diferentes conclusi\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Onte, xoves, asist\u00edn \u00f3 debate en Onda Cero. Un dos temas era o Plan Sectorial. En curto tempo non deu lugar a m\u00e1is que rese\u00f1ar alg\u00fans puntos, como o alonxamento dos vici\u00f1os da redacci\u00f3n do plan ou que sexa un plan redactado nun estudo sen pisar sobre o terreo. Pola mi\u00f1a parte, xa levo deixado [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[65,9],"class_list":["post-9249","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-arquitectura","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9249","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9249"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9249\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9249"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9249"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9249"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}