{"id":9211,"date":"2009-01-27T07:23:00","date_gmt":"2009-01-27T06:23:00","guid":{"rendered":""},"modified":"2024-11-12T15:22:25","modified_gmt":"2024-11-12T14:22:25","slug":"continuamos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/2009\/01\/27\/continuamos\/","title":{"rendered":"Continuamos?"},"content":{"rendered":"<p><a onblur=\"try {parent.deselectBloggerImageGracefully();} catch(e) {}\" href=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEicew1gIEj66yMlG-fKonB-Erb0ZUInRXUoQAcMpTV4zGGAGugY7n2MFkfi2IshsvYsoLRh0PJ92jSlWbFzVZFrKyx9XhheMl0-D1WqNu_Ezp3AMjMK9N7WyT_GXP3cmAJuoEP3\/s2048\/restos+temporal+AROMAR.JPG\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/blogger.googleusercontent.com\/img\/b\/R29vZ2xl\/AVvXsEicew1gIEj66yMlG-fKonB-Erb0ZUInRXUoQAcMpTV4zGGAGugY7n2MFkfi2IshsvYsoLRh0PJ92jSlWbFzVZFrKyx9XhheMl0-D1WqNu_Ezp3AMjMK9N7WyT_GXP3cmAJuoEP3\/s2048\/restos+temporal+AROMAR.JPG\" alt=\"\" \/><\/a><br \/>\nO temporal pasou. Os destrozos quedan a\u00ednda por moitos lugares (\u00e1 beira, o tellado de AROMAR ca\u00eddo). As queixas, tam\u00e9n. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tam\u00e9n. Que hai un s\u00e9culo os destrozos ter\u00edan sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tam\u00e9n, tanto pola importancia relativa que ter\u00edan como pola capacidade de respsota da xente sen electricidade ou tel\u00e9fono. H\u00e1se falar m\u00e1is a\u00ednda. Pero coido que xa \u00e9 tam\u00e9n cousa de pensar no presente, e, por exemplo no blog, seguir co comentario do pleno, que a\u00ednda te\u00f1o sen rematar.<br \/>\nA iso vou.<br \/>\nPunto oitavo do pleno do luns pasado: <a href=\"http:\/\/ribadeando.blogspot.com\/2009\/01\/confirmacin.html\">Plan sectorial<\/a>. Este punto levou \u00f3 sal\u00f3n a moita xente coa moci\u00f3n da oposici\u00f3n \u00e1 que se sumou o goberno. Coll\u00edn tres p\u00e1xinas de apuntes sobre o punto, que resultou ser longo, pero canto m\u00e1is miro \u00f3s apuntes, m\u00e1is o vexo como un ida e volta de dimes e diretes entre goberno e oposici\u00f3n. Quedoume craro polo medio que falta traballo de todo o mundo, goberno e oposici\u00f3n: uns non miran o DOG, outros a moci\u00f3n, e poucos o que o fan co se sabe do plan, que tampouco \u00e9 moito. Que houbo opacidade \u00e9 un feito. Que houbo incomprensi\u00f3n, est\u00e1 s\u00e9ndoo. Que cando se comezou a mover o tema foi polos 6 \u20ac\/m<sup>2<\/sup> e se acompa\u00f1ou r\u00e1pidamente con diversas outras cousas (coas que en xeral estou de acordo), tam\u00e9n est\u00e1 craro para min. O que quedou menos craro foi a mesma moci\u00f3n en si e o apoio do BNG \u00e1 mesma. Atr\u00e1s tam\u00e9n quedan os desplantes e faltas de colaboraci\u00f3n diversos, m\u00e1is ataques que defensa de intereses xerais. D\u00e9ronse situaci\u00f3ns diversas, fintas entre concelleiros que soen ter lugar en moitas ocasi\u00f3ns tentando ser m\u00e1is guais que o outro pero sen aportar nada novo. Un exemplo, que pr\u00e1cticamente rematou o punto: -&#8216;que se pretende que faga o alcalde?- preguntou o interesado. -&#8230; vir para cobrar a dieta- escoitouse polo baixo nunha esquina da opsici\u00f3n. Asemade, a\u00ednda que saiu polo medio da discusi\u00f3n, non sei se queda suficientemente patente que polo momento non hai PEPRI nin PXOM, e que en consecuencia hai dende anos un aut\u00e9ntico colo de botella en Ribadeo en relaci\u00f3n \u00f3 urbanismo que pode dar lugar a\u00ednda a m\u00e1is inconvintes. Quiz\u00e1is o punto \u00e1lxido do pleno acadouse cando o alcalde explicou (m\u00e1is ben tentou, pois o \u00fanico que quedou foi o que se quer\u00eda explicar, non a explicaci\u00f3n) que a xente tomou mal o dato, que non son 6 \u20ac o que se pretend\u00eda pagar, sen\u00f3n 75 \u20ac, cifra algo diferente. A xente non se foi de xeito inmediato, pero marcou o que comezara a sa\u00edr pouco a pouco. Craro que tam\u00e9n hai que dicir que xusto a continuaci\u00f3n foi cando se comezaron a dar as \u00faltimas fintas e se rematou pouco despois co voto un\u00e1nime favorable \u00e1 moci\u00f3n.<br \/>\nPunto nove, Grupo de Acci\u00f3n Costeira. Meteuse por urxencia e o seu tratamento pareceume de risa. Pero ac\u00e1baseme o tempo. Queda para despois.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O temporal pasou. Os destrozos quedan a\u00ednda por moitos lugares (\u00e1 beira, o tellado de AROMAR ca\u00eddo). As queixas, tam\u00e9n. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tam\u00e9n. Que hai un s\u00e9culo os destrozos ter\u00edan sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tam\u00e9n, tanto pola importancia relativa que ter\u00edan como pola capacidade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"activitypub_content_warning":"","activitypub_content_visibility":"","activitypub_max_image_attachments":3,"activitypub_interaction_policy_quote":"anyone","activitypub_status":"federated","footnotes":""},"categories":[1],"tags":[21,93,26,13,9],"class_list":["post-9211","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-sen-categoria","tag-economia","tag-fotos-ribadeo","tag-medio","tag-politica","tag-sociedade"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9211","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=9211"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/9211\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=9211"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=9211"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/blogs.amarinha.gal\/ribadeando\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=9211"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}